EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES ILLA DE ONS. Ano 2009, mes de marzo.
Umbrela 12.
Deseño de Juan Carlos Arbex para o libro O bote polbeiro de Bueu de Fidel Simes Martínez
Umbrela 12.
Revista do IES Illa de Ons. Bueu. Galiza. Marzo de 2009.
Estamos en Internet. Podes encontrar os números atrasados de Umbrela visitando o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou ben o da Biblioteca do IES Illa de Ons. Para chegar a esta revista encóntrase unha ligazón na parte dereita que leva directamente a unha Googlepage onde podes ler Umbrela 12.
Os enderezos de referencia son:
IES Illa de Ons: centros.edu.xunta.es/iesilladeons/
Biblioteca: bibliotecailladeons.blogspot.com
Equipo de Normalización de D. Lingüística: endl-illadeons.blogspot.com
Umbrela: revistailladeons.blogspot.com
O Club dos Poetas Vivos. En outono de 2007 constituíuse un grupo de poetas integrado por Agustín, Estrella, Tamara e Yoel. Neste número de Umbrela dedicamos de novo algunhas páxinas á súa obra, que está publicada integramente na rede. Para chegar a eles debes ir ao blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou no da Biblioteca, e desde alí podes ler os seus poemas no mesmo blog ou ben nunha Googlepage, para o cal hai unha ligazón no mesmo blog.
Diarios de Adriana e Jacky. Este é o título dunha novela que comezou a escribirse no IES Illa de Ons en febreiro do 2008. Tamén aquí falamos dun colectivo literario, que se chama Doussabores, constituído por Mónica Rodríguez e Mª Elisa Dios, que remataron o curso pasado.
Por fin están todos os capítulos da novela na súa páxina en Internet. Encontramos os Diarios de Adriana e Jacky nunha Googlepage á que se pode chegar seguindo unha ligazón que se encontra no blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou no da Biblioteca.
J. Martín Gil Mtnez., que era compañeiro seu, creou para elas unha páxina web que non depende do IES Illa de Ons. Podedes visitar esta páxina en www.doussabores.zxq.net
Memoria de Adán. Así se titula o conxunto de escritos que ao longo do ano 2008 elaborou Adán L. Domínguez Falcón. Neles retrata cunha memoria extraordinaria e unha gran precisión nos detalles unha historia familiar real –a da súa familia- que se vincula a dous eixos: o mar e a illa de Ons.
Encontramos Memoria de Adán nunha Googlepage á que se pode chegar desde o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou no da Biblioteca.
As actividades do IES Illa de Ons. Neste Centro existe unha grande oferta de actividades que proveñen da iniciativa e da vontade de profesoras e profesores dos diferentes departamentos. Neste número publicamos reportaxes sobre a visita á Casa das Ciencias e o Domus da Coruña; ao acuario (Acquavision) do Grove; espeleoloxía e sendeirismo na Serra do Caurel; obradoiro de contacontos e actuación no colexio da Pedra. Estamos pendentes de publicar neste número ou no seguinte algunha colaboración referida ao obradoiro de Regueifas, así como a charla de Anxo Fariña para os cursos de primeiro e segundo.
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Illa de Ons.
Os cetáceos do noso mar.
Que fago se estou navegando e encontro no mar un cetáceo?
É moi importante comportarse de maneira respectuosa, cando nos atopemos no mar cos cetáceos, co obxecto de non interferir nas súas actividades normais.
Debemos manter unha distancia mínima de 100 metros coas grupos ou cos animais solitarios. NUNCA achegarnos máis. A partir desa distancia, son os animais os que decidirán achegarse se lles apetece.
Mantén silencio sen tocar bucinas e sen facer grandes aceleróns bruscos ou berrar.
Hai que ter en conta que os arroaces viven e fan a súa vida normal nas rías, entre nós; teñen e coidan aos seus cachorros, aliméntanse, reprodúcense, xogan... A nosa presenza non debe alterar estas actividades normais.
• Non é recomendábel bañarse preto deles, xa que son animais grandes e salvaxes, en ocasións extremas poden mostrar agresividade e causar danos.
Que fago se encontro varado na praia un cetáceo?
1.Chama
ao teléfono
de emerxencias SOS-GALICIA,
112,
que localizará enseguida aos
técnicos de garda da CEMMA. A
CEMMA
mantén os 365 días do ano unha Unidade Móbil, de Asistencia á
Fauna Mariña Ameazada,
2.Mantén
unha distancia de seguridade (mín. 10 metros) arredor do cetáceo
para evitarlle estrés.
Non berres nin fagas movementos bruscos.
Se é posíbel, volve colocar o golfiño na auga e manteno aboiando axudado por unha persoa.
Se non se pode mover, vai remollando todo o corpo, e sobre todo as aletas pectorais e a caudal.
Se hai moito sol, faille unha zona de sombra.
Ten precaución cos seus movementos, que poden ser perigosos para nós.
Tenta lembrar datos como a frecuencia respiratoria, feridas, etc. para informar aos membros dos equipos de rescate.
Que fago se vexo no mar un cetáceo?
Se ves un cetáceo no mar debes anotar os seguintes datos:
Nome e contacto do avistador.
Tempo de avistamento.
Especie avistada (posíbel ou segura), e número de exemplares.
Presenza de individuos xuvenís.
Describir na medida do posíbel o comportamento (nadan rápido, lento, saltan, perseguen peixe...)
Anotar a presenza de aves mariñas, de barcos de pesca ou doutras embarcacións.
Anotar e debuxar as marcas destacábeis no corpo, e de xeito ideal, fotografía esas marcas e as aletas dorsais
Como localizar a CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños):
Teléfonos: 24 horas e gratuíto: 112
Unidade móbil: 686 98 90 08
www.cemma.org cemma@arrakis.es
Enderezo: C.E.M.M.A Apdo. 15 Gondomar (Pontevedra)
Mapa coas principais zonas de avistamentos de cetáceos costeiros (arroaces e toniñas principalmente) en Galicia.
Visita ao Acquariumgalicia do Grove.
Aida Queimaño Soage e Alba Rial Vidal.
O 02.03.2009 saímos do colexio alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO cara ao Grove ás 9:00 da mañá.
A iso das dez chegamos ó acuario do Grove. Fixemos unha visitas guiada onde nos explicaron os catro tipos de ambientes acuáticos onde poden habitar os peixes de Galicia.
Primeiro comezamos polo peirao, onde é típica a dourada. A estes peixes gústanlles agocharse entre os paus de madeira do porto. É fácil diferenciar o sexo do que son pola mancha que teñen nas que serían as súas tempas.
Explicación no Acquariumgalicia.
Seguidamente, explicáronnos que a hurta e o pargo viven cerca da praia e onde tamén son comús a centola e a nécora, dous crustáceos moi típicos das nosas costas.
Despois dixéronnos que o sargo e o besugo habitan entre as bateas.
As bateas son plataformas das que penduran numerosas cordas que conteñen mexillóns, e moluscos como as vieiras e as ostras, as máis grandes chamadas ostións. As cordas das bateas só poden medir doce metros, posi de chegares ao fondo do mar as estrelas de mar comerían a colleita de mexillóns.
Traballando na batea.
Por último faláronnos das morenas máis coñecidas por serpes de mar debido á súa forma alongada. Estas adoitan esconderse entre os buratos das rochas, e aínda que non son velenosas son peixes que comen moita basura e xa que os seus dentes son moi afiados unha mordedela delas poden infetarte moito.
Antes de marchar ó autobús, deixamos atrás as costas galegas e demos un percorrido polas cálidas augas occidentais e observamos peixes de cores moi vistosas, como o peixe paiaso e o peixe ídolo moro.
Finalmente observamos diversos tipos de quenllas e raias e un peixe moi curioso, trátase do peixe guitarra.
Xa fóra da sección dos peixes, visitamos unha estancia chamada zona de granxa, onde observamos unha especie de piscifactoría, dúas nutrias e unha foca en pleno proceso de recuperación, pois foi atopada ferida nunha praia.
Navegando no catamarán.
Xa fóra do acuario embarcámonos nun catamarán e tomamos rumbo á ría de Arousa. Alí observamos pequenos barcos pesqueiros de baixura.
Faláronnos das bateas e do proceso de cultivo dos mexillóns, ostras e vieiras. Despois deixáronnos observar o fondo mariño. Xa rematada a nosa travesía polo mar, paramos preto dunha cafetería a xantar.
Pola tarde voltamos ó acuario, onde nos contaron o noso parecido cos cetáceos. Contáronnos cousas moi interesantes a cerca das baleas como: que as baleas comunicábanse con cantigas que se foron transmitindo de xeracións en xeracións e que por culpa da
contaminación acústica, como o ruído dos barcos ou pola contaminación en sí ou tamén pola sua caza, pois o número de baleas que existe no mundo, cada ano e máis reducido.
Chegados a este punto tivemos que voltar ao colexio. Onde aproximadamente chegamos ás cinco e media.
Esta excursión fíxonos reflexionar a cerca do mundo que nos rodea e fixo darnos conta do pouco que sabemos do marabilloso fondo mariño deste pequeno planeta, do inmenso universo.
No interior do Acquariumgalicia.
Seres mitolóxicos.
Alba Rial Vidal
Sergio Otero Martínez
Irene Santos Menduíña
Aida Queimaño Soage
Carla Pereira Fernández
A serea.
As sereas son mulleres-peixe de gran beleza e cunha fermosa voz.
A lenda conta que eran seres humanos no pasado, pero foron convertidos en sereas por poderes descoñecidos.
A parte superior do seu corpo é unha fermosa muller de pel bronceada e cabelos verdosos. A súa parte inferior é a dun peixe con cola e escamas verde-prateadas.
Poden chegar a vivir uns 150 anos.
A súa alimentación baséase en algas,
plancton e peixes pequenos. Para repirar baixan ao mar usan as escamas da súa parte peixe que lles permite estar varios días baixo a auga sen necesidade de saír a superficie.
As sereas son moi coquetas e encántalles adornarse os seus cabelos con colares e conchas.
Cando fai bo día e o sol asoma entre as nubes as sereas túmbanse nunha roca a entoar os seus cantos como símbolo da súa ledicia.
O grifo.
Son seres voadores moi feroces metade león metade águia.
A súa parte superior é a dunha águia xigante, con plumas douradas un afiado peteiro e poderosas poutas.
A parte inferior é a dun león con pelaxe amarelo musculosos de pernas e rabo. O seu tamaño é bastante grande e soen medir uns 3 metros.
Comen cabalos polo que é frecuente velos voando cun cabalo entre as súas garras. Os seus grupos de caza están formados por máis ou menos 12 grifos. Poden conbater no aire ou lanzandose en picado co peso do seu corpo.
Os grifos poñen agatas en vez de ovos. Tamén teñen como un sexto sentido que lles serve para poder atopar ouro nas montañas.
O unicornio.
Os unicornios son seres fantásticos que aparecen nos contos, historias, lendas.
É un animal máxico de carácter nobre,
puro e moi espiritual.
O seu aspecto é o dun cabalo xoven xeneralmente branco, cun corno en espiral, patas de antílope, barba de chivo, un colo de aspecto bonito. Seus ollos son dun azul intenso e a súa intelixencia é comparable a dun humano. Foi símbolo en varias culturas a virxindade e a forza. Por último só queda agregar que é un animal de aire maxestuoso e mítico.
A esfinxe.
Na mitoloxía exipcia as esfinxes son estatuas masculinas.
Teñen cara e peito de muller, patas e cola de león e ás veces unhas longas ás. Na mitoloxía grega as esfinxes era un demo que daba mala sorte. Neste caso tratábase do torso feminino e cola de serpe.
A ninfa.
Na mitoloxía grega, unha ninfa é calquera membro dun gran grupo de espíritos da natureza.
As ninfas adoitaban acompañar a varios deuses e deusas.
Son fermosas mulleres con ás case transparentes, moi longas.
Estas son presumidas, e adican case todo o seu tempo a prepararse, peiteándose os cabelos, adornando o vestido, e colocándose as ás. Soen vivir en pequenos estanques, entre os xuncos ou preto das cascadas.
Son moi atrevidas e gústalles coquetear cos mozos, son xoguetonas e moi divertidas.
Son moi sociables cos animais cos que viven como os sapos e rás, xa que apenas miden máis ca o dedo corazón.
A fada.
Ser fantástico e inmortal normalmente con aspecto humano, que vive no imaxinario pais das marabillas e que , coa axuda da maxia, interveñen nos asunto dos seres mortais; no reino das fadas viven tamén: ``xeñeciños, gnomos, elfos, trols, ananos, meigas, magos, xenios, silfos, ondinas e ninfas´´.
O dragón.
Monstro fabuloso en forma de réptil,
das lendas e da mitoloxía oriental, parecido o crocodilo e a o que se representa con ás, poutas grandes, cola de serpe e alento de fogo. No antigo oriental próximo, o dragón simbolizaba o mal e a destrución .
O elfo.
Os elfos son criaturas da mitoloxía nórdica que foron considerados unha raza menor de deuses, de gran beleza que viven Viven nos bosques covas e fontes. O seu principal rasgo son as súas orellas picudas.
Considerábanse seres de longa vida e con poderes máxicos.
O centauro.
Na mitoloxía grega os centauros son unha raza de seres con cabeza e torso humano, ás de águia e extremidades inferiores de cabalo.
Habitan en equilibrio coa natureza así que só cazan o que precisan para vivir. Son coñecidos pola súa habilidade co arco. Son seres de gran forza e valentía.
Asócianse en tribus con mais de 20 compoñentes, cos que vai cazar Soen vivir en prados e claros do bosque.
.
Club dos poetas vivos 1.
Estrella Pérez Porto.
1
Vaia sorte a miña
outra oportunidade de terte ao meu carón
esta vez non a deixo pasar
conseguir o que máis quero, es ti.
Unha muller nova vas coñecer
con gañas de amar e ser amada
non te vas arrepentir de namorarte
levareite ao máis grande dos paraísos
enchereite de amor ata o último día da miña vida.
2
O tempo pasa e non se pode deter.
síntote moi lonxe, como un recordo,
Quérote como nunca quixen a ninguén
Desexo que esta espera acabe pronto
Verte e empezar de novo é o que quero
revivir a nosa historia de amor.
O que me queda de vida,
sexa moito ou pouco
quero compartilo contigo.
Aínda así non me chegará
para saciar as gañas de abrazarte e bicarte.
Se nos volve a separar o destino
daremos no fondo do maior abismo
como dúas gaivotas
ás que lle cortaron as ás e xamais
volveron voar.
3
Penso en ti
Desconfío
Es un descoñecido
Non sei que pensar
Teño medo a volver a sufrir
Non lle paro de dar voltas
Que fago?
Créote ou non?
Sera verdade que me queres?
Non sei...
Dáme tempo
A cabeza
Encheseme de lagoas
Perdoame.
Club dos poetas vivos 2.
Agustín Gallego Piñeiro.
1
Ceibe no ceo
unha nube.
Sen cadeas.
Flota e flota.
Carga un lastre.
Minúsculo corazón
sente,
padece
quere fuxir.
Non pode.
Non aturar.
O ruxir da soidade.
Correu tras ela.
Apresouna.
Esvaeceuse.
O firmamento
sen ela
INERTE.
2
Pétalos cor corazón.
Espiñas do desamor.
Definición exacta da nosa existencia.
A dóce rosa
é a minha vida,
mais morta
non é nada.
Suxeita nos meus beizos
febles,
que a deixan caer.
Esfollada,
non ten remedio.
As espiñas non cravan
os pétalos non aman
e a cor...
perde a vida
no meu corazón.
Club dos poetas vivos 3.
Tamara García Piñeiro
1
Amor,
axúdame,
eu ámote,
e ti tamén me amas.
Quérennos afastar.
Non o permitas.
Se me queres,
lévame o teu carón,
lonxe,
moi lonxe,
onde ninguén nos atope.
Amor,
non me esquezas,
ámame,
loita por min,
ven comigo,
á fin do mundo.
Amor,
xúrame,
que non te irás.
Non me deixes soa.
Ninguén nos dividirá.
Sexamos un.
2
Ámote,
e quero berralo.
Estráñote,
teño a alma baleira.
Necesítote,
espero que o saibas.
Ámame outra vez.
Non podo esquecer,
todo o que vivimos,
os recunchos,
onde permanecíamos xuntos.
Só de pensalo,
póñome a chorar,
con amargura,
e desesperación.
Ámote,
máis que a miña vida.
Esperareite,
e este amor crecerá,
cada día máis.
Club dos poetas vivos 4.
Yoel Parada Santos.
1
Se algún día,
Un xenio me concedera
Tres desexos,
O primeiro sería
Terte
O segundo:
Que me amases
Tanto como te amo
Eu a ti
E o terceiro,
Cederíacho,
Porque non hai
Nada mellor
Neste mundo
Que o teu sorriso
Iluminando os meus ollos
Nin ese quérote
Que sae amodiño
Dos teus beizos,
Un raio de sol
Nunha tarde escura
Do meu corazón
2
Non hai minuto que non pense en ti
Desexando ser .
Unha enredadeira
E ti o balcón
Polo que estou destinado
A trepar.
Desexando ser auga
Para esvarar
Por todo o teu corpo
Primeiro polo teu cabelo,
despois polos teus ollos,
logo polo teu nariz,
deseguido polos teus beizos
e acabando por todas as túas curvas.
Desexando
poder arrouparte.
Desexando ser
Esa piruleta
Que levas á boca,
E pasa polos teus beizos.
Desexando
Durmir ao teu lado
Sentindo o teu alento na caluga
Estremézome
Pero desperto,
Búscote na cama
Pero non estás.
A tristeza absórbeme
Necesítote ao meu lado.
O Recuncho de Josuha.
Josuha Acuña Martínez 4ºB
Ola compañeiros! Tiven a sorte e o pracer de facerlle unha entrevista a Guillerme Ignacio, o compoñente do grupo Quempallou! Estiven falando con el unhas horas e facéndolle algunha que outra pregunta, e aquí tedes o resultado desa marabillosa mañá que pasamos. Dende o Recuncho de Josuha para a revista Umbrela en exclusiva, a entrevista a Guillerme Ignacio!
Entrevista a Guillerme Ignacio
J - Xa cumprides 10 anos en Quempallou! Como vos sentides vendo que á xente lle encanta a música que facedes?
G - Sentímonos moi ben, xa que á xente lle encanta escoitar a nosa música e é o que nos motiva para continuar e seguir dando brasa!
J - Cando che comezou a interesar o mundo da música?
G - Prácticamente dende primaria, coa miña primeira frauta. Naquel tempo non tiñamos música, e apunteime ao coro infantil de Beluso, á Asociación Folclórica Novos Ventos e foi alí onde aprendín a tocar a gaita, aínda que o deixei axiña. Nese momento, estaba en quinto de primaria. Á parte daquel coro, estiven noutros tres: o Coro de Beluso, o coro do instituto Johan Carballeira e o coro "Quodlibet" ("Como Queirades") , un coro inaugurado polos propios alumnos do instituto, que estivo en funcionamento durante catro ou cinco anos. Tamén estiven en Manxadoira, onde Lito me deu clases de gaita.
J - Estiveches polas casas recollendo algunha que outra cantiga ou só hai nos discos cantigas tradicionais xa coñecidas?
G - Mentres eu estaba estudando en Pontevedra, coñecín a unha asociación de recollida, e animeime a facer o mesmo que facían eles. Levo buscando cantigas polas casas de toda Galicia e Asturias, dende 1998 ou 1999, e introducimos moi poucas nos nosos discos, coma o "Canto de Serán" que está no disco de "Quempallou: Estremonías", pero sempre queremos que nos nosos discos haxa principalmente composicións nosas baseadas na música tradicional. Polo menos o 80% do disco son composicións nosas.
J - Que vos animou a formar un grupo?
G - Eu e máis uns amigos de Manxadoira, formamos un cuarteto, e máis adiante coñecera a Roi, que é do Incio e toca o acordeón. O grupo formouse polas circunstancias no Festival da Facultade (de Maxisterio). Resulta que naquel festival non había ningún grupo folc, entón decidimos tocar o noso cuarteto (dúas gaitas, unha pandeireta e un tambor) con Roi (acordeón) e con Guillerme Lamosa e David. Dende aquel día, decidimos crear unha maqueta, coa cal participamos en concursos, e conseguimos no II Concurso de Grupos Folc Noveis Radio Obradoiro o primeiro premio e no II Concursu de Música Folk Cuartu los Val.l.es, o segundo premio en empate co vencedor. Despois de obter estes premios , decidimos buscar unha discográfica que nos acollera para gravar os nosos discos, que foi "Zouma Records".
J - As cantigas son todas populares ou facedes algunha vós?
G - As cantigas son todas tradicionais, pero todas feitas por nós. Son cantigas que nos motivan, festeiras, alegres, e algunhas con carácter social, co que lle preocupa ao pobo galego. Esas cantigas danlle contido ás nosas palabras e ás que nos escoitan. Ás veces é necesario crear.
J - Antes deses tres discos que xa levades, houbo unha maqueta, pero esta saiu á venda ou non?
G - Non, só se empregou para os concursos e para a discográfica, aínda que tamén se escoitou pola radio, e esa maqueta introducímola no noso primeiro disco.
J - Cómo foi a experiencia de colaborar con "Dios Ke Te Crew"?
G - Marabillosa. Vímolos actuar nun concerto de Pastoriza, en Lugo, e falamos con eles para facer un tema conxunto no noso disco (Quempallou: Polo aire!) mesturando os dous estilos: hip-hop e folc. Isaac fixo a base instrumental e eu fixen parte da letra, o retrouso e o final. Despois mandámoslles os nosos anacos feitos a Dios Ke Te Crew, e eles fixeron marabillas compoñéndoo dando as súas pinceladas e a súa parte da letra, creando así ese magnífico tema. Foron realmente encantadores e moi profesionais. A coda final realízana as pandereteiras de "O Tear de Llerén".
J - Tamén ti tés colaborado con algúns grupos?
G - Si, fundamentalmente colaborei con Avelaíña no seu primeiro disco compoñendo temas e facendo algún que outro arranxo e despois colaborei con eles no seu segundo disco. Tamén colaborei con Mutenrohi no seu último disco (Mutenrohi: Sete), tocando unha requinta en fa. Colaborei tamén con Skarnio e con Skacha, tocando a gaita, a frauta, e dando unhas cantas pinceladas de folc.
J - Cando vas polos seráns, a xente coñécete e pídeche autógrafos, ou trátante como unha persoa máis que está na foliada?
G - Nos seráns coñeces a moita xente e escoitas a moitas máis que se moven en grupos e tocan alí as súas pezas. A xente que me coñece, ás veces sorpréndese e saúda, pero eu actúo con naturalidade e para min non é inconveniente firmar algún que outro autógrafo.
J – Á parte de traballar no grupo, tamén tés outros traballos, como o de profesor de canto e pandeireta en "Retrouso", ou o de profesor de música de primaria. Cómo te sentes podendo ensinarlle a nenos aos que tamén lles gusta a cultura galega?
G - Moi ben. É un luxo, é moi interesante ensinarlle aos rapaces a cultura galega e, sobre todo, ver que se divirten aprendendo o que lles gusta.
J - Tés outros proxectos de cara ao futuro?
G - Si, agora estou preparando co grupo a xira de Quempallou que celebra o noso décimo aniversario. Será para marzo e mesturaremos temas dos tres discos anteriores con temas novos que introduciremos no noso próximo disco. Tamén estou facendo un disco con José Piñeiro, o Gaiteiriño de Aldán, para a colección do Cumio "Os Nosos Gaiteiros"; e un novo disco de "O Tear de Llerén", e o que vaia xurdindo. E seguir sempre de recolla.
Isto foi todo! espero que vos gustara, e se queredes saber máis información sobre este marabilloso grupo, podedes atopar todo o que queirades saber en http://quempallou.dajul.com/.
Deica logo!
Atardecer
**Kristen**
Onte crin pensarte, mentres soñaba desperta.
Era para ti un deses días felices, nos que cres que nada cho pode botar a perder e no que che gustaría parar o tempo para vivir eternamente ese momento.
Paseabas pola praia cunha rapaza, iades agarrados da man mirabádesvos e parecía que o mundo non existía ao voso arredor. No ceo só dúas estrelas, xuntas, como vós os dous.
O meu corazón, que xa rompera antes polo sufrimento que me causara o meu amor por ti, comenzaba a recompoñerse mentres imaxinaba que esa fermosa rapaza á que lle collías a man era eu.
De pronto, deu a volta: un precioso sorriso e uns ollos brillantes debuxados na súa face facían xogo co seu cabelo longo, louro coma o ouro, e delataban que eu non formaba parte daquela historia.
Máis alá do frío do atardecer, estábame xeando, pois dábame a impresión de que o meu corazón parara de latir.
Pero o peor aínda non chegara. Unha pregunta dirixida a min devolveume á realidade, ao comprobar que o que eu crera un soño, era certo.
Rompería a chorar naquel intre, pero as miñas lágrimas xa estaban secas.
Ao pasar por diante vosa dediquei un último esforzo a mirarte aos ollos e intentar convencerme de que ti non a querías, pero foi en balde, pois o teu amor por ela resaltaba no máis bonito da túa cara, no teu sorriso, nos teus ollos.
Polo menos podería aproveitar aquela oportunidade para quitarme a vida, pero apenas posuía forzas, e moito menos para pendurar unha corda que puidese resistir o meu peso.
Outra oportunidade fallida, o meu destino estaba escrito... non podería facer nunca outra cousa máis ca quererte.
A miña tataravoa.
Tamara García Piñeiro 4º B
Esta historia dedícolla á miña protagonista, Rosa. Da que me sinto orgullosa. Faime feliz ter unha tataravoa tan forte coma ela.
A miña tataravóa chamábase Rosa; naceu na Illa de Ons en 1864. Dende os cinco anos ata os quince foi á escola que había en Curro. Cando cumpriu os quince anos, deixou a escola para traballar cos seus pais, no gando e nas leiras que tiñan polo Cucorno, Monte do Castro e Curro; tamén traballaba na casa axudándolle á súa nai e facendo a comida. Polas tardes ía co seu pai para a dorna, onde lle axudaba a meter os aparellos. E así transcorreu a súa vida ata os vinte anos, cando coñeceu a Benito, o seu futuro marido. Eles dous namoráronse a plena luz da lúa, na praia de Canexol onde no verán se facían pequenas festas para os mozos.
Ao ano de coñecérense Benito pediu a man aos pais de Rosa e estes dixeron que si. Os dous estaban moi namorados e casaron na igrexa de San Xoaquín, alí, na illa.
Ao ano de casaren Rosa quedou embarazada dunha meniña que se chamaría Dolores. Miña tataravoa, a pesar do seu estado, traballaba igual na casa e nas leiras. Só deixaba de traballar nos aparellos, aos que se dedicaba Benito e o seu sogro.
Ao dar a luz coa axuda da parteira da illa -unha muller de alí- Rosa e Benito eran os máis felices e o seu amor crecía cada día máis.Cando a súa filla Dolores tiña tan só tres aniños, Rosa volveu a quedar embarazada, esta vez dun varón. Ao nacer o neno, Benito estaba moi orgulloso de Rosa por darlle ese “homiño” que o axudaría na pesca e ao cal chamarían Ramón. Os dous bautizos dos nenos foron na igrexa de San Xoaquín, con moitos invitados, xa que ter un meniño era un milagre de Deus.
Ao cabo de cinco anos miña tataravóa volveu a quedar embarazada dunha nena chamada Juana. Dous anos máis tarde queda outra vez dun neno chamado José e ao ano naceu Isolina, a miña bisavoa. Con cinco fillos Benito e Rosa estaban completamente felices, aínda que terían que traballar moi duro para sacalos adiante.
Todos os días Benito ía pescar co seu sogro, coma sempre. Normalmente voltaban con rabalizas, rodaballos, polbos, fanecas, pintos, maragotas e algún que outro marisco,e botábanos en salgadura.
Rosa ía coa súa filla Isolina e o seu fillo José para as leiras. Ás veces tiña que ir a Onza, buscar estrume para o gando, e logo voltaba ás leiras, nas que plantaba patacas, repolos, tomates, cebolas, allos, cabazas, leitugas, ervillas, millo, pementos e algún legume máis. A metade da colleita destinábanse á venda en Bueu, a onde ía con Isolina na súa dorna, construída por Benito e seu pai. A dorna chamábase 19 de Junio, polo día en que se coñeceran.
Un bo día Rosa descubriu que ía ter un sexto fillo. Benito púxose moi contento, aínda que tiña medo, porque navegaba soa na dorna todos os días para Bueu. Daquela Isolina xa tiña catro anos e medio e xa ía á escola, así que non a levaba con ela.
Un día, Rosa colleu a súa dorna e os seus legumes e foi vogando con un mal presentimento para Bueu. Por algún motivo que non entendía estaba sentindo medo de que lle puidese pasar algo. As ondas viñan moi desiguais e o vento era racheado, de sur. O ceo estaba toldado. Rosa, aínda no seu estado, manexaba con enerxía a vela e o temón da dorna. Mais algo pasou. Algo inesperado: un golpe de mar bateu con estrondo e envorcoulle a dorna. Mentres caía á auga cumpríase o presentimento que a acompañara toda a mañá. Morreu afogada a pesar de saber nadar. As ondas e as correntes eran moi fortes.
Cando o meu tataravó se enteirou o mundo caeulle enriba: era o amor da súa vida, a primeira muller a quen amara de verdade.
Ao día seguinte Benito baixou à praia de Canexol, onde se namoraran, e andando para a praia de Area dos Cans, topou un colgante que fora de Rosa. Se se abría aparecía unha foto deles dous e dos seus fillos. Uns pasos máis para adiante atopou deitado na praia o seu corpo, ao que se abrazou e non se soltou ata que o retiraron para enterralo.
O día do enterro Benito pensou morrer, aínda que lle daba as grazas ao mar por devolverlle a súa muller. Todos os días Benito ía visitar a tumba de Rosa. Quedou a vivir na illa ata que morreu e foi enterrado a carón dela.
Os seus fillos viñeron todos para Bueu menos Juana que quedou alí, na casa onde nacera. Os seus irmáns ían por tempadas alí para estar con ela1.
1 Ilustracións: mapa coas casas da Illa de Ons e censo de habitantes elaborados polo fareiro en outubro de 1904. Aparece a casa dos meus tataravós. . Imaxes tiradas do libro A Illa de Ons, unha cultura, unha identidade. Staffan Mörling, Josefa Otero Patiño, Mikael Mörling. Xunta de Galicia. 2006.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos
CAPÍTULO XV
Diario de Jacky.
24/05/08
Estiven mirando “El internado” hoxe á mañá, pois graveino, xa que onte mantívenme esperta até as once e media, cando acabou a serie de `Mujeres Desesperadas´´. Tanto unha serie como a outra encántame, estou enganchadísima ás dúas.
Germán hoxe tamén chegou con Maika. Non me gusta esta relación. Pero se son felices alá eles!
-Veña miña rula. Ti vesme en mal estado por fumar isto?
-É que sempre pensei que isto eran porcalladas, e agora sinto que necesito fumar. Se non o fago comézome a pór nerviosa, non me controlo e se non tomo nada, parece que vou morrer!, dicía ela.
Outra vez cheiraba ao mesmo que onte. Pasei de dicirlle nada, ás miñas opinións considero que non lles fai o máis mínimo caso.
Jenny non facía máis que ir ao cuarto de baño. Seica parecía que tiña unha leve diarrea segundo ela.
-Iso non se di así, para que te complicas? Tes a furriqueira e listo. Díxolle Rogel
-Rogell, podes calar? Es un porco.
-De súpeto chegou o titor e ao enteirarse do que lle estaba acontecendo a Jenny decidiu chamar aos seus pais para que a viñeran buscar. Non ía estar así toda a mañá! Sería mellor que eles a levaran ao médico. Podía deshidratarse!
Síntome mal. Eva está no centro de axuda a bulímicas polas tardes. Pensar que onte, cando me preguntou se estaba gorda, díxenlle que tiña uns quilos de máis!
No cambio de clase fun ao cuarto de baño. Metéraseme algo no ollo e tiven que botarlle auga. Cando cerrei a billa escoitei unha conversa de Germán e Maika:
-Veña miña rula. Ti vesme en mal estado por fumar isto?
-É que sempre pensei que isto eran porcalladas, e agora sinto que necesito fumar. Se non o fago comézome a pór nerviosa, non me controlo e se non tomo nada, parece que vou morrer!, dicía ela.
-Iso é normal. Pero a que grazas a isto te sentes máis relaxada.
Non tiven vontade para seguir escoitando.
Ao saír de alí, atopeime con Marisa. Outra vez a mandaron ao despacho da Xefa de Estudos. Total por lle dicir a verdade á cara á substituta de Matemáticas! Son moi inxustos con ela.
Marcos anda moi coqueto con Sofía durante as clases. Aínda que tamén con Rosa. Considero que con ela só é amizade. Mentres tanto no recreo segue moi acaramelado con Lola.
Marisa é a veciña da miña infancia, cando era pequena xogabamos xuntas. Teño entendido que se leva moi ben con Rogelio e até comparten o negocio. Rumoréase que foi ela a que lle conseguiu a maría para plantar. Aínda despois disto Marisa odia as inxustizas.
Rogelio deixou de vender os refrescos de laranxa. Só vende os chamados “Receita da casa”. Teñen máis ganancias!
Síntome mal. Eva está no centro de axuda a bulímicas polas tardes. Pensar que onte, cando me preguntou se estaba gorda, díxenlle que tiña uns quilos de máis! Pero o outro que lle dixen, o da beleza interior, non o debeu escoitar. Só debeu quedarse coa frase: “Tes uns quilos de máis”. Quixen ser sincera. Non me gustan as mentiras! Adriana dime que non é culpa miña, que a bulimia non se colle dun día para outro. Pero síntome mal. Non quero que ninguén perda a vida dunha maneira semellante á de miña irmá Diana.
Marcos anda moi coqueto con Sofía durante as clases. Aínda que tamén con Rosa. Considero que con ela só é amizade. Mentres tanto no recreo segue moi acaramelado con Lola.
Pola tarde volvín a ver a Iván. Non o miraba dende Semana Santa. El anda noutro instituto, vive en Nigrán. Case non sei nada del.
Coñecino o ano pasado nunha excursión na que me acompañou Ana Belén e Maika. Dende aquela só me crucei con el un par de veces. É moi atractivo, non o nego, e simpático. E sempre se me queda mirando cando me di: Ola! Debe de lembrarse de min ao igual que eu me lembro del. Só Maika e eu sabemos unha gran anécdota que nos aconteceu aquela noite. Desta vez sorriume, logo saudoume. Seguín o meu camiño, mirei cara atrás, non estaba mirando. Seguía camiñando! Volvín virarme entón pilleino dirixindo os ollos sobre min. Os dous sorrimos. Logo seguín o meu camiño. O que me acababa de acontecer parecía unha escena dunha película ou dunha telenovela! Nunca me imaxinei que me acontecería isto. Sen dúbida este encontro alegroume o día!
A maxia dos contos.
Yolanda Entenza Rúa 4º A
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística convocou un obradoiro de contacontos, todo dependía do número final de asistentes.
Conseguimos o número mínimo de participantes e comezamos a reunirnos a finais do mes de outubro.
A maioría de nós apuntámonos polo feito de que nos gustan os nenos pequenos (facelos rir mediante os contos) e por que nos gusta contar contos como método de distracción. Outros simplemente porque a idea parecíalles divertida e outros por peticións dos seus amigos.
No primeiro encontro tivemos a primeira toma de contacto con Antón, o director -por así dicilo- do curso de contacontos. Dedicámonos a botarlle unha ollada aos libros e así elixir o conto que contariamos.
Na primeira reunión, xa co conto, anotámonos conforme iamos contar o libro en solitario ou en grupos. Nós, Seila e máis eu, decidimos expoñer o libro da Toupiña, moi popular entre os nenos pequenos, Iria e María o conto de Garoto, e así os demais compoñentes.
As reunións establecéronse nos recreos dos mércores. As únicas tarefas que levabamos era ensaiar un pouco o conto para practicalo diante de todos. A pesar disto algúns non asistían a estas reunións, senón que quedaban con Antón a soas para ensaialo.
Nós as dúas deixamos pronto de asistir a estas reunións, pois xa tiñamos o conto preparado para o día da presentación, tan só tiñamos que rematar os debuxos. A pasar diso moitos deles continuaron ensaiando para matizalo moitísimo máis.
Acercábase o día da verdade, pois o 27 de febreiro enfrontariamos a realidade. corenta nen@s (do colexio A Pedra) escoitarían, ou non, a cinco de nos amosar o que acababamos de aprender.
Os escollidos foron: Iría e María, co conto de Garoto; Miguel Angel, cos contos da Amora e do Chocolata; e Seila máis eu coa Toupiña.
Reunímonos na hora do recreo para poñernos en camiño cara alí. Cando chegamos estaban todos dispersos pola aula. Iría e María foron cambiarse, pois querían mesturarse cos nenos segundo a súa indumentaria.
As mestras que alí se atopaban agruparon os nenos enriba dunha alfombra e duns coxíns e mandáronos estar caladiños, xa que uns rapaces íanlles contar uns contos.
Respirábase nerviosismo na sala. Todos tiñamos “medo”.
As primeiras en saír fomos Seila e eu. Nun primeiro momento moi ben, pois comezamos falando cos nen@s e mostrábanse moi receptivos; pero os nervios comezaban a aumentar conforme expoñiamos o conto, polo que fomos demasiado rápido para que puideran seguirnos. Aínda así aplaudíronnos e mostráronse moi receptivos, dende o meu punto vista.
O seguinte en saír foi Miguel, co conto da Amora, axudado por Antón cos debuxos dos protagonistas. Comezou como todos, nervioso, como el mesmo expresaba: “No primeiro conto estaba moi nervioso, xa que tiña medo a que os nenos non me aceptasen”. Pero a medida que o conto ía avanzando, coa intervención de Antón, conseguiu que os rapaces e rapazas se involucraran no relato.
En canto rematou apareceron María e Iria vestidas de nenas. Embarcáronse nunha presentación cómica interactuando así cos asistentes. Ambas afirman que estaban moi nerviosas pero que, grazas a atención e ao bo comportamento deles/delas, cesou pronto e ao final foi moi divertido.
O último en actuar foi Miguel Angel, que xa non estaba nervioso grazas á boa recollida do libro anterior. Ademais puido relacionarse moitísimo máis debido a que ao remate do conto repartíase o chocolate (xa que era o verdadeiro protagonista). Disto quéixase Iria, pois ela tamén quería e non lle deron.
Así pois, todos diferentes pero con puntos en común: o amor polos contos, polos nenos e nerviosismo ao chegar a hora da verdade.
Colorín Colorado este conto está rematado.
Espeleoloxía e sendeirismo no Caurel
Elena 4º A
O xoves 24 de outubro partimos de Bueu, todos equipados cos cascos, as botas e a funda, cara á Serra do Courel. Alí iamos practicar espeleoloxía co profesor de Educación Física, Toño, nunha cova do lugar.
Durante o traxecto, pasamos por aldeas fermosas do interior. Ao chegarmos preto da cova o autobús esvarou por un dos camiños e todos pensamos que iamos caer ó barranco. Foron momentos de medo e tensión, pero ao final o condutor conseguiu sacarnos de alí e levarnos ao noso destino.
A aldea onde esta se atopaba era moi pequena e solitaria, perdida no medio das montañas. A xente era moi amable e saudábanos a cada paso.
Tivemos que andar un anaco desde a localidade até a cova, pero cando chegamos organizamos rapidamente os grupos, de dez persoas cada un, e o primeiro entrou na cova. Os demais esperamos o noso turno fóra, comendo, escoitando música, xogando ás cartas, etc.
O noso grupo foi o último en entrar, porque nel estaba Araceli, que, pola súa alerxia ao frío, non podía pasar moito tempo mollada.
Preparámonos: vestimos a funda, calzamos as botas, puxemos os cascos e entramos na cova. Accedíase a ela por unha fervenza e ía moito frío dentro. Pero pronto entramos en calor. A cada paso, Toño íanos explicando as diferentes formacións (estalactitas, túneles...) que se orixinaran dentro dela. Tivemos que pasar por lugares moi estreitos, de xeonllos polo río, algúns nadando, até chegar ao final da cova, onde había un lago. Manchámonos de barro uns a outros e acabamos de cor marrón todo o corpo. Tiramos moitas fotos, cousa que os outros grupos non fixeron, e logo se arrepentiron.
Ao saír, cambiámonos e marchamos cara ao campamento. Cando chegamos xa era de noite e quedamos nos bungalows .
Ao día seguinte saímos cedo cara á Devesa da Rogueira, unha fraga de duascentas hectáreas que se encontra preto do campamento, para facer unha rota de sendeirismo. Camiñamos durante moitas horas, cunha parada para comer.
De volta á casa paramos no Cebreiro. Toño suxeríunos mercar o famoso “queixo do Cebreiro”. Tamén visitamos unhas pallozas por dentro e a aldea en xeral. Era moi pequena, pero moi fermosa.
Pasámolo moi ben.
Memoria de Adán.
I. A vaca do meu avó1
1.Fotografía tirada do libro A Illa de Ons, unha cultura, unha identidade. Staffan Mörling, Josefa Otero Patiño, Mikael Mörling. Xunta de Galicia. 2006.
Adán Lorenzo Domínguez Falcón
Meus avós naceron na Illa de Ons. Alí dedicábanse a traballar os campos e tamén á pesca. A vida na Illa era moi dura, como os invernos.
Estaban afastados da terra, por iso cando tiñan que comprar algo tiñan que ilo buscar a Portonovo ou a Bueu.
Un día meu avó quería comprar unha vaca, porque a que tiña íana matar. Falou cun amigo que tiña un barco para pedirlle que fora con el a buscala a Bueu. Así foi: erguéronse cedo e marcharon cara a Bueu. Ao chegaren a Bueu atracaron no peirao e saltaron en terra. Pero aínda era cede e foron tomar algo nunha taberna. Á media hora marcharon
para o mercado, porque facíalles falta tempo para marchar para a Illa,
xa que o día estaba moi bo e non podían desprezalo: meu avó aínda tiña que ir cortar un carro de toxo.
Entraron na feira e comezaron a ir sitio por sitio para saberen o prezo de cada vaca e que as tiveran boas. Pasarían por tres ou catro postos. Case ao final da fila do mercado había un home con dúas vacas boas. Meu avó preguntoulle o prezo, que era razonable, e comprouna, mais non polo prezo, senón porque era nova e tiña que ter forza para arrastrar o arado e todo o que se lle puñera.
Ao dono das vacas quedáballe unha soa, e por iso rogoulla ao amigo de meu avó, insistindo tanto que ao final comproulla tamén.
Saíron do mercado meu avó e o seu amigo moi contentos porque fixeran unha boa compra.
A Illa de Ons de lonxe (Fotografía: Tamara G. Piñeiro)
Ao chegaren ao peirao as vacas tiñan que embarcalas: Primeiro ía a vaca do amigo do meu avó, pero ao achegala á beira a vaca tiraba para atrás, e era difícil subila. Meu avó pasoulle unha corda polos cornos, onde facía firme para poder tirar, pero a vaca nada, non quería entrar.
Meu avó colleu unha táboa cunha punta chantada no extremo, saltou en terra de tan mala hostia que lle deu coa táboa á vaca. En canto a vaca sinteu a dor da punta que lle cravara meu avó, tirouse en pleno no barco. Atáronana na carramuxa2 moi ben suxeita e foron meter a vaca de meu avó. Agora xa tiña o truco e logo entraba. Así foi: colleu a táboa do amigo, cravoulla á vaca e a vaca tirouse. Atárona ao lado da outra, desmarraron cabos e puxeron rumbo á Illa.
Durante a ruta as vacas ían asustadas, e meu avó íaas acougando para que estivesen quietas.
Xa cerca da Illa, as vacas enleáronse unha coa outra. Meu avó foinas desenlear e tiña que pasar a corda dunha por debaixo da outra.
Desmarrou primeiro a del, deixando a do seu amigo atada. Estando neste traballo veulle unha onda morta3 e a vaca asustouse, pegándolle un trucaso a meu avó, e caendo ao mar o meu avó e mais a vaca.
O amigo rápido parou o barco para collelo. Tiroulle un cabo para subilo. Meu avó colleu o cabo e foi nadando cara ao barco. El subeu ao barco, pero a vaca estaba no mar, porque non sabía nadar, e quen a collía?: non paraba quieta. Entón colleron o cabo do rizón e formando un nó de corredeira4 tiráronllo a ver se enganchaban os cornos. Así foi: tiroullo meu avó e enganchoulle un corno, pero o nó asocou5 e non safaba.
Empezou a tirar para o barco, para subila a bordo. Ao chegar ao pique do barco6 a vaca non paraba quieta, polo que colleron caldeiros de auga do mar e botáronllos por riba, para que se acalmase.
Alto da Cerrada e Centulo (Fotografía: Tamara G. Piñeiro).
Subírona pola popa do barco e puxérona xunta a outra.
Ao chegaren á Illa estaba miña avoa e mais a muller do amigo de meu avó, que lles axudaron a botalas en terra. Logo as botaron, porque xa sabían o truco, e leváronas á corte, onde as tiñan ben preparadas, con herba e palla para durmir.
1 Fotografía tirada do libro A Illa de Ons, unha cultura, unha identidade. Staffan Mörling, Josefa Otero Patiño, Mikael Mörling. Xunta de Galicia. 2006.
2 Carramuxa:
3 Onda morta:
4 Nó de corredeira:
5 Asocou:
6 Pique do barco:
Venezuela.
Flavia Marina Vidal Cordasco 3º B
Venezuela ten unha selva tropical actual, aínda que media parte dela é selva tropical deforestada.
Eu vivía en Caracas, que é a capital.
Venezuela ten 21,377.000 habitantes. As principais cidades son: Maracaibo (con 1.206.720 habitantes) , Valencia (con 955.000 habitantes) , Barquisimeto (con 723.580 habitantes)
Na época do descubrimiento de América,o territorio da actual Venezuela estaba poboado por diversos pobos amerindios. Colón chegou ás costas Venezolanas na sua terceira viaxe.
A poboación Venezolana está formada por mestizos amerindios,negros, e a maioría europeos.
A min Venezuela paréceme un país precioso,tanto a paisaxe, como a xente…, e polo seu petróleo, xa que se encontra entre os dez primeiros países exportadores de petróleo do mundo.
A capital de Venezuela: Caracas.
Praias en Puerto la Cruz.
A miña familia por parte de nai é Italiana, pero hai moitos anos emigraron a Venezuela, onde a miña nai coñeceu o meu pai, que tamén emigrara de España para Venezuela.
Ao casaren, meus pais foron vivir a Italia, sobre todo por motivos de traballo. En Italia tiveron ao meu irmán.
Despois duns anos volveron a Venezuela e tivéronme a min. Vivimos alí uns sete anos, ata que a situación do país se puxo complicada e hai uns sete anos meus pais decidiron vir vivir aquí, onde naceu a miña irmá pequena.
Agora en Venezuela quédame toda a familia por parte da miña nai, e aquí a do meu pai.
En Venezuela é costume celebrar moito máis certas festas,como por exemplo: Hallowen, Carnaval…
A historia da miña cadela
Miriam Ferradás González. 2ºA.
A miña cadela chámase Mora, inda que algúns amigos meus chámanlle peluche porque ten moito pelo rizado.
Compreilla a unha veciña, cando eu só tiña oito anos. Ao principio chegou á casa chea de medo e nós non lle facíamos moito caso porque se escondía e tamén porque nós xa tiñamos outro cadelo. Por desgraza a ese cadeliño atropelouno un coche. Daquela eu pasárao moi mal e, quizais, para curar aquel mal, eu empecei a estar máis con Mora. Todos os días xogabamos. Eu escondíame, ía detrás dela ou ela detrás miña, así me fun encariñando con ela. Os membros da miña familia querémola moito porque é boa, obediente e cariñosa con todos.
Os anos pasan e agora xa ten cinco anos, segue sendo coma antes e cada día querémola máis. Para nós é un membro máis da familia.
Por desgraza os anos non pasan en balde para os seus ósos e, un día, unha mala noticia chegou. Dun día para outro empezouse a encontrar mal. Leveina ó veterinario e púxolle unhas inxeccións porque pensaban que sería unha dor no ventre. Mais non era iso, pois ó día seguinte deixou de andar, entón levámola a un veterinario especialista e díxonos que o que tiña era unha hernia discal e que a única curación era operala, pero a operación custaba máis de mil euros e mesmo se a operaban, era posible que non aguantase a anestesia. Esa noticia foi a peor da miña vida, a miña cadela ía morrer e eu non podía facer nada para evitalo.
Os días pasaban e a todos se nos facía moi duro vela deitada na súa cesta sen poder moverse. Pasaron os días e non acontecía nada, parecía que estaba aguantando pero seguía sen moverse.
Un día leveina á finca e deixeina no chan e, como se fora un milagre, ela soa ergueuse un pouco nas súas patiñas. A alegría por fin chegou, non sei como nin por que, pero puido recuperarse ela soa e todos nos emocionamos moito ao vela.
A verdade é que foi un milagre… ou tamén puido ser un erro do veterinario. Pero o que sei é que todos os días eu e a miña familia rezabamos por ela, para que se recuperara e Deus concedeunos esa petición.
Agora xa é capaz de andar, aínda que ten algunha dificultade.
Ninguén pode imaxinar o mal que o pasamos, eu baixei nas notas do colexio e non facía máis que pensar en como sería a miña vida sen ela.
Aínda que sexan animais chegase a querelos tanto…
A plana de Josuha. (Josuha Acuña Martínez. 4ºB)
Pasear, pensar.
ZAIRA FAZANES 3º B
Hai polo menos dous anos, en inverno,cando chovía, poñía o chuvasqueiro e ía ao monte. Encantábame ir. Gustábame andar soa escoitando os animais,
a chuvia, o romper dos paos e as follas do chan cando se pisan.
Cando eu ía ao monte non pensaba ata onde ou por onde ía ír: camiñaba por onde me levaban as pernas. Pasado un rato buscaba unha rocha e sentábame a pensar, como levaba un chuvasqueiro non me mollaba.
Agora só vou unha ou dúas veces ao ano porque non teño tanto tempo coma antes.
Os meus primeiros anos de escola.
Daniel Piñeiro Ferradás 2ºA.
O primeiro día que fun á clase estaba moi entusiasmado, e tiña moitas ganas de ir, era para min unha aventura. Algúns dos outros nenos choraron pero eu non chorei cando miña nai marchou. Dentro de clase , o primeiro que fixemos, foi presentarnos todos, e tamén se presentou a profesora, que se chamaba Carmela. Seguidamente, aínda que era o primeiro día, xa fixemos moitas cousas e paseimo moi ben. Ó día seguinte, non me daba chegado a hora de ter que coller a miña bolsiña e volver ir á escola. Cando chegou a volta á casa dese segundo día, tamén volvín todo feliz. Pasaran poucos días do principio de curso e xa me levaba bastante ben cos meus compañeiros. Eses días pasaron voando igual có resto do ano.
Lembro que o seguinte ano, en ximnasia,comezaron os problemas, caía moito e a profesora, que agora xa non era Carmela, agora era Mar dixolle ós meus pais que me levasen ó médico. Meus pais , así o fixeron, e o médico parece que non encontrou nada especial e así llo díxo, que non me pasaba nada.
Daquela, levaba todas as clases ben menos ximnasia, que era a clase na que me seguía caendo con máis facilidade cós demais.
Aquel ano xa todos eran os meus amigos, algúns seguen estando agora na miña clase e son: Pablo, Raquel, Miriam, e Ánxela, eses seguen estando conmigo pero, os meus dous mellores amigos eran, Pablo e Alexandra que agora está noutro colexio. Con eses dous nenos pasábao moi ben e case todas as cousas as faciamos xuntos, tamén as actividades por grupos.
Cando pasou este ano pasamos todos para o seguinte curso. Este curso foi o mellor e tamén no que aprendemos a ler e a escribir, aínda que custou un pouco aprender, todos aprendimos sen problema. En canto a ximnasia, seguía tendo poblemas e a miña profesora volveu insistir en que me levaran outra vez ó médico e esta vez o médico decidiu facerme unha proba chamada biocsia.Nesta proba detectaron a miña enfermidade, a distrofia muscular de Duchenne. Dende ese día as cousas cambiaron, o que me mandaban facer en ximnasia xa non era tan difícil porque se deroon ñconta da miña dificultade. E comecei a levar esa ñmateria con máis facilidade ca antes.
Aquel ano ,lembro que case todos os días aprendiamos algo novo. Tamén lembro que moitas veces faciamos debuxos con pintura de dedos, cousa moi divertida e que a min dábaseme bastante ben. Tamén faciamos o festival de Nadal e que aquel ano , tocárame a min ir de Papa Noel nunha obra de teatro moi chula na que cantabamos moitas cancións.
Son recordos moi bonitos os que teño daquela época da miña vida.
As miñas escolas.
Giuseppe Simone Vázquez 3ºB.
Eu empecei a escola en Suíza, nas monxas. Choraba moitísimo. Cando me viña a coller miña nai encontrábame con lágrimas e co nariz cheo de mocos.
Eu era moi traste na escola. Como miña nai e meu pai vían que non facía caso a ninguén puxéronme no kindercarte (sempre en Suíza). Era moi bo nese colexio con todos, divertíame moito. Un día durante o Entroido, estabamos facendo máscaras, e dous nenos, como viran que a miña era a máis bonita rompéronma un pouco. Eu, como un tolo, collín un cacho pequeno de madeira e lanceillo a un na caluga. Era moi bo, pero como me amolaran saltaba dos nervios e facía calquera cousa.
A min gustábame unha rapaza do kindercarte, faciamos xogos moi bonitos nesa escola.
Despois fun á escola de primaria. Fixen primeiro de primaria. Eu chegaba a maior parte das veces con atraso. Tiña medo de ir para terceiro de primaria porque dicían que era moi difícil, pero o destino non mo fixo facer alí, porque fun para terceiro en España.
Antes de vir para Galiza, en primeiro de primaria, estudei moi ben: tiña un profesor italiano, porque alí estudábase tamén o italiano e o suízo. Eu quería pasar para segundo directamente porque había rapazas moi simpáticas e unha delas gustábame.
Cando vin para España fixen terceiro en vez de segundo, porque en Suíza comézase cun ano de atraso. En terceiro estiven moi ben, o problema era que o profesor de Matemáticas pegaba a todos por calquera tontería. Polo demais todo me ía ben: tiña amigos e divertíame.
Daquela marchei outra vez para Italia cinco anos. Na escola nos primeiros anos todo ía ben, despois mirando os outros compañeiros empecei tamén eu a comportarme mal e os resultados empeoraban, pero finalmente púxenme outra vez a estudar.
De novo en España comecei o curso en segundo de ESO en vez de en terceiro, por vir de Italia, pero finalmente estou en terceiro, porque segundo érame moi fácil. Teño moitos amigos e coñecía xa a alguén. En Educación Física vou moi ben e encántame este Instituto.
Excursión á Coruña.
Mauro Álvarez Martínez 3ºA
O luns día 17 de febreiro de 2009 os alumnos de 3º de ESO A marchamos á Coruña a pasar alí a maior parte do día.
Na sala de proxeccións con lentes 3D
A excursión comezou cando tocou o timbre pola mañá. Xa nin subimos ás aulas senón que nos diriximos directamente ao autobús.
Foron dúas longas horas de viaxe durante as cales, tanto na ida como na volta puxéronnos unha película. Na ida titulábase “Sr. y Sra. Smith”.
Cando chegamos á Coruña, sobre as once da mañá, a primeira parada foi no Casa das Ciencias, no que só tivemos media hora para visitar todo o alí exposto antes de entrar no propio Planetario. Xa dentro do Planetario tivemos ocasión de ver unha película sobre Marte e todo o explorado nel, ademais de ver como sería a noite do día no que estabamos, o 17 de febreiro.
Na entrada do Domus.
A seguinte parada era o Domus. Cando chegamos eran as 12 e media aproximadamente. Nel primerio tivemos a oportunidade de ver outra película, nesta ocasión trataba sobre a vida dos dinosauros e estaba feita para ver con lentes 3D. Ao remate do filme fomos á cantina do mesmo Domus a comer. Cando acabamos de comer, máis ou menos ás tres da tarde, tivemos un rato para pasear e observar a exposición do Domus (cabe admitir que a excursión foi moi xusta de tempo).
Á tarde marchamos de volta casa.
Fotografía de grupo (3º A e 3º B).
Ás cinco e media da tarde chegabamos a Bueu para coller os autobuses da tarde, posto que era un luns e tocaba clase despois de comer.
Os meus primeiros anos de escola
Alba Ferradás Rial 1ºB
Ola! Son Alba e vivo en Bon, actualmente teño trece anos, pero vouvos contar como foron os meus primeiros anos de escola.
Levanteime moi cedo, era o meu primeiro día de colexio, fun ó colexio de Bon onde ía estudar ata os seis anos, estaba contenta, pero no fondo, tiña moitos nervios, a miña mestra ía ser Pili, era unha mestra moi boa, que perdurará na miña memoria para sempre.
Foime moi ben na escola, era moi boa alumna e aprobaba todas. Alí coñecín a Alba, Aida, Claudia, Mauro, etc. que foron moi bos amigos conmigo, tamén estaba Aarón, que aínda que era o máis traste, tamén era moi bo amigo.
No colexio había roupa para facer que eramos grandes, a min o que máis me gustaba era unha falda larga, rosa de flores, que era a que tódalas nenas querían. Eu facía de nai, xa que era a máis alta, e gustábanos xogar a país e nais tódolos días.
Os anos foron transcurrindo e eu estaba moi contenta no colexio.
O que máis me costaba do día a día era almorzar, porque non me gustaba moito o leite.
Miña nai sempre me facía uns chichos ou uns moños que me gustaban moito.
A mestra, facíanos o día do zume e cada día que tocara, facíanos un zume de cada sabor, a mín o que máis me gustaba era o de fresa, tamén me gustaba cando era o meu aniversario, porque me poñía unha coroa de raiña e dábame a min un paraugas de chocolate grande e, tamén aos demáis lle daba un pero pequeño, cando era o aniversario doutro alumno, a min tocábame o paraugas pequeño.
Os anos pasaron ata que chegou o día en que tiven que deixar o colexio onde estivera dende os tres ata os seis, a nova aventura no colexio grande non ía ser fácil, pero habíao superar.
Aínda que pasaron moitos anos dende aquel momento, aínda os teño gravados no meu corazón, e que nunca se esquecerán.
Hoxe en día dou grazas á mestra Pili polas cousas tan bonitas que vivín e polo que son hoxe en día.
CONTRACAPA DA REVISTA
eNDL.
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA do IES ILLA de ONS.