Revista UMBRELA NÚMERO 5

IES  ILLA DE ONS. BUEU. GALIZA .ano 2004

CARRILANAS

 

Hola, bos días  son Melissa Díaz Pousado corresponsal do colexio illa de ons. Encontrome neste momento en Seixo para informar sobre as carrilanas que se celebran hoxe día 28 de Febreiro.

Neste momento acercome a un participante que vai competir na carreira.

 Hola vos días, ¿Como te chamas?

-David Pastoriza.

-Permiteme que che faga unhas preguntas

-Si, si, pregunta

1.      ¿Qué materiais empregaches na carrilana?

Madeira, poliéster, e metal. 

2.      ¿Canto tempo te levou facer a carrilanas?

Tres meses aproximadamente.

3.      ¿En cantos cartos os saiu a carrilana?

En 600 €, maís ou menos.

4.      ¿Ves algún defecto na carrilana?

Si, nas rodas, que son de madeira e demasiadas pequenas.

5.      ¿Cal é o nome da carrilana?

A bala vermella.

6.      ¿Cántos vades a baixar na carrilana?

Dous, eu e Xose

7.      ¿Participastedes noutro lugar?

Si, en Bueu e Seixo.

8.      ¿Tendes algun patrocinador?

Si, o bar Tobo

9.      ¿Cal e a idade media dos que fixerón a carrilana?

A idade media e de 22-25 anos.

10.  ¿Cómo é o percorrido?

Opercorrido ten un kilometro e medio, comeza no alto de Casto e remata na praza de abastos.

 Neste momento están baixando as últimas carriladas.

 Hola David.


11.  ¿Cantos anos levas baixando?

Catro anos seguidos.

12.  ¿Qué medios de protección hai?

Hai neumáticos nas curvas maís perigosas.

13.  ¿Cómo é a organización?

A organización e penosa.

14.  ¿En que posto quedaches?

En tercer lugar.

15.  ¿Quen repartiu os premios?

Os patrocinadores.

16.  ¿Comentame algo?

Nada, este ano baixaron 28 carrilanas e maís da mitade erán repetidos ou modificados

 Moitas gracias, o tercer posto non e un mal posto e esperemos que o ano prosimo quedes no primeiro lugar

 

CARTA   DE AMOR

 
Hola meu amor:

 Contigo ó meu lado alègrasme a vida, si contigo non estivera

 miña vida daría. Pero como non é así estou cheo de alegría.

 Nos estudios non vou ben porque non podo deixar de pensar en  ti.

 Non  podo  comer, non podo durmir, porque no meu pensamento     estas ti.

  Chao miña vida

 
ALEJANDRO GALLEGO CASTRO 

1ºA

 

 

AVES RAPACES

Lagarteiro ou Peneireiro (Castel. Cernícalo Común)

 

 

O lagarteiro ou peneireiro aliméntase de pequenos mamíferos, pequenos paxaros e réptiles.

Aniñan nas pólas máis afastadas ao tronco da árbore e case sempre usan os niños de outras aves.

As femias poñen un máximo de nove ovos en cada posta que ela mesma incuba durante un mes. Un mes máis tarde do seu nacemento as crías xa están listas para voar.

O lagarteiro ou peneireiro macho ten a cabeza e a cola de cor gris, e a cola remata en puntas brancas e e negras. As súas patas son amarelentas e contan cunhas poderosas poutas. O iris é de de cor marrón. As femias e as crias son de cor marrón pero as patas e o iris son da mesma cor.

 


 

 

Miñato (Castel. Ratonero Común)

O miñato aliméntase dunha gran variedade de presas, principalmente de roedores, aves de tamaño mediano e réptiles.

Soen construír os seus niños en árbores moi altas.

A femia fai unha posta de entre tres e catro ovos, que son incubados por ele mesma e o macho durante un mes aproximadamente. As crías emprenden o seu primeiro voo un mes e medio do seu nacemento, e  diferencianse dos adultos pola cor da súa plumaxe.

 

 

 

 

Azor

 

O azor aliméntase de roedores, réptiles e algunhas aves como o corvo.

 Aniñan en árbores de máis de dez metros de altura. Cada parella ten varios niños dentro do seu territorio, que  utiliza durante varios anos consecutivos.

As femias poñen entre tres e catro ovos do tamaño dos de galiña, que son incubados uns corenta días. Aos corenta días de vida comezan os seus primeiros voos.

Os azores teñen a cabeza plana, o pescozo curto, as súas ás son curtas e redondeadas e as patas longas cunhas poutas moi poderosas.

 

 

Curuxa (Castel. Lechuza Común)

 

A curuxa é unha ave nocturna, e aliméntase de pequenos roedores, sobre todo dos ratos que hai polas casas.

Normalmente utilizan os ocos das árbores coma o carballo, para depositar neles os ovos. A femia pon uns catro ovos en cada posta, que os incubará durante un mes. Con dúas semanas de vida xa comen por si sos, e ás dez semanas de vida  abandonan os seus pais.

As curuxas recoñécense con facilidade, pola súa faciana branca en forma de corazón.

 

Moucho das orellas (Castel. Cárabo)

O moucho das orellas é o cazador máis bravo da noite. Aliméntase dunha gran variedade de animais de pequeno tamaño, pero o que máis lle gusta son os pequenos roedores.

A femia é a encargada de seleccionar o oco dunha árbore que será o seu niño.

Normalmente poñen entre dous e catro ovos, que son incubados durante un mes. Con un mes de vida, os mouchos das orellas, abandonan o niño.

O moucho das orellas é unha das poucas aves que é capaz de atacar o ser humano, defendendo o seu niño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

CONTRA EL VIENTO 

 

CONTRA O VENTO

 

 


Hoxe é o día, primeiro concerto. É luns pola tarde e imos tocar no I.E.S. Illa de Ons.

Nós pecharemos o curso, un curso cheo de anécdotas, pero empezara unha nova vida.

Temos sorte, hai público, aínda que está obrigado, pero sérvenos igual.

Non hai nervios, pois estamos coma na casa, pero estamos mirando ao futuro.

Esperarianos un verán bo, aínda que acabamos de empezar.

 

Permitide que nos presente:

 

Eu son “BYKTOR” teclista do grupo aínda que domino moitos instrumentos.

 

 

Seguro que coñecedes a JAVI é o vocalista, mundialmente coñecido pola crista.

MANÚ o guitarra e especialista en facer festa. Desprende ruido coa sachadora en man.

Desde a guerra temos a Pablo que en vez de metralleta dispara coa guitarra.

Co acordeón sempre nunha man e na outra sabe Dios que, Gary.

Con esa voz tan dóce sempre abraiante temos de corista a Aida.

E batería, non por moito tempo, M. Pedrouso.

 

E non me podo olvidar do noso técnico (non teño ben claro de que) a parte de son Yago.

 

Despois do concerto fomos todos ver o vídeo da actuación, e a tomar uns refrescos mentres comentamos todo o ocorrido nese primeiro concerto.

 

Eu aínda había dous días que entrara no grupo, pero foime doado integrarme con só dous ensayos. Dende aquel dia ensaiamos duas/tres veces por semana.

Ata que no dia de San Mamede tocamos na casa de Manuel Pedrouso.

Unha semana despois chegounos unha oferta para tocar na primeira edición do desfile “Bueu Moda” e procuramos ensaiar mais e conseguir máis material.

Manuel Pedrouso deisou de asistir os ensayos por motivos personais, e tivemos que chamar a outro bateria, o cal tiña máis experiencia, e máis é primo do guitarrista.

 

 

Asi estariamos a formación que traballou este verán.

Para esta actuación ensaiamos moitos dias ata longas horas da madrugada.

Despois de ensaiar moitas noites, por fin chegou o día:

 

“Bueu Moda 2004” Primeira actuación importante de Contra el viento.

Asistirían os medios de comunicación, e asiríamos durante esa semana en diversos xornáis.

Enchemos a furgalla cos instrumentos e diriximonos o lugar da actuación.

A organización foi pesima, e o palco non estivo ata cerca das 9 da noite.

Tivemos que montar o equipo a correr e case sen tempo para provar.

Nesta ocasión o equipo de sonido foi cedido polo concello, pero era moi pequeno.

 

Pese a todo habia unha aglomeración de xente por todo o recinto.

Sobre todo os nosos compañeiros que estiveron saltando na primeira fila.

 

 

Empezou o concerto e votamos seis cancións.

Logo empezou o desfile, (o unico bo eran as modelos,...)

O remate do desfile a xente empezou a empurrar e aglomerarse diante do palco.

Votamos o bolo inteiro, pero tivemos que tocar cancións extra devido o éxito.

 

Como a xente quedou contenta empezaron a chamarnos, e aceptamos tocar na festa dos mozos en Cela. Para ese concertos xa utilizamos un bo equipo de sonido, que nos prestaron uns compañeiros, os que lles damos as grazas.

 

Nesa actuación so había un fallo, era as oito da tarde un día de verán.

Aínda que o sol nos cegaba os ollos, entregamonos a fondo e o publico quedou contento, que tamén foi bastante. Para nos foi outro éxito.

 

 

Pasaron unhas semanas de descanso e avisaronos para actuar na Troula na Banda 2004,

Este era un concerto importante e aceptamos, pero devíamos ensaiar moito máis.

Neste caso tivemos a un profesional para o equipo de son e montamos todo moito mellor, traballamos moito máis e perfeccionamos todo.

 

Este concerto tiña que sair perfecto, pois era unha proba para poder actuar na Noite do trasno e noutros festivais importantes.

Esta vez montamolo o grande, fisemos camisetas e vendemolas, a 6 € (aínda están a venda), e aínda por riva montouse un clube de fans oficial.

 

Chegou o día 17 de Setembro, era o día que comezou o curso e toda a xente estaba enterada.

Este concerto fisemolo maiado e todo o publico quedou contento.

Deunos moita salida e fama, pois coñecennos en toda a provincia.

 

Despois disto seguimos ensaiando con normalidade e incorporouse Victor (Roxo) ó baixo, o cal continuara comentando as andanzas do grupo.

 Byktor-contra el viento- 4ºB

 

 

LENDAS E MITOS DE CELA (1)

Borja Estévez Padín 4º B

 

FONTE DOS GATOS

 

No lugar do Souto, ó outro lado da estrada onde se atopa a fonte do mesmo nome ou dos Remedios, existía baixando uns pasos de escaleira, a fonte dos Gatos.

Contan que, hai moitos anos, un rapaz foi buscar auga cun xerro; pero en lugar de auga a fonte botoulle trigo. O neno asustado marchou para casa co xerro baleiro. O chegar contoulle ós seus  o acontecido. A nai díxolle que fose correndo a encher o xerro pero cando chegou  botaba auga de novo.

 

FONTE DOS REMEDIOS

 

No mesmo lugar do Souto contan a lenda da rapaza que foi á auga e saíulle ouro en vez de auga, o que foi recoñecido por todos como un milagre.

 

PEDRA DA LIÑAZA

 

Cerca dos tres camiños, na noite de San Xoán, antes de saír o sol, aparecía liño a secar e unha persoa que cho ofrecía.

Cóntase que esta aparición ocorríalles ás persoas retrasadas.

 

PEDRA DA LIÑAZA II

 

En Coteleiro, cerca dos tres camoños, no día de Corpus ás doce do día sae unha princesa vestida de virxe ou disfrazada de galiña con pitos.

 

A VOLTA DO PINO

 

Ás doce en punto da noite de San Xoán, na volta do Pino (Loureiro), na parte de arriba da actual estrada, os donos dunha casa saíron á eira a coller sementes de fento debaixo da viña (por estar máis protexido polas estacas en cruz) para colocala nunha tea unha vez apañada. A intención de recolectar esta semente era que no día de San Xoán lle dese o sol para que a convertese no dourado.

Cando estaban colléndoa tiveron que escapar para dentro da casa xa que alguén ou algo lles meteu medo. Unha vez que se atopaban no interior abriron a tea para limpar a semente, nisto empezou a saltar e non a viron máis: desaparecera.

 

LENDA DO XISTRO

 

Había antiguamente unha árbore neste lugar na que se facía meiguería. Unhas bruxas facían un círculo ou un triángulo. Uns nenos que foron xogar miraron aquelas manobras. De súpeto, comenzou a oscurecer e desencadeouse unha gran tormenta. Os nenos marcharon correndo ó mirar facer bruxería a aquelas vellas.

Cada día de treboada volvía suceder o mesmo. Para resolver esta situación, nun fortísimo temporal, os nenos acompañados por unha persoa maior trazaron no chan un círculo de sol e auga bendita: todo desapareceu e a árbore secou.

 

 

LENDAS E MITOS DE CELA (2)

Borja Estévez Padín 4º B

 

 

A PEDRA DA CROBE

 

Na antiga casa do Bughán existía unha pedra, hoxe xa moi gastada, que serve para extraer o veleno das picaduras das serpes.

Coméntase que esta pedra chegara de Cuba, aportada por un antepasado familiar.

A pedra traía un documento sobre as súas virtudes e uso:

As admirables virtudes da pedra serpe procedente das Indias.

En moitas provincias das Indias Orientais e principalmente no  Quansi, nacen certas serpes moi velenosas, con pelo na cabeza, e chámanse “serpes peludas”, atopándose na súa cabeza unha pedra de grandes dimensións.

A súa cor ven a ser negra con algunhas manchas cinsentas. A pedra para coñecerse se é boa ou falsa, arrimándoa ós beizos debe pegarse fortemente. Aplicada a pedra sobre a mordedura ou picadura de calquera animal venenoso, logo pégase e chúpase todo o veleno caendo despois por si mesma, deixando a persoa ofendida, san e libre. Despegada a pedra métese nun pouco de viño ou auga e déixase un pouco de tempo co obxecto de que largue todo o veleno, e despois levándoa moi ben consérvase para outras ocasións.

Se despois de caída a pedra da parte ofendida, continuase a dor, despois de lavala, aplicarase outra vez e continuarase desta maneira ata que a dor se quitara enteiramente; porque mentres houbese veleno sempre se pegará a pedra.

Se acaso a mordedura estivese xa pechada é preciso abrila coa punta dunha navalla para que a pedra se agarre mellor.

Aplicada dita pedra sobre a mordedura de cans, víboras sarabandixas, escorpións, arañas, avésporas ou outro animal velenoso sanda en breve.

A pedra aplicada sobre tumores malignos e outros males semellantes, abriremos un poco para que se poida agarrar a pedra e chupar brevemente todo o tumor.

A pedra feita po, bebida con viño ou auga, bota fóra calquera veleno por mordedura de animal velenoso, inda que se introducira na parte interior.

Co feliz éxito está probada por moitos para curarse úlceras, chagas e outros vultos exteriores.

Principalmente sana de todo inchazón, cravadura de estela, ferida ou tumor acanchado.

 

FONTE DE SAN LOURENZO

 

Dise que a auga desta fonte ten propiedades milagreiras: servía para lavar as espullas, chagas e feridas.

Se se leva para casa dura de oito a quince días fresca, como recén collida.

Cando se bebía ó ir traballar ás tomadas que se tiñan polas proximidades, notábase como toraba os dentes, aínda nos días de máis calor.

Era costume que na noite de San Xoán fose a mocidade en parranda a lavar a cara porque tiña virtude.

Nesta mesma fonte, tamén na noite de San Xoán aparecíase unha galiña con pitos de ouro.

A fonte está moi preto da ermida do mesmo nome e aínda cando se celebra a romaría, son moitos os romeiros que ó remate do cantar baixan garrafas ou botellas, coñecedores das excelentes propiedades da auga.


LENDA DO CASTELO

 

Neste Lugar reuníanse tres bruxas a facer os círculos de Salomón. Un rapaz que sempre sogaba por alí, mirou como ó facelas prestábase un xigante cun curro cheo de ouro e tesouros; aparecía cando as bruxas querían.

O neno contoullo ó cura e dicidiron ir ó lugar para observar detidamente o que pasaba.Cando as bruxas remataron, eles fixeron o mesmo: aparecéulles o xigante co carro cheo de riquezas.

¡Meu deus! Exclamaron a unha.

O nomear a palabra santa desapareceu o carro, o xigante e os tesouros.

 

A PEDRA DO CAPITÁN

 

No monte da Barraca, fálase dunha pedra de grandes dimensións usada de marco para soportar as terras de Bueu e Hermelo, na que se colocaron as iniciais HLO. Nesta pedra dise que morreo un capitán cando estaba dando ordes ós seus soldados. 

 

 

LETRAS GALEGAS  2004

“XOAQUÍN LORENZO”

    

Xoaquín Lorenzo naceu o 23 de xuño de 1907 no número 30 da Rúa da Paz, na cidade de Ourense. O seu pai. Xosé Lorenzo Álvarez, era natural de Ourense, pero a súa vez vencellado, polo pai, ás terras de Calvos de Randín e, pola nai, ás de Lobeira; a nai de Xoaquín chamábase Xoaquina Fernández e era natural de Vigo.

         No ano 1926 inicia os seus estudos de  Folosofía e Letras a Universidade de Santiago e, ao mesmo tempo, ingresa no Seminario de Estudos Galegos presentando o seu traballo “O carro galego”, institución dende a que tratará de impulsar a formación dun museo etnográfico en Fonseca.

    Integrado plenamente nos labores de  Seminario de Estudos Galegos, xeración da que é integramente de pleno dereito, en 1930 è o SEG o que publica en  Santiago o seu primeiro volume, en colaboración con Florentino Cuevillas nesta ocasión, o magno estudo sobre a “Vila de Calvos de Randín”.

        

         En 1934, trasladase a Zaragoza para rematar os estudos de Filosofía e Letras. Segundo contaba el mesmo nunha entrevista este traslado foi debido aos problemas que lles crearon a el e máis ao seu irmán uns profesores da Universidade de Santiago <<porque traballabamos no Seminario de Estudos Galegos e porque eramos galeguistas>>

        

         No ano 1939 é nomeado profesor encargado da materia de Xeografía e Historia no Institúo do Posío.

         En 1942 é nomeado colaborador do Museo Arqueolóxico de Ourense, que dirixía o seu íntimo amigo Xesús Ferro Couselo.

        

         Entre 1944 e 1946 inicia diversas escavacións nos castros de Cameixa (Boborás) e Cabanca e na vila romana de Abelenda das Penas, ao tempo que é nomeado,en 1946, colaborador da Comisaría de Escavacións Arqueolóxicas.     

        

         O 16 de setembro de 1951 ingresa como académico de número na Real Academia Galega, ocupando o posto de Antón Noriega Varela, cun discurso sobre “A casa galega”, que será respostado por Ramón Otero Pedraio.

        

         En 1953 Xoaquín Lorenzo participa no III Congreso Arqueolóxico Nacional, que ten a súa apertura na cidade de Ourense, coa presentación das coleccións do Museo Arqueolóxico na súa nova sede do edificio da Praza Maior.

        

         No ano 1955 asiste ao Congreso San Fructuoso e o seu tempo, nas volas portuguesas de Braga e Montelius, na compaña dos seus colegas e amigos Otero Pedraio, Ferro Couselo e Fermín Bouza Rei.

         En 1961 o Ministerio de Educación outórgalle a Encomenda de Alfonso X o Sabio.

    No ano 1976 participa como cofundador do Museo do Pobo Galego,un proxecto de investigación e conservación do noso patrimonio etnográfico, que culminaba todos os seus soños e ilusións acumuladas a o longo da súa vida.

            En 1983 recibe a medalla de ouro de Museo do Pobo Galego e o 19 de xuño recibe o premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo, presentándose con ese motivo o libro “A Nosa Señora do Viso”.

      Morre na súa casa de Facós en Lobeira o 18 de xullo de 1989.

                                      FRANCISCO MARTÍNEZ SANTOS

 

                                 Rota P.R-G 48

 

 

No trimestre pasado os alumnos de cuarto deste instituto fomos a facer sendeirismo todo o día.

 

           

 A ruta que iamos seguir era a P.R-G 48 ( Pequeno Percorrido

 

Galego, non pasan dos 50 km.) que está entre Pontevedra e Redondela, ó fondo da ría de Vigo.

 

O percorrido ten 22 km. e a nós quedounos unha pequena parte sen facer, aínda así xa lle sobraba de longa.

 

             Saímos da Ponte de Sanpaio, onde as tropas francesas foron derrotadas e expulsadas de Galicia, a rota segue algúns treitos do Camiño Portugés a Santiago que se sinalizan coa típica cuncha da viera. Nas beiras do Río Ullo hai moitos muiños fermosos.

 

O máis impresionante de todo foi cando subimos ó monte da Fracha dende onde había unha espectacular vista das rías de Pontevedra e Vigo; segundo unha guía de sendeirismo un mirador chdos máis fernosos de Galicia. Logo egamos ata o río Lérez.

            

Para poder facer ben este percorrido tivemos que aprender unhas pequenas normas sobre este deporte:

-         As cortes da nosa rota eran branco e amarelo.

-         Se estas dúas liñas estaban en paralelo estabamos indo ben.

-         Se as liñas estaban en cruz, por ese camiño non é.

-         Se as dúas liñas teñen unha curva cara un lado indica que hai un cambio de dirección.

-         Se non atopas ingunha marca, mal asunto, algo fixeches mal e tes que volver atrás

 

Outra sinalización coa que nos atopamos foron as frechas que sinalan a proximidade dunha poboación, un miradoiro, un refuxio, etc., así como variantes que parten do sendeiro principal.

           

 O paseíño foi sen problemas e moi rápido xa que estaba todo moi seco non coma outros anos, isto fixo que houbese poucas caídas o cal foi unha pena.

 

 Este deporte está moi ben para facer amizades porque como vas caminando, para que se faga máis curto falas coa xente.

 
                                                                                         
                                                                                    Marina Acuña Loira (4° a)

 

 

 

 

 

 

.

 

A NOITE DO TRASNO

 

Está moi ben ir ós festivais a bailar, pasalo ben cos amigos... pero, seguro que nunca vos preguntástedes como se organiza un festival, se costa moito traballo organizalo, se os que o organizan disfrutan del, etc.

 

            Para responder a todas esas preguntas, escollín o coñecido festival “A Noite do Trasno”. A Noite do Trasno celébrase en Cabo Udra, Beluso e é o festival máis duradeiro (xa que dura toda unha semana ou polo menos é o que se pretende coa edición do ano 2004, que se celebrará dende o 9 ó 14 de agosto, aínda que os concertos serán os días 13 e 14) de toda a península do Morrazo. É un festival para todas as idades e, inténtase, que para gustos variados. Durante os dous días que duran os concertos, mestúranse varios estilos musicais (música galega, ska, rock mestizo, reggae, Hip-Hop), conseguindo con isto unha mestizaxe moi especial. Durante o primeiro día, pola noite, teñen lugar as primeiras actuacións de grupos musicais. O segundo día xa está máis repartido: pola tarde realízanse obradoiros, xogos, animacións de Clown e estes dous anos anteriores contaron coa participación de O Mago Teto. Pola noite volve a troula de novo con outras actuacións musicais. Ademais, o primeiro día, á medianoite, fan a típica Queimada Galega e o conxuro. Durante os dous días, o Festival ten zona de acampada libre e un bar.

 

            Sabendo xa todo isto, reuninme cos organizadores do Festival para que nos contaran como organizan o Festival.

 

 


¿De quen xurdiu a idea de facer o Festival?

Pois bueno, realmente o de facer o Festival foi unha idea que sempre estivo presente. Dende que comezamos no ano 1997 xa se barallaba a idea de facer un festival e cando comezamos a organizar a Festa dos Mozos esta idea comezou a cobrar forza. Tras tres anos organizando a Festa dos Mozos, decidimos dar o salto ó Festival, porque a Festa limitábanos moito en varios aspectos e, en cambio, o festival dános unha maior liberdade de movementos. Tamén ten moito máis potencial, e permite facer máis cousas e evolucionar moito máis.

 

¿Canto tempo fai falla para preparar un Festival?

            A maioría dos Festivais organízanse en dous o tres meses; pero o noso lévanos todo un ano organizalo. Aínda non rematamos a edición do ano anterior cando xa nos poñemos a pensar na do vindeiro ano. É un traballo continuo, que realmente comezou no 1997 e agora estamos recollendo todos eses froitos, pero bueno, cada edición lévanos un ano preparala.

 

¿Que é o primeiro que se fai?

Realmente, o primeiro que facemos é reunirnos uns días despois do Festival e comentar todos os erros, facer unha autocritica e comezar a poñer sobre a mesa as ideas para o festival do ano que vén. Con esta reunión o que conseguimos é ter fresco o Festival anterior e con isto intentar mellorar os próximos.

 

¿Como conseguides os grupos?

            Dende o principio, o que intentamos é implicar ós grupos no Festival, explícamonos, queremos que todos os grupos que veñan ó Festival se sintan cómodos, como en casa e, aínda que parece moi difícil e non sempre se consegue, que veñan ó Festival para pasalo ben tocando, non polo que lles poidamos pagar. Polo tanto, o que facemos é falar directamente co grupo, explicarlle o proxecto e facelos partícipes.

 

¿Que filosofía perseguides?

Hai unha primeira cuestión que é a da participación da xente na elaboración de proxectos comúns. Os socios conforman a asemblea, e nela cada un expón as súas ideas e deféndeas. Coas ideas de cada un elaboramos os obxectivos da asociación. Todos falamos, todos opinamos e todos traballamos.

O certo é que dende un principio a asociación de Mozos-as naceu coa intención de atraer á xente de Beluso (e de máis sitios) a disfrutar das cousas feitas en común. Poderíase dicir que a filosofía era- e é - facer saír á xente da casa. Facermos festas, exposicións ou o festival coa intención de abandonar un pouco a diversión individual e cómoda que nos dan as novas formas de diversión coma televisión, no salón da nosa casa, e ofrecer outras máis participativas ou incluso máis tradicionais. Ofrecemos saír ao aire libre e falar cun fulano que non coñecemos de nada e que está a mirar un espectáculo cómico en Udra. Tan sinxelo coma eso.

 

¿Sácavos moito tempo libre?

Realmente si e, contando que a maioría de nós estamos estudiando... pero bueno, realmente o tempo que nos saca é un tempo moi ben empregado, así que todos o “perdemos” gustosamente.

 

¿A xente colabora?

            Pois bueno, realmente o que se di colaborar, diríase que cando nos fixo falta, sempre hai alguén disposto a botar unha man, pero bueno; sempre pensamos que a xente podía achegarse máis. Neste momento, a Asociación compoñémola sobre 18 persoas, aínda que sempre contamos con algún que outro apoio fixo, ó que se lle pode pedir axuda cando faga falta. De todos modos, xa que nos fas esta pregunta, queriamos decir que se alguén quere unirse a nós e comezar a traballar recibiríamolo cos brazos abertos.

 

¿Custa moito facer un Festival?

            Se te refires economicamente, si. O último costounos sobre 48.000 euros, pero todo isto vai depender das actividades que fagas e sobre todo ás dotes de negociador que teñas. Por sorte, nós sempre tivemos moita sorte neste aspecto polo que falabamos antes de intentar implicar ós grupos co Festival. Pois gracias a isto, e seguindo esta filosofía para todo, sempre se poden chegar a acordos e a xente traballa mellor e axuda.

 

¿De donde sacades os cartos?

            Esta si que é unha boa pregunta! A maioría das veces, nós tamén nos preguntamos isto. A verdade é que os cartos debemos sacalos de debaixo das pedras, porque nunca nos explicamos como o conseguimos. A nosa maior


fonte de financiación é a venda de material (camisetas, bolígrafos, chisqueiros...) e os ingresos da barra que montamos o día do Festival, así como o que poidamos ir sacando de todos os actos que organizamos durante o ano.

 

¿Como facedes os debuxos das postais, camisetas ...?

            Pois como todo, o contar con amigos é moi importante. A gran maioría dos debuxos son de Adrián, un dos membros da Asociación. Logo toca pasalos ó ordenador e aí xa comeza todo o proceso de creación de postais, logotipos, pegatinas, carteis,  etc. Sempre axudados por amigos que son uns manitas para estas cousas.

 

O día do Festival, ¿disfrutades ou tedes que seguir traballando?

            Traballar sempre hai que traballar, e eses dous días son os días de máis traballo, pero a verdade é que a satisfacción dun traballo ben feito é unha forma de disfrutar que non se pode pagar con nada. Para nós, o mirar 5.000 persoas ou máis, brincando, bailando e pasándoo ben cunha cousa que creamos con tanto esforzo, é unha maneira de disfrutar enorme. A verdade é que é unha sensación única. Esa é a nosa maneira de disfrutar: saber que fixemos as cousas ben e que todo vai “case” perfecto.

 

   Bueno, xa para rematar, darvos as gracias e animarvos a que sigades traballando. Se alguén está interesado en traballar con nós, ou simplemente achegarse para mirar como traballamos, non dubidedes en poñervos en contacto con nós no número 6969874392 ou visitando a nosa web www.mozasemozos.org ou www.mozasemozos.es.vg.

 

 Eva Rivas

 

 

 

O AMIGO QUE EU AMABA

 
Era un amigo pero amábao, en silencio permanente.

Mentres el os seus amores me contaba, eu escoitáballe as súas frases tristemente.

Era un amigo, pero gustábame, o meu afán era miralo cada día, cada momento.

Nunca soubo do amor que eu sentía por el, porque sempre me falaba da súa amada.

Era unha amiga para todo o mundo porque a ninguén os meus amores confiaba.

Eu queríao profundamente e forzosame o calaba.

Era un amigo, eu sentía temblar o meu corpo cando el me miraba.

O miralo xunto de min facíame feliz, era un amigo, era un amigo.

Peo o día que emnos esperab, chegou sen decirme nada, colleume as mans entre as súas, miroume con tenrura, e díxome:

            ¡¡¡ERA A TI A QUEN AMABA!!!

          Vanesa Martínez  Rodríguez  3ºC

 

Esta noite tiven un soño no que aparecía...

      ...auga.

Suxere a vida do soñador e representa os seus sentimentos, instintos e sensacións. Se as augas son axitadas ou sucias suxeren que o suxeito precisa tomar unha decisión; se se presentan claras e en calma, que a decisión e correcta.

      ...animais.

Soen simbolizar aspectos da natureza emocional e instintiva do soñador. A aparición de animais feroces ou enfurecidos representa ira, mentres que a de enxaulados ou atados simboliza que o suxeito síntese traicionado, coaccionado ou lastimado. O tipo de animal tamén garda significado: por exemplo, a formiga representa codicia; o can, lealtade; o oso e o cabalo,forza; o gato, traición; e a serpe, a sexualidade e a tentación

     ...árbores.

Suxeren vida- Se as follas están verdes, indican cambios positivos;se aparecen marchitas, trátase dun cambio decisivo, para ben ou para mal; e se non ten follas, simboliza o cambio dunha situación.

      ...aves.

Representan a huída dunha situación indeseable, o desexo de liberdade e unha perspectiva de aumento de conciencia e lucidez. Ademáis, o tipo de ave alberga un significado: o pavo suxere o desexo de vanidade; a galiña, situacións de cobardía; e o corvo representa a traición e a ingratitude.

      ...ascensores e escaleiras.

Suxeren unha melloría, cando ascenden; ou unha regresión, cando descenden.

     ...caídas.

Simboliza o fracaso, o retroceso e a pérdida de control na vida. Tamén indica o fin dun ciclo natural.

     ...caras.

Representan algo natural, peroque pertence ó pasado e que xeneralmente borrans.e ou apártanse da nosa vida.

     ...ceo.

Fai referencia a inquietudes sobre o futuro que poden resultar da situación actual.

     ...cores..

Suxeren  muitas cousas, dependendo da cor. O negro representa a culpabilidade e outros sentimentos intensos, mentres que o blanco fai referencia a pureza e a espiritualidade do individuo.

     ...carreiras.

O acto de correr indica que o soñador está evitando ou huíndo de algo que hai na súa vida. Se se fai hacia o motivo, expresa o desexo de alcanzar un obxetivo, e se se realiza por outro placer, indica unha necesidade non satisfeita.

     ...deserto.

Simboliza unha área de nós mismos, xeneralmente do terreo sentimental, á que non prestamos moita atención.

      ...desnudez.

Ten que ver con sentimento de vergoña ou vulnerabilidade.

    

     ...dentes.

Dependendo do contexto do sono, fan alusión ó pracer erótico ou a problemas sexuais. Por exemplo, ir ó dentista indica o desexo de resolvelos.

      ...edificios.

Representan ó soñador. As actividades no seu interior indicansubjectividade,así como problemasinternose a capacidade de resolvelos por símesmo. A actividade portas a fóra suxere obxectividade e influencias externas.

      ...estacións.

Poden indicar unha certa disposición sentimental ou fase da experiencia: no inverno simboliza untempo inconscente de hibernación;a primavera, o inicio dunha nova vida;e o verán, a expresión máxima de liberdade e desarrollo persoal.

      ...excrementos.

O soñadorr está preocupado por temas relacionados coa riqureza, os cartos e a prosperidade.

     ...flotar e voar.

Significa que o suxeito síntese feliz e cheo de regocijo. O descenso dende unha altura hasta o chan pode indicar a transición dunha sensación de benestar a un sentimento de depresión.

       ...fogo e calor.

Poñen en evidencia que se pasa por un estado de ira causado por un axente extern. As chamas , as veces, simbolizan a purificación espiritual ou de outro tipo.

      ...esquerda e dereita.

O lado esquerdo representa nos sonos aspectos artísticos, emocionais e internos da persoa, mentres que o destro fai alusións a nosa mente lóxica e racional.

      ...neve.

A súa caída representa problemas que ó soñador parécenlle infranqueables.

      ...Nenos.

Simbolizan un cambio ou unha novafase navida do que soña.

      ...peixes.

Suxeren unha abundancia de espiritualidade ou o estado do que soña.

      ...pel.

Representa os sentimentos; problemas coa pel indican cambios emocionais.

      ...portas e fiestras.

As primeiras aluden ás eleccións que podemoos facer, e as segundas, ós ámbitos novos nos que podemos adentrarnos.

      ...sangure.

Figura a vida e a conexión indestructible con alguen ou algo, probablemente coa persoa ou cousa que sangra no sono.

      ...sol.

A súa visión orínica indica o fin dun problema ou unha dificultade.

      ...vallas.

Representan as nosas limitacións. Simbolizan un obstáculo que hai que superar.

             

   HAIKU

 

Formas abstractas

 

 

feitas pola area na beiramar

 

 

 A onda chega e apodérase

 

delas.

 

          Raquel  Est{evez  Rodriguez  2° A

 

 HAIKUS”

 

 

Frightened mouse                               Rato asustado

Running trough the ferns                     Correndo entre os                                                                  fentos

Hoping for a new day                       Esperando   por

                                                           un novo día             

 

ELISABET 2ºA

 

 

 

Little lake                                             Lagoa pequena

Breathing through the water                Respirando 

                                                         a través da auga
 

The winter breeze                                O bafo do inverno

 

EVA 2ºA                                              

 

 

Lonely mountain                              Montaña  senlleira

Nestling in the sky                                  aniñando no ceo

Always  white                                          sempre branca

 

 

MANUEL 2ºA

                                                                                      

 

Orange sun                                          Sol laranxa

Hiding venid the trees                          Agachado tras 

                                                             das árbores
 

Summer twilight                                   Crepúsculo do 

                                                            verán

 

                                                                                        MIGUEL 2ºA

                                                        

     ¿QUE É O AMOR?

¿Que é o amor?

É algo que crea dor

cando ti non estás meu amor.

Por iso che pido:

“Non me deixes soa por favor”.                                            Cando chegue o solpor

                                                                        cando xa non faga calor

                                                                       quero que me deas unha resposta

                                                                       canto antes, por favor.

Se me dis que quedas aquí comigo

Tocarei o tambor con humor

Porque así pensarei:

“Que bonito é o amor”

Pero se me dis que marchas.                      Unha espada clavarase no meu corazón,

marcharase a paixón,

e preguntareime a min mesma:

¿Por que razón?.

Non  me darás resposta

pero no meu corazón

unha espiniña clavada

quedarase aí

porque a ti che da a gana.                                                  Non farei nada por evitar

que por sempre te marches

porque sei que vas a rexeitar

todo o que eu che rogase.

Xa non podo seguir

este poema deprime

porque se chega a ocorrer

e mellor morrerme.

ZULEIKA JORGE AMOEDO 2ºA

 

Espacio para a Cultura  Galega

 

Homenaxe a Xela Arias

 

         Xela Arias  naceu en Vigo en 1960. Colaborou nas revistas  “Dorna”, “Escrita”, “Luzes de Galiza”, “Festa da Palabra  Silenciada”, etc. O seu primeiro libro ten un carácter rupturista, evidenciado xa no seu título: “Denuncia do equlibrio” (1986). A fragmentación de “eu”, a creación de imaxes novas e a destrucción da sintaxe confírenlle ó texto unha fasquía que por veces resulta disonante:

 

 

                            tivo que pasar: aparexeime nos ventos

                            contaminados sinto ese vehículo

                            ascenderse         xa o coñezo tanto que

                            Pásote

                            Dou outra volta

                            Relátome polo paseo arriba mergullada.

 Estes trazos sitúan a obra nunca estética vangardista próxima ó surrealismo (Blanco, 1991). O hermetismo que por veces adquire o discurso achégao, por outro lado, á tradición imbolista e esotérica (ibídem).

         O amor, vencellado a miúdo á derrota e á morte constitúe o eixe temático do poemario. Obsérvase, ademáis, ó longo do texto, un esforzo por deixar constancia da condición feminina da voz lírica. Por outro lado, a linguaxe poética, que foxe do tòpico e da súa naturaza sexista, vese enriquecida pola incorporación de coloquialismos e léxico da modernidade.

        Tigres  coma cabalos (1990)  é unha nova experiencia na traxectoria poética de Xela Arias, concibida como unha combinación de texto e imaxe. Trátase dun poemario acompañado dun conxunto de fotos  Xulio Gil, no que se pretende harmonizar ámbalas dúas formas de expresión. A voz lírica reiteira o seu

rupturismo nun libro que volve trata-la temática do amor. O texto incorpora numerosos elementos descritivos e narrativos:

 

                            Véxoche a cara na ventá.

                            Creo que non coñezo desinencias nin escualos.

                            Ergo a bata a paso a saia.

                            Bater en min é ser en nada.

                                      ¡Óllame!.

                            Dos teus ollos quixéra-la miña ollada.

 

Darío a diario (1996) é tamén un libro singular. A súa orixinalidade  no noso sistema literario vén dada polo tratamento do teme do embarazo e maternidade. Estamos, logo, ante  unha  poesís que nos transmite, desde un punto de vista intimista e propiamente feminino, unha experiencia vivida con plenitude. A obra está explicamente dirixida ó novo ser que se instala no cotián da voz lírica:

 

                            Imos, meu ben, camiñar sereno

                            pola cidade sen ramplas nas aceras. Imos                                       comeza-lo xeito da túa vida, e mírame

                            mesmo as bolsas dos meus ollos serán monecos

                            dos teus días xunta min

 
FRANCISCO MARTÍNEZ SANTOS

 

 

VIAXE  DE  ESTUDIOS  A  PARÍS  ! ! !

         A viaxe de “estudios” a Francia foi unha experiencia inesquecible ,  xa que ademais de coñecer unha cidade tan bonita como é París tamén nos coñecemos entre nós ( terceiro e cuarto) .

 

         Unha das cousas que máis nos gustou foi ver a  mítica Tour Eiffel iluminada, de moitas cores, de noite dende Place du Trocadero.

        A primeira noite, nada máis cegar ó aereoporto, invitáronnos á homenaxe a Ramón Chao porque se retiraba de Radio-France e do xornal Le Monde Diplomatique . Alí tamén estaba o seu fillo, Manu Chao co cal intercambiamos unhas palabras e nos fixemos unhas fotos. 

                    

Á mañá seguinte , subimos ó Sacré Coeur dende onde se pode ver todo París cós seus típicos tellados grises. Logo baixamos ata a Place de Montmartre, onde nos fixemos uns retratos.  

            Despois disto chegamos ata á rúa Pigalle onde se condensa todo o porno francés ( puticlubs, sex-shops , cines X , videoclubs X e cabarets) alí estaba o famoso Moulin Rouge.

 
A UNESCO

Atendeunos unha muller moi agradable que explicaba as cousas moi ben, ainda que o fixera en francés , sorte que Mar traducía. Miramos o que donara cada país; estatuas, un xardín xaponés pero o que nos impactou foi a cara dunha estatua que estaba medio rota e simbolizaba a paz, donouna Hiroshima , estaba alí  cando estoupou a bomba nuclear e por iso está estropeada.

 Visitamos a catedral máis simbólica de París , Nôtre Dame. Nela , había un cubo moi grande onde escritos nuns papeliños puidemos vota-los nosos desexos.

 

Ó sair da catedral fomos no bateaux mouche , barco que recorre o Seine , e dende o cal miramos a estatua da Libertade, moitas pontes e numerosos monumentos todos impresionantes.

 

Paseamos pola rúa onde se atopan tódalas tendas de luxo : Dior , Gucci, Chanel... E chegamos á Place de L´Opera , Place de la Concorde e ós Campos Elíseos, entre outros.

 

Ó día seguinte miramos unha exposición: “Piaf, la môme de Paris” que resumía a vida da gran artista mostrandonos a súa música. Logo, collemos o TGV para Bruselas onde, despois de xantar visitámolo Parlamento Europeo que era grandísimo e nos atendeu un funcionario europeo español chamado Juan Rodríguez, moi amable e simpático.

 

Contounos que estabamos a uns metros dos máis fortes xefes de estado europeos , que pretendían firma-la Constitución Europea, ainda que ó final non foi posible.

 Paseamos por Bruselas, que ás catro e media da tarde xa era noite. Miramos tenderetes, mimos , e o inmenso belen que tiñan montado nunha praza moi grande no que -con “alguén” montado no burro- sacamos moitas fotos. Cantamos polas rúas, pero sin dúbida o mellor foi o albergue no que case ninguén durmeu e pasamos toda a noite falando e rindo.
    
Pola mañá, visitamos “Brel, le droit de rêver” ( Brel, o dereito a soñar) unha exposición na que se recorda ó gran artista repasando a sua vida. A maioría de nos, estabamos medio durmidos e coa pouca luz que había moitos case quedamos a durmir, (púñannos vídeos e as butacas eran moi cómodas, miramos unha recreación do seu salón, a súa habitación... ata a marca de tabaco que fumaba).

 
Collemos o TGB e volvemos a París. Visitamos o centro Pompidou –que  se singulariza por ter todos os ferros... da súa estructura por fóra. Logo, deixáronnos media horiña para mercar recordos no centro comercial de Les Halles.

 O último día, despois de almorzar, fomos á Tour Eiffel e subimos ata arriba de todo. Dende alí as vistas eran incribles encantáronnos podíamos ver á xente abaixo que parecían formigas.

             
A profe tiña pensado ir en metro ó museo de Orsay pero por culpa dun incompetente que traballaba alí e que non nos quiso atender como é debido; tivemos que ir andando polo cal visitámolas súas instalacións e miramos moitos cadros de Van Gogh, Gauguin.. pero non poidemos ver máis cá entrada do Louvre e quedamos coa espiña de ve-la Monalisa.

Volvemos ó albergue, recollémo-la equipaxe e collemos un autobús ó aeroporto de Orly – “Que triste é Orly os domingos, con ou sen Becaud”, retrouso da mítica canción de Brel “Orly”- onde xantamos e embarcamos cara Madrid onde tras volver a pasar por detectores de metais e “cacheos” coma se foramos terroristas, collemos o derradeiro avión que nos levou finalmente a Vigo onde nos esperaban as nosas familias impacientes por vernos e nós por contárlle tóda-las cousas que viramos e as anécdotas que nos ocurriran.



 

 

Foi unha “viaxe de estudios” que xamais esqueceremos.

 

DIANA BERNÁRDEZ MOLDES 3º A 

Marina Acuña loira   4º B

 

 

 

Un feliz Nadal


 Os tempos de Nadal acercábanse cada vez máis. Marta, unha rapaza de catorce anos, orfa de nai, eses días sentíase triste pero á vez contenta porque pronto recibiría a visita de Papá Noel e dos Reis Magos, e tería moitos agasallos.

 A súa nai morrera de cancro, xa había seis anos. Marta estivo todo o día ao lado dela e as últimas palabras súas foron que coidara do seu pai. Marta tomou as súas palabras ao pé da letra. Desde ese día ela tomou as rendas da casa, facía a comida, limpaba a casa; é decir, tódalas tareas domésticas.

Este ano as cousas ían cambiar, porque o seu pai collera moza e pensaba casar con ela.

 Quince días antes do día de Noiteboa o pai de Marta comunicoulle que na cea de Noiteboa habería unha invitada máis, esa era Mónica, a súa moza. Marta marchou correndo, coas vagaos nos ollos, dirixiuse cara a súa cabana da árbore. Cando subiu atopouse cos seus mellares amigos, Dalh e María.

 Ambos consolárona e comentáronlle que tiña sorte porque agora tería a quen contarlle as súas preocupacións e quizais podería ter ata irmáns. A Marta gustoulle a idea e volveu correndo cara á casa e pediulle disculpas aos dous.
Para Marta e os seus, eses seguintes días foron os máis felices das súas vidas. Foron mercar unha árbore xuntos, puxéronlle os adornos, fixeron un belén.
Chegou o gran día, os tres comezaron a preparar a mesa antes de que chegara o resto dos familiares. Cada un dos invitados puxo algo na mesa. Entre risos e felicidade comezaron a comer.

Os nenos máis pequenos foron para o salón a xogar, e cando foron as doce en punto, todos correron cara á árbore de Nadal, para coller cada un os seus agasallos. Marta abriu o último, que era de Mónica; dentro da caixa había un gran medallón que pertencía á súa nai, e unha nota que poñía que a quería e que pronto ían ter un irmán ou unha irmá. Ela emocionouse moitísimo, e deulle un tenro abrazo a Mónica. Os tres foron felices ata a fin dos seus días.

Margarita Rey Novas 4ºA


             VILAGARCÍA
Partimos o un  de marzo cara a Vilagarcía de Arousa , os alumnos de 4º da ESO.

No autobús todos comentábamos o ben que nolo iamos  pasar .Imaxinabamos que as instalacións do albergue cumprirían as nosas expectativas .

Cando chegamos ó albergue levámonos unha gran desilusión xa que non era como esperabamos.

Os monitores comentáronos que tiñamos que levar as maletas para os nosos respectivos barracóns e presentáronse ( Pali ,Jaime( tíñanos locas a todas ) ,Emmi,  Eva , Cris , Cruz , Nieves) . 

 

Día 1

O colexio que nos acompañaba na nosa experiencia era o colexio de Santo Tomás de Porriño  cos cales instauramos unha boa relación ,coma xente civilizada que somos.

Os horarios das comidas eran moi estrictos ; ás dúas e media en punto tiñas que estar no comedor para comer, e ás oito e media para cear. Sobre os horarios de pola  noite eran tamén moi estrictos ,xa que á unha tiñamos que estar durmindo , aínda que poucos o respetamos .

 Ás catro comezamos a actividade da tarde ,que consistía nunha serie de probas bastante divertidas e se as conseguías superar dábanche unha “Aurelia”  ( medusa microscópica típica do lugar e era como a mascota do programa) e se lograbas ter oito aurelias  gañabas .Como eramos moitos dividíronnos en grupos ( os de amarelo , os azuis ,os marróns e os brancos)  .A proba máis divertida foi a do final : xuntáronnos a todos e tiñamos que roubar as bandeiras do equipo contrario.

 Despois da cea  ,sobre as dez, leváronnos a unha sala onde  xogamos a un xogo non moi divertido , consistía en que ó grupo que lle tocaba( por exemplo o 1)  tiña que elixir unha palabra  o máis rara posible dunha guía e escribir a definición nun papel e mentres o resto dos grupos tiñan que escribir a definición que consideraran correcta para eles ,que podía ser calquera tontería .Cando remataron todos , o grupo1 tiña que ler todas as definicións e o resto tiña que escoitar e elixir a que para eles era a correcta. Rematamos a actividade sobre as doce da noite e tivemos que marchar para cama e alí seguiu a festa. 

 Día 2

Ó rematar o almorzo  ,comezamos a actividade da mañá que era realizar unha intermareal (é o que dá lugar ás marismas, onde hai numerosas especies , coma as esterlinas de mar ) .  Tocounos como monitores a Pali, Eva e  Cris . Eles repartíronos unhas guías cunhas preguntas e con especies que tiñamos que atopar .E a cada especie tiñamos que sacarlle unha foto para participar no concurso fotográfico do último día .Na  zona de esteiro atopamos camaróns , liques , esponxas , algas verdes , mexillóns , microalgas ( que se alimentan de fitoplancto) , bocho de mar, leituga de mar ,anémonas...

Cando acabamos de comer , déronos ata as catro de tempo libre .

 Ás catro, tocounos facer o paseo no catamarán e despois ó acuario .Os monitores que nos acompañaron foron Cruz , Jaime e Emmi .O paseo no catamarán foi o mellor ,xa que observamos como era unha batea por debaixo do mar .Explicáronnos que as bateas eran  viveiros  dedicados ó cultivo de mexillón .Dixéronos que no cultivo de mexillón  hai un proceso que é natural e outro é controlado por nós .O natural consiste en que a semente se cría nas rochas e despois recóllense e colócanse nunhas cordas nas bateas ata que sexan grandes.

Despois  dirixímonos ó acuario , o que máis nos chamou a atención a todos foi as lontras  ,eran preciosas e moi xoguetonas .Tamén nos impresionou moito  o tiburón           . Ensináronos o esqueleto dunha  balea que morrera por causa de comer plásticos e demais ,e tamén o de unha tartaruga.

Cando rematamos a actividade marchamos cara ó albergue ,ó chegar ceamos e atopámonos cun problema moi grave e vergonzoso ,nada máis e nada menos que quedámonos sen auga ,tanto quente coma fría,ó final a causa deste problema era que se rompera unha tubería, os profesores decidiron que se pola mañá seguía este problema marcharíamos. Isto rematou coa nosa paciencia xa que ademais de que o albergue parecía un cortello xa que había ( cascudas , arañas peludas ,pulgas e toda clese de insectos voadores ),tampouco nos podiamos duchar , nin ir ó cuarto de baño e nin lavar os dentes.

Sobre as dez marchamos a dar un paseo pola praia e a contar historias de medo ,que polo menos a algúns resultáronnos ridículas ,xa que de medo non tiñan nada.

 Día 3

Erguémonos ás oito menos cuarto, cando rematamos de vestirnos e peitearnos , fomos para o comedor. Ó rematar de almorzar , marchamos para o autobús que nos levaba ó peirao  para dar un paseo no veleiro   .Para chegar ata el  fomos nunha lancha .Cando chegamos comezáronnos a explicar cousas relacionadas có veleiro . Moita xente non puido atender por mor da indisposición que sentimos pola maruxía .

Tivemos que estar metidos no veleiro tres horas ,que para moitos de nós , foron as horas máis longas da nosa vida . 

Cando chegamos ó albergue estabamos esgotados , non tiñamos nin ganas de comer ,polo mareo .Polo menos tivemos dúas horiñas para durmir unha sesta .

Ás cinco comezou a actividade da tarde , que se trataba de facer un rastrexo polo pobo, para iso déronos unhas fichas cunhas cuestións que tiñamos que responder , sobre o pobo. Algúns  de nós fomos listos e visitamos a cas do concello , alí preguntámolle  ó concelleiro de cultura se nos podía axudar e fíxoo. Durante esta actividade puidemos observar que a xente do pobo era moi amable e sempre disposta a axudar ós demais.

Pola noite moitas de nós puxémonos enfermas e nin sequera había un simple ATS para que nos vira ,a mala sorte foi que as indispostas non pudieron asistir á festa de despedida e aínda por enriba era o cumpreanos dunha compañeira.

 Día 4

 Este día foi algo triste porque por unha parte queriamos marchar canto antes ,xa que morríamos de frío ó non ter calefacción e as mantas que nos deran non eran o suficientemente grosas  como para non pasar frío.

Neste día non realizamos ningunha actividade , xa que despois  de almorzar deixáronnos un tempo para facer as maletas e recoller todo .E máis tarde tivemos que subir a unha sala onde puntuamos as fotos que sacamos na intermareal e despois de comer  daríannos o resultado.

Ó final resultamos gañadores todos os grupos .Na despedida algunha xente chorou : xa non os iamos volver a ver .

 En resumo , a experiencia , os monitores e o programa ,  foron fantásticos , sen queixa , pero as instalacións  eran  malísimas.

               Ata aquí chegou a miña crónica  ,espero que vos resulte interesante , despídese atentamente :

 MARGARITA REY NOVAS 4º A 

Esiximos a Xunta que nos devolvan os cartos .

                                                                                                 

Isto é    

                                                                              unha vergonza. 

 

Novo disco, DONDE EL CORAZON TE LLEVE-              9 FEBREIRO.

 

Mägo de oz  sacou hai uns meses o  mellor traballo da súa carreira no mundo da música, co chamado “ GAIA”.

Este traballo vai dicado sobre todo a nos os Galegos , polo tráxico accidente ocorrido nas nosa costas. Este traballo consta de un CD con doce cancións , entre        que destaca a de “La cota del silencio” canción adicada a Galicia esta é o Singuel de este traballo ,despois trae o DVD que trae : vídeo –clip ,introducción, Gaia eo seu concepto, o álbum e o seu proceso, canción por canción, sesión  de fotos, a gravación do vídeo-clip e o deseño gráfico.

 

O CD,  AS SÚAS CANCIÓNS E O PORQUÉ

I.                     Obertura MDXX : esta é a introducción do CD , esta canción narra unha  muller representando “a nai natureza” o dano que lle facemos o noso planeta Terra conminando o mar , os ríos ,destruimos os ,montos etc.

 II.            Gaia: e a canción  e titulo deste traballo , esta canción fala gol dos deritos humanos e a insutiza da silla “eletrica”.

III.         La conquista.: fala da ultima conquista feita polos Etados Unidos a Irak ,tamen do descubrimento das Americas.

 IV.      Alma:  trata de cando una persoa por consecuencias da vida esta apiques de morrer e expre o que deben de estra sentindo.

 V.                   La costa del silencio: Esta canción trata do desatre do “Prestige” e do mal que fiso, non é para nada una canción

VI.                 que criticaSo queren que a escuiten os que ateñen que oir o gobernó.

 VII.               El árbol de la noche triste:  trata dunas das loitas que tibo Ernan Cortes e una vez perdeu e puxose a chorar comtra una árbore (México)

 VIII.             La Rosa de los vientos: trata do camiño que debe de tomar una persoa ,eles din que o norte.

                              VIII.    La leyenda de la Llorona : e simplemente unha 

                                             canción pa disfrutar

 IX .        Van a rodar cabezas : trata de un Azteca que ten que   

                abandoar a súa terra debido a invasión

 X.                                El atrapasueños: é una lenda dos indios amaricanos, que le contaron cando esba de visita por aquelas terras

 XI.                              Si te vas : é balada  que ten este traballo  (a mellor de todas que leban feitas)

 XII.                            La venganza de Gaia: É o xuizo que a nai natureza fai  (tamen ten recordos a grupo antigos como Kuin)

  Bueno como ves cada canción te o seu por que. Tamen decirbos que Mago de  Oz ocupa o posto numero un nas listas dos discos máis vendidos, e é o grupo rock que máis vede en España e en voa parte de Europa.

 
COMPOÑENTES DE MÄGO DE OZ

Ano 2000 (FinisTerra)                                                                                                          

Txus Di Fellatio: batería percusión e coros.

Mohamed: violín

Carlitos. guitarra

Frank: guitarra e coros

Sergio: baixo

José “El Rey”: voz e coros

Sergio Cisnero “El quisquilla “ : piano, hammond, acordeón, teclados, e suas cousiñas.

Fernando Ponce De León: Frauta Traveseira, Wistle e gaita en “FinisTerra”

PAXINAS WEB OFICIAIS

Htt:// magodeoz.com                                                           magodeoz  a noriteme.com

www.planetagaia.com                                                         www.magodeoz.com   www.univershop.net www.locomotivemusic.com                                                 

OUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Contratacións:                                                                                                            

Aire de Música . C/ Pelayo,76:local. 28004 Madrid.                       

Tlf.:917 00 04 43, Fax: 913 19 79 46.

E-mail: aire _demusica ahotmail.com

UNIVERSHOP.AP/de correos 116 094. 28080Madrid  (pedidos de articlulos)

Club de amigos de Mägo de oz “cabrones”

Apartado de correos 265. 28.914 – Legaés (Madrid)

LOGOS E MELODÍAS E COMPRA DE ARTICULOS DE MAGO DE OZ:

 Tonos:                                                                                   Claves

Mago “Mago de oz”                                entender “el que quira entender que entienda”

Folk “Folktergeist”                                  pagana “fieta pagana”

Cabrones “Cabrones/ cuernos”                   molinos “molinos de viento”

 jesús “jesús de chamberi””                                                                   ancha “ancha es castilla”                                                                   cuerpo “asta que el cuerpo aguante”                                                             danza “la danza del fuego”                                                                    satania “satania”                                                                           lago “el lago”

O Prezo(0,90)+ i.v.e