UNHA ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA LECTURA

 

Espazo Lectura é unha organización non gubernamental fundadada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. Está ubicada en Gondomar, no Val Miñor, e organiza actividades sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción lectora, así como calquera outro tipo iniciativas que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como referente de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.

Para levar a cabo os seus fins, Espazo Lectura mantén unha programación, tanto estable como conxuntural, en relación cos cometidos que persegue, atendendo ao principio de que o libro ou a lectura sexan o elemento nuclear e de referencia. As populares sesións de contacontos coñecidas baixo o nome de Contomar son a actividade fundacional da asociación.

O traballo de Espazo Lectura oriéntase basicamente en tres liñas principais: a creación e animación de clubs de lectura, a divulgación e sensibilización, e a formación especializada en fomento da lectura.


 

Xunta Directiva:

A Xunta Directiva de Espazo Lectura está formada polas seguintes persoas:

Presidenta: Concha Costas
Vicepresidenta: Anaír Rodríguez
Tesoureira: Mar García
Secretario: Juan Cruz
Vogal 1: Anxo Iglesias Marino
Vogal 2: Beatriz Pereiro
Vogal 3: Bieito Legaspi
Vogal 4: Rosana Estévez
Vogal 5: Fran Alonso
Vogal 6: Xosé Manuel Moo
Vogal 7: Luís Domínguez


Consello Operativo:

O Consello Operativo de Espazo Lectura está formado polos oito membros 
da Xunta Directiva mais as seguintes persoas:

Félix Rodríguez
Beatriz Núñez
María Jesús Garrido
Teresa Pereira Alborés
Irene Silva Giráldez
Rosa Costas Fernández


Coordinadores de áreas ou actividades:

Coordinación do blog: Anaír Rodríguez
Coordinación do Contomar: Mar García Hermida
Coordinación da Casa da Lectura: Beatriz Pereiro
Coordinación do Lendo Contigo: Anxo Iglesias e Rosana Estévez
Coordinación do Sete Vidas: Bieito Legaspi e Marisú Garrido
Coordinación do Club de Lecturas Debuxadas: Félix Rodríguez
Coordinación da área de Formación: Fran Alonso
Coordinación do Dar de ler como quen dá de beber: Bieito Legaspi e Anaír Rodríguez