DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER

Coordinadores: Bieito Legaspi e Anaír Rodríguez


Dar de ler coma quen dá de beber é unha actividade que Espazo Lectura leva a cabo nesta aredor da celebración do Día Internacional do Libro (23 de abril) co ánimo de sensibilizar sobre a importancia da lectura.  Trátase dunha lectura colectiva en voz alta de textos na que participan arredor de 30 persoas con textos elixidos por elas mesmas. Apostamos especialmente nas nosas accións por crear espazos e tempos para a lectura e por facer desta un lugar de encontro.
Os lugares elixidos para estas lecturas son variados e realízanse en lugares públicos: biblioteca de Gondomar, mercado de Gondomar, locais de hostelería, etc, e son realizados baixo distintos lemas.
O acto, que adoita celebrar ás 20:00 horas do 23 de abril, enmárcase dentro da Semana do Libro, durante a que Espazo Lectura programa unha actividade diaria en Gondomar.
O lema de "Dar de ler coma quen dá de beber" é unha frase do escritor galego Álvaro Cunqueiro.