COMANDO LE


Coordinadores: Concha Costas e Xoán Cruz
Lugar: Casa da Lectura


O Comando Le é unha nova liña de traballo de Espazo Lectura dirixida a rapaces e rapazas de 12 a 15 anos. Cada trimestre propoñerase un tema arredor do cal se desenvolverán actividades relacionadas con diferentes ámbitos: cine, música, debates, saídas, charlas e, por suposto, libros.

As primeiras sesións do Comando Le consistiron nun magosto literario que continúan en todo o trimestre arredor do tema dos Dereitos Humanos, coa proxección e debate Binta e a grande idea, unha sesión de dinamización lectora para os máis pequenos na Casa da Lectura e unha sesión de club de lectura arredor do libro O neno can coa presenza dos escritores Fina Casalderrey e Francisco Castro.