Mochilas viaxeiras


Opinións das mochileiras e mochileiros

 

"Na miña familia tivo moito éxito a mochila viaxeira e sobre todo un libro chamado Mil soles espléndidos. Comenzou leéndo miña avoa e agora esta meu pai. Escolleron moi ben os libros, que se axustaron perfectamente aos gustos da miña familia. A min serviume para coñecer un grupo de música espléndido que se chama Madredeus. Eu animo a todo o mundo que pida unha". Sonia 4º B, ESO.

"A mochila viaxeira pareceume unha idea fenomenal, a min encantoume e sobre todo a miña nai. Tamén lle gustou moito a meu pai. Se me volveran a preguntar se a quería levar volvería dicir que si. Solo lle poría unha pega: que a podían deixar un pouco máis de tempo, pero está moi ben" Andrea, 3º B, ESO.

"Recomendovos a todos que pidades a mochila viaxeira na Biblioteca. Asegurovos que vos ides divertir moito e tamén aprender. É unha boa maneira de que a familia se xunte para ler! Non vos arrepentiredes!" Alba, 4º B, ESO.

"Me parece una buena idea para fomentar la lectura tanto en el colegio como en casa ya que te dan una serie de libros, enciclopedias, películas, cds,... para toda la familia y la verdad es que me gustó mucho" Nuria, 3ºB, ESO.

"A iniciativa das mochilas viaxeiras pareceume boa, sobre todo, polo feito de animar á lectura familiar e incitivar unha nova proposta.

Aínda que haxa xente desinteresada en levar  estas mochilas eu animaría a probar porque non é só o feito de ler. Tamén podes coñecer música nova e interesarte en revistas que antes che parecían  un aburrimento. Isto último pasoume a min. Deica logo e probade unha mochila viaxeira" Alba, 1º B, ESO.

"Me gustó mucho que los bibliotecarios nos ofrezcan una mochila con los libros que a nosotros nos interesan,películas, revistas, cómics que nosotros no lograríamos encontrar tan rápido. También me gustó que nos los dejaran dos semanas para ver detenidamente y lo que realmente nos gusta. En el otro instituto no ofrecían esto y es lo que más me sorprendió" Elisabeth, 1º B, Bacharelato.

"Paréceme moi boa idea o da "mochila viaxeira" xa que é unha forma de achegarlle a toda a familia o material da biblioteca que doutro xeito non levaríamos á casa" Noelia, 2º Bacharelato.