O alumnado fala de Pintura

Curso 2008-09

Profesora de Historia da Arte: Emilia Rodríguez Eirís

El Jardín de las Delicias

 

O AUTOR:

Hieronymus van Aeken naceu en Hertogenbosch, cidade holandesa á que lle debe o seu sobrenome, O Bosco. A súa obra, que gozou de gran difusión mesmo en vida do pintor, foi admirada polo propio Filipe o Fermoso quen, coa súa irmá Margarida, se converteu nun dos seus principais clientes. Se queres saber máis do autor, deberás ir a (enlace coa páxina http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/pintores/1360.htm)

 

O CADRO:

 

            Este cadro data do século XVI. A técnica utilizada polo pintor foi o óleo, técnica que permite retocar as figuras e acadar a máxima perfección. O cadro divídese en tres partes, o que se chama tríptico. A parte esquerda do cadro trata sobre a creación de Eva, a parte central é o propio xardín das delicias e a parte dereita é o inferno.

            Na parte esquerda predominan as cores verde e amarelo, que suxiren pureza e renovación.  Se o comezamos a analizar dende abaixo  o primeiro que atopamos é unha charca arredor da cal hai diversos animais, algúns xa en actitudes comprometidas. Continuando cara arriba vemos o momento preciso da creación de Eva, e á esquerda a árbore con froitos vermellos e unha forma un pouco rara, que xa anuncia o pecado da moza, se continuamos subindo atopamos a fonte da vida, con forma de órganos sexuais, da cal beben animais fantásticos como os unicornios. Xa na parte superior do cadro, mestúranse diversas figuras de animais deformes. Nesta parte do tríptico O Bosco consegue o movemento a través dos paxaros que forman liñas curvas.

            Na parte central do cadro, na cal se representa  o propio xardín das delicias, aínda prevalece a luz do anterior paraíso: a claridade que emana dos corpos brancos e espidos dos seus protagonistas salienta o elemento humano da redonda; no lateral dereito dominan o negro e o vermello, anunciantes da terceira táboa, o inferno.  Nesta parte represéntanse animais, homes e mulleres espidos en escenas moi comprometidas, lascivas. Un exemplo claro é a parella que se atopa dentro do ovo, en actitude moi explícita. No centro da táboa hai unha charca na que se encontran  as mozas virxes, e arredor das mozas xira un carrusel de xinetes, os pecadores. Unha das mozas está saíndo do estanque para unirse ao carrusel. Xa na parte superior, actuando como eixo central do cadro, está a fonte da vida, rodeada doutros elementos, que ben puideran representar flores en plena floración ou alusións a órganos sexuais. Toda esta táboa central está marcada pola aparición da cor vermella, símbolo de pecado, do pecado de Eva que condenou a toda a humanidade.

            A última parte do cadro, a dereita, simboliza o inferno, no que predominan o negro e o vermello, máis acordes coas escenas horripilantes que se representan; e nos postigos exteriores, as tonalidades apagadas de gris e verde agrisado revelan un mundo con escasos sinais de vida nas súas orixes. Esta táboa é a máis impactante. O negro da escuridade e o vermello do lume dominan agora a paisaxe. As presas convértense en cazadores: animais que devoran un corpo humano, un coello que leva a súa vítima pendurada dunha lanza, un home convertido nunha corda dunha arpa, unha rá que devorou unha persoa, etc... Destacan as proporcións desmesuradas de obxectos cotiás e inocuos convertidos en instrumentos de tortura que expresan o caos existente no inferno, onde as relacións entre os seres vivos se inverteron.

A través do Google Earth, desaparece o caos que parece representar este cadro para se converter en moi diversas imaxes ben definidas e moi ben estudadas. Canto máis nos acercamos a unha figura, máis definición adquire, e mais detalles podemos observar, este aspecto é moi interesante para poder analizar unha obra de características tan peculiares.

 

Katya Mª Morandeira Cacho e Silvia García Núñez, alumnas de 2º Bacharelato de Humanidades 

 

 

 

 

 

 

Los fusilamientos del 3 de mayo, 1808

 

 

Tema:

O cadro trata sobre a invasión francesa. As tropas francesas invaden España e intentan impoñer o novo rei, Xosé I, tralas abdicacións de Baiona de Carlos IV e Fernando VII. O pobo levántase e loitan contra o invasor, cren que o lexítimo rei está secuestrado por Napoleón, e o que se reclama é a lexitimidade dos Borbón.

Goya o que intenta representar neste cadro é unha dura represalia que mantiveron os franceses contra os levantamentos populares de tipo patriótico, non se cuestionan as ideoloxías, senon a lexitimidade do trono. Os franceses conseguirán  reprimir estas sublevacións matando os dirixentes destas.

 

Cadro:

O cadro divídese en planos. O primeiro atópase á nosa dereita, e nel encóntranse os soldados franceses. A éstes Goya non lles pon rostro, posto que o exército francés representaba o bando dos asasinos, dos que matan. Éstes encóntranse  apuntando, xusto antes do momento de ir abrir fogo. As súas vestimentas son todas iguáis pero de diferentes cores, éstas presentan unha variada gama cromática, sen cores planas, o que produce o contraste de luces e sombras. Os soldados están colocados nunha liña diagonal que remata no espectador, cuxa finalidade era que éste puidese ver e identificar aos sublevados e non ao conxunto dos soldados que o único que facían era obedecer ordes.

Tamén no primeiro plano, pero á nosa esquerda,  atopámonos cos corpos dos fusilados en posición de escorzo, consiste en que os corpos se encontran cara ao espectador. Con esta posición conséguese un maior dramatismo da escena, xa que os corpos encóntranse difuminados e rodeados de sangue.  Este plano encóntrase iluminado, as roupas dos mortos son máis claras que as dos soldados.

Ó segundo plano chegamos a través dos fusís dos soldados. Nel atopámonos cos que van ser fusilados, os cales Goya lles representa os rostros o cal lles confire dignidade. Estes homes adoptan diversas actitudes fronte a morte, uns cobren o rostro coas mans, outros ocúltanse, morden os cotenos e rezan.  A figura que máis destaca e a do home da camisa branca e pantalóns amarelos, que ten unha posición de desafío e resignación. Nas palmas das mans ten unhas chagas. Se nos acercamos utilizando o programa de google earth podemos velo con máis detalle. Ó autor xa non lle interesa o detallismo senón que busca o expresionismo a través de pinceladas soltas. Isto anuncia un novo estilo que vai ser o expresionismo.

No seguinte plano atópanse diferentes individuos, que case se funden co fondo e están atemorizados porque van ser os próximos en ser fusilados.Ó fondo do cadro vense os edificios que non teñen luminosidade, representa a cidade fronte ao outeiro.

Toda a acción transcorre o lado dunha montaña, nun lugar sen vida., sen árbores...

Goya puxo tódolos elementos  ó servizo da expresión: reduciu a gama cromática (ocre, negro, branco da camisa e vermello do sangue) mantendo a imprimación rosada que caracterizaba as súas obras desde os seus comezos; potenciou o dramatismo da composición, con escorzos dinámicos; intensificou o clímax mediante a linguaxe das mans e no terreo formal traballou con pinceladas máis soltas e pinceladas de cor para configurar un dos seus maxistrais ambientes a partir do contraste de luminosidade e de luces e sombras.

Esta obra forma parte dun conxunto de obras xunto co do “levantamento do 2 de maio”.

 

Mediante o programa google earth puidemos percibir mellor os detalles do cadro, xa que nos permite atender os diversos detalles que non viamos.

 

 

Enlaces:

http://www.artehistoria.jcyl.es/artesp/obras/14.htm

 

http://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_de_Goya

 

 

Katya Mª Morandeira Cacho, Silvia García Núñez e Adriana Gómez Ramos son alumnas de 2º Bacharelato de Humanidades