IES ILLA DE ONS. BUEU- GALIZA. XUÑO 2008
Umbrela 11
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Illa de Ons. Bueu (Galiza). Xuño. A.D. 2008.
Umbrela 11.
Revista do IES Illa de Ons. Bueu. Galiza. Xuño de 2008.
Publicamos Umbrela 11 a un mes de ter publicado a nº 10, porque neste novo número incluímos todos os relatos que participaron no concurso organizado pola asociación Os Galos. Destacamos deste número:
Jorge Bernárdez Martínez, e 2º A, e Beatriz Vidal Patiño, de 1º C, obtiveron o 1º e 2º premio respectivamente na súa categoría, no concurso de relatos mariñeiros organizado pola Confraría de Bueu e a asociación Os Galos.Un ano máis as alumnas e alumnos de Dora conseguen os premios deste concurso. Os nosos parabéns aos premiados, a Dora e aos alumnos de 1º e 2º de ESO que participaron en grande número neste concurso.
Diarios de Adriana e Jacky. Novas entregas (capítulos 3 e 4) da novela, que xa está a piques de se publicar enteira na súa Googlepage e na súa páxina web.
Memoria de Adán. Nova entrega dos escritos, que tamén seguen publicándose na súa Googlepage.
Club dos Poetas Vivos. Nova entrega de poemas, algúns deles aínda non publicados na rede.
Pablo Seijas, un compositor e cantante que rematou 4º de ESO no IES Illa de Ons en xuño do ano 2007, e que nos entrega unha entrevista e algunhas gravacións de vídeo e audio da súa creación (algúns aínda non coñecidas). Podedes encontrar algúns destes materiais no blog do Equipo de N. e D. Lingüística. Queremos que as persoas que rematen os estudos no IES Illa de Ons teñan a posibilidade de colaborar tanto con Umbrela como cos diferentes blogs que se editan no centro, polo seu carácter de ex – alumnos.
Anxo Fariña Facemos unha pequena reportaxe fotográfica con e os seus debuxos, así como da charla de Xesús Constenla.
Viaxes. Publicamos crónicas das viaxes a Lourizán-Pontevedra e a Madrid.
Internet no Illa de Ons: Biblioteca:bibliotecailladeons.blogspot.com
Equipo de Normalización de D. Lingüística: endl-illadeons.blogspot.com
Umbrela: revistailladeons.blogspot.com
O PRADO.
O meu soño
Iria Piedras Gómez 1º B
A néboa inunda todo dunha humidade fría e triste… Non sinto o corpo, pero estou correndo, busco algo, non sei ben o que… Sinto a presenza de seres estraños, lobos xigantes e famélicos que me queren atrapar. As miñas pernas van máis e máis rápido, xa non podo máis… E de súpeto… Zas! Todo é luminoso, estou nun precioso prado verde de ceo despexado e alí arriba no alto do val hai miles de flores amarelas, vermellas e brancas. Máis abaixo, case tocando un fermoso mar cristalino, atópase unha marabillosa fervenza e nela os meus amigos xogando a un xogo que a simple vista parece divertido. Acércome lentamente e eles invítanme a xogar. Todo parece perfecto pero hai algo que non cadra, hai algo extraño… Todos os meus amigos teñen o cabelo louro! É extraño pero divertido! Ata Mar a miña amiga da alma de cabelos carbón agora ten os cabelos tan louros que parecen ser brancos.
Chego ata eles que, aínda que non me falan, sinto que coas suas miradas e xestos estanme convidando a xogar xunto a eles… De súpeto xa sei o que busco! Estou buscando un cristal! E entre a espesura do bosque que se atopa detrás da fervenza, entre alguns fentos ,atópase un cristal de cor verde, moi brillante que reflicte a súa luz ás árbores máis cercanas. Acércome cautelosamente e collo o que resulta ser un colgante cheo de fermosura, de pronto teño unhas ganas infinitas de lucir esa bela xoia e con moito coidado poño o colgante. O meu interior xa está en paz e por iso acudo a xogar cos meus louros amigos, pero algo me pasa nas pernas, intento correr a un ritmo normal pero as miñas pernas corren moito máis rapido… Teño medo e estou asustada, como siga así ,vou caer polo barranco que hai ao final do prado e as miñas pernas cada vez van máis e máis rápido…
Estou voando..? Estou morta..? Non! Estou caendo, é unha sensación moi extraña, a adrenalina percorre o meu corpo e unha sensación de vertixe alóxase na boca do estómago. Sigo caendo pero non miro o solo, alí arriba todo é moi bonito, todo é azul, con varias nubes brancas que parecen algodón ,decoran os arredores, a temperatura é agradable e eu disfruto do momento . De súpeto doume conta de que no meu pescozo aínda loce aquela esmeralda dun cor esperanza moi luminoso. Pouco a pouco tamén me doume conta de que un olor familiar enche o ambiente, o olor a mar, e os meus oídos perciben o cantar das ondas do mar. Cando miro cara abaixo reparo en que caio a maior velocidade e que abaixo espéranme uns penedos moi parecidos aos da praia á que ía cando era nena.
Falta moi pouco… voume matar…Paf!
Salto na cama… Todo era un soño, miro o meu reloxo, son as cinco da maña e empeza a amencer, xa non teño sono por iso érgome e empezo a escribir este soño tan estraño.
Xesús Constenla, autor d’O libro das alquimias falou do seu libro, da súa obra e do seu traballo como escritor con alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO.
Esta actividade foi organizada no marco do Plan Lector do IES Illa de Ons, o día 19 de maio de 2008.
Unha hora co escritor e debuxante Anxo Fariña.
Alumn@s de 1º e 2º puideron coñecer o día 3 de xuño o autor do seu libro de lectura Os Megatoxos. Anxo Fariña, por xentileza do Consorcio Editorial, explicou como crea as súas obras e fixo varias demostracións, debuxando a dous alumnos voluntarios.
Josuha Acuña Martínez, de 3º B, foi un dos modelos de Anxo Fariña na súa creación de personaxes. O propio Josuha, que xa colaborou no anterior número de Umbrela, expuxo as súas creacións no IES o pasado 3 de xuño, sendo felicitado polo propio Anxo Fariña.
A continuación amosámoslles a entrevista que Rebeca Agulla Peixoto (P:R) e Yolanda Entenza Rúa (P.Y) fixeron a este xoven debuxante (J).
P.Y: Cando che empezou a interesar o debuxo?
J: Bueno... eu dende os tres anos gustábanme os debuxos, pero comecei a debuxar máis tarde.
P.R: Desde cando practicas as túas dotes de debuxo?
J: Comecei a debuxar desde moi cativo, concretamente ós 4 anos de idade. Alí os mestres xa me eloxiaban polos meus debuxos.
P.Y: En que te inspiras para debuxar?
J: Interesante pregunta... En todo o que se me pasa pola cabeza. Non vou a ningures sen unha libreta e lapis e sempre que se me pasa algo pola mente debúxoo.
P.R:Os teus pais apóiante na túa carreira como debuxante?
J: Pois agora que o dis, si. Como desde os seis anos xa tiña enfocado o meu futuro, os meus pais din que se iso é o que me gusta, que vaia a por el.
P.Y: Que plans tes de cara ó futuro?
J: Primeiro sacarei o titulo da E.S.O e seguidamente farei o bacharelato de artes gráficas, deseño e imaxe. A continuación farei un ciclo superior de artes gráficas e pode que me vaia á universidade das Artes de Barcelona. Despois só me faltaría atopar traballo...(ri).
P.R:Contas con alguén para axudarte?
J: Si. Teño varios amigos debuxantes, coma por exemplo Luis Davila e Julius que me axudan a mellorar os meus debuxos.
P.Y: Algunha vez tes presentado algún dos teus debuxos a un concurso?
J: Desgraciadamente non, porque estes son debuxos recentes. Pero teño debuxos gañadores dun concurso organizado por min mesmo na casa do pobo de Beluso e estou preparando un cómic para un certame de Cangas. Tamén estou organizando un obradoiro de debuxo con Luis Davila.
P.R: Algún membro da túa familia é tamén debuxante?
J: Non, só teño un primo politico que traballa de debuxante chamado Luis Davila.
P.Y: Tes algún debuxante como ídolo?
Gústanme moito os debuxos de Akira Toriyama, Stan Lee, Miguelanxo Prado, e tamén gústame o humor que reflicte nas súas tiras cómicas do Bicheiro, Luis Davila.
P.R: Falando de debuxo... que queres ser de maior?
J: Concretamente quero ser debuxante de cómics e que a xente se entreteña co meu traballo.
O MEU PRIMEiRO Voo: Madrid
Agustín Gallego Piñeiro, Seila Masenlle Alonso e Jonatan Lobeira Patiño. 3ºB
O venres día 31 de maio os alumnos de 3º e 4º fomos de visita á cidade de Madrid, grazas ao programa promovido pola Xunta de Galiza “O meu primeiro voo”.
O día comezou para todos máis cedo do normal, xa que tiñamos que coller o avión ás sete da mañá e estar no aeroporto unha hora antes. Por iso, saímos do instituto ás seis menos cuarto da mañá. Nesta hora o que máis e o que menos tiña unha cara de sono que asustaba.
A maioría das persoas que participamos na excursión non coñeciamos nin a cidade nin nunca viaxaramos en avión.
Ao chegarmos ao aeroporto puidemos ver aos nosos “compañeiros” de aventura de Vigo cos que ao longo do día teriamos os nosos piques pola posición de prazas no autobús.
O vó saíu sen atrasos e despegamos á hora marcada.
O vó foi moi tranquilo sen turbulencias nin ataques de nervos tipo Melendi.
Ao aterrarmos na capital unha guía esperábanos para recorer a cidade en autobús e ver os monumentos, prazas, edificios, etc. Neste intre comezou o mal rollo entre os institutos, xa que tivemos que ir na parte dianteira do autobús.
Na viaxe en autobús puidemos ver as torres máis altas de Madrid aínda en contrución e as torres Kio, máis coñecidas como a porta de Europa.
Seguindo o percorrido atopámonos coa manifestación dos mariñeiros e máis adiante vimos o Santiago Bernabeu e a praza de Colón, onde vimos a bandeira máis grande de España e o gran despregamento de Cuatro para retransmitir os partidos da Eurocopa.
Ás portas da estación de Atocha vimos o monumento dedicado ás vítimas do 11-M.
Monumento as vítimas de Atocha
Vimos o Congreso dos deputados, a catedral da Almudena, o Senado, o concello de Madrid, o museo Reina Sofía e por último a Praza do Sol.
Á hora da comida fomos á Casa de Campo, onde se atopa o zoolóxico, o lugar onde comemos.
Ao acabarmos de comer comezou a visita ao zoo e acuario de Madrid. O primeiro que vimos foi a exhibición dos golfiños, que para todos foi o mellor do zoo. Logo vimos toda clase de animais dende aguias ata tartarugas pasando por gorilas, elefantes, xirafas, canguros e sobre todo os animais máis bonitos, para min, do zoo: os osos panda.
No aquario había peixes pallasos, escorpións, tiburóns, cabaliños de mar e outros dos que non recordamos os nomes.
Ao subir ao autobús fomos os primeiros e puidemos sentar na parte traseira tomada por nós como unha vitoria e como derrota ao instituto de Vigo.
No autobús dirixímonos ao museo do Prado onde puidemos ver cadros de Velázquez, El Bosco, El Greco e a exposición sobre Goya.
Aquí rematou a visita a Madrid pero todavía quedaba unha cousa por decidir:
IES ILLA DE ONS,
Na busca dos asentos malditos.
A cousa foi moi clara a vitoria levouna o IES… Deus!!! Non podo dicilo!!
Foi…foi…trrrrrrrr………….
O IES ILLA DE ONS!!!!!!!!!!!!!
A volta foi tranquila, pero aínda quedaban forzas para montar unha gran festa de volta no autobús con cánticos que non sei se foron polaa vitoria, ou a cocacola madrileña ten algo que altera máis cá galega.
Profesores da excursión. De esquerda a dereita Sonia,Suso e Concha
Agustín Gallego Piñeiro.
CARTA I: Ao meu durmir
Non o sei.
Intentaralo?
Dubídoo.
Soñarala?
Seguro que si.
Como será?
Tento maxinar,
pero…
tento.
Non podo
ata que esperto.
Imaxino.
Beleza pulida,
intelixencia esteparia…
non é ela .
Tento outra vez.
Imaxino.
beleza interior,
ollo a súa fermosura…
é ela.
Ulo o defecto?
Rozar os seus beizos,
oír a súa pel,
tocar as súas mans,
bicala,
demostrarlle amor.
Gotas
crávanse como dagas
no meu corazón.
Tristeza no teu rostro:
puro inferno
que non podo evítar.
Consolarte,
escusa para verte mais preto.
Aloumiñarte,
tocar unha nube.
Dicirche o que sinto:
Escribo.
Só necesito
un sinal,
unha estrela que me guíe.
Logo
poderei
declarar o meu amor.
Estrella Pérez Porto
Por que choras, se te quero?
Non o sei,teño medo
Xa non sei se te amo
É un pesadelo.
Non me digas que te perdo.
Non o sei, dáme tempo
Sae da miña vida,
Da miña mente,
Do meu corazón!
Xa non quero verte máis!
Ti non sabes dar amor
Non sabes nada
Sempre estiven enganada.
É
moi certo
Que do amor ao odio hai un paso
Porque eu a ti aborrézote.
Causáchesme moito dano
Todo foi en van
Non volvas máis a min
Eu a ti xa te esquecín.
Na miña sombra hai brétema.
Que lle fallou o me corazón?
Que sucedeu entre nós?
Non o sei, que cambiou?
O noso amor quen o matou?
Algo en ti se
Transformou.
Yoel Parada Santos.
Naquela tarde fría e húmida de maio faleiche. Ao instante namoreime
Comezamos a falar, funte coñecendo.
Ao cabo do tempo enchiches o meu corazón de amor
Non te podo mirar, nin sequera me deixas falar.
E o meu corazón rompeu a
chorar por ti
Explícame,
porque teño que vivir sen ti?.
Ti, minha senhor,
aquí no alto do meu corazón
estás tan lonxe que non logro verte.
Non me atrevo a dirixirme a ti.
Ao final díxencho,
e por fin saín de dúbidas,
e por fin me dou conta de que si,
que sentes o mesmo ca min.
Sinto morriña de estar as noites ao teu lado,
bicando o teu pescozo.
Xa non me fas caso.
Se vas seguir sen tan sequera mirarme,
prefiro que Deus me quite a vida.
Ai,minha señor,
que xa non me deixas bicarte,
sen o teu amor,
morro.
Tamara García Piñeiro
P
adecín tanta dor,
tanto sufrimento.
Xa non podo pensar máis niso.
Cada un tomamos o noso camiño.
Tal vez no te deas conta,
que este poema,
fala de ti.
Sinto tanto todo o que sucedeu.
Antes tanto amor,
e agora nin nos tratamos.
Por que tivo que ocorrer isto?
Teño un novo amor,
que non me traizoa.
Ámoo máis do que te amei a ti.
Non veñas a pedirme nada,
a legar que me amas,
que estás arrepentido,
que me queres só a min.
Non te creo.
Tomei outra dirección,
e non a vou truncar,
polos teus caprichos.
Dígoche adeus para sempre.
Arríncame do teu corazón.
A
mor,
axúdame,
eu ámote,
e ti tamén me amas.
Quérennos afastar.
Non o permitas.
Se me queres,
lévame o teu carón,
lonxe,
moi lonxe,
onde ninguén nos atope.
Amor,
non me esquezas,
ámame,
loita por min,
ven comigo,
á fin do mundo.
Amor,
xúrame,
que non te irás.
Non me deixes soa.
Ninguén nos separará.
Sexamos un.
Visita a
Lourizán e Pontevedra.
Agustín Gallego Piñeiro, Seila Masenlle Alonso e Jonatan Lobeira Patiño. 3ºB
O martes día 6 de Maio fomos de visita a Pontevedra, grazas ao “Proxecto Terra” que fai o Colexio Oficial de Arquitectura de Galiza. Este proxecto comezámolo meses antes con cadernos, onde nos explicaban o que é a arquitectura antiga, moderna contemporánea.
A saída comezou ás dez da mañá. Marchamos cara a Pontevedra en autobús, e no barrio da Moureira esperabanos unha guía que nos levaría por Pontevedra e Lourizán.
O percorrido comezou no pazo de Lourizán, que pertencía a un politico - Montero Rios- que foi presidente do goberno español.
O pazo comezou sendo unha casa de labranza e Montero Rios mercouna no S.XIX.
Pouco a pouco foi mercando as leiras veciñas e construíndo o pazo onde a casa de labranza. Conseguiu reunir 53 hectáreas, que na actualidade se utilizan para un instituto de investigación forestal.
O pazo e os xardíns teñen un estilo neoclásico seguindo o deseño dun arquitecto francés.
Alí visitamos o Parque das Comunidades, onde se plantara unha arbore característica de cada comunidade.
Puidemos visitar unha mesa cuberta onde se celebraron reunións de estado e onde se firmaron tratados importantes como o da rendición española na guerra de Cuba.
Logo disto fomos ao monte, arredor do pazo, onde puidemos ver un regato que tiña numerosas pontes e unha impresionante cova.
Ao final da visita ao pazo puidemos ver un gran invernadoiro botánico do S.XIX feito de ferro e cristal.
Ao marcharmos de Lourizán, visitamos a avda.de Montero Ríos, que se atopa na Alameda. Nesta avedida encontramos os edificios da Deputación, a Delegación da Consellería de Educación e o Concello de Pontevedra.
O primeiro monumento que vimos foron as ruinas de Santo Domingo, que datan do S.XII.
Logo disto fomos ver a Real Basílica Menor de Santa Maria a Mayor do S.XVI, que foi construida polos mariñeiros do barrio da Moreira. A sua fachada e moi reclamante, con moitos santos nela e unha fermosa guirnalda.
Desde a basílica, encamiñámonos pola rúa Alta, onde vimos a casa máis antiga da cidade, que tiña un escudo e uns arcos góticos. Alí Benito Soto, pirata pontevedrés, din que escondeu uns dos seus botíns.
Baixamos pola rúa de Manuel Quiroga ata chegar á praza do Teucro, onde se atopan os escudos máis antigos da cidade Pontevedresa
Máis tarde, puidemos ver a praza de Mendez Núñez, onde se atopa unha estatua a tamaño real de Valle-Inclán.
A seguinte praza que visitamos foi a da Leña onde se encontra o Museo de Ponteveda. Nesta praza rodáronse númerosas películas,
como por exemplo “A lingua das Bolboretas”
A última praza que visitamos foi a praza da Ferreria, a cal é unha union de varias prazas. Ai a guia despediuse de nos e puidemos comer.
A visita do museo fixémola pola tarde. Nel dividímonos en dous grupos para poder visitalo mellor. A primeira sala que visitamos foi a dos castrexos con pezas castrexas e un gran tesouro atopado Caldas que consta de 30 quilogramos de ouro aproximadamente aínda que só se conservan 15 no museo.
A seguinte sala que vimos contiña unha colección privada de Gonzalo Fdez. de la Mora. Esta colección era de diversos obxetos de prata e de distintas partes do mundo
Unha da últimas salas que visitamos foi a de Méndez Nuñez un capitan de fragata Numancia e respectado por nobres da súa epoca pola súa vitoria na batalla do Callao.
O fin da visita do museo foi onde vimos os debuxos orixinais e algun obxectos persoais da vida de Castelao, como os seus lentes e a súa caixa de pinturas.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
endl. Illadeons.blogspot.com
bibliotecailladeons.googlepages.com
www.doussabores.zxq.net
CAPÍTULO III:
Diario de Jacky:
11/04/08
Onte ao final non fun ao aniversario de Maika, pero hoxe deille o agasallo que lle mercara. Compráralle uns pendentes. Cando desembrullou o papel dixo:
“Xa pode parecerche o regalo unha porcallada que sempre has de poñer boa cara.”
-Que bonitos! Gústanme moito. Grazas. A típica frase de sempre, todo por quedar a ben. Xa pode parecerche o regalo unha porcallada que sempre has de poñer boa cara. Lei de vida!
Hoxe pola mañá miña nai contoume mentres almorzaba que a sogra da súa xefa non quere que o neto lle fale galego, di que non serve para nada. Como eu lle dixen a miña nai esa muller desprézase a ela mesma, porque ela é galega. Non sabe o que dí. O galego é a lingua que nos debe identificar. Ao igual que os do País Vasco falan e loitan polo Euskera e este é recoñecido, nós deberiamos ter o valor de loitar pola nosa lingua.
Non vou falar máis disto porque entón escribiría un libro sobre a situación do galego e o que merece.
Foi un dia moi complicado na clase, as xemelgas Eva e Jenny acusaron a Germán de roubarlles unha fotocopia de matemáticas, entón levárono a Secretaría, e con el a Rogelio, que foi voluntariamente na súa defensa.
Na segunda hora as xemelgas acercáronse a Germán.
-Fíxate que mala pata, que xa atopamos a fotocopia. Dixo Eva rindo
-Mala pata ningunha, pola vosa culpa abríronme o expediente. Non podedes acusar sen probas a ninguén.
Despois disto Germán marchou para o cuarto de baño. Elas, como non, rían malvadamente.
Como diría meu avó: Son unhas pirilleiras!
No recreo estivemos nas escaleiras repasando o libro ”Luna de lobos”, aínda que só vou facer eu o exame. Adriana decidiu facelo co resto dos nosos compañeiros, que se van examinar o día vinte e tres deste mes.
Diario de Adriana:
Que mala memoria ten Jacky, é tremenda! Aconteceron máis cousas pola mañá, pois unha mañá consta de moitísimas horas e é moi longa.
“Marcos e Jacky están separados por un velo fino, delgado e transparente, unha lámina de cristal moi fráxil.”
Diego dixo que aínda se ía facer homosexual, e nós imos crer iso! Érache boa! Coa ringleira de rapazas que se pelexan por estar con el, entre elas Jacky. Nin que foramos nenas de parvulario!
Marcos e jacky están separados por un velo fino, delgado e transparente, unha lámina de cristal moi fráxil.
Jacky levou no recreo a súa maior alegría: o rapaz do que está namorada, Marcos, non estaba con Lola. Jacky sabe que non é posible estar con el, así que os seus desexos son poder refacer a súa vida e, como non, chegar a esquecelo.
Sofía e Eva acaban de provocar unha forte pelexa: están a rolar polo chan como dúas cunchas pola area mentres se tiran dos pelos.
O exame do libro de lingua castelá que ía facer Jacky ao final non o fixo, cambiouse para o luns pola ausencia da profesora.
Logo iremos a clase de Educación Física, que tamén hai que mover o corpo.
Á unha e media soará a campá de saída e por fin poderemos descansar tranquilamente na nosa casa
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO IV
Diario de Jacky.
14/04/08
Adriana non asistiu a clase. Ten unha gripe espantosa.
Hoxe pola mañá Maika estaba moi contenta. O motivo da súa ledicia non era máis que un embarazo. Si, estaba preñada. E díxomo toda tranquila, chea de felicidade. Nin que o buscara!
“-Mozo...vaia si...é que...as cousas aconteceron moi rápido. Foi cando saía de clases. Germán parou a moto e invitoume a ir á súa casa.”
-Non sabía que tiñas mozo! díxenlle
-Mozo...vaia si...é que...as cousas aconteceron moi rápido. Foi cando saía de clases. Germán parou a moto e invitoume a ir á súa casa. Pois aproveitei.
-Estasme dicindo...
-Si, cala, non digas nada. A cousa é que creo que estou embarazada. Iso nós sabémolo, dixo Maika toda convencida.
-Eu se fose ti, estaría segura antes de falar. Este foi o meu consello, aínda que pareceume que non lle gustaron as miñas palabras. Ela é moi teimuda e nunca fai caso do que lle din. Eu non son a máis indicada para dar consellos, despois do que me sucedeu con doce anos. Daquela non escoitaba a ninguén, desconfiaba das persoas que realmente me querían axudar no meu problema.
Ao chegar a clase, Germán estaba gardando un sobre. O único que puiden escoitar foi como Rogelio lle dicía:
-Se consegues volver deitarte con ela, e lle fas crer que sodes mozos douche máis.
-Todo ao seu tempo. Dicía Germán cun falso sorriso.
Non o podía crer! Se o que estaba pensando era certo, esa persoa da que falaban era Maika.
“…Por que me pasará isto a min? Por que me parece imposible esquecelo?”
Pero que había realmente no sobre?Que motivo tiñan os dous para facerlle iso?
Hoxe a primeira hora non facía máis que mirar para min. Parecía que tiña fincados os seus ollos na miña persoa. Eu intentaba evitalos non prestándolle a máis mínima atención. Por que me pasará isto a min? Por que me parece imposible esquecelo? Por que Marcos dunha maneira indirecta continua co seu xogo de sedución? Quizais é inconsciente do seu xoguiño...
Cada día aumentan as miñas preocupacións. Quizais é o paso da adolescencia á madurez. Aínda que considero que eu xa madurei, madurei antes de tempo.Hai veces que un acontecemento da vida fai madurar a unha persoa dun día para outro. Iso foi o que me sucedeu a min.
No recreo estiven con Rosa que foi a xunto Marcos, e como non, eu con ela. Dixo que tiña mal a gorxa, que lle debeu sentar mal un cubata que tomou onte. Calquera diría que no fondo me gusta. Pois non me gusta o alcol: só bebo algo de vez en cando, pero sen abusar. El, pola contra, polo que teño escoitado, vai as fins de semana de botellón. Esta é outra das razóns que teño para intentar esquecelo: sempre dixen que non me pensaba fixar nunha persoa que estivese metida nalgúnha droga, e iso é o alcol. Aínda que non é un alcólico hai veces nas que está ebrio.
Creo que Diego ten os requisitos para que calquera muller o considere o home ideal.
Manifestación pola lingua galega en Santiago de Compostela, o 18 de maio de 2008.
Información aparecida no portal dixital en galego Vieiros, 19 de maio de 2008
Foi a manifestación polo idioma máis numerosa que se lembra (...) Chuviscou e
choveu, intermitentemente, pero iso non influíu na asistencia a unha
manifestación que resultou, sen lugar a discusión ningunha, un completo éxito,
cunha moi visíbel participación de rapaces e adolescentes. A Praza da Quintana,
con capacidade para unhas dez mil persoas, encheuse sobradamente, polo que
parece claro que a participación superou esa cifra. A organización da marcha
elevou o cálculo até as 25 mil persoas, mentres que a policía local rebaixou a
asistencia até as oito mil manifestantes.
A marcha estivo encabezada por dúas fileiras de rapaces e rapazas, que portando
candansúa faixa, reivindicaron o seu dereito a facer a súa vida en galego,
comezando polo ensino, unha das grandes reivindicacións da manifestación, e
clave para asegurar a supervivencia do idioma. Na Quintana, o presidente da Mesa,
Carlos Callón, afirmou que a situación do galego é crítica, pero que aínda está
na man dos cidadáns e das administracións o mudar esta realidade. Felicitouse
por iniciativas como as Galescolas ou a Lei de Comercio, pero lamentou a
situación do galego no ensino, tanto no universitario coma no obrigatorio, onde
levan anos incumpríndose as leis que indican un mínimo de contidos na nosa
lingua.
Igual de crítica amosouse a xuíza Ana López-Suevos, contra a que se abriron
dilixencias por permitir o uso do galego nun xuízo. López-Suevos criticou o
escasos resultados que ao seu xuízo deron as políticas de normalización
lingüística nos últimos 25 anos, e afirmou que en Galiza si existe un conflito
lingüístico.
Pablo Seijas
Por Neves Otero Ruíz.
1-A que idade che comezou a interesar a música?
Aos 13 anos, cando miña irmá comezou a poñer uns vídeos dos “Guns and Roses” a todo volume na súa habitación. A partir dese grupo funme interesando cada vez máis pola música e sobre todo por grupos de estilos similares, como “Marilyn Manson” ,”Helloween”, “Led Zepelin”, “ Iron Maiden”, “ Metallica”, “ Slipknot”…
2- Cales foron os grupos que mais che impresionaron na túa vida?
Pois todos os que xa dixen, pero en especial, os “Guns and Roses” e agora mesmo o grupo que máis me impresiona é Helloween, pola súa posta en escena e polo ben que se adaptan tanto a temas mais cañeiros, como a marabillosas baladas.
Para min sen dúbida ningunha, son o mellor grupo que pariu esta terra.
3- E grupos a nivel nacional?
Pois sen dúbida “Heredeiros da Crus” e “Rastreros”. Estes dous grupos empezáronme a gustar polas súas letras cómicas ao mesmo tempo que críticas.
Estes dous foron os principais, pero despois empecei a interesarme por grupos como “Tierra Santa”, “Sangre Azul”, “Warcry”, “Mago De Oz”... sóenme gustar os grupos heavys, que en España e en Galiza hainos moi bos.
4-Cando comezaches a tocar a guitarra?
Comecei con 14 anos, cando un día lle comentei a miña nai que me gustaría ter unha e introducirme no pequeno mundiño da guitarra, onde xa se meteran algúns colegas.
5-Por que a guitarra e non outro instrumento?
Máis que nada porque a guitarra era o instrumento que máis identificaba o estilo de música que a min máis me gustaba. E segundo ía aprendendo máis íalle collendo máis afección, inda que tampouco son moi bo tocando...eu toco o xusto e necesario que me fai falla. Se necesito aprender algo máis para compoñer, fágoo...pero o xusto.
6-Cando comezaches a gravar na casa xa tiñas pensado facer un disco cos teus temas?
Non, eu comecei gravando para min, por diversión, e pouco a pouco ía xuntando temas tanto de versións como de cancións escritas por min. Un día decidín gravalas todas nun CD e foi a partir de aí cando os meus amigos comezaron a escoitar os temas e a dicirme “ E, Seijas, tesme que pasar o CD cuns temas teus”...e cando me dixeron que me pagaban dous euros por el...non dubidei en facer bastantes copias. A porta do instituto o día seguinte parecía un “Top manta”. Comenteillo a miña nai e díxome que estaba tolo, pero foi ensinarlle os 50 euros que gañara ese día só, e cambiou de opinión...mesmo me comprou ela máis CDs para gravar.
6-Que é o que che inspira para compoñer?
Pois o que me inspira realmente é a historia, pero non a historia que tanto odian os alumnos (“Je je”). A min o tema que máis me inspira é a época da Guerra Civil, os fusilamentos, os movementos antifascistas... Quizais este tipo de inspiración se marque máis na segunda maqueta que penso gravar logo, porque na primeira realmente foi unha verdadeira variedade de temas, sen deixar de ser bastante divertidos.
Pero tamén me inspiran temas como o amor labreijo (como eu lle chamo), a pobreza, a fame, as guerras, as inxustizas,...todo iso que nós, a poboación mundial, tiñamos que evitar. Que sentido ten matarse uns aos outros?Ningún
7- Din que os cantautores se inspiran sobre todo cando están tristes, ou enfadados, a ti pásache o mesmo?
Si, a min pásame iso, e creo que a todo mundo. Cando estou triste ou de baixón...pois anima moito a coller a guitarra encerrarte na túa habitación e non saír ata que desafogues. Eu aproveito eses momentos porque realmente poden saír cancións moi boas ou mesmo ideas. Parece que cando estás triste todo che rima e che soa ben, e véñenche palabras e frases que nin sequera te decatabas de que as tiñas na cabeza.
Cando estou enfadado, a cousa xa cambia moito. Cando estou de mala hostia collo a guitarra e póñome a aporreala e saco temas moi cheos de rabia ou a veces de tanta mala hostia non saco nada e o único que fago e romperlle as cordas á guitarra de tanta forza que lle dou.
8- Cal cres que foi o grupo ou cantante que máis che influíu como cantautor?
Pois a persoa que máis me influíu no tema de querer ser cantautor foi Tonhito de Poi, o guitarrista de Heredeiros da Crus, e os Heredeiros en xeral. Pero agora, calquera cousa que soe ben e teña boa letra...gústame. E vouche dicir a verdade...hai xente pola Calle do Príncipe en Vigo, pedindo cartos mentres toca catro pezas, cunha guitarra vella, que se merece máis ser recoñecida pola súa musica que xente que gana millóns (iso inspírame, ver esa xente loitando e tocando día a día na rúa) por pintar a mona dicindo que se gana a vida honradamente tocando. Pero o mundo estache feito de moita merda e moito carto...e niso se suxeita todo este tinglado, en cartos cartos e cartos, e por desgracia iso está afectando á música, non hai máis que acender a televisión e ver os de “OT”, que dan pura vergoña, tanto os concursantes como os que participan na merda de programa, é a miña opinión e respecto a dos demais.
9- Ademais de cantautor tamén tes un grupo de música Punk- Rock (Punkto Débil), como compaxinas ambas cousas e os estudos?
Si, ese pódese dicir que é o meu proxecto principal e como cantautor realizo o que non podo realizar en Punkto Débil.
Con Punkto Débil xa dei bastantes concertos, con grupos como Batea Negra, Defekto Optiko, Molestia, Malas Pulgas,...
E todo isto cos estudos...pois lévase ben, se tempo sóbrame...o bo que ten ser cantautor é que non dependes de ninguén para compoñer, para ensaiar...e con Punkto Débil só ensaio unha vez á semana. Dáme tempo de sobra...inda que este ano en bacharelato non me fose alá moi ben (ri polo baixo).
10- Agora estás preparando un segundo disco con temas novos, pódesnos dar un pequeno adianto do que vai ser?
Pois verás, esta segunda maqueta ou disco...como se lle queira chamar ou entender, vai estar centrado en temas máis serios, pero sen deixar atrás para nada temas moi divertidos...que hai algún que outro que ides mexar da risa. Pero non vou esquecer denunciar todo aquilo que me parece inxusto, e mesmo denunciar a mesma inxustiza.
Quero facer tantas cousas cos novos temas, que non sei o que realmente facer, algo teño pensado pero non teño nada fixo. Quero meterlle outra instrumentación de fondo á parte de guitarra, con instrumentos como o violín, o teclado, gaita, frauta, harmónica, toques de solos de guitarra eléctrica,...quero facer tantas cousas. E o problema que teño é que o equipo para gravar non me é imposible pero si algo complicado, e tamén encontrar xente que me axude en todo o relacionado coa gravación e retoques nas cancións.
11- Ademais do novo disco tes algún outro proxecto para o futuro?
Pois a verdade é que proxectos en referencia á formación doutros grupos non teño pensado para nada pero o que si estamos dando voltas moito á cabeza todos os de Punkto Débil, no de gravar e movernos para conseguir concertos, e facer camisetas, chisqueiros,...cousas para ir xuntando cartos...pero por agora mellor é esperar e mellorar e darnos máis a coñecer, que é o importante realmente agora. E melloramos moito dende a primeira vez que tocamos no instituto...agora montamos máis festa (risos) xa non somos aqueles que se agochaban detrás dos micrófonos e as guitarras.
12- Que consello lle dás a toda esa xuventude que, coma ti, están comezando?
Consello?...pois como cantautor non teño experiencia, pero animo a que se comece...de feito eu estou dispoñible para quen queira organizar algo comigo, algún concerto, ou o que sexa...pero como membro dun grupo de varios integrantes...dicir que hai que poñerlle moita fe e non desanimarse nunca. Tamén dicir que polo pouco que teño vivido encóntraste con xente moi xenerosa, e xente que dá gusto estar con ela, como por exemplo Defekto Optiko ou Molestia, pero tamén te encontras con xente que todo quere para o seu cu...supoño que a ignorancia non só se queda no programa de “OT” (risos).
13- Tendo en conta que esta entrevista é para a revista do IES Illa de Ons, queres dicirlles algo aos teus antigos profesores e compañeiros?
Pois que algún que outro mestre o boto de menos e tamén algún que outro compañeiro...e as boas notas que aí nese instituto quedaron tamén as boto de menos.
13- Para rematar poderías redactarnos un pequeno fragmento dalgunha das túas novas cancións?
Si...como non!! Vouvos deixar unha canción que escribín hai pouco e titúlase “Cambiemos”. Só é un pequeno fragmento da canción e espero que vos guste.
Con agarimo, un saúdo a todos e todas!
“Forza e Liberdade”
“Cambiemos”
Pode ser que pase de todo
Pero nada pasa de min.
Son as cousiñas máis pequenas
Polas cales se merece vivir
Unha noticia no telexornal
Foime máis que necesaria
Para facerme comprender
O motivo polo cal marchabas
Que prohíban a palabra estraxeiro
Negro, Branco ou de color
Guerra, fame, cáncer e fronteira
Disparo arma e tamén violación
TRABALLOS PRESENTADOS Ó CONCURSO DE LITERATURA MARIÑEIRA "UN TRABALLO POR UN PASEO" POLOS ALUMNOS/AS DO IES ILLA DE ONS NO ANO 2008
Dous accidentes nun só día
Raúl Vidal Juncal-1º B
Cando eu era pequeno, meu pai ía nun barco que pescaba fanecas. Marchaban o lúns de madrugada e non volvían ata o venres pola noite. No barco había tres mariñeiros a parte do meu pai. Un día cando ían cara ás illas Cíes para empezar a traballar, meu pai escoitou un ruído e decatouse de que un dos seus compañeiros caera ó mar. Meu pai, alterado, comezou a berrar para que o patrón parase o barco.
Aínda era noite e non se vía ben e comezaron a poñerse moi nerviosos porque non conseguían velo, e ademáis recordaron que non sabía nadar. Gritaban chamándoo, ata que por fin contestou. Sen perda de tempo dirixiron a luz cara onde escoitaran a voz e alí estaba. Achegáronse pouco a pouco co barco e lanzáronlle un cabo para que se agarrara. Cando conseguiron subilo ó barco, estaba moi asustado, pero non quixo voltar á terra, quixo seguir a diante para faenar como rexo mariñeiro que era. O que ninguén deles se explica aínda hoxe é como sen saber nadar, aquel home puido agantarse tanto tempo a flote.
Pero o día non fixera máis que empezar. Xa pola tardiña, cando estaban a piques de saír, no último lance, ó ir meter unha nasa a bordo, esta quedou enganchada ao costado do barco e ao soltarse con forza golpeou ó mesmo mariñeiro na fronte abríndolle unha brecha.
Desta vez sí que tiveron que deixalo todo e saír a fondo para levalo a urxencias.Todo se arranxou con puntos de sutura. Estaba claro que ese non fora o seu día, xa que estivo a punto de falecer por dúas veces nun só día. Pero a vida dos mariñeiros é tan dura que todos se fan moi fortes e valentes.
Memoria de Adán.
IV. A rescate.
Adán Lorenzo Domínguez Falcón.
endl-illadeons.blogspot.com
bibliotecailladeons.googlepages.com
A meu pai, dende pequeno, gústalle o mar, e pasáronlle moitas aventuras.
Meu pai andaba ao trasmallo. Neste oficio botaban moito tempo fóra da casa. Marchaban o domingo e non volvían até o venres á noite.
“(…)marcharon para o mar porque viran na televisión que daba bo tempo para un par de días, asi que aproveitaron e foron á costa do sur, a un sitio chamado Santa María de Oia,(…)”
Un domingo ás once do mediodía meu pai e dous barcos máis marcharon para o mar porque viran na televisión que daba bo tempo para un par de días, asi que aproveitaron e foron á costa do sur, a un sitio chamado Santa María de Oia, que daba bo peixe e no que podían traballar por terra.
Durante a ruta os mariñeiros ían gardando a comida que levaba, porque comían do barco. A ruta puidolle levar unhas catro horas, porque era lonxe.
Ao chegar empezaron a arriar as caseas por terra, porque o mar estaba calma podre. Ao terminar foron facer a cea, porque logo ían empezar a faena. Ao rematar a cea, cada mariñeiro vestiu a súa roupa de augas e puxéronse mans á obra. Estando pola metade das caseas, a bodega xa a tiñan chea e tampouco non tiñan caixas. Meu pai chamou aos outros barcos, a ver se tiñan caixas de sobra, que a eles non lles quedaban. Os outros barcos respondéronlle que non, que a eles viñéralles peixe tamén. Entón meu pai e os outros barcos puxeron rumbo á Guarda, para vender o peixe e vir a buscar as caseas que quedaban no mar. Durante a ruta os mariñeros dos barcos ían limpando o peixe, sacándolle a galada e as tripas, para que o peixe estivese teso e fresco para a venda.
“Mentres tomaban algo apareceu un home pola porta dicindo que a unha milla fóra da Guarda fora un barco ao fondo. Ao escoitar meu pai isto levantouse(…)”
Ao chegar ao peirao da Guarda atracaron o barco para botaren o peixe, porque a venda logo ía ser, e así collían un sitio bo para que os compradores o mirasen. As caixas dos tres barcos puxéronse xuntas para que se recoñecera que eran de Bueu.
Ao terminar de vender foron a tomar algo a unha taberna para facer tempo até que o vendedor viñera a pagarlles.
Mentres tomaban algo apareceu un home pola porta dicindo que a unha milla fóra da Guarda fora un barco ao fondo. Ao escoitar meu pai isto levantouse el e máis os seus amigos dicindo que saían eles en busca dos mariñeiros.
Ao saíren da taberna ventaba un ciclón de vento norte. Meu pai e os seus amigos desmarraron os barcos do peirao e puxeron rumbo a fóra da Guarda.
Había unha trancallada que nin os cans. Meu pai dicíalles aos amigos que era difícil de collelos, porque non había forma de encontralos .
Chegaron ao lugar e meu pai parou o barco a ver se os vía, pero o barco non paraba quieto, dando moitos cabezazos contra os mares.
Ao cabo dun tempo, un amigo de meu pai chamouno polo chivato, dicindo que a media milla ao norte había alguén, porque daban sinal.
Meu pai puxo rumbo ao sinal a ver se eran eles. Ao chegar ao lugar miraron que eran os mariñeiros, e eran tres, pero dous estaban mal, porque deberan de tragar moita auga debido á trancallada.
Colleron cadanseu mariñeiro e puxeron rumbo ao peirao da Guarda.
Meu pai collera un dos mariñeiros que estaban mal. Ao embarcalo fixéralle os primeiros auxilios para que botara a auga fóra, despois sacoulle a roupa, púxolle roupa seca e púxoo no motor para que entrara en calor.
Ao chegar ao peirao estaba toda a xente esperando polos mariñeiros. Atracaron o barco e meteron os mariñeiros na ambulancia. As familias déronlles as grazas por salvalos.
Pouco despois, o comprador deulles o sobre dos cartos e desmarraron rumbo a norte, porque tiñan as caseas por terra e podíase picar o mar. Ao chegar a Santa María de Oia levantaron as caseas e puxeron rumbo a Bueu para vender o peixe que colleran.
Unha mañá perigosa.
Pablo Reiriz Piñeiro 1º C
Un día pola mañá todos os percebeiros saíron ó
mar para traballar o percebe, bueno,
como fan sempre.
De camiño a Ons, perto do cabo Udra, veu unha
airesa de vento e mar, e as ondas pasaban por riba das lanchas, todos os
mariñeiros cos seus traxes e os seus chubasqueiros tapábanse dese frio
espantoso. Neses momentos, todos os percebeiros estaban indecisos, se ían
traballar ou voltabam para casa.
Ao final decidiron ir, aínda que o tempo non estaba moi bo. Cando chegaron á zona onde ían traballar, empezaron os patróns, a mandar os seus traballadores que se aproximasen ata rochas para recoller o preciado percebe. Coas súas artes mariñeiras, empezaron a traballar, con moitas dificultades.
Ao cabo dunhas cantas horas, o tempo comezou a complicarse cada vez máis, e meu avo, nun descoido, veu un mar falso e levouno contra a corrente. Como levaba o traxe de neopreno, impediulle, naqueles momentos, que fora para o fondo e que se golpeara contra as rochas.
En poucos segundos, apareceu unha das embarcacións, que sempre están pendentes, por se caen algúns dos percebeiros ó mar, e cunha rapidez espléndida o patrón da embarcación tiroulle un salvavidas. Neses momentos meu avo agarrouse ó salvavidas como se fora unha táboa de salvación, e arrastrouno lonxe do perigo, xa, por fin, foron capaces de meteulo abordo da lancha.
O que puido ser un día moi malo, todo acabou moi ben.
Estes son os perigos aos que están expostos os mariñeiros e aínda máis os percebeiros.
Anécdotas dun home de mar.
Jorge Bernárdez Martínez,2º A
Meu pai comezou a ir ó mar con dezaseis anos e leva case trinta e dous no oficio. Durante este tempo viviu circunstancias mellores e peores. Entre elas houbo tempestades, sinistros, etc. De todo isto, vou contar algunhas historias que recorda, pois xa son moitos os anos que leva embarcado
O ciclón de Terranova.
No ano 1979, indo cara a Terranova no Leonmarco Tres, á altura das Illas Azores, atopáronse cun temporal ciclónico que desarborou o barco, rompéndolle os medios que tiñan de salvamento. Para recuperalos, a tripulación tivo que faenar amarrada con trocas, porque os golpes de mar que entraban a bordo do barco poñían en perigo a vida dos tripulantes que procedían a trincar os botes, balsas salvavidas e redes.Con aquel golpe de mar quedaron incomunicados, pois queimáronselles os aparellos de navegación, entrándolle a auga nos aloxamentos de descanso. Como non había medios de achique tiveron que achicar auga con caldeiros.
Continuaron a viaxe cara ás illas francesas de Sant Pierre et Miquelon, onde foron arranxar o barco. Tiveron que substituír os cristais que tiñan rotos na ponte por anacos de táboas de madeira. Este era un traxecto que, en condicións normais do tempo levaríalle entre cinco e seis días e debido ó mal tempo e ás condicións nas que se encontraba o barco no que navegaba, levoulle trece días. Esta era a primeira viaxe que realizaba a este caladoiro.
El comenta que, sen chegar a ese lugar, viviu este suceso, e di que se o barco tivese volto ó porto base que era Vigo, non volvería pisar este caladoiro debido ás informacións que tiña sobre el, que había moito mal tempo, que facía moito frío... etc. En cambio, comprobou que só fora aquela marea, porque el faenou durante once anos no mesmo caladoiro e no mesmo barco sen que lle sucedera nada máis ocasionado por un temporal.
A morte no mar.
O día 18 de Novembro de 1985, estando meu pai no Leonmarco Tres, nos caladoiros de Terranova, viviu un suceso moi doloroso.
Estaban os quince mariñeiros preparados na cuberta do barco para botar o aparello ó mar. Cando o aparello baixa pola rampla do barco, leva moitísima forza, debido a que vai pendurado duns cables de aceiro ós que lle chaman lanteóns. O desafortunado protagonista desta historia tivo a mala sorte de, nun descoido, bater co aparello e caer ó mar pola rampa.
Nese intre, os seus compañeiros pararon de inmediato a faena e foron axudalo desesperadamente. Moveron os reflectores cara ó mar intentando localizalo e axiña deron con el, pois estaba cos brazos levantados pedindo axuda. Lanzáronlle un aro salvavidas a ver se intentaba collelo pero el entre a impresión de caer e a temperatura da auga, que neses mares é moi fría, fracasou no intento e perdérono de vista entre as augas do mar.
Poucos segundos despois volveu a flote pero esta vez xa con menos forzas, e sabendo que tiña poucas posibilidades de seguir vivo fixo un xesto como se quixese despedirse dos seus compañeiros. Ésta foi a última vez que os tripulantes do Leonmarco Tres viron o seu amigo “Trini” (que era o seu alcume a bordo do barco) pois despois diso, volveu desaparecer e esta vez para non volver nunca máis.
Seguiron toda esa noite buscando o seu corpo e despois de pedir axuda estiveron rastrexando a zona durante dous días máis a ver se podían recuperar o seu cadáver pero isto foi imposible. Entón, tiveron que abandonar a zona e poñer rumbo ó porto de Sant Pierre et Miquelón en Canadá para facer os trámites necesarios que lle piden nestes casos.
Logo, celebraron unha misa funeral pola súa alma e moi aflixidos tiveron que voltar ós mesmos caladoiros onde sucedera o fatal desenlace e continuar marea ata Febreiro do ano seguinte
Rescate no María Gallego.
Hoxe en día, meu pai faena no caladoiro de Gran Sol, unha cousa parecida ó de Terranova, pero sen tanto frío. Está embarcado no Pescaberbés Tres. Neste barco tamén viviu un dos episodios que nunca se debería vivir. Tivo que ir ó rescate do “María Gallego” porque eran os que máis preto estaban del. Isto foi xa nunha data recente, en Agosto de 2006.
Eran as cinco da madrugada. El atopábase no seu camarote descansando e foi o patrón a pedirlle que se levantara porque tiñan que ir ó rescate dun barco que se estaba afundindo debido a unha vía de auga. Meu pai preguntoulle sorprendido onde estaba o barco e o patrón contestoulle que a dúas millas deles, pero que xa non se lle miraba o alumado.
Este naufraxio foi unha cousa vista e non vista, pois en cuestión de vinte minutos o barco afundírase. A tripulación do barco sinistrado empregou os medios de salvamento que lles deu tempo. Uns tiñan chaleco, outros non. Algúns tiñan roupa de abrigo, outros simplemente coa que se atopaban na cama, pero todos se botaron ás balsas salvavidas que foi onde os encontraron cando chegaron ó lugar do suceso.
O barco xa se atopaba mergullado entre as augas do mar. Só se vía a ponte do barco somerxida e as antenas da telefonía que era o único que quedaba a flote.
Rescataron, por sorte, a toda a tripulación que se atopaba a salvo en dúas balsas salvavidas, mollados e cheos de frío. Subiron pola escada de gato polos seus propios medios, iso os dunha balsa, porque os da outra rescatáronos enganchando a balsa co guindastre do que dispón o barco xa que doutro xeito o único que conseguirían sería afundilos. Non era un día de mal tempo, pero tampouco había moita calma. Como lle soe chamar meu pai: Un día de “trangallada”.
Unha vez a bordo do barco, sans e salvo, déronlle de comer, roupa e calzado e trasladáronos ó porto máis próximo que era o de Castletown, en Irlanda.
Unha experiencia en Sudáfrica
David Gestido Entenza ,2º A
Esta historia trata sobre o meu pai, Francisco Gestido que xunto cos seus compañeiros, viviron unha experiencia en Namibia (Sudafrica).
Estiveron varias semanas sen poder pescar, e sen gañar diñeiro por mor dos pescadores que habitan alí. Non os deixaban pescar, porque escaseaba o peixe pero ao final todo se resolveu satisfactoriamente.
Todo comezou en Novembro de 2007. Viaxou alí sen sospeitar todo o que naquel lugar lle esperaba. Colleu o avión como facía normalmente para acudir ao seu traballo de Capitán. Como ía el a sospeitar, que os mariñeiros de alí non os deixarian ir pescar?. Pola forza, impedian que os barcos estranxeiros, saíran a faenar o que lle correspondía. Intentaron negociar pero non conseguiron chegar a ningún trato con eles.
Estiveron esperando e esperando, en terra, arredor de catro semanas e non podían volver (descoñezo a razón). Meu pai estaba moi triste e angustiado, porque non sabía canto tempo ía durar todo aquilo, ao final deixaron volver aos compañeiros pero alguen tiña que quedar alí e nomeárono a el e a uns compañeiros xa que eran os que máis tarde chegaran alí permaneceron unhas semanas ata que lles fixeron o relevo, e el e os seus compañeiros puideron volver a Galicia coas súas familias, estiveron negociando e ao final chegaron a un trato. Agora xa pescan con normalidade anque hai escaseza de peixe e o problema vai de mal en peor, se non se controla a captura de peixe no futuro non vai quedar un peixe no mar e as vindeiras xeneracións non van poder vivir do mar e terán moitos problemas.
A bordo do Cantábrico.
Jesús Santos Piñeiro,1º A
Meu pai contoume una historia que lle sucedera no seu barco haberá uns tres anos.
Marcharan un sábado pola mañá cedo cara ó Gran Sol a pescar.Despois de botar tres días fóra, no cuarto día, pola mañá xa botaran seis veces o aparello e na sétima vez non veu peixe senón que veu o cadáver dunha persoa morta que desaparecera había tres meses.
Meu pai viuse na obriga de meter o cadáver no conxelador e botarlle xeo por riba. Ó día seguinte veu un helicóptero de Protección Civil e levárono para identificalo.
Logo de marchar o helicóptero puxéronse a falar entre eles e un comentou que non tiña os dedos enteiros nin as orellas porque llas coméran os peixes.
Cando chegaron á casa viñan todos asustados, recordo aquela marea porque meu pai trouxérame unha pedra con forma de gaivota pero sen ás e a meu irmán unha lata de coca-cola antiga que o mar non desintegrara, posiblemente estivera ben regardada porque o mar desfai todo.
A bordo do Cornide Saavedra.
Hugo Santaclara Estévez,1ºA
Vouvos contar unha historia que lle aconteceu ó meu pai a bordo do Cornide de Saavedra, facendo polo Cantábrico e Mediterráneo varias campañas ao ano. Unha de esas campañas é a do Mediterráneo, unha singradura que abarca dende o Estreito de Xibraltar ata a fronteira con Francia.
Todos os días se levantan ás sete e media da mañá para empezar a pescar mostras de peixe (carioca, xurelo, peixe sapozapata, etc.) para analizar os biólogos e científicos do barco.
Un día como outros iguais de pesca, traballando á altura de Málaga, despois de comer, sobre as dúas da tarde empezaron a virar (meter aparello abordo).
Despois dunha hora aproximadamente, vén o aparello cuns 500Kg de peixe (carioca).
O asombro foi cando botaron o peixe nas caixas e no medio viron dous vultos de 50Kg cada un. Unha vez apartados do peixe e comprobados o que eran, puxéronse en contacto coa Garda Civil,e no peirao que tiñan máis perto, que era o de Málaga, pararon para prestar declaración os oficiais e o Xefe dos Biólogos.
Estiveron dous días no peirao por mor dos dichosos fardos e tiveron que testificar ante as autoridades.
Os fardos encontrados no fondo do mar e arrastrados polo aparello, era droga (haxix) que procedía dos narcotraficantes que a tiraran ó mar cando eran perseguidos polas patrullas.
A historia dos prismáticos
Esta é a historia de como uns prismáticos van cambiando de man en man, e, aínda que por agora non foron moitas veces, eu espero que continúen así. Estes prismáticos son moi especiais , e agora están na miña casa. Nesta historia contarei como chegaron ata as mans do meu pai.
Un barco francés, do século XIX , naufragou por fóra da Illa de Óns. Ese barco levaba armamento de guerra: pistolas, canóns, espadas... O meu tío-bisavó, un día, estaba navegando por fóra da ría, como tódolos días, estaba pescando. Ninguén se acorda de como conseguiu estes prismáticos, pero supostamente debéronlle vir enganchados na rede mentres pescaba; debo dicir que el colleunos e gardounos para quedarse con eles.
O
meu tío-bisavó, por desgraza, morreu arredor do ano 1969 e os prismáticos
quedaron nas mans da súa muller. Miña tía-bisavoa durou case ata os 100 anos,
que iso era o que poñía no seu DNI, pero en realidade tiña os 100 ou máis,
porque na illa só ían rexistrar as persoas que naceran, ou que morreran, cada
dous ou tres anos. Na illa naceu meu pai, ó que lle puxeron Francisco, porque
acababa de morrer o seu tío-avó Francisco e como non tiñan fillos , miña tía-bisavoa
tratuono dende o primeiro momento coma se fora o seu fillo. Ela fora a que lle
puxera o nome do seu defunto marido.
Cando a familia se mudou para Beluso, a miña tía-bisavoa que durmía co meu pai, contoulle esta historia. Cando meu pai era un adolescente e xa tiña coche , ela, que moito lle quería, esperaba ata a hora que fora , esperta, para ver se volvía ben.
No medio da noite tamén choraba ou espertaba e chamaba polo meu pai e falaba con el.
Cando miña tía-bisavoa estaba a piques de morrer e todos souberon que xa non podía durar moito máis, o meu pai , co cariño que lle tiña , como viu que ós prismáticos ninguén lle daba o aprecio que merecían , porque a súa tía-avoa estaba xa moi velliña, pediulle os prismáticos e ela antes de morrer deullos, deixándolle así un recordo dela e do seu marido.
O meu pai tenos como un tesouro, sobre todo, en valor sentimental, por esa razón non os quere amañar e están tal e como foron atopados. Coas lentes un pouco danadas.
Agora están na miña casa esperando a pasar polas miñas mans, ou polas da miña irmá.
Luís Martínez Gallego, 2º A- Illa de Ons
A mar de verdade.
Mirian Ferradás González.1ºA
No comezo da súa andadura no mar, cóntame meu pai que todo era ilusión, coma un regalo para un neno pequeno. Un regalo estraño e mareante.
Os primeiros días de navegación todo pasaba bastante rápido. Un mariñeiro novo contoulle a meu pai, que cando chegou ó peirao, pensaba que ía andando dereito e ía de un lado para outro, como o balanceo do barco.
No barco enfróntase a unha nova vida, á convivencia cos compañeiros, ó olor e ás comidas novas. Todo segue sendo tan estraño para un novo mariñeiro… Meu pai díceo así tan sincero. Ver como os seus compañeiros pasan da alegría ó enfado en apenas uns minutos, sen xustificación ningunha. O mar é así, vives nun espazo tan pequeno, pero co tempo valo comprendendo.
Pasa o tempo, meu pai xa é un mariñeiro máis, de tantos. O estraño e engaiolante pasa a ser rutinario, pero seguir adiante é o principal. A familia sérvelle de empurre para seguir. Di que hai momentos bos e momentos malos…
Cando o mar está calmado, só ve a auga ó seu arredor, entón meu pai sente que o mundo é del.
Cando o mar está calmado, só ve a auga ó seu arredor, entón meu pai sente que o mundo é del.
Nunha ocasión meu pai pasouno moi mal, contoume que o vento sopraba moi forte, o mar enfurecíase, el non sentía medo, pero repíteme constantemente que o que si sentía era moito respecto hacia o mar. As ondas avanzaban, crecían en altura. De repente, un tremendo impacto contra o barco. Había moita confusión, séntese mollado na cuberta.
Lémbrase das postas do sol, que hai no Gran Sol, son espectaculares non hai obstáculos que o cubran coma na terra, as montañas.
Xa todo pasou, o mar volve o seu. Sen darse de conta do ocorrido, os seus compañeiros dinlle que unha onda xigante o tirou ó mar e a mesma onda devolveuno ó barco. A verdade, el non a sabe pero tampouco o quere saber.
Lémbrase das postas do sol, que hai no Gran Sol, son espectaculares non hai obstáculos que o cubran coma na terra, as montañas.
No mes de setembro métese o sol ás dúas da mañá e ás catro aproximadamente xa é un novo día. A noite non existe.
Os anos pasan e xa o mar lle pode. A familia ée o único que lle dá forzas para continuar. Ten na súa mente seguir adiante coa súa vida de mariñeiro.
Non hai máis de trinta días meu pai sentiu medo. Un temporal colleuno no mar. O barco era tan pequeno… contra esas ondas tan inmensas … unhas rompían contra o barco cunha forza enorme e outras sorteábanse polo medio do mar. Meu pai non pensa o que lle pode pasar no futuro, pero seguirá, para sacar a familia adiante, indo ao mar cada marea.
A vela á Virxe do Carme.
Sergio Torres Ferradás. 1ºA.
Esta historia ocorreulle hai moitos anos ó pai da miña veciña Amelia. Chamábase José Miranda González aínda que todos o coñecían como o “O Lourán”.
El ía pescar todos os días na súa dorna. O Lourán non despreciaba nada do que pescaba pero o que máis collía e apreciaba era o polbo, o choco e a maragota. A arte de pesca que usaba era a liña.
Nun dos seus días de traballo, ía pola ría de Aldán e intuía que aquela tormenta que vía que ía levantarse, podíalle ocasionar algún problema. Daquela bogaba na súa pequena e querida dorna cara a Cornido e comezou a sentir moito medo polo que lle podería ocorrer á súa familia se el desaparecía.
As ondas xa batían contra a súa dorna e tamén contra o penedo. O ceo estaba totalmente escuro e a chuvia empapáballe a roupa. Cavilando na sorte que lle podía acontecer a el e á súa familia encomendouse á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, e prometeulle que se chegaba san e a salvo iría á igrexa e acenderíalle unha vela na súa honra.
Pasado un tempo que a el lle pareceu moi longo, por fin deuse conta de que estaba perto da súa querida casa e que estaba san e salvo, comprendeu entón que a Virxe do Carme cumplira a súa apromesa.
Cando chegou a terra colleu todo o que pescara en cestas e foi descalzo , como de costume, xa que antes non había calzado, polo monte de enfronte da pedra do cabalo.
Na lonxa vendían todo a pataco ou a chica aínda que agora iso parece moi barato.
Dous días despois foi á igrexa de Beluso e cumpriu a súa promesa. Desde ese aquel día fíxose moi devoto da Virxe do Carme e sempre que ían cobrar deixaba unha parte da ganancia para a festa da patroa dos mariñeiros.
A min esta historia paréceme moi interesante porque explica que antes a vida era moi dura e tamén que a xenté tiña moita fe en Deus .
De rapaciños, ó mar.
Ángel Estévez Pastoriza 2º A-Illa de Ons
A
pesca é un traballo, pero tamén é unha arte. Tamén ten o seu risco. Hai uns
anos os rapaces xa de moi novos axudaban ós seus pais, o meu avó era un deles.
Unha mañá o equipo de pesca do meu bisabó, subiu á barca para botar a rede. Subiron ás seis da mañá. Os mariñeiros máis vellos e xa con moita experiencia ían na barca e os catro rapes, de entre eles o meu avó, que tiñan doce anos, ían na gamela.
Saíron á mar para botar a rede, cando xa comezaba a haber vento. Xa coa rede botada, e co vento cada vez mais forte, preparáronse para volver a terra.
Os máis vellos xa case chegaran a terra pero o grupo do meu avó, tan inespertos,naquela gamela, chamada Extremadura, co vento tan forte, non conseguían chegar. Intentábano unha e outra vez, perosen éxito. Estaban asustados e pensando en deixar que o vento os arrastrara ata Marín. Non tiñan forza para remar xa que só tiñan doce anos.
Os rapaces estaban moi asustados e decidiron buscar unha escapatoria, e encontrárona polo xistro. Intentaron ir por alí pero o vento impedíallo.
Volveron intentalo e esta vez, cando xa estaban case ó cabo, entre a forza do vento, que era do suroeste, e as rocha fixéronos retroceder de novo.
Non lle quedaba máis ca deixarse levar polo vento, cando o meu avó deulles forzas para intentalo outra vez.
Estaban xa perto da beira a punto de desembarcaren, cando un tripulante caeu e tiveron que saír axudarlle. O rapaz que caera estábase afogando e chocando contra as rochas. Ó final conseguiron salvalo, pero volveron retroceder de novo.
Os rapaces, extenuados, decidiron esperar a un recalmo do vento que non parecía que ía chegar. Permaneceron no mar dende as sete ata ás once da mañá.
Cando chegou o recalmo foron correndo ó abrigo do xistro. Tras un duro desembarco ataron a gamela e foron cara á praia de Portomaior xunto cos seus pais.
Ó encontrárense cos pais, atopáronos pingando, cansados e mortos de fame, os seus pais ó miralos, botáronlles unha charla.
E así foi unha das historias do meu avó.
Os nenos de antes maduraban moito antes, pois enfrontábanse á dureza da vida aínda moi novos. Agora é distinto, nosos pais protéxennos demais.
A visita da balea.
Patricia Comedeiro Alfaya,1ºC
Historia acontecida hai dezasete anos e contada por Román Ramón Comedeiro Otero
Hai uns dezasete anos Román saíu cara ó Gran Sol,aquela marea estará presente nas súas lembranzas.
Nun día soleado saíu formando parte dunha tripulación de dez homes de Cangas rumbo ós mares do Gran Sol nun barco chamado Giradles,que ía ó bonito con intención de adicarse á pesca artesanal,o curricán.
Esta arte de pesca consistía en dúas varas grandes de eucalipto ou doutros materiais,unha posta a babor e outra a estribor,cada vara levaba catro liñas e na popa,outras catro,as cales se encarnaban das seguintes maneiras:
De maneira artesanal facíase collendo o follaco do millo e peinándoo cun cepillo de alfinetes para desfialo. Este follaco,xa preparado poñíase no anzol. Deste xeito tamén se pode facer con tiras de plásticos de cores peinados co mesmo cepillo. Outra maneira de facelo era mesturando o follaco e os plásticos.
Modernamente úsanse unhas figuriñas de plástico que semellan uns polbos ou calamares,que se colocan no anzol.
Saíron do porto e,chegando a Cabo Home,miraron que había unha forte nortada, e puxéronse ó abrigo da praia de Barra,para poder subir as varas que estaban recollidas na cuberta da embarcación,despois de subilas e armalas coas súas correspondentes liñas preparáronse para iniciar a pesca rumbo ós caladeiros do bonito.
Despois de navegar dous días decidíronse a botar as liñas para pescar.Os primeiros días non picaban os peixes e os mariñeiros estaban aburridos.No séptimo día cambioulle a sorte e xa ían traendo máis peixe para a bodega,polo menos,xa se miraba algo.E así a bodega,ía,cada vez,enchéndose un pouco máis e tendo ós mariñeiros máis contentos.
Os días ían pasando,ata chegar ódécimo,no que se levantou un temporal de mar e vento e tiveron que estar dous días a capa,que consistía en aproarlle a embarcación os mares,e esperar a que estivera mellor tempo,para reanudar a faena.
Parece ser que a raíz do mal tempo a pesca foi mellorando,e a bodega ía cobrando certa alegría, pero houbo un día aburrido no que os mariñeiros estaban deitados na cuberta do barco ó sol,porque os peixes non picaban. De súpeto, escoitouse un resoplido e un mariñeiro medio durmido dicía que debía ser un golfiño,e resulta que o resto da tripulación ó arrimarse ó costado, miraron unha balea tan grande coma o barco, que medía sobre vinte metros de lonxitude. Este acontecemento alegroulles o día, e seguiron pescando xa poñendo rumbo de volta ó porto.
Nos primeiros dous días de regreso houbo moi boa pesca e acabaron de encher a bodega.
Esta foi unha marea moi curiosa, porque miraron unha balea xusto no seu costado, cando normalmente se mantiñan a unha certa distancia.
Que viría buscar a balea tan perto do barco?..
Accidente no mar.
Na miña familia, a
maioría traballan no mar, meu pai aínda traballa e meu avó tamén foi mariñeiro,
aínda que agora está xubilado.
Tanto meu pai coma meu avó tiveron accidentes no barco nalgunha ocasión, pero sempre saíron ben.
Os dous empezaron, a traballar de ben novos, meu avo,de máis novo ca meu pai.Pero o peor dos accidentes que ocorreu na nosa familia foi o do meu bisavó.
El e mais meu avó ían no mesmo barco, non recordamos o nome.
Daquela estaban traballando e non se pode dicir que houbera demasiado mal tempo…El era un bo mariñeiro, os barcos non eran tan grandes nin estaban tan preparados coma os de agora, porque isto pasou hai 40 anos…
O caso foi que cando estaban collendo as redes coa pesca, rompeu un golpe de mar e levou a uns cantos mariñeiros da cuberta e tirounos ó mar, non sei ben cantos caeron…
Algúns foron rescatados, con moitos esforzos por parte da tripulación. Pero non deron atopado o meu bisavó, aínda que o viron varias veces, mais foilles imposible collelo: aparecía e desaparecía entre as ondas do mar.
Unha das veces que apareceu foi a última, xa non volveu á superficie. Buscamos durante bastante tempo pero nunca máis apareceu. Tragouno o mar.
En todos os traballos hai accidentes, pero os do mar quizais sexan os máis tristes
Jorge Resille García 1ºA- Illa de Ons
As gamelas dos nosos avós.
Andrea Novoa Pousa. 1ºB
O que máis me gusta da praia é ver as gamelas descansando na area. A primeira vez que vin unha gamela nin sequera me lembro porque era tan pequena que ía no colo da miña nai. Era a gamela do meu avó Benito.
A gamela era pequena, de madeira de pino e pintada sempre de tres cores que meu avó ía cambiando segundo a el lle parecera. A última vez que vin a gamela era azul verde e branca.
Nela pescaba xurelos, pintos, fanecas, bolos... e todo o que cadrada segundo a época do ano. Viviu toda a vida dese traballo, de mariñeiro pero ningún fillo quixo seguir os seus pasos.Cando deixou de traballar regaloulle a gamela a un sobriño que sempre lla pedíra.
Unha vez contounos que saíu a pescar como tódolos días, pero aquel día, había temporal. Ao principio non lle deu importancia porque xa lle pasara moitas veces e estaba moi acostumado a navegar con mal tempo, mais, todo se complicou cando un dos remos lle caiu ao mar. Daquela non acostumaban a levar salvavídas e non existían os teléfonos móbiles.
Ó principio intentou remar co remo que lle quedaba. Logo intentou chegar á praia e finalmente decidiu tumbarse na gamela para non caer ao mar e esperar ata que o temporal amainara. Apareceu moitas horas despois na praia de Mourisca.
Cada vez hai menos gamelas e mariñeiros de baixura pero é normal, a xente deixa de traballar naquilo que lle supón un perigo.
Ó mellor un día deixamos de poder comer peixe fresco porque as gamelas desaparecen da praia e tampouco haberá quen nos ensine como se pesca, como se coida unha gamela e como se fan as redes.
O sitio onde se facían as gamelas estase convertendo nun museo onde se pode lembrar o pasado dos mariñeiros da nosa vila.
O que non sei é quen nos vai contar as historias que me contaba o meu avó nin sei se alguén porá gamelas na praia para lembrarnos que unha vez fomos mariñeiros.
Cambios meteorolóxicos.
Mauro Álvarez Martínez 2º A
Un día, como outro calquera, do mes de decembro de 1963, un dos barcos máis utilizados para a pesca naquela época, un veleiro, saíu a faenar dende o antigo peirao da praia de Beluso.
O día estaba soleado, moi acondicionado para a pesca, co que esperaban unhas grandes capturas. Cabe destacar que o que principalmente acadaban cos seus anzois eran rabalizas e badexos.
Xa alí, nas aforas da illa de Ons, os dous tripulantes do barco, que eran familia, concretamente cuñados, e veciños de Beluso, dedicáronlle sobre unhas cinco horas á pesca, o que traería como resultado unha boa marea.
Ó vir de volta, a toda vela, de novo cara ó peirao de Beluso, levantouse un temporal fortísimo, no que unha tremenda racha de vento arrastrou a vela, e con ela o barco, que volcou.
Nas súas respectivas casas, esperábase a chegada dos mariñeiros sobre as oito e media da noite. Xa que saíran da casa ás dúas da tarde. Cando eran as nove e media, as mulleres dos tripulantes, que eran irmás, preocupadas, achegáronse ó cabo de Udra, pois o costume naqueles tempos, ó non haber ningún tipo de comunicación a distancia, era facer lume na illa de Ons para indicar que estaba en terra firme. Dende Udra, non viron ningún sinal de fume o que fixo desfalecer as mulleres das súas esperanzas de volver ver ós seus maridos vivos.
Logo de moitos días de búsqueda, non houbo nin rastro tanto desta antiga embarcación nin dos dous mariñeiros.
Por último, cabe mencionar a longa agonía que tiveron que pasar as dúas irmás, mulleres dos dous homes falecidos, ó non saber o paradeiro de dous dos seus seres máis queridos. Non saber se a carne dos seus corpos está comida por algún tipo de peixe no fondo mariño, ou se os seus esqueletos están estampados nunca rocha dalgún penedo ou infinitas hipóteses posibles…
Ás veces o mar non devolve as súas presas e non se volve a saber deles. Sempre é unha gran perda as mortes no mar pero a máis grande tristeza é cando non aparecen os corpos para poder honrar os restos dos seres queridos.
Unha experiencia en Sudáfrica
David Gestido Entenza ,2º A
Esta historia trata sobre o meu pai, Francisco Gestido que xunto cos seus compañeiros, viviron unha experiencia en Namibia (Sudafrica).
Estiveron varias semanas sen poder pescar, e sen gañar diñeiro por mor dos pescadores que habitan alí. Non os deixaban pescar, porque escaseaba o peixe pero ao final todo se resolveu satisfactoriamente.
Todo comezou en Novembro de 2007. Viaxou alí sen sospeitar todo o que naquel lugar lle esperaba. Colleu o avión como facía normalmente para acudir ao seu traballo de Capitán. Como ía el a sospeitar, que os mariñeiros de alí non os deixarian ir pescar?. Pola forza, impedian que os barcos estranxeiros, saíran a faenar o que lle correspondía. Intentaron negociar pero non conseguiron chegar a ningún trato con eles.
Estiveron esperando e esperando, en terra, arredor de catro semanas e non podían volver (descoñezo a razón). Meu pai estaba moi triste e angustiado, porque non sabía canto tempo ía durar todo aquilo, ao final deixaron volver aos compañeiros pero alguen tiña que quedar alí e nomeárono a el e a uns compañeiros xa que eran os que máis tarde chegaran alí permaneceron unhas semanas ata que lles fixeron o relevo, e el e os seus compañeiros puideron volver a Galicia coas súas familias, estiveron negociando e ao final chegaron a un trato. Agora xa pescan con normalidade anque hai escaseza de peixe e o problema vai de mal en peor, se non se controla a captura de peixe no futuro non vai quedar un peixe no mar e as vindeiras xeneracións non van poder vivir do mar e terán moitos problemas.
Unha tarde de pesca.
Elsa Duarte Simoes -1º B
O meu pai, Jose Benito, e o seu curmán Alberto, como querían pasar unha tarde agradable foron pescar.
Era unha tarde de primavera no mes de Abril soleada e con ventos procedentes do noroeste. Saíron coa gamela do tío Checho, pai de Alberto, sen que el o soubera.
As cores da gamela eran as propias do mar e do ceo: branco e azul. Levaba o nome en honor do fillo menor,Eloi.
Partiron dende a praia de Mourisca, rumbo á Illa de Ons.
Pasaron entre o faro do Cabeso e polas pedras das Lobeiras, e máis polo O con de Pejo,que é unha pedra redondeada e nela estaban unhas tres gaivotas e dous galos mariños.
Segundo ía para fóra mirábase a Batería dos soldados e os canóns vellos no medio dos toxos.As ondas e o vento viñan de proa.Tamén se miraba a V que fan os montes de Vilariño e a Pedra do Mel, na praia de Tuia.
Botaron a poutada para fondear a gamela entre Cabo Udra e a Illa de Ons.Como había moito vento e moita oleaxe a poutada non agarraba e a gamela garreaba.Pescaron con majas de Sardiñas.
Colleron: Fanecas, Buraces, Rinchas, Congreos, Carallotes, algunha Pisarreira…
De volta viñeron en popa, máis contentos que cucos e chegaron enseguida.Tiveron que arrastrar a gamela pola area cansadiños como viñan, pero moi contentos.
Montaron os dous con toda a pesca no vespino do meu pai camiño da casa.Cando chegaron fixeron unha cuchipanda cos peixes que pescaro
Unha travesía con mala fortuna.
Pedro Novas Otero 2ºA
Nunha ocasión, o meu avó Fernando, nun vintecatro de 1987, ía navegando con vento fresco de Terranova para Vigo. Nesto empezou a arreciar rapidamente e ás dúas horas xa se estaba formando un temporal.
Aí polas oito da tarde pegoulles un golpe de mar na mura de estribor e o barco colleu tal escora que pensaban que daba a volta, pero rápido volveu ó sitio, aparentemente non pasara nada.
Movéralles aparellos
dun lado para outro, marcháralles unha
balsa de salvamento, entráralles auga do comedor por unha porta, e os
tripulantes que estaban durmindo saíron disparados dos seus catres, con colchón
e todo.
Vistas as
consecuencias puxeron o barco a capear (proa ó vento) ata que o vento lles
revelou cara ó oeste e aí puxeron o vento a popa, pero xa notaban que tiñan que
darlle moitas voltas ó temón para poder dirixir o barco. Ás tres da mañá
quedaron sen poder dirixilo á mercede do temporal,do mar e do vento.
Así estiveron tres días e tres noites, cun temporal durísimo, e sen poder comunicarse cos familiares que xa moi preocupados, conseguiran poñerse en contacto cun barco da empresa para que os fora remolcar ata Vigo. Tardou tres días xa mencionados antes.
No medio desta espera decatáronse de que a carga da entreponte, a consecuencia do forte golpe de mar que recibiran e como non estaba cheo, movérase toda a carga. Tanto foi así que se estragou todo o peixe.
Despois de collelos de remolque o barco da empresa, desenganchouse o cable que os remolcaba ata tres veces e cada vez que isto pasaba era unha odisea para engachalo outra vez.
Cando chegaron á altura de Monteseco, polo norte das Illas Cies, engancháronselles os cables no fondo e rompeu un deles, pensaban que ían ir contra as pedras, pero afortunadamente puideron arranxar a situación.
Despois de todas estas catástrofes, por fin, atracaron sen máis novidades no peirao de Marín a madrugada da noite de reis.
Unha viaxe moi arriscada.
Ángela López Ferradás 1º A
Ala polo ano 1997,o meu avo José, foi pescar á Illa de Ons.
Meu avó tiña que ir só,porque a dorna era moi pequena,e só tiña sitio para un.
Ía sempre pescar detrás da Illa de Ons, porque el dixome que alí había moitos peixes.
O ceo estaba moi claro,sen ningunha nube e o mar en calma.
Botou as nasas á auga.Empezou a coller os polvos coas nasa ,e cun bicheiro colleu os congros.Cando xa collera dous polbos e un congro,o ceo cubriuse.Estaba cheo de nubes brancas,grises e negras.
De alí a uns minutos empezou a chover moi, moi forte, e o mar púxose rizo.
As ondas eran enormes,case de catro metros.
Meu avó intentou saír de alí.Foi remando como puido,fixo un gran esforzo por intentar saír daquel mar tan perigoso pero non puido.
Percorreu toda a illa por detrás, intentaba poder chegar á praia máis próxima.Así o fixo.Foi remando cara Melide.Xa que era a praia que lle quedaba mais cerca.
Na praia estivo mais dunha hora intentando respirar ben fondo.
Cando xa se viu en condicions de sair rumbo cara a Bueu fíxoo.
El sempre me di “A un mariñeiro,ningún mar o detén”
Eu creo que é certo.
Unha viaxe movidiña.
Martín
Cabaleiro Davila 1º A
Esta historia contouma meu tío, que traballa nun barco de pesca de altura.
Hai xa uns anos, saíron coma sempre do porto directos cara ó Gran Sol. Había un tempo agradable, e lucía o sol no ceo. Non houbo ningún problema na saída, e por alá xa cerca do Gran Sol comezábase a notar unha brisiña agradable.Ó día seguinte, o tempo xa non era igual, chovía a cántaros e ía moitísimo frío.
O meu tío é cociñeiro, e coma de costume estaba na cociña preparando a comida.De pronto, comezou a trinar, e as fortes ondas empezaron a menear o barco. A oleaxe fíxose tan forte que todo o mundo pensaba ,que ían ir a pique, pois o barco metíase entre as ondas coma se fose unha casca de noz.
Con tanto movemento toda a comida caeu ó chan,e o meu tío con ela.Ó caer ó chan,fíxoo con tal forza que , meu tío deu un forte golpe na cabeza.
Pola noite,apenas puideron durmir.Todos tiñan que estar cos xeonllos fincados no catre, ``que son as camas do barco´´, e non puideron pegar ollo.
Á mañá seguinte, todo volveu á normalidade, o sol volveu lucir no ceo, e todo o mundo volveu ós seus postos de traballo.
Estos son sustos propios da vida dos mariñeiros.
Uns días de moito medo.
Ana Mª Otero González 1º A
Hai cinco anos aproximadamente o meu pai que se chama Luis ocorreulle no mar unha mala experiencia.
Era un día de moita néboa co ceo moi mesto e xa chovendo e tronando.
Meu pai estaba no barco onde travallaba cos seus compañeiros case todos os días.Meu pai e os compañeiros , mentres botaban as redes ó mar , falaban do tempo que facía que era moi malo e que con ese tempo era moi difícil traballar e que polo tanto, non ían pescar nada . Pero como o patrón era o que mandaban tiñan que ir ó mar , e , xa se sabe,onde hai patrón , non manda mariñeiro.
De súpeto ocorreu o que menos esperaban todos , o alador enganchara á man do meu pai e colléralle o dedo . De seguido decidiron poñer rumbo cara á casa .
Cando viñan de volta para levar o meu pai ó Centro de Saude , como facía moi mal día , de pronto, deron nun lado cunha pedra e fíxeron unha brecha moi grande nun lateral. No barco empezou a entrar auga e os mariñeiros andaban a achicar a auga para que o barco non fora a pique .
O patrón daba senais de onde estaban polo aparato que tiñan no camarote. De alí a pouco, chegaron auxilialos. Cando chegaron e os rescataron miña nailevou o meu pai ó hospital para que lle atenderan o dedo.
Ó final tivéronlle que sacar a metade do dedo porque non servía para encanarllo.
Agora meu pai xa se acostumou ó dedo e agora é moi feliz.
O mar ás veces lévanos vidas, esta vez só foi un dedo, pero meu pai aquí quedou para contalo.
Unha pesca de altura.
Uxía Pastoriza Portela 1ºC
Cando meu pai chegou do mar xa hai algún tempo, contoume unha historia que lles pasara no barco e que agora vou contar aquí.
Na primavera do ano 2006 meu pai despedíase de nós no aeroporto de Vigo para comezar unha pesada viaxe de varias horas con destino a Uruguay. Alí embarcarían a bordo do barco no que pasaría unha marea de sete meses.
Xa pasaran varios longos meses cando, durante un día de frío e chuvia, mentres recollían a rede cunha enorme máquina, a tripulación deuse conta que non só eran peixes o que pescaran senón que entre o aparello tamén había unha pequeniña foca. Era moi bonita pero estaba moi asustada pois quedara atrapada na rede.
Ao enterarse, un amigo de meu pai chamado Salvador, foi buscar a videocámara para gravar aquel acontecemento tan tenro, e logo poder ensinala a todo o mundo. Despois de ter pousada a rede na cuberta do barco, a foquiña non paraba de moverse e os mariñeiros non sabían que facer porque tiñan medo de ferila. Pero ó final entre todos conseguiron quitala con moito coidado da rede logo duns anguriosos minutos. Cando por fin puideron devolvela ao mar aquela foca só tiña unhas pequenas rabuñaduras que se fixera ela mesma ao rascarse coa rede. Pero a pesar diso estaban contentos porque conseguira sobrevivir.
Cando acabou a marea e chegaron todos á casa, meu pai tiña unha copia en CD do que gravara o seu amigo Salvador sobre a foca. O que máis me impresionou do video foi ver a meu pai e a todos os demáis cunha barba de varios meses sen afeitar. Aínda que case non puiden velo xa que non lle gusta que o graven igual que a min.
Vinte quilos monstruosos.
Iria Piedras Gómez 1º B
Eran as dez e media da mañá dun sete de marzo do 1993 e o grallar das gaibotas resoaba por todo o Gamba, un pequeno barco pesqueiro. Manuel, seguindo as ordes do seu capitan Juan ,estaba subindo as nasas e os tramillos cando, de súpeto, nun dos tramillos dibuxouse a silueta dun gran ser tentaculoso que intentaba saír daquela rede. Rapidamente Manuel colleu un fungueiro pequeno e intentou cravarllo no pequeno oco que tiña como boca, pero xa era demasiado tarde…
O polbo xigante saíra do tramillo e acercábase lentamente cara á borda… Antes de que o polbo fuxise ,os mariñeiros, ben armados acorralárono contra unhas vellas redes rotas que había ó lado da ponte de mandos, pero o polbo rebelouse, rompeu todos os fungueiros pequenos e agarrou a un dos homes polo pé e estampouno cara á varanda.
Manuel cos seus dezanove anos e con eles moita axilidade, colleu unha nasa e deulle un golpe na cabeza ao polbo. Despois foron a terra acabar de matar aquel grande ser e pesalo. Pesou 20kg e cando o mataron soltou tanta tinta que a lonxa quedou totalmente negra. O home ao que o polbo empurrara resultou ter o nariz roto.
Aquel día os mariñeiros do Gamba gañaron moito diñeiro xa que un fino restaurante Pontevedrés comprou o polbo para unha gran cea de empresarios. Aquela historia quedou grabada no corazón de Manuel durante toda a súa vida e aquela historia foi pasada de pai a fillo e de fillo ás netas e foi así como chegou ós meus oídos esta emocionante historia.
Contoume meu pai que no último gran temporal que houbo, alá a principios do ano 2007...
Era un día no que resultaba moi difícil navegar polo Mar Cantábrico.
O Cervantes ía cargadoo de coches.
A pesar de que o día non era demasiado agradable pasabas ben. Pero sen saber como o ceo púxose dunha cor escura, as ondas aumentaron de tamaño, unha chuvia alucinante e unha bruma moi mesta cubriu o barco e produciuse unha maruxía tremenda.
O barco tiña tres motores. De repente parouse de oír o ruído habitual do barcco e decatáronse de que un dos motores se parara. De alí a unhas cantas horas o outro motor tamén se parou. Afortunadamente todos os maquinistas ínter virón a tempo e procuraron que o outro motor non se parase.
Ó ser tan grande, o barco, escorou e todo o peso fóiselle cara ó lado onde se atopaba o único motor que conseguiran deixar acendido. Este non puido con toda a carga e o barco case se vai á deriva.
Os coches atopábanse nunhas bodegas amarradas con trincaxes e ó faceren forza cara ó lado no que o barco ía á deriva, as trincaxes cederon e pouco a pouco comenzaron a romper máis e máis.
Os mariñeiros que querían salvar a carga, ó querer suxeitar os coches caeron nas bodegas e feríronse.
Algúns con feridas graves e profundas. Un rompeu as costelas e unha perna e outro caeu e deu un gran golpe na cabeza e quedou incosciente. Por sorte só foron dous os feridos graves.
O cociñeiro non puido facerlles a comida ós mariñeiros porque os utensilios da cociña podían golpealos, dado que as ondas movían o barco.
Pásarono moi mal porque tiñan que comer comidas frías, como bocadillosou latas.
Tivo que ir un remolcador a remolcalos ata o porto máis cercano. Alí pararon uns días ata que lle arranxaron os motores.
Foron tres días de eterna amargura.
Vólvese o mar en calma contra meu avó.
Adolfo Buceta 1ºA
Esta historia ocorrelle ó meu avó, un día hai moito tempo.
Aquel día saíu ás cinco da tarde ó mar a botar as nasas, despois veuse para á casa mentras as nasas facían o seu traballo.
O mar estaba moi calmo, case sen ondas nin vento.
Voltou á praia recoller as nasas, cando xa era hora, pero cando chegou, sucedeu un problema:
Estaba a levantar as nasas cando veu unha onda e envolveu a chalana, tirándoo contra unha pedra cercana. Tirouse ó mar, amarroulle unhas garrafas e boias para que o barco non fora ó fondo ,e foi nadando cento cincuenta metros ata a praia dende onde saíra chegando espído ,triste, descalzo...E tamén con todos os pés cheos de cortes ,rabuñazos … mais, tiña que recuperar todo o que tiña no mar.
Colleu outro barco, outra chalana, sen remos,pois só tiña un e roto, e bogou ata poder chegar ata onde estaban as nasas e a chalana do naufraxio pero a súa chalana tiña unha brecha feita polo choque coas rochas cercanas. .
Como puido amarrou a súa chalana á do naufraxio e bogou ata poder chegar á praia que estaba a cento cincuenta metros, cun so remo,e roto tardou catro horas cando se soía tardar media hora aproximadamente.
Así foi, chegou á praia ,barou o barco na area e marchou para á casa, descalzo, espido, e moi mollado.
Á mañá seguinte foi comprobar os danos do barco,e resulta que,por sorte podíase arranxar,pero non así o motor,"non evolucionados naquel momento" así que dende aquela tiña que ir a remos a todos os lugares.
Despois de amañar a brecha,foi á pedra onde deixara a roupa.
Agora aquel lugar está cheo de recordos para el e para toda a familia que coñece a historia, incluso para min. Por sorte todo quedou nunha historia, unha historia, que agora pode contar grazas a Deu
Un milagro no mar.
Flavia Marina Vidal Cordasco 2ºA
Esta é a historia dun patron de barco. Era un home que, como todos os outonos, ía polo Océano Glaciar Ártico, un mar moi frío.
Unha tarde normal toda a tripulación estaba pescando ,e, de súpeto,chegou unha forte tormenta,todos se dispuxeron a loitar para salvar o barco. Unha especie de tornado tiña o mar moi revolto,e os homes cando se percataron de todo iso,empezaron a recoller as redes e todo o demais,pero un deles caeu ó mar. A tripulación seguiu loitando contra a tormenta ata que amainou.
Cando pasou a tormenta todos empezarona buscar o home ,pero como non o atopaban,pensaron que caera ao mar e dérono por morto.
Neste lugar había moitas focas,que ó ver o home,varias delas,collérono e levantárono para que non morrera conxelado.
Toda a tripulación,moi abraiados viron aquello e unha vez que recolleron o home,viron que estaba vivoe quedaron abraiadísimos.Máis tarde as focas marcharon .Aquel home, dende ese día decidiu non matar,nin ferir a ningunha foca nin ningún animal,xa que aqueles animaliños lle salvaran a VIDA.
Esta historia contouma meu tío e sucedéralle a un home que xa é moi vello e que ao longo da súa vida tivo moitísimas aventuras no mar, pero ninguna coma esta. Este home dende ese momento respecta a todos os animais.
Aínda que a intención das focas non fora salvarlle a vida, o resultado foi que salvou a vida polo xogo que estes animais se trouxeron con aquel home.
Días negros na vida do mariñeiro.
Ángela María Rey Franco 1ºC
Contoume o meu pai os peores días da súa vida de mariñeiro.
Andando embarcado nos bacalladeiros, que faenaban en Terranova, Groelandia e Noruega, tivo un accidente, el e dous compañeiros máis. Cando estaba facendo a manobra de meter o aparello, rompeu un elemento do aparello, e a el e a outro compañeiro, tirounos contra o costado do barco, peronon quedou aí a cousa,senón que a un terceiro mariñeiro tirouno ó mar, sen que puideran salvarlle a vida aínda que lle botaron cabos e mais salvavidas, pero como había moitas correntes e a auga estaba moi fría en poucos minutos desapareceu.
É un dos accidentes do que a meu pai non lle gusta falar porque foi un dos momentos máis duros da súa vida, perder un compañeiro que ademais eran amigos.
Despois deste accidente só foi dúas mareas nos barcos de altura.
Quedouse aquí e mercou o primeiro barco que tivo, que se chamaba “FRAN”. Nesta embarcación, por sorte, non tivo accidente ningún. Pasados uns anos mercou outro chamado “A XESTA” . Neste tivo o seu primeiro accidente cando, por meterse un cabo na hélice ,o vento botounos ás rochas e despois de andar a tombos contra as rochas, conseguiron salvar o barco e saír vivos, e ,pasado certo tempo,repetiuse a mesma historia, mercou outro máis grande, chamado “REY CENDON”.
Tamén certo día que estaban faenando a nasa de polbo, cando viñan xa para terra, afundíronse cerca do FARO DO CABEZO DA MOURISCA. Avisaron por radio e foron rescatados rapidamente, por sorte tamén desta saíron vivos.
Ante tanta dureza do mar,tamén lle preguntei: despois de todo o que pasaches como segues sendo mariñeiro?
El díxome que naceu en familia de mariñeiros e é o mellor que sabe facer.
Os mariñeiros están apegados ao mar que ás veces trátaos ben, dálles de comer e outras é traidor, pero mar e mariñeiros están sempre unidos
Dous relatos e unha traxedia.
Sheila Dios Martínez 1º A
Vouvos contar dous relatos que me contou me bisavó Benito.
Contoume meu bisavó Benito que aí polo ano 1966 cando ían ó Gran Sol, un día, máis ben unha noite, serían sobre as doce da noite, estaba meu bisavó a largar o aparello e había moito norte, daquela el e outro compañeiro estaban facendo a manobra , de súpeto, meu bisavó fixo intención de escapar do mar, porque viña unha grande onda que ó subir para riba do gardacalores, veu un golpe de mar e deulle por babor. De seguido veu unha segunda onda e como non tiña nada a que agarrarse, por desgraza, caeu ó mar.
O compañeiro que estaba con el pegou un agudo berro: ”home ó mar”, mentres, el quedaba a vinte ou trinta metros atrás, porque o barco seguía o seu rumbo, de pronto, o contramestre que oíu “home ó mar”, freou o carretel en seco.Con esta manobra a malleta colleu ó meu bisavó polo peito, O bisavó colleu a malleta coa man e palmeouse por ela e cando se deron conta xa estaba no barco ,todos , moi ledos, axudárono a subir.
Despois do susto el mesmo foise mudar de roupa porque estaba moi mollado. Unha vez que se mudou volveu incorporarse ó traballo de novo, procurando que non lle pasara o mesmo.
A súa salvación foi, grazas a Deus, a malleta, porque se non quedaría perdido polo mar xa que non o verían dado que era noite pechada.
Para meu bisavó foi unha situación inolvidable, aínda que non se asustou moito porque é un home moi valente, de alí en diante procurará ter máis coidado. O mar precisa de cen pares de ollos para librarse del.
Tamén me contou meu bisavó, que alá polo ano 1967, unha vez, estando traballando, precisamente metendo o aparello a bordo, estaba un mariñeiro no muñón de estribor co panteón para meter o aparello, entón o panteón montou e el foi desmontalo coa man, na que tiña unha luva, de súpeto detrás da luva foi o corpo do mariñeiro, deulle tres ou catro voltas a aquel mariñeiro contra a cuberta do barco, o que fixo que se puxera en moi mal estado. Aínda que o colleron con vida, faleceu no barco, logo botáronlle xeo para que non se descompuxese e levárono a Terra, e unha vez en Terra fixéronlle a autopsia.
Ás veces a morte é o prezo que se cobra o mar por todo o que o mar lles dá aos mariñeiros. Ao que lle toca e ás súas familias rómpelles a vida e os compañeiros que ven de preto esta traxedia, xa non se esquecerán dela e mais temerán cada vez máis ao mar.
Encallados na Loba.
Nadir Simes Méndez 1º B
Cando lle pedín a meu pai que me contara unha historia de mariñeiros, el, despois de pensar un pouco, comezou a contarme esta:
Era unha noite de verán e estaban pescando preto da illa de Ons. O patrón, que era meu pai, sempre axudaba os mariñeiros cos labores da pesca.
Aquel día estaba axudándoos coma sempre e, mentres o facía, non controlaba o barco. Este chamábase “O Merexo”.
De súpeto oíron un son estridente, o barco acababa de encallar na Loba, unha rocha da illa de Ons que está entre Onza e Ons. Cando pasou isto, cundiu o pánico entre os mariñeiros, pois non se vía nin se sabía contra que encallaran. Para poder ver a situación, apagaron as luces e observaron como estaban encallados, daquela comenzou a entrar auga e aínda se asustaron máis do que estaban.
Grazas a que ese día a corrente era forte, puideron saír de alí. Pero aínda tiñan outro problema que arranxar, pois seguía entrando moita auga. Un dos mariñeiros suxeriu ir a un lugar próximo, pero meu pai quería chegar a porto e non quixo, polo que puxeron rumbo a Bueu. Conseguiron chegar grazas a que coas bombas de achique foron capaces de mantelo a flote. Ao chegar estaban cansos pero aínda quedaba outra urxencia que era varar o barco. Varárono e comprobaron os danos: o casco tiña unha fenda por onde entrara a auga, aínda que esta non fora moi grave. Procederon á súa reparación que durou varias semanas durante as que meu pai mais os mariñeiros non puideron saír ó mar.
Esta historia ocorreu hai uns nove anos e os que daquela ían a bordo do Merexo non se esquecerán de recordala e levarana presente sempre que pasen pola Loba.
Golpe de mar.
Óscar Martínez Parada 1º A
Esta é unha historia que me contou meu pai e eu vóuvola contar a vós: Naquel día saíron ás tres da mañá do porto de Marín,rumbo ós caladeiros Portugueses, que eran ricos en bo peixe: cigalas, peixe sapo, pescada e moitas máis variedades.
Navegaban rumbo ó sur e ían vendo todas as luces das dúas beiras da ría, parecían lucecús. Cantas máis veces saía e entraba na ría pola noite, quedaba máis impresionado porque sabía que ao día seguinte só vería o sol e o mar. Era unha ruta de dez horas. Ían poñendo os aparellos e os cables a punto.
A ruta íase facendo sen novidade ata que os partes meterelóxicos deron unha borrasca moi grande. Empezaran a pescar ó día seguinte,normalmente e con boa pesca. Mais, ó atardecer o mar foise picando moi depresa. Pasaban as horas e o vento xunto co mar viñan cunha enorme forza, cada vez máis bravo e salvaxe, decidiron levantar o aparello pois así non podían traballar.
Era moi difícil traballar con aquel mar e tampouco podían voltar pois estaban a cen millas da costa. Pouco a pouco foron metendo o aparello ó tempo que oían o vento que coa forza que levaba parecía que viñan os paus abaixo. Cada vez que miraban para o mar,vían aquelas ondas xigantescas que parecían que os ían engulir. A borrasca era de forza de dez a once, con vento Norte e o barómetro baixaba máis.
Puxeron o barco a capa é decir, pouco a pouco coa proa ó vento e todas as escotillas cerradas e os aparellos ben amarrados. O termómetro cada vez baixaba máis, iso indicaba que habería máis temporal e o barco deslizábase coma unha pomba, coas ondas xigantes, xa era moi mariñeiro e como confiaban nel... pois tiñan pasado centos de temporais como aquel.
Ás oito da mañá do día seguinte empeorou e con tan mala fortuna que un golpe de mar entrou dentro do barco. Foi terrible, rompeu todos os cristais e portas da ponte e as telefonías. A auga,abaixo,nos camarotes, chegoulles máis arriba dos xeonllos. A forza da auga retorceu os ferros como simples pauciños.
Ó motor, por sorte, non lle chegou, se non agora non me estarían contando esta historia.
Puxeron rumbo de novo cara a Marín tres días despois de partir, cun barco estragado e unha tripulación asustada por un golpe de mar.
Esta foi a marea máis curta que fixo meu pai e tamén da que máis asustado chegou en todos os seus longos anos de mariñeiro.
Naufraxio do Kaiser I
Daniel Iglesias Solla1ºB
Esta é unha anécdota contada por un vello mariñeiro, con moitas escamas no seu corpo
e xa máis salado que dulce, porque naqueles tempos comenzábase a andar ao mar con
oito anos de idade para axudar a levar un anaco de pan á casa. Alá polos anos 80, cando
aínda os pequenos barcos do Morrazo se adicaban á pesca co arrastre polas rías de Pontevedra e Vigo, os chamados vaqueras adicábanse a pesca cun arte denominado “vaca” que consistía en arrastrar polo fondo do mar un aparello que levaba unhas portas diante deste, para conseguir armalo e así pescar diversas especies mariñas, entre elas: fanecas, pescadas, polbos, escachos, etc.
O conto, é que un mércores 14 de febreiro, cando o día estaba abrindo os ollos,
serían as sete da mañanciña, cando dous barcos ían arrastrando pola bocana sur da ría ,un deles chamado CAISER 1, afundiu dunha peculiar maneira.
O que ía detrás decatouse que o barco de adiante desaparecera, como se o tragase o mar sen máis.
Naqueles tempos os barcos estes pequenos carecían de adiantos entre outras cousas
só tiñan un aparato de radio de pouca distancia chamado chivato, e o patron do barco traseiro chamou polo CAISER I sen recibir resposta algunha.
Pasaba xa algo máis de media hora que desaparecera, e un mariñeiro que estaba na proa
do barco mirando ao mar, por se avistaba o barco que faltaba mirou unha mancha de gasoil
bastante grande e dixolle ao patron:
-José, creo que o CAISER I afundiu e está soltando o gasoil á superficie.
Coa misma empezaron a buscar aos mariñeiros, pero non atoparon a ninguén.
Soamente puideron recoller do mar unhos garrafos e uns catro ou cinco cravos de meter o peixe
co nome do barco afundido. Seguiron buscando xa medios desesperados, ata que outro compañeiro avisou polo chivatoque a tripulacion do CAISER I chegou a nado á praia de SAMIL todos sans e salvos, aínda que moi cansos e asustados.
Segundo se puido saber o CAISER I ía ao arrastre, enganchóuselle o aparello nun obxecto de abaixo do mar, e o cabo que ía amarrado no barco tirando do aparello corréuselle a unha banda, e o barco deu volta nun pechar e abrir de ollos.
A tripulación atopábase elaborando o peixe na cuberta do barco, polo que saíron todos a flote e nadaron todos xuntos ata a praia de Samil.
As condicións metereolóxicas eran boas, e todos os tripulantes eran novos e bastante bos nadadores, de non ser así outro galo cantaría.
O gran susto dos dous irmáns.
Daniel Piñeiro Ferradás -1º A
Meu avó e seu irmán, eran antes de xubilarse, dous mariscadores a molinete en Bueu. Traballaban nunhas gamelas pequenas a remos.
Hai uns dez anos sufriron un gran susto a bordo das súas gamelas. Un día , como outro calquera, os dous irmáns dirixíronse á praia de Beluso, onde tiñan as gamelas, colléronas, e saíron cara á Banda da Río, que era onde mariscaban normalmente. Traballaron toda a mañá, pero de repente comezaron a mirarse nubes no ceo, parecía que o tempo ía empeorar.
Os dous irmáns, Moncho e Pepe, que así se chamaban comezaron a falar:
- Pepe estas nubes non che me gustan nada.
- Tes razón, a min tampouco.
- Esperaremos un pouco a ver que pasa? – preguntou Moncho.
- Vale- respondeu Pepe.
Esta foi unha mala decisión, pois de pronto cambiou todo, comezou a ventar e chover con forza, as ondas, facíanse cada vez máis grandes, as gamelas chocaban entre elas parecendo que ían romper.
Os irmáns, que eran moi decididos e confiados, pois levaban case dende nenos neste traballo, comezaban a asustarse.
Colleron o rastre e o rizón do mar e puxéronse a remar con forza cara á Praia de Beluso, pero as ondas levábanos cara ás rochas, xa estaban mirando cando ían chocar contra elas. Suaban moito pero eles non se daban por vencidos.Xa moi cansos crían que ían naufragar e morrer durante o naufraxio.
De repente o
tempo comezou a amainar un pouco, os dous irmáns conseguiron chegar á praia
sans e salvos,só fora un gran susto, botaron as gamelas na area e caeron
rendidos no chan, ó recuperarse un pouco déronse conta de que lle caeran todas
as ameixas ó mar.Marcharon moi tristes para a casa,pois era un día sen gañar
nin unha peseta.
As mulleres e os fillos, estaban xa preocupados porque
tardaban máis do normal.Cando chegaron Moncho e Pepe quedaron todos ledos.
Gañar o día, non gañaron pero gañaron algo máis importante: Salvaron a vida.
O María Teresa Rodríguez.
Raquel Iglesias Regueira- 2ºA
Un día calquera (non se sabe a data porque os malos momentos trátanse de esquecer) un home chamado Xosé Iglesias García, saía do porto de Marín, no barco co nome de “María Teresa Rodríguez” da empresa: “Nores González” e rumbo cara Dakar (África). Foi unha ruta tranquila durante os oito días que tardaron en chegar ás augas de traballo.
Postos no destino de traballo, botaron a arte (o aparello) á auga e aproximadamente ás dúas horas puxéronse a virar para meter a arte a bordo. Comprobaron que traballaba ben, polo que volveron botalo á auga. Despois de media hora aproximadamente, miraron que o barco escoraba cara un lado. Ao principio non lle deron moita importancia, posto que segundo as correntes e coa arte no fondo, hai que deixar unha diferencia da canle, babor (esquerda) ou estribor (dereita) e motivado por esas correntes e á diferencia da canle, o barco soe inclinarse cara unha banda ou cara outra.
Pero despois dun tempo transcorrido e comprobar que o barco se inclinaba máis do normal empezaron a sacar conclusións de que algo non ía ben.Como estaban nos camarotes, decidiron saír deles para ir comprobar que era o que pasaba.
A sorpresa foi enorme, pois a bodega, estaba completamente anegada con 20 ou 30 centímetros de auga . Polo que subiron rapidamente a cuberta. Chegados a cuberta, todos estaban desorientados, pois, non sabían o que ocorría.
Empezaron a moverse dun lado para outro, buscando por onde entraba dita auga.Visto que non miraban por onde se filtraba a auga, puxéronse a cambiar todo o material pesado para o outro costado.
Máis tarde como vían que non lograban endereitar o barco, despois de cambiar todo o pesado fixeron as manobras correspondentes de salvamento, botando as balsas salvavidas á auga, recollendo as mantas e algúns obxectos persoais, que practicamente non foron ningúns, pois o medo e o nerviosismo non os deixaban pensar con claridade. Así que o único que realmente se recolleu foron seis mantas que eran as que estaban máis á man, e a documentación que estaba na ponte de mando.
Mentres estiveron facendo todo isto, o capitán do buque xa fixera a correspondente chamada de socorro. Coa mesma, despois de teren recibido bastantes respostas dos buques que estaban traballando na zona, abandonaron o barco e subiron ás balsas de salvamento. Estando xa nas balsas, lanzaron dúas bengalas para sinalar a súa posición.
Aos 20 minutos aproximadamente de abandonar o barco todos, co que tiñan posto, recolleunos un barco de pesca. A partires de estar xa a salvo, en dito barco ao cal agradeceron de todo corazón o recibimento e as atención que lles prestaron, polo cal repite que dá grazas, veu recollelos o buque hospital “Esperanza do mar” . Xa acomodados en dito barco e despois de recibir todo tipo de atención médica ,por se alguén tiña algún golpe ou algún problema e ser atendidos correctamente, leváronos ás Palmas de Gran Canaria, onde xa a compañía armadora e os familiares que estaban enterados dos feitos os trasladaron á casa coas súas familias.
Só lle pide ós que oen isto que aquí relata, que conste que se algunha vez, por algún motivo, teñen a desgraza de que isto lles ocorra, que conteñan a calma, pois os nervios e a desesperación fan que as cousas sempre saian mal.
Grazas á súa tranquilidade, compañeirismo e cooperación, conseguiron todos salvar as súas vidas.
Agora con ocasión deste relato, chama a atención dos mozos:
Mozos, estudade, e o máis bonito: o mar para os peixes.
Vós, sempre xuntos cos seres queridos.
O sufrimento no mar.
Miquel Ángel Piñeiro 1ºA
Esta historia aconteceu hai xa moitísimos anos. É unha historia que lle aconteceu ao meu avó, que se chamaba Emilio e a uns cantos amigos del e a outros que non o eran tanto.
Aconteceu moi lonxe de aquí, ocorrera por África. Eles foran nun barco que era bastante grande. No barco tiñan bastantes provisións e moitísima roupa xa que botarían no mar moitísimos meses.
Cando marcharan, todos os tripulantes do barco estaban bastante tristes porque botaban de menos a súa familia. Despois de pasar dous meses no mar todos os que ían no barco sempre o pasaban ben pois o tempo que facía, tanto polo día como pola noite era bastante bo. O mar sempre estaba calmado e non tiñan ningún problema e á parte fixeran unha boa collida de peixe...
Despois de aquela bonanza unha noite todos os homes foran durmir tranquilos e non esperaban que se acercara unha tormenta tremenda.
Xusto cando xa estaban todos durmidos ,empezou a soprar moitísimo vento e tamén empezara a chover. A chuvia era moi forte e por iso o barco empezou a moverse pois as ondas eran bastante grandes e bastante fortes. Todos empezaron a marearse o mesmo que lle pasaron aos tripulantes.
Un dos homes que había no barco movíase de tal maneira que chegou a caer do barco. Todos os homes inmediatamente foron coller os botes para ir rescatar o home. Estiveron moitísimo tempo buscándoo pero non o encontraron, eles non se daban por vencidos seguían e seguían, pero nada, que non había rasto do home. Logo seguiron buscándoo no barco a ver se o miraban pero sen resultado, ata que o meu avó mirou unha gran rocha, e alí estaba o home, rápidamente foron a recollelo.
O home estaba sen feridas pero bastante cansado de loitar contra as ondas para alcanzar a rocha e salvar a vida.
Despois de vivir o pesadelo e de pasar aquilo, aínda pasaron uns cantos meses para voltar á casa. Xa na casa contáronlle o ocorrido á súa familia que levaron un susto de morte, mais , naquela ocasión o home salvouse e puido contar á familia e ós amigos o que sufriu no mar naquela ocasión. Son só aventuras de mariñeiros, sempre que o poidan contar.
Perigo no mar e nacemento na terra.
Irene Cabanelas Meira 2ºA
Protagonista: Ramón Bastón Ferradás.
Nome do barco: Manuel Planas.
Era pleno inverno do ano 1982. O meu tío estaba no mar e as previsións meteorolóxicas daban mal tempo para as próximas horas. Cando estaban arriando as redes tiveron a mala sorte de que a rede enganchouse na hélice. O primeiro que hai que facer nestes casos é chamar os barcos máis próximos para que veñan axudar. O barco que foi axudar ao meu tío foi o”Asunción Rivero”. Con moito coidado prepararon o remolque para dirixirse ao peirao que estaba máis perto, era un peirao Da Coruña. A distancia dende o lugar do pequeno incidente ata A Coruña eran unhas 520 millas e ademáis ían a moi pouca velocidade. Debido o mal tempo tiveron que ir amodiño porque co temporal era moi fácil de que o remolque rompese, cousa que ó final pasou unhas cinco ou seis veces.
As previsións meteorolóxicas seguían sendo malas para ese día. O vento tiña unha velocidade de 10 a 11Km/h. Era unha ruta que levaba máis ou menos 3 días pero cando meu tío divisou o peirao Da Coruña deuse de conta de que xa levaban 8 días.
Un barco que se dirixía ó Gran Sol deulle unha gran noticia ó meu tío de parte da súa muller, a miña tía Isabel. O meu tío acababa de ser pai dun neno, chamado Rubén Bastón Meira, que agora mesmo no ano 2008 ten 25 anos e traballa en Vigo. Meu tío estaba moi feliz pola gran noticia pero atemorizado polo grave temporal.
En vista do mal tempo pediron axuda pola telefonía e o VHF (aparellos de transmisión). Pero a contestación dos de tráfico marítimo Da Coruña foi, que os remolcadores non podían saír ó mar porque había moi mal tempo.
Cando xa estaban case no peirao Da Coruña, o temporal tiraba ó “Manuel Planas”contra as rochas. O temporal era tan forte que tiveron que arrincar as portas de arraste coa intención de que lles fixera firmes no fondo. Pero era imposible, rompeu todo. Tiñan a intención de arriar os botes salvavidas, cando como último intento, o patrón do outro barco tiroulles un cabo para ver se eran capaces de volver e poñer o remolque para estar fóra de perigo.
Mentres tanto o meu tío continuaba pedindo axuda por todos os aparellos do barco pero todos daban a mesma resposta, que era imposible saír para axudalos debido ó mal tempo que facía.
Así que deron o remolque, ó “Asunción Rivero”, foi sacando o “Manuel Planas” do perigo. Despois de 4 ou 5 horas, xa en pleno día, aparece o remolcador do porto Da Coruña a punta salinas (cando xa non era necesario). E por culpa do mal tempo e sobre todo dos remolcadores, o meu tío case non chega para coñecer o seu fillo.
Ó final foron parar ó peirao de Ferrol grazas ó “Asunción Rivero”. Pero o “Manuel Planas” sufrira moitos danos graves. Cando chegou á casa todos estaban moi contentos porque meu tío chegara san e salvo.
POR POUQUIÑO
Idoya Cancelas León,1ºA
Transcorría o ano 1.972 cando o meu pai, un novo mariñeiro moi valente, andaba á pesca do bonito, en Vigo. Embarcara nun barco chamado Maracaibo.
Todo ía ben polo momento, pero o gran problema xurdiu na segunda marea...
Tocáralles un temporal moi forte que lle rompera ó barco os aparellos, que consisten en catro varas de eucalipto, dúas máis grandes cás outras, que é onde van os liños dos anzois. Meu pai díxome que recordaba unhas ondas enormes. Chegáballes a auga ó cuarto onde durmían. A auga entraba pola proa e rebotaba o meu pai na popa.
Aquel día pensaban que se lles ía a pique o barco, que se afundía.
Saíron todos da cama e puxéronse a rezar, cada un encomendáballe a súa pregaria á Virxe do Carme. O meu pai dicía:
“Meu deus, que lonxe veño morrer sen ver os meus pais e amigos. Vou morrer nunha casca de noz (pois o barco tiña dezaoito metros de eslora)” neste momento recordaba as sabias ensinanzas que e dera o seu pai sobre o mar antes de embarcar.
A auga entraba e saía daquel camarote. Eles non saían nin para comer, nin para outras necesidades, como asearse, porque daba verdadeiro medo ver aquelas enormes ondas.
Así estiveron un día enteiro metidos alí dentro.
Os seis que ocupaban o cuarto, ó día seguinte atrevéronse a sair porque xa o mar se fora calmando, pouco a pouco.
Tiveron que facer aparellos novos para continuar a pesca pois aquel temporal deixáraos todos estragados.
O meu pai non recordaba nunca na súa longa vida ver o mar tan enfurecido.
O mar é moi bonito... cando está en calma.
Reflexións dun mariñeiro.
Pablo Alonso Santos-1ºB
Pedinlle a meu pai que me contara algo sobre a vida no mar. El púxose a pensar en alto sobre a vida dos mariñeiros...
Ser mariñeiro é un dos traballos maís duros que hai nestes tempos.
O mariñeiro ten que traballar cando hai mal tempo,chova,xee ou te abafes de calor.
Eses homes duros e fortes,os mariñeiros, traballan máís das horas permitidas pola lei.
Eles non teñen un soldo fixo, depende do que saquen da pesca, se non pescan non gañan.
Os mariñeiros teñen botadas moitas horas sen durmir e sen descansar cando a pesca abunda; ata corenta e oito horas teñen botado sen descanso, e así durante varios días.
Cando andas ó mar nun barco grande, que botas catro ou cinco meses sen tocar terra, é moi duro.Só os sufridos mariñeiros son capaces de resistir esa clase de vida no mar.
Algúns teñen botado mareas de catro ou cinco meses e non gañar un duro porque a pesca ás veces é escasa, ademais tamén ten que botar moitos meses fóra da casa sen ver a súa familia ou amigos… é durísimo.Só unha clase de homes, os mariñeiros, o pode soportar.
Sen dúbida,unha marea tras doutra ...tantos meses fóra da casa...e cando voltas a terra ,botas en terra só quince días… Parece que cando te dás conta vas descoñecendo a maioria da xente coa que te relacionabas cando eras novo.
Sí, de mariñéiro, é moi bonito cando ves aqueles peixes: polbos, nécoras, etc. pero é moi dura esa vida… a vida do mar...a vida dos homes que andan ó mar…
O barco, o mar, os peixes, a lúa, o ceo... é fermosísimo cando o ves desde un cruceiro ou desde un veleiro, cando estás a pasear. Pero de mariñeiro, o mar éche outra cousa... É arriscado, tenebroso ás veces e sempre, sempre, moi duro.
Sería cuestión de sorte?
Beatriz Vidal Patiño-1º C
Hai algúns anos, cando eu era unha cativiña dun ano, vivín a miña primeira gran aventura, e comenza así:
Era no mes de Outubro, e o meu avó que se chama Juanito andaba a traballar no mar, nun barco coñecido polo nome de ``JOCABAL´´. Aquel mes o meu avó pasouno queixándose de que se lle daba igual saír ó mar ou non saír, porque dicía que non daban pescado nada.
Meu avó, así coma o meu padriño que se chaman, Manolo (o armador) e José, que era o mariñeiro, dedicábanse a traballar, ante todo, as nasas do polbo , aínda que tiñan outras moitas licenzas para ir ó mar, tamém outras artes de pesca (nasa de faneca, rastro de ameixas…). Eles estaban acostumados a coller moita pesca, pero como pasa às veces tamén lles chegaron os tempos das vacas fracas.
Toda a miña familia é da illa de Ons, e como è tradición, o día primeiro de Novembro ou día de defuntos, os colonos da Illa de Ons vanlle render culto òs seus defuntos por medio dunha ofrenda floral.
Antes non era como agora en día, que se vai no barco de pasaxe ata a Illa. Hai algúns anos atrás que a xente da illa que nese momento non se atopaban alí, collían os barcos de pesca, e ese era o medio de tramsporte para ir toda a familia à Illa de Ons.
Daquela,os homes ían pescar os pintos, e as maragotas para comer, mentres que as mulleres abrían as casa, amañábanas, e ían ó cemiterio poñer candís, velas e flores para honrar os mortos. Ese mes de Novembro, concretamente o día un coincidiu no medio da semana, entón os armadores dos barcos colleron as súas familias, para levalas á illa, e despois ir largar as nasas do polbo para ver se pescaban algo.
O meu avó e o meu padriño decidiron todo o contrario, decidiron ir largar as nasas primeiro, pola parte de detrás do Centulo e despois levarnos á terra e quedar a axudarlle ás mulleres. Despois, antes de volver a Bueu, levantarían as nasas coa pesca, recolleríanas, e voltariamos todos xuntos. Pero, aínda que a miña nai protestou, porque había moitísimo vento e o barco balanceaba moito, a decisión xa estaba tomada.
Eu era a mariñeira máis nova de abordo. Cóntame a miña nai que os que non pertencían à tripulación habitual do barco ían todos mareados, e xa nin se tiñan en pé, ían sentados pola ramorta adiante. Pero din que eu co balance pasábao xenial, e non paraba de rir.
Entón cando o meu avó parou de largar, lavou as mans e colleume no colo, ergueume e el, o meu padriño e José, dixeron: ``Seguro que o traer a Bea vainos dar sorte, era un presentimento dos tres´´.
De alí a un anaco chegamos á illa e fixemos todas as tarefas que estaban previstas. A tripulación do barco saiu ó mar ó acabar de comer e dalí a tres horas xa os estabamos agardando no peirao para voltar para Bueu.
Cando os viron chegar todos gritaban o meu nome con xúbilo. Nun só día pescaran o que non pescaban no mes. O meu padriño riu e dixo que como era tan cativa non me podía levar ó mar, pero sí ía por unha foto miña na ponte do barco.
Din que houbo máis crise na pesca pero sempre lembran ese día na casa, por algo será…
Meu avó di que esta lembranza vai DEDICADA: Ó Jocabal, que se despezou en agosto do 2007 e á súa tripulación, que eran: Juan Patiño Méndez, Manuel Dios, e José
Mónica Malvido Patiño .1º A
Contoume meu pai que cando el tiña dezanove anos foi ás Illas Canarias nun barco con moita tripulación.
Despois duns cantos días cruzando o mar e con ganas de chegar dunha vez, por fin chegaron ao peirao canario.Todos comezaron a facer as súas tarefas, así foron pasando os días.
Un día os maquinistas avisaron ao patron de que algo non ía ben na maquinaria, o patrón baixou mirar o que pasaba e efectivamente as cousas no ían ben, así que subiu á ponte e decidiu pedir que enviaran un barco con axuda.
De repente,unha das máquinas comezou a arder e os maquinistas imediatamente deron a voz de alarma e mandaron subir a todos para arriba, avisando que ninguén quedara nos camarotes porque podía ser moi perigoso.Todos estaban moi preocupados e meu pai como tiña pouca experiencia non sabía moi ben que facer,pero todos intentaron axudar no que podían.
Dous maquinistas que estaban arriba con todos os demais, decidironse a baixar onde estaban as máquinas para ver que podían facer para apagar o lume, pero ao abrir a porta, co fume non pudieron respirar e aqueles valentes maquinistas morreron.
Todos os demais salváronse e cando chegou o barco de rescate todos foron rescatados con vida, aínda que non pudieron coller ningunha das súas pertenzas.
Cando chegaron a terra e llo contaron á súa familia non o podían crer.Todos os mariñeiros déronlle gracias a Deus porque no lle pasara nada a eles e lembraron sempre aqueles dous maquinistas que intentaron amañar a avaría e pagárono coa súa vida.
Así é a vida no mar.
Laura Cruz Estévez 1ºA
Contoume meu pai que unha
vez foron coller o barco a un porto de Venecia para saír ó mar. A tripulación
era moi nova e meu pai tamén.
Levou moita desilusión ó ver o barco xa que era moi vello e estaba moi deteriorado ,pensou se podería resistir unha viaxe tan longa e tivo medo a que se avariase na viaxe. Daquela, o barco estaba en reparacións e cando xa acabaran de reparalo subiron todos a bordo do barco con moito medo, pois xa non podían dar marcha atrás.
A desilusión para meu pai foi maior ó velo por dentro, pois as camas, a cociña e todo o demais estaba moi deteriorado. O que en peor estado estaban eran os camarotes , víanse tamén moi deteriorados. Pero non había marcha atrás, había que seguir de camiño. Meu pai ía amargado, desilusionado e con moito medo a que se avariase ó longo do traxecto.
A travesía polo Mediterráneo foi bastante boa pero ó chegar ó estreito de Gibraltar as cousas empeoraron moito porque o mar puxérase moi violento e levantárase un gran temporal. Ningún dos tripulantes sabía con certeza a estabilidade que podía ter o barco e saber iso era moi importante , por iso todos andaban moi preocupados.
Subindo cara Portugal e sendo xa noite meu pai atopábase na cama descansando, esa era a súa primeira noite nese barco. Non puido durmir xa que as ondas eran moi grandes e ruxía moito o vento. Meu pai levantouse e ningún dos compañeiros puido durmir xa que as ondas eran tan grandes que chegaban a entrar dentro do barco. Este balanceábase e el tiña medo iren a pique porque o vento tamén arreciaba cada vez máis,aquel temporal íase faendo cada vez máis temible.
Xa eran as catro da mañá e a meu pai tocáballe facer
a garda, puxo o chaleco salvavidas e colocouse diante da saída de emerxencia por se pasaba algo. Tiña moitísimo medo, era moi novo, o barco moi deteriorado e estaba moi triste e preocupado por se o barco daba volta, pois estaba vendo que pouco lle faltaba.
Pasaron Galiza e as cousas foron a mellor e mellor ata que a todos se lles quitou o medo e seguiron navegando cara Francia .
Aínda que levaron gran desilusión xa que uns compañeiros doutro barco morreran afundidos unhas millas máis arriba e non pudieron salvalos. Así é o mar , fero e temible, pero os mariñeiros son fortes e conseguen pasar os temporais e superar a perda dos compañeiros que quedan polo camiño.
Un forte temporal.
Raquel Paz García,1ºA
Esta historia contouma meu pai e di así:
Xa hai moito tempo, en outono, o meu pai, chamárono dunha empresa para ir de cociñeiro nun barco bastante grande que ía pescar a Canadá. Ían botar seis meses na mar. Quedaban dous días para marchar e meu pai preparou a maleta.
Chegou o día no que meu pai tiña que marchar e meu irmán, miña nai e eu acompañámolo ata o porto de Vigo, meu pai despediuse de nós e subiu ó barco. Os motores empezaron a funcionar e o barco lentamente se afastaba do peirao e todos tiñan esperanzas en que esa marea ía ser moi boa e ían capturar moitos peixes.
Xa levaban dous meses pescando e tiñan que ir a un porto de Canadá. A mar estaba en calma, fermosa como a maioría das veces. Pero de súpeto empezou a chover, as ondas cada vez eran máis grandes e facía moito vento. Cada vez as ondas facíanse máis e máis grandes, ía moito frío e os mariñeiros estaban todos mollados.A mala sorte fixo que dous mariñeiros que estaban a recoller unhas redes caeran ó mar, os demais mariñeiros intentaban axudalos con chalecos salvavidas e tirándolle cordas. Os maquinistas chamaron ó peirao e rapidamente varios barcos chegaron xunto a eles para recoller aos dous homes e ós demais que non podían chegar ó porto porque un dos motores estropeárase e non podían navegar nesas condicións, xa que tarde ou cedo sabían que se lles ía parar. Os mariñeiros subiron ós barquiños e foron cara ó porto e alí os atenderon. A empresa, á mañá seguinte mandou un barco para que os fora buscar e volver de novo para España.
Grazas a Deus non lles pasou nada a ninguén e todos están ben.