|
|
ILUSIÓNS
DEFRAUDADAS Tras
o anuncio dunha futura excursión na que se practicaría rafting
varios alumnos quedaran realmente decepcionados, pois a actividade foi
suprimida.O pasado mes unha noticia chegou a oídos dos alumnos
do instituto "Illa de Ons". Dita noticia infórmalles
dunha futura excursión (próxima, xa que os exames se realizarán
pronto). Unha excursión diferente, unha saída de risco e
a alegría de certos alumnos ó comprobar que o seu soño
se podería facer realidade ós seus dezaseis anos.Pero todo
quedou nun simple soño, xa que poucos días máis tarde
do anuncio, dita excursión ó río Ulla (preto de Arzúa)
quedou eliminada dada a baixa de diversos alumnos.As razóns, se
se tratara dunha excursión a un museo ou a outro lugar de interese
cultural, poderían ser o aburrimento. Pero estas razóns
non se correspondían a esta excursión audaz.Mais despois
de entrevistar a diversos estudiantes, déronse as seguintes razóns
aceptables: unha delas era o seu custo, xa que valía catro mil
pesetas aproximadamente, coas que se cubría o autobús e
a actividade; a outra razón non era o diñeiro, senón
os seus pais. Pois hai que recordar que o rafting é un deporte
de risco, e aínda que os alumnos contasen con un monitor, a idea
de perigo, a moitos pois non se lles pode quitar da cabeza.
E como xa diciamos, todo quedou nun soño, que agora tén
a ilusión de realizar o alumnado que estudia en niveis inferiores.
Borja Piñeiro 3 A abril-2001
SUBÍMONOS
Ó TREN DA TECNOLOXÍA O instituto Illa de Ons
, ós seus tres anos de ser inaugurado instalou por fin o desexado
para algúns timbre automático.Un
venres, 6 de abril, Agustín, técnico electrónico,
chegou ó noso instituto ataviado coa súa roupa de traballo
e as súas ferramentas, para poñer fin a retrasos e adiantos
ós cales o noso timbre nos tiña, ós alumnos, acostumados.Pasou
varias horas abrindo caixas, conectando cables, instalando as horas, probando
a alarma...
Todo parecía ir ben pero o timbre adicouse a adiantar 30 minutos.Isto
provocou o fastidio e malestar entre os profesores, por cortarlles o fío
da clase e algunha que outra histeria ente os alumnos que chegaron a pensar
que podía tratarse dun incendio, quedando todo isto nun simple
adianto do timbre.Ocorreu isto varias veces, tendo o instituto que chamar
ó técnico para arranxar o timbre. Foron dous días
de caos que tiveron á nosa conserxe correndo dun lado a outro,
pero que finalmente concluíron na relaxación para a bedel
e demais que se adicaban a toca-lo timbre.
Tamén provocou o enfado entre os alumnos que viron , que desapareceu
ese preciso fallo humano. Só queda esperar un fallo técnico,
que parece que se vai facer esperar.
Idoya Durán
3 A abril-2001
3º EN "AS FACES DE DEUS"
O día 30 de Novembro de 2000 os alumnos de terceiro pudieron asistir
a unha exposición en Santiago de Compostela.Nesta exposición
que empezou o 15 de Novembro e concluíu o día 30 de dito
mes e chamada "As Faces de Deus" podíanse ver obxectos,
libros, etc. Moitos deles traídos dende o extraxeiro de diversas
relixións de todo o mundo dende a prehistoria. Había Venus,
Trozos de Biblia en "rolos", etc. A gran decepción da
saída foi o non poder desfrutar da parte da exposición adicada
ós musulmáns e os budistas xa que era o último día
deste evento e estas salas atopábanse sen luz.Días atrás
os alumnos doutros cursos deste centro xa acudiran a dita exposición
coa sorte de poder contemplar as salas pertencentes a budistas e musulmáns.
A actividade foi organizada por Juan, profesor de Relixión, e ademáis
del acudiron á saída Lourdes, profesora de Tecnoloxía
e Elena, orientadora do centro.
Despois de asistir á exposición os alumnos pudieron pasear
polas rúas da cidade e así contemplar os seus fermosos monumentos,
edificios, etc.
Laura Sotelo
3A abril 2001
OS
ALUMNOS DE 3º E 4º DA ESO VAN A "ARCO"
O mércores 14 de febreiro do presente ano, algúns alumnos
de Bueu de 3º e 4º da ESO partiron hacia Madrid xunto cuns compañeiros
de Vilagarcía. Viaxaron en autobús. O motivo Da sua excursión
era coñecer Madrid, contemplar algúns dos seus museos e
visitar Arco.
En xeral, foi unha viaxe pedagóxica. Todos eles durmían
no albergue da Esgaravita en Alcalá. Foron á exposición
de arte contemporánea, Arco, á estación de Atocha,
ó museo do Prado e ó de Reina Sofía. Tamén
se acercaron ata o cine Imax, onde viron "Pasión por el riesgo"
e "3D Manía".
Os alumnos voltaron o sábado pola mañá, pasando a
noite no autobús.
Lucía
Bernárdez 3A febreiro 2001
A CAFETERÍA DO ONS A
cafetería do instituto Illa de Ons estivo ata o 5 de Marzo do 2001
pechada. Agora, gracias a Iván, xa temos de que alimentarnos nos
recreos.Durante 1998/99 e 2000 a cafetería do IES Illa de Ons estaba
en mans dos alumnos de 2º de ESO, que se aproveitaban dos beneficios
da cafetería para poder gañar máis diñeiro
para a excursión que farían no fin de curso.No ano 2001,
os alumnos de 2º, deixaron de traballar nela. Estivo moito tempo
pechada ata que o día 5 de Marzo, Iván (un xove de 20 anos)
decidiuse a abrila.
Para poder abrila tivo que pasar por bastante trámites:
Imposto de A.E.
Seguro de Responsavilidade Civil
Lista de prezos
Carnet de manipulador de Alimentos
Entrevistas ó persoal
Título na rama de Hostelería
Gracias a
unha declaración que Iván fixo para esta noticia, sabemos
que: "La razón primordial por la que abrí la cafetería
fue porque necetistaba dinero."
Gracias a el temos algo que comer nos recreos.
Carmen Gómez
3A marzo 2001
BAIXA
DE ALUMNOS NO CENTRO As baixas de alumnos adoitan ser normalmente
nos institutos.
Ocorren porque os rapaces danse conta de que non lles gusta estudiar ou
suspenden moitas materias.
Moitos rapaces prefiren traballar antes que estar estudiando.
Varios dos alumnos conseguen darse de baixa, pero hai outros que non teñen
a mesma sorte xa que os pais non asinan os papeis nos que se lles autoriza
a baixa estudiantil.
Dos rapaces que se dan de baixa non todos atopan traballo como eles querían,
sen embargo os que seguen a estudiar e obteñen o graduado escolar
ó remata-la ESO xa o teñen máis doado para traballar
en calquera lado, xa.
Hai algúns alumnos que para convencer ós pais para que asinen
empezan a deixar de lado as materias importantes e así sucesivamente
ata que lle conceden o seu desexo.
Patricia
González 3 A
UN GRUPO DE BUENENSES VISITAN A CORUÑA
Os
estudiantes do segundo ciclo do IES Illa de Ons e Johan Carballeira viaxan´ó
auditorio da Coruña.O
pasado dous de Novembro un grupo de alumnos do 2º ciclo do Illa de
Ons e Johan Carballeira de Bueu fixeron unha saída cultural coa
profesora de música e a orientadora de ditos centros.
Sairon de Bueu ás nove da mañán nun autobús
da empresa "Cerqueiro", moi coñecida na zona. A viaxe
durou aproximadamente unha hora e media, indo pola autoestrada A-9.
Ó redor das once da mañá os estudiantes chegaron
ó auditorio para escoitar un ensaio da Orquesta Sinfónica
de Galicia. É unha das máis importantes de Galicia e está
formanda na súa gran maioría por músicos xoves. O
ensaio durou unhas dúas horas, o que adoita durar un concerto de
dita orquesta.
Ó rematar os estudiantes dirixíronse directamente para Bueu
sen parar en ningún sitio, para chegar a tempo e coller os autobuses
escolares que os levan tódolos días ó finaliza-las
clases. A chegada produciuse ás dúas e cuarto da tarde.
Jennifer
González 3 A novembro 2001
POSTA
EN MARCHA DA 1º PÁXINA WEB/ REVISTA POLO IES ILLA DE ONS Posiblemente
esta semana saia á luz o nome da primeira páxina web de
toda Galicia feita polo equipo de Normalización Lingüística
do centro de ensino secundario "Illa de Ons". Máis tarde
salirá á venda en forma de revista. Ademais tamén
contará con correo electrónico.Gracia
á posta en marcha de Xoán, profesor de Lingua Galega no
segundo ciclo, a xente quixo prestar a súa axuda para que isto
fose posible. Como profesores de dito instituto, aparte do xa nomeado,
forman parte da revista Alberto, mestre de plástica e visual, encargado
da maior parte do relacionado con Internet; Elena, orientación,
axudando na súa sección e botando unha man con todo e Dora,
mestra de Lingua Galega no primeiro ciclo.
En canto ós alumnos está formada por Laura, Belén,
Alberte, Rafael, Fidel, Rita, Eva, etc. A maioría pertencen ó
segundo ciclo, aínda que os de primeiro e segundo de ESO tamén
colaboran na maioría das seccións. Cada un está encargado
de recoller material para a súa sección.
A páxina contará con sete apartados aproximadamente. Copyright,
¡Pillámoste!, e ¿que facemos? Serán alguns
dos títulos. Aparte de producción propia e temas para o
tempo libre, tratarase a música, Internet, noticias e orientación.
Ademais da páxina, tamén haberá un enderezo electrónico
para cualquera tipo de comentario e para poder establecer contacto con
outros institutos e a Normalización Lingüística.
"Posiblemente sexa a primeira revista de instituto en forma de páxina
web de Galicia", afirma o encargado da revista. E unha vez finalizada,
imprimirase para dar lugar a unha revista. Posiblemente non se cobrará,
iso dixo o profesor de Galego: "Eu penso que non, porque a Normalización
Linguística xa conta con cartos. Pensamos en vendela barata para
que tivese algún valor. Unhas trinta ou corenta ptas."
Con tres
anos de existencia o centro non contaba con ningún tipo de información,
esto acabarase nos próximos días.
Noemí
Ignacio 3 A maio 2001 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Normalización
do uso da lingua galega.
"A
lingua propia de Galicia é o galego", afirma a Lei de Normalización
Lingüística, mais o uso do galego aínda non é
normal entre os galegos. Coñecemos moitos comercios, oficinas,
institutos, empresas ou medios de comunicación que se dirixen aos
galegos e galegas e que manteñen o desprezo pola lingua, ou non
a empregan ou só a empregan algunha vez. Iso non é NORMAL,
se temos en conta que esa lingua é a PROPIA da nosa sociedade.
O Equipo de Normalización Lingüística pretende contribuír
a FACER NORMAL o uso do galego entre os alumnos, entre os profesores,
entre o persoal de administración, e en calquera nivel falado ou
escrito dentro do Instituto Illa de Ons (nas clases, nos documentos, nos
rótulos...). Unha das nosas actividades consiste na elaboración
desta revista, como é NORMAL, en galego. En galego viaxamos por
Internet, lemos comentarios de cine ou música, poemas e relatos,
entrevistas ou informacións sobre o noso futuro profesional.
Acompañamos links e enderezos interesantes en Internet, así
como o noso propio enderezo electrónico, para que o mundo saiba
de nós e nós poidamos comprobar que os que desexamos un
instituto en galego non estamos soas nin sós neste mundo.
|
|
;) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
;) | Laura
Pausini con Pokémon e en inglés
Dos 14 temas do disco Laura escribiu 12 e compuxo a música
de dous. Ademais, canta en inglés a canción The Extra
Mile, incluída na
película Pokémon 2000, e di: "Non é a
típica de debuxos animados. Fala da amizade, moi importante
para min. Un dos meus mellores amigos é Eros Ramazzotti".
Madona
É a artista das mil caras. Cada vez que estrea disco, aparece
con nova imaxe. Mirámola de muller fatal, de chicazo, de sirena,
de Eva Perón, etc. Agora, con 42 anos e dous fillos, Lourdes
e o acabado de nacer Rocco, parece saída do far west. O chapeo
vaqueiro e a camisa de chorreiras son os sinais de identidade da nova
Madonna. ¡Por pouco tempo!
Robbie
Williams. Rebelde sen causa.
O seu pasado pasteleiro como cantante de Take That cando era un
adolescente debeuno de traumatizar porque o que fai este chaval
cando sobe a un escenario non é normal, vaia: rompe os instrumentos
feito un energúmeno, ensina o traseiro ao público...
Iso si, foille mellor que ao resto dos seus excompañeiros.
Como bo inglés, Robbie tolea pola cervexa, o que supón
un problema, dada a sua tendencia a botar tripiña. Para este
disco coidouse e perdeu 20 kilos.
Julio
Alberto Graña Santos.
|
|
Serena
Os catro músicos de Serena deben de ter claro por que deixaron
que a guapa Yolanda Camino leve a voz cantante. Seguro que os escoitaches
pola radio. Fan unha música sinxela, divertida e, para colmo,
son españois, cousa que se agradece en medio de tanto guiri.
Estopa
Segundo
a Real Academia da lingua española, estopa é a parte
basta do liño que queda no angazo cando se pasa e é
un grupo rumbo-popero que vende discos como ninguén.
Ronan
Keating. Rei Midas.
O éxito chegoulle sendo un meniño co grupo BoyZone,
famoso polas súas baladas, e dedicouse a vivir tan rápido
como os futbolistas: Con 23 anos xa está casado con Ivonne
e ten un fillo chamado Jack. Estaba a gusto pero, despois de sete
anos, necesitaba probar sorte en solitario. O single When You Say
Nothing At All, incluido na película Nothing Hill, deulle
as primeiras alegrías: Nesta canción vendeu mais que
con calquera de BoyZone. Neste álbum espremeu todo o seu
talento para que quedara impecable. Pídenos que o escoitemos.
José
el francés
O
pedazo de canción ya no quiero tu querer vai camiño
de converterse nun clásico. De momento xa conseguiu un dobre
disco platino. Neste álbum Nena Pastori entona con el su
fuera de mí... |
Gañadores/as
do Oscar
Steven
Soderbergh
Apareceu coma unha revelación en 1989 con Sexo, mentiras e cintas
de vídeo, película que gañou, entre outros premios,
a Palma do Fesival de Ouro de Cannes e o Premio do Público no Festival
de Sundance. Tras anos de éxitos, e algúns proxectos frustrados
que fixeron que pasara desapercibido durante máis dunha década,
na actualidade está no mellor momento da súa carreira como
director, coa obtención dun Óscar como mellor director pola
súa película Traffic, e coa súa nominación
na mesma categoría por outro dos seus grandes éxitos: Erin
Brockovich, protagonizada pola cotizada actriz Julia Roberts, coa que
na actualidade está preparando un novo proxecto que será,
sen dúbida, un novo éxito: Ocean´s Eleven.
Julia
Roberts
Dúas veces candidata, cun Óscar á mellor actriz de
reparto e gañadora do Globo de Ouro, Julia Roberts atópase
nun dos mellores momentos da súa carreira. Con 33 anos, é
a actriz mellor pagada de Hollywood (ou sexa, do mundo), e continua o
ascenso na súa meteórica carreira cinematográfica
coa súa nova película na que comparte protagonismo co coñecedísimo
actor Brad Pitt: The Mexican, do xove director Gore Verbinski que está
sendo un grande éxito nas taquillas de Estados Unidos.
O proxecto que está levando a cabo na actualidade é a grabación
da película Ocean´s Eleven, que está dirixida polo
seu anterior director en Erin Brockovich, Steven Soderbergh, película
que lle valeu un Óscar á mellor actriz.
Benicio
del Toro
Benicio del Toro converteuse xa nun rostro popular para o gran público.
O seu paso polos globos de ouro e os Oscar gracias a Traffic lanzou á
fama a este puertorriqueño(San German,1967), que leva traballando
intensamente dende o seu debut en Big Top Pee-Wee(1988). Un repaso a sua
amplia filmografía demostra que non é precismnete un deses
actores que se "encasillen".¿En qué películas
traballou?-007: Licencia para matar(1989) -Luna de Porcelana(1991)
-Huevos de oro(1993)-Sin miedo a la vida(1993)-Sospechosos habituales(1995)-Fanático(1996)-El
Funeral(1996)
-Exceso de Equipaje(1997)-Fear and Loathing in Las Vegas(1998)-Snatch.Cerdos
y diamantes(2000)-Traffic(2000)
-The way of the gun(2000)
Os
Anti-Oscar: Os Razzies
Dende fai
20 anos a Golden Raspberry Foundation(ou sexa, a Fundación da Fambruesa
de Ouro) ten polo costume outorgar os trofeos as peores películas,
directores e actores do ano no día previo á entrega dos
Oscar. O trofeo consiste nuns falsos carretes de películas super
8 cunha fresa de plástico dourada por riba que foran a parar a:
Peor película: Campo de Batalla : A Terra
Peor Actor: John Travolta(por Campo de Batalla: A Terra)
Peor Actriz: Madonnna( Casi Perfecto)
Peor Pareja en Pantallla: John Travolta e calquera que apareza con el
na pantalla(Campo de Batalla:A Terra)
Peor Actriz de Reparto: Barry Pepper(Campo de Batalla: A Terra)
Peor Remake o Secuela: El proyecto de la Bruja de Blair 2
Peor Dirección: Campo de Batalla: La Tierra
Peor Guión: Campo de Batallla :La Tierra
Ainda
por estrear
Inimigo
ás portas
Dirección:Jean-Jacques Annaud.Intérpretes:Joseph Fiennes,
Jude Law, rachel Weisz, Bob Hoskins, Ed Harris,...
Argumento:Basada nun feito real , Enimigo ás portas cóntanos
unha historia de amor, de amizade e de supervivencia que ten como telón
de fondo o cerco a cidade de Stalingradodurante a II Guerra Mundial. Un
xoven pastor ruso que se converte á vez en francotirador e lenda
do seu país fai amizade con Ivan Danilov, un militante político
que convertirá ó xove pastor nun heroe da súa propaganda.Os
dous homes coñecen a Tania, xoven francotiradora, e entre os tres
xurdirán vínculos de amor e amizade mentres loitan por sobrevivir.
O mellor:a posta en escena é tremendamente espectacular e ese inicio
recorda enormemente a Salvar ó Soldado Ryan e a Senderos de Gloria,
á primeira pola crueldade das súas imáxenes e a segunda
polo espectacular asalto con retiro das tropas incluido.
O
Señor dos Anels
Do director Peter Jackson agárdase que para finais deste ano cheguen
as pantallas americanas a máis que esperada recreación cinematográfica
da coñecidísima obra de Tolkien:O Señor dos Anels.
No reparto van figurar Ian McKellen(Gandalf), Sean Bean(Boromir), Vigo
Mortensen(Aragorn), Liv Tyler(Arwen) e Ian Holm(Bilbo) entre outros. Dise
que cada tres meses irán aparecendo novos trailers da película
para ir aumentando a súa expectación
Tomb Raider
Angelina Jolie foi finalmente escollida por Simon West para encarnar a
popular heroína do video-xogo Lara Croft . De todolos xeitos teremos
que agardar deica o fin do veran , máis ou menos, para disfrutar
das súas novas aventuras, neste caso cinematográficas.Acompañan
a actriz Daniel Craig(Theo Rooker), Iain Glen (Powell), Leslie Phillips(Wilson)
entre outros.
Matrix 2
Os irmans Wachowski traennos de novo a Morfeo (Laurence Fishburne), Neo
(Keanu Reaves) e Trinity ( Carrie Ann-Moss) nesta nova entrega que ten
prevista a súa estrea en Dezembro do 2002.Parece que desta vez
haberá máis acción e incluso rumorease que algunhas
escenas rodaranse con gravedade cero utilizando máquinas parecidas
ás que se utilizaron na película Apolo 13.
Star Wars:Episodio 2
Esta nova entrega ten lóxicamente como director ó seu creado:
Georges Lucas e como protagonistas a Ewan McGregor, Natalie Portman, Ahmed
Best, Hayden Christensen, Samuel L. Jackson, entre outros.Esperase que
a estrea da película en EE.UU. en Maio do 2002 e un posible titulo
rumorease que pode ser Starwars Episode 2: The Shadows Falls.
Durante a sua rodaxe en Australia, uns scanners laser de precisión
usaronxe para dixitalizar as caras dalguns dos compoñentes do reparto
de Episodio 2 para despois converti-los nunhas xeniais esculturas que
presentaron na Feria Americana do Xoguete.
Estreas:
Torrente
2, operación en Marbella
Direccion: Santiago Segura.Interpretes: Santiago Segura,Gabino Diego,Eloi
Yebra, Jose Moreno, Tony Leblanc e famosos e famosetes.
¿De que vai a película?:Torrente perde todo o seu diñeiro
nun casino de Marbella e, por iso, debe volver ó traballo.Funda
unha escola de detectives e conta cun axudante adicto a todalas drogas(Gabino
Diego). A oprtunidade de sair da pobreza se lles presenta cando de maneira
accidental involúcranse na búsqueda dun microchip que Spinelli(Jose
Luis Moreno)quere utilizar para voar polos aires a Marbella.
O mellor: a intervención de "amiguetes" do director como
Jordi Molla, Máximo Pradera, Iñigo, Esther Cañadas,...
Elena dep. orientación e Rita
4A O
acebo
O acebo tén
a consideración dunha árbore ou dunha arboriña. As
follas son variables na mesma planta, as novas con beira enteira e lisa
ou ondulada e as adultas con 6 ou 7 espiñas marxinais, dirixidas
alternativamente cara a arriba e cara a abaixo debido ás andulacións,
perennes, coriáceas, moi brillantes e sen pelos.
Árbore dioica, con flores unisexuais, aparentemente bisexuadas,
solitarias ou en grupos auxiliares, brancas, con 4 sépalos e 4
pétalos, un pouco soldados na base, 4 estames alternando cos pétalos
e o ovario con estigma sentado.
Distribución
en Galicia:
Abunda nas
fragas e carballeiras, desde o nivel do mar ata os 1800m. Frecuentemente
cultivado en xardíns, e existindo formas de follas variegadas.
Observacións:
Úsase
como adorno de Nadal, o que deu lugar á destrucción masiva
e á case desapareción desta especie en moitas localidades.
É confundido co agárico, quizais porque as dúas plantas
son usadas nas festas do Nadal.
Os froitos serven de alimento a certos animais durante o inverno, mais
resultan perigosos para o home por seren fortemente diuréticos
e vomitivos.
Da casca extráese unha goma ou liga usada para cazar paxaros. A
madeira, o mesmo que a do buxo, é moi densa e difícil de
traballar; usouse, tinguida de negro, para substituír o ébano. | Chuvia
amarga
O eco do ruído do espertador resoaba naquela pequena casa. Non tivo
máis remedio que levantarse. Eran xa as once. ¡As once! A verdade
é que era unha hora moi rara para poñe-lo espertador. Outro
día máis sen ir traballar. Total, ¿para que? Tiña
unha forte resaca, unha dor de cabeza incomodísima. Buscando algo
para almorzar atopou dúas botellas de whisky baleiras. Algúns
recordos amoreáronse de golpe na súa cabeza: unha forte discusión
co xefe, outra coa moza... recordos que lle confirmaron algo que xa intuía
dende había moito tempo: a súa vida era unha merda.
Levantou a persiana. Estaba a chover. Era moi pouco habitual que chovese
nesa terra, e máis en pleno mes de agosto. Chovía con moita
forza. Non lle gustaba a chuvia, traíalle á memoria a súa
terra natal, a súa infancia -marcada polos conflictos e malos tratos-.Traíalle
á memoria aquela tarde de outubro cando, xusto o día do seu
aniversario, encheu a mochila con catro pezas de roupa e marchou da casa.
Tiña só dezaoito anos, pero tomou unha decisión.
Seguía mirando pola fiestra, mirando a forza da chuvia, mirando un
ceo desafiador, provocador, un ceo que lle evocaba aquela tarde de outubro,
da que xa pasaran seis anos, pero que recordaba coma se fose o día
anterior. Lembrou tódolos lugares que percorreu, lembrouse de tódalas
persoas que coñeceu, lembrou tantas cousas.. pero a treboada non
remataba, inda por riba, chovía con máis forza. De súpeto,
viuno todo máis claro. Puxo o seu mellor traxe, barbeouse, peiteouse...
e seguía chovendo, con máis forza cada vez.
Parouse na metade da rúa, sorriu, mirou para o ceo e chiscou un ollo.
Comezou a pasear. "Mañá vou ter unha pulmonía
mortal", pensou. E comezou a rir. Seguiu andando, cada vez máis
rápido, con decisión. Chegou ós arrabaldes. Parou diante
da casa de Xiana, a súa moza. Pensou en entrar para dicirlle algo.
Pero, ¿o que? E ademais, seguro que lle dixera algo forte o día
anterior. Decidiu seguir.
A continuación, estaba a casa do xefe. Odiábao. Colleu unha
pedra e tirouna contra unha fiestra. Despois escapou correndo e berrando.
"Que me despida mañá, se se atreve", pensou. E deulle
un descomunal ataque de riso. Ría cunha forza tremenda, como se quixese
competir coa forza da chuvia.
Chegou onda a igrexa, pero pasou sen pararse. Odiábaa. Non a miraba
coma un monumento de estilo románico, senón coma o símbolo
dunha relixión opresora. Non pagaba a pena nin tan sequera tirarlle
unha pedra.
Cando xa empezaba a estar canso chegou á ponte romana, citada en
moitas guías turísticas. Vaia interese podían ter catro
pedras mal postas. Sentou na ponte. Estaba xa moi canso. Mirou para o horizonte,
pensando e comezou a chorar cada vez con máis intensidade. A chuvia
tamén caía cada vez con máis forza. De súpeto,
levantouse, mirou á fronte e dixo: "Gracias, déboche
outra". Lanzouse ó baleiro e esnafrouse contra o asfalto.
Morreu ó instante. Nese mesmo momento a chuvia cesou, xa non era
necesario que continuase. O que continuaba era o eco das súas derradeiras
palabras. ¿A quen lle daba as gracias? ¿e por que? A resposta
era bastante evidente.
Jorge 3A |
|
;) |
|
;) |
|
;) |
|
;) |
|
;) |
|
| Os
quince de Ana
Ana é unha adolescente de quince anos. É morena de ollos
negros, un negro coma o acibeche. É alta e delgada. Guapa.
Ela cría todo o contrario. Cría que non era nada. Nada neste
inmenso mundo no que a vida non tiña motivo.
Nestes últimos anos da súa vida, sentía como todo
se lle caía enriba e non tiña a ninguén que lle axudara
a erguelo. Tiña moitos amigos, e á vez ningún, porque
nunca estaban alí cando os necesitaba.
A súa nai non facía máis que dicir que xa non sabía
que facer con ela, nin que lle pasaba. O seu pai, ó que quería
moitísimo, sempre pasivo. Só para as urxencias. E a súa
irmá, que sempre pregunta o porqué de todo.
Este último ano gustáballe Ricardo, "Richi". Sempre
pensando nel, coas súas fantasías. Nese rapaz intocable,
maior ca ela e interesado en rapazas aínda maiores.
Un día, sen saber como, comezoulle a falar. Fixéronse moi
amigos e remataron saíndo.
Tres meses de ledicia, dor, sufrimento,risas. Tres meses nos que cada
vez que o vía sentíase outra, doutro planeta, afortunada
e envexada. Ó ver eses ollos verdes, que a miraban co mesmo entusiasmo,
sentíase a máis grande do Universo.Todo remata. E aquilo
tamén. Todo volveu a ser como antes, e ela aínda o quería.
Nunha das moitas veces que estaba escoitando música, os "Teenagers",
esa música coa que desconecta de todo e faina voar cos seus ídolos,
abriu a porta a súa nai e deulle o correo. Propaganda, propaganda,
¡unha carta da radio! Había meses que chamara para un concurso
no que gañabas unha viaxe a Estados Unidos para asistir á
presentación do novo disco dos "Teenagers". ¡Tocáralle
a ela! "De toda Galicia, a min!"-repetíase sen poder
crelo.
Sería esa fin de semana. Para dúas persoas con todo pago.
O teléfono comezou a soar sen parar. Tódalas chamadas comezaban
así:
-¡Ola, a miña mellor amiga! Díxenche o moito que me
gustou o teu traxe na festa...
Xa o sabían todos, case antes ca ela. ¿E a súa nai?
Rogos, lágrimas, gritos, desesperacións, pero nada. Ó
día seguinte non cede. Só a tres días, convenceuna
coa axuda do seu pai.
-E agora unha amiga, porque un amigo... os meus pais... -dicía
despois de dar chimpos e chimpos de ledicia.
María presentouse na súa casa xa dúas horas antes
da saída do avión. Non podían nin falar, nin pensar.
Xa estaban todos no aeroporto, todos. Tiñan que despedirse das
afortunadas da cidade.
-¡Tráeme un autógrafo!
-¡Que non se che esquezan as fotos! -gritaban cando elas xa ían
polo aire.
Ó chegar a Nova York estábanas agardando. ¿E din
que na realidade é moito peor? Sería, porque todo iso para
elas era un soño. Tódolos edificios rañando a ceo,
a xente dun lado a outro falando nese idioma que lles gustaba tanto, os
rapaces, as tendas.
Había contaminación, barrios marxinais...¿e que?
Nese momento...
Ó chegar ó hotel de "five stars", o primeiro que
viron foi as súas caras, as caras dos seus ídolos que se
abrían na multitude da xente que apartaban os gardas. "Non
son nada fotoxénicos" -dicía María.
Recibíronas coma se as coñeceran de toda a vida. ¡Estábanas
agardando! ¡A elas! O que fai a radio...
Guapos, simpáticos, atentos...
Cearon e foron para cama. Ó día seguinte sería o
gran día. Terían moitas cousas que pensar pola noite.
¡Qué presentación! ¡Qué voces! ¡Que,
que... qué todo! Pasaron as súas mellores dúas horas
da súa vida.
Todo o bo se acaba. Fixeron as maletas e o taxi amarelo levounas á
estación. !Nooooon! ¿¡Por que...!?
María falaba polo móbil, sen poder agardar, berrando, contándolle
todo con pelos e sinais a tódalas súas amigas. ¡ Non!
¡Ana non se ía! ¡Quedaría alí! ¡Seguindo
ós seus ídolos, pasase o que pasase! E sen pensalo dúas
veces baixouse do avión. Cando María se decatou, xa era
tarde.
Vendeu o billete, que aínda non entregara, e cos dólares
que lle quedaban foi ó hotel. Entrou na habitación dos "Teenagers"
como puido e viu a realidade: cada un nunha esquina, sen maquillaxe, sen
a súa roupa... Cando a viron dixéronlle qué facía
aínda alí, insultárona, desprezárona.
Correu todo o que puido e botouse a chorar. Eses non eran os seus "Teenagers",
os que ela coñecía. Os que se portaran tan ben e as trataran
con tanta confianza. ¿Por qué? ¿Por qué non
fora capaz de ve-la realidade?
Agora si que o vía todo ben. Non sabía ónde estaba
nin coñecía a ninguén. Co seu pouco inglés,
sen os seus pais, ¿que facía alí?
Nada máis chegar, María contoulle todo ós pais de
Ana. Deulle un ataque de histeria, pero rapidamente chamaron á
policía. Dixéronlles que tiñan que pasar vintecatro
horas antes de buscar a alguén perdido, que o sentían, pero
que bla, bla, bla...
Sen outra solución, mercaron dous billetes para ir eles na súa
busca.Xa ían saír, cando se se presentou Richi na súa
casa. Díxolle que a quería moitísimo, que sentía
deixala e que faría calquera cousa.
Ese día Ana pasouno fatal. Quería chamar á súa
casa, pero a bulla ía ser boa. Non podía. Intentou explicarlle
a súa situación a moitas persoas, pero nada. Non llo quería
dicir á policía, o escándalo sería pouco.
Cando xa estaba a punto de dicirllo á policía apareceron
pola porta principal do aeroporto os dous homes da súa vida. Ou
un... ¿Qué facía Richi alí? Que importaba.
Xente española, xente galega, a súa xente. Correu e correu.
Abrazos, bicos, rogos, desculpas...
Subiron ó avión. Ó chegar a casa estaban todos agardando.
Todos os que, para ela, non farían nunca nada por axudala. Os que
non moverían un dedo por ela e só lle falaban cando lle
conviña. Estaban todos alí. Preocupados e anoxados por que
fixera esa loucura.
Gustáballe a súa vida. Gustáballe o seu mozo. Gustáballe
ser así. E nunca, nunca, lle gustaría tanto ningún
grupo de música.
Noemí 3A
|
|
;) |
;) |
;) |
;) |
;) |
;) |
;) |
;) |
;) |
;) |
;) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Irene
É unha mañá gris; quizais o sol non se atreveu a saír
vendo a tristura de Irene. Levaba uns meses totalmente descontrolada. O
feito de que o seu amor non se interesase por ela desesperábaa e
facía que se quixese enganar; e conseguíao: acababa crendo
que xa non o quería, que xa o esquecera. Saía con outros rapaces
e xogaba a que os quería pero non. Non o podía negar, sempre
viña á súa mente e non a deixaba respirar, nin vivir,
nin ser tan feliz coma as súas amigas. Amigas. ¿Que amigas?
Esa palabra parecíalle tan hipócrita...Quedara sen amigas.
Ata iso lle custara o seu amor. Na teima de esquecelo saía con calquera.
Ás veces, cando non estaba ese calquera ía con outro. Tanto
lle tiña quen fose o outro. Daba igual que non o coñecese
de nada ou que fose o mozo da súa mellor amiga.¿Quen traizoara
a quen? Queixábase das súas amigas pero ela sempre pasaba
delas e tratábaas coma se non fosen nada. Perdera o control da súa
vida; pouco a pouco fórase achegando a un precipicio sen fondo. Non
o podía crer. Non podía crer que despois de tantos anos chorando
por el pasase dela. Non o puido aguantar. O feito de que estivese con outra
fíxoa estoupar. Dende a ventá da súa cela apenas se
ve o sol. Irene pensa que hoxe non sairá o sol e que ela seguirá
a ser sempre para todas a moza tola que unha noite chuviosa lle deu morte
a outros dous mozos coa escopeta de seu pai.
Un paxaro voa e estrélase contra unha árbore, a árbore
dóbrase e o paxaro sae disparado chega as nubes e convértese
nun avión cheo de pasaxeiros. A xente está sentada pero
alguén tírase e cando se tiran hai unhas colchonetas abaixo
pero desaparecen e convértense en pedras. As pedras non eran nada
máis que a xente que saltaba. Cando chegaron xa non eran pedras
senón pequenas avestruces con pelo de cabalo.
| | | Ana Belén Otero Patiño 4º A 02-04-01
| | | Unha
luz que come polo reparto nocturno e saen os ratos do niño de papel.
Saltando como se fosen formigas azuis. Pero claro logo anda por alí
un raposo xogando coa lúa e pelexando co sol.
Rocío Méndez Millán 4ºA 02-04-01 | | | | |
|

Unha rapaza bailou nunha casa diante de moitos paxaros que a escoitaban
atentamente mentres miraban cara á praia a querían saír
voando hacia o alto dun volcán para poder mirar a auga e bañarse
nunha bañeira con masaxes.
Leticia Poceiro 4º A 02-04-01 
|
|
|
|
;) |
|
|
|
;) |
|
|
|
|
;) |
|
;) |
|
|
;) |
|
|
;) |
|
|
|
|
|
|
;) |
|
|
|
|
|
A
búsqueda de Nerón
Coma un xoves calquera eu estaba na miña casa escoitando música
cando , de repente escoito chamar por min.Saín á ventá.
Quen me chamaba era a miña curmá Charito. Preguntoume se
vira o seu can Nerón. Como non o vira, resposteille que non . Propúxome
elaentón que a acompañara e que foramos as dúas na
súa busca . Eu aceptei.
Decidimos ir ó monte na súa procura e metémonos por
un camiño que non coñeciamos,e quedamos asombradas ó
decatarnos de que o noso monte tiña unha lagoa.Nunca a viramos.Estaba
toda chea de pólas das árbores, de follas... mais, era unha
lagoa , nós tiñamos unha lagoa .Púxonos ledas tal
descubrimento.Os veciños debían sabelo.Tratariamos de limpala
e recuperala para a aldea.Seguimos andando, mentres iamos falando das
nosas cousas , xa casas de andar polo monte, decidimos baixar para a estrada
e como non había camiño, tivemos que facelo por unha tomada.
Era arriscado , pero sempre tiñamos a esperanza de que en calquer
momento iamos atopar o noso canciño.
! Meu Deus! , outro achado. Agora estabamos pampas ante o que descubriran
os nosos ollos. Ante nós apareceu unha fermosísima fervenza.
Miña curmá que ía andando toda chea, a mirar cara
tal marabilla, bateu coa carepa dunha árbore e caeu. Deu un tombo
e quedou toda lixada. E todo polo can.
Cando xa estabamos na estrada decidimos coller cara á esquerda
ata chegarmos á pista onde vivía outra curmá nosa.
Estivemos esperando alí por se Nerón estaba na casa dela.
Mais Nerón non apareceu. Xa cansas de o buscar collemos o camiño
de volta ,pero , de súpeto vimos o can da miña avoa e tivemos
a idea de seguilo por ver se nos levaba xunto de Nerón.Seguimos
a Lucky, así se chamaba o can, aínda que non con moito disimulo,pois
o can da miña avoa é moi listo. Meteuse por un carreiro,pero
nin rastro de Nerón. Empezamos a berrar por el moitas veces, pero
nada, non contestaba.Moitas horas pasaron na súa busca ata que,
por fin, escoitamos uns ladridos que proviñan da outra banda do
monte. Corremos ata a aba do monte e , de súpeto miramos como algo
se movía por entre a herba alta dunha veiga. Acercámonos
a explorar e quedamos desencantadas porque tampouco era Nerón.
! Agora si que o é !-dixo Charito- Alí viña Nerón
todo cheo coa súa nai . Cando nos viu, moveu o rabo e correu coma
un toliño para saudarnos. Estabamos tan cansas que decidimos descansar
deitada sobre a herba dunha veiga, pero antes atamos a Nerón, non
fora que nos volvera escapar.
Despois fomos xogar . Eu púxenme a saltar por riba dun tronco e
díxenlle á miña curmá que probara. Gustoulle.
Cando me tocou a min de novo, caín e moito lle debeu gustar eso
a Nerón polo que deu en ladrar.Finalmente levamos a Nerón
á casa. Nerón non fala , mais eu notáballe que estaba
triste pola trastada que fixera de escapar.Menos mal que ten unha nai
moi lista e sempre está pronta para ir buscalo.
Non sei que pasaría se perderamos o noso can. Teremos que ir ensinádolle
que non debe darnos estes sustos.
Sheila Lobeira
2A
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mar
dos mariñeiros |
|
|
|
|
|
;) |
Durmida eu
quedei,
e un soño
tiven,
coma o mesmo
inferno,
coma o mal
que leva o demo.
Mar turbado,
mariñeiros
mortos,
peirao esnaquizado,
vista duns
mal ollos.
Vidiña
desfeita,
traballo
inútil,
só
unhas pequenas táboas,
dunhas pequenas
dornas.
|
Mulleres
sen fala
ou nenos
mudos
máis
son os que choran
polo seu
futuro.
Se eu alí
estivese,
facer non
sei que faría,
tan só
chorar e chorar,
como ás
veces fai o vento,
como ás
veces fai o mar. |
O
dono do pazo e os seus problemas
TEATRO
PERSONAXES: LUIS o amo do pazo,TERESA a dona do pazo,REBECA a súa
filla,ANTONIO e MARIA as criadas ,XOAN, FERNANDO e XOSE os policías,
MANUEL o xuíz,ENCARNA unha muller ,BREIXO un neno,ISABEL a súa
nai.
LUGAR:No pazo,na comisaría,e no xulgado.
ESCENA 1
(Está o amo do pazo ,tocan o timbre e entra unha muller ,cando
entra cai )
(Hai no fondo unha praza e casas)
Abrese o telón
LUIS:Muller¿Está ben?
ENCARNA:Paréceme que si,non pasou nada
(De repente ían andando para o pazo ,a muller desmáiase
e o home asústase ,entón vai chamar a ambulancia e a policía
,chega a policía pero a ambulancia non)
LUIS:¿Por que non vén ambulancia ?
XOAN:Non o sei
FERNANDO:¿Que pasou?
LUIS:Pasou que a muller caeu e díxome que non se mancara,entón
viñamos para o pazo e nese momento desmaiouse.
XOSE:¿Ben?Agora cando o avisemos ten que vir a comisaria
LUIS:Vale, cando sexa avisádeme ,que non hai problema . Ata logo
XOSE:Ata logo,Luís
ESCENA 2
(Luis marchou para o pazo e volveron chamar,volveu abrir)
LUIS:¿Que queres neno?
BREIXO:Tráiolle un regalo
LUIS :Eu non o quero
BREIXO:Se non o quere matareino e culpareino a vostede
LUIS:Non es capaz; e agora adeus.
(Cérrase o telón)
ESCENA 3
(Hai de fondo unha porta con dúas ventás unha a cada lado)
LUIS: ¡Antoniaaa!
ANTONIA: Diga señor
LUIS:Vai á tenda e compra: Viño, pan, gaseosa e carne
ANTONIA:Vale señor
LUIS: Veña rápido
ANTONIA:Enseguida volvo
LUIS: ¡Maríaaa!
MARIA:¿Que? Señor
LUIS: Poña os pratos e todo na mesa, avise tamén a Señora
e a Rebeca
MARÍA: Vale señor
(Luis senta na mesa e María chama a señora e a Rebeca)
MARÍA: Señor a mesa está posta
LUIS: ¿Chamaches a señora e a Rebeca?
MARÍA: Si señor
LUIS: Cando veña Antonia facedes a comida e avísame.
MARÍA: Vale señor
LUIS: María, se me chama alguén, avísame queda claro.
MARÍA: Si señor
(soa o teléfono)
MARÍA:Señor, señor
LUIS:¿A que se debe tanto ruído?
MARÍA:Está no teléfono o seu amigo Alexandre
LUIS:Vale, xa o atendo eu, gracias María
MARÍA: De nada señor
(Fan a comida e comen todos) (soa o teléfono)
MARÍA:Señor, o teléfono
LUIS: ¿Quen é?
MARÍA:É o seu secretario
LUIS:Vale María
LUIS:Si dime, si, vale hoxe pola tarde ás tres e media, vale adeus.
(cérrase o telón)
ESCENA 4
(Vén a policia) (Abrese o telón)
XOÁN:Ten que acompañarme á comisaría
LUIS:¿Por que ? ¿Que pasou?
XOÁN:Veu a nai dun neno chamado Breixo e puxo unha denuncia ,porque,di
que lle matou o can.
LUIS:Pero se me dixo o neno que non ía pasar nada...,vale pero
esperade un momento que vou con vós.
XOÁN:Vale
LUIS:¡María!,¡María!.
MARÍA:¿Que señor?
LUIS:Se me chama alguén dille que chamen máis tarde.
MARÍA:Vale señor.Adeus.
LUIS:Adeus
(Están na comisaria)
FERNANDO:¿Cando sucedeu isto? ¿Que lle dixo o neno?
LUIS:O neno díxome que non pasaría nada
XOSÉ:Entón,¿Por que puxo unha denuncia a súa
nai?
LUIS:Non o sei
XOÁN:Veña, non pasa nada, agora marche para a casa
LUIS:Adeus a todos
POLICÍAS:Adeus
(Cérrase o telón)
ESCENA 5
(Entra Xoán,Fernando e Xosé,veñen deter a Luís)
(Abrese o telón)
LUIS:¿Que fan aquí?
XOSÉ:Queda vostede detido
LUIS:¿Por que?
FERNANDO:Porque mandou o xuíz
LUIS:Pero se eu non fixen nada.
XOAN:Haberá un xuízo mañá ,mentres tanto estara
no cárcere
(Levouno para o cárcere) (Están todos perante o xuíz)
LUIS:¿Por que me ten que pasar isto a min?
ISABEL:Por que matou o meu can
LUIS :Non ,eu non o matei
ISABEL:Si que o mataches
LUIS:Non
ISABEL:Si
LUIS:Non
ISABEL:Si
(Pelexan os dous) (Xoán o policia dispara e mata os dous)
BREIXO:¡Oh non!
(E desmaiouse) (Xoán vai para o carcere e alí morreu)
TERESA:Hai que mal estou,parece que vou morrer
REBECA:Tranquila mamá ,pasarás esta depresión,xa
o verás
(Un día estaban as dúas no pazo e Teresa morre.Rebeca queda
como dona do pazo)
REBECA:Agora só me queda o meu home e a miña filla
(cérrase o telón)
Francisco Martínez Santos 
A flor nace no campo a vaise facendo grande, cando está madura a xente córtaa e pona de adorno. Ana Belén Otero Patiño 4º A |
;) |
|
;) |
|
;) |
|
;) |
|

Unha man que simboliza a paz para que paren de matar xente inocente, para que paren as guerras xa que non serven para nada só complicarlle a vida á xente e para facerlla máis dura do que é ¿ que se soluciona matando xente sen ter porque? O fácil que sería vivir sen violencia . Vanesa Nogueira Fazanes 4º A
|
|
;) |
|
;) |
|
;) |
|

A mosca que hai na ventá da miña casa está facendo moito ruído coas ás, e non me deixa durmir, e o matamoscas non lle fai nada.. Adrián Patiño Garrido 4º A |
;) |
|

A fouce é unha ferramenta afiada e puntiaguda. Adrián Patiño Garrido 4º A |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEBUXOS DE ROBERTO 3º B


|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PILLÁMOSTE
é un rapaz de 14 anos que estudia no noso centro. Está en 3ºA e ano pasado gañou o 2º premio do concurso de contos organizado tódolos anos polo colexio "A Pedra" de Bueu cun relato que os nosos lectores poden ler nesta revista.¿Por que decidiches escribir un conto sobre este tema?Non adoito matarme moito en buscar un tema. Vexo algo que me chama a atención, e bótolle imaxinción. Gústanme os avións e cousas relacionadas con algo |
é unha famosa escritora e poeta que ten realizado diferentes investigacións etnográficas e gastronómicas. Naceu en Xeve (Pontevedra) en 1951. Empezou a escribir ós dezanove anos sendo autora e directora de varias
pezas teatrais... |
|
|
é a presidenta da asociación de axuda ó drogodependente ÉRGUETE Bueu. Esta asociación foi fundada en abril de 1.988 por un grupo de persoas afectadas polo problema das drogas que querían formar un grupo para axudar ós drogodependentes e as súas familias. Actualmente dan charlas informativas sobre alcol, drogas e tabaco principalmente en colexios e institutos e contan ademáis cunha psicóloga... |
|
|
;) |
|
|
|
|
|
BORJA PIÑEIRO
|
FINA CASALDERREY
|
JOSEFA VIDAL CURRÁS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
;) |
|
|
;) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Entrevista a Borja Piñeiro Borja Piñeiro é un rapaz de 14 anos que estudia no noso centro. Está en 3ºA e ano pasado gañou o 2º premio do concurso de contos organizado tódolos anos polo colexio "A Pedra" de Bueu cun relato que os nosos lectores poden ler nesta revista.- ¿Por que decidiches escribir un conto sobre este tema? - Non adoito matarme moito en buscar un tema. Vexo algo que me chama a atención, e bótolle imaxinción. Gústanme os avións e cousas relacionadas con algo inaudito. Non me gusta escribi-la realidade porque ás veces é triste; prefiro a ciencia-ficción a pesar de que tamén teño escrito sobre temas realistas. - Ademáis de escribir contos, ¿escribes poesía ou teatro? - Gustar, gústame todo, pero en canto ó teatro nunca tiven interese en escribilo, aínda que si representei algunhas obras. En canto á poesía, non é que me apaixoe, pero aínda que pouco, chámame a atención. - Se tes que elixir entre estes tres xéneros, ¿cal elixirías? - Por suposto que a narración. Porque me gusta botarlle imaxinación ós temas, e na poesía teño menos liberdade para expresarme. O teatro está ben, pero non é o meu, xa que é moito máis difícil. Por iso prefiro a narración porque aparte é o que mellor se me dá. - ¿Gañaches algún outro premio? - Por fortuna si, aínda que nunca o 1º. O premio foi de poesía cando estaba no 3º ciclo de primaria nun concurso organizado pola asociación "Amigos de Johan Carballeira" - ¿Vas seguir a participar neste tipo de concursos? - Pois si ; gustaríame seguir participando. Aínda que neste concurso organizado polo colexio público "A Pedra" a idade máxima é 14 anos e non coñezo outros moitos certames literarios. Aínda así de vez en cando empezo a escibir algún conto que moitas veces non remato porque me xurde unha idea mellor e abandono a anterior. - ¿Pensas escribir algunha novela, de aviación por exemplo? - Iso non o teño moi seguro. Nunca se sabe.Tampouco é tan digícil, Pensas nun tema, com-plícalo un pouco e xa tes unha novela de duascentas páxinas. A aviación , en concreto paréceme moi interesante pero non lle dou demasiada importancia. Só é un tema que tratei nesta historia como podería tratar outro calquera. Iso si, só sería como pasatempo nunca para editar un conto ou unha novela a non ser que me saia moi ben e a xente me convenza de que a edite. Iso é unha cousa que pasa moi poucas veces na vida.
Laura Sotelo - Carmen Gómez 3ºA |
Entrevista a Fina Casalderrey
Fina Casalderrey é unha famosa escritora e poeta que ten realizado diferentes investigacións etnográficas e gastronómicas. Naceu en Xeve (Pontevedra) en 1951. Empezou a escribir ós dezanove anos sendo autora e directora de varias pezas teatrais representadas polos seus alumnos (Recursos teatrais para a expresión dramática na escola). Deuse a coñecer con Mutacións xenéticas (1991) e dende entón as súas obras están adicadas maioritariamente a lectores infantís e xuvenís. Moitas das súas obras foron traducidas ó catalán, euskera, castelán e portugués. Ademais colabora con xornais e revistas especializadas e imparte con frecuencia charlas en centros escolares. Foi gañadora do premio Merlín de Literatura Infantil con Dúas bágoas por máquina (1991), premio Casa de Galicia en León co relato A rosquilleira (1993), con O misterio dos fillos da lúa gañou o premio Barco de Vapor (1994) e o premio Nacional de Literatura Infatil e Xuvenil (1996), premio EDEBÉ de literatura infantil por O Estanque dos Parrulos pobres (1995), premio cidade de Pontevedra pola súas traxectoria literaria (1996), terceiro premio Álvaro Cunqueiro de Periodismo Gastronómico por Repostería en Galicia (1999) e premio Puro Cora de xornalismo (2001). Ademais recibiu moitas dinstincións honoríficas como a Lista de Honra de CLIJ por Chamizo (1994), ¡Asústate Merche! (1995), etc. Así como outras moitas distincións. Outras obras son: A Noite das Coroides (1993), Prohibido casar, papá (1996), ¿Sobrevives? (1996), ¡Puag, que noxo! (1997), Podesvir (1997), Unha raíña negra (1998), Ás de mosca para Anxo (1998), Pimpín e Dona Gata (1999), O Misterio do Cemiterio Vello (1999), A Filla das Ondas (1999), Bicos de Prata (2000), Unha Pantasma Branca (2000), A Máscara de Palma (2000), etc.
Esta muller estivo o día nove de maio na Casa do Pobo de Beluso onde deu unha charla para todos aqueles que quixeran escoitala e onde lle fixemos a seguinte entrevista:
-¿Cres que inflúe sobre os teus alumnos o feito de que sexas unha escritora famosa? Non, creo que non. Tiven a gran fortuna de levar tantos anos no mesmo centro que me seguen mirando como "a profe" e paréceme moito máis entrañable e bonito. -Entre as clases, a casa, colaboracións, etc.,¿de onde sacas o tempo para facer todo isto? Pois por exemplo estes días pedín un permiso de mes e medio suspendida de emprego e soldo porque se non non mandarían substituto. O que fago e xuntar os compromisos todos e vou capeando. -Nas túas obras tratas temas de ciencia-ficción, fauna, relacións entre adolescentes e mesmo sobre gastronomía, pero ¿cal é o seu tema favorito á hora de escribir? Non teño tema favorito. Tén que ser algo que me conmoveu e me empuxa a crear unha historia. O que si me gustaría é ter unha historia e saber contala, xa que historias temos todos, o difícil é saber despois cómo a conto. Iso é o que intento conseguir. -¿Que opinas sobre a traducción das túas obras a diferentes linguas? Paréceme estupendo. En España están traducidas a todas as linguas moitos, e de momento parte ó portugués. Canta máis xente me lea mellor. -En !Asústate Merche, ¿non che parece que Auria evolúe pouco ó longo da historia? ¡Hai si o! ¿Non marchou de camping os dous e non pasa nada.? Eu penso que si que cambia. De feito marcha con el de camping. -Neste mesmo relato describes con moito detalle os sitios polos que pasan: París, etc.¿Visitou todos estes lugares? Si, incluso ti notas que uns están descritos con máis precisión que outros por que nuns estiven e noutros non. Eu o que nunca faría sería enganarvos, por eso me documentei. Pero unha cousa é documentarte e outra pisalo ti mesma. -En ¡Asústate Merche!,¿ non pensas que é un pouco drástica a reacción de Auria ó intentar suicidarse e non fala con Paio por pensar que é o seu irmán? Pode ser que si, pero postos a analizar tamén é podibel que teña a culpa a nai por meterlle tanto na cabeza polo seu problema persoal de que os rapaces eran tan perigosos todos. -¿Paréche moi preocupante o tema dar drogas e a delincuencia xuvenil tratado en ¿Sobrevives?? Claro que si, como non me vai parecer. Xa viches a anécdota que vos contei antes que hasta non lle chegaban os problemas reais que se adiantaba a outros. Ademáis ós que pillan son ós chaíñas trafican por pouca cousa pero os grandes adoitan quedar soltos sempre. É tremendo. -Neste mesmo libro, ¿cres que é necesario que aparezan tantos tacos para expresar a dureza do protagonista? Creo que nese caso concreto si. Senon non era crible a linguaxe. Ademais non me mintas ti. ¿Ti nos recreos do instituto non os oes? Eu pretendía poñerme na pel do rapaz e por circunsatncias personais era un personaxe un pouco cabreado coa vida, mal falado, pero bo rapaz. -¿Cres que os xoves de hoxe en día opinan o mesmo que Auria respecto a temas como o sexo e a relación de parella? Uns si, outros non. Sodes moi diferentes, supoño como fumos sempre. Unhas identifícanse con ela porque me escriben moitas cartas e outras pareceralle incluso "ñoño". Tamén depende da idade á que o leas. -¿Cres que a xente xove está orientada a escribir ou que lle resulta indiferente? Eu creo que si. Iso que din de que a xuventude non le e non escribe eu non o creo. Creo que escribe máis ca antes e que le máis ca antes. O que si é certo e que a lectura non está só nos libros, iso hai que empezar a metelo na cabeza. Sei de quen fixo unha páxina en internet e que invita a que alí a xuventude escriba as súas historias e resulta que hai miles e miles de mozos querendo poñer alí as súas historias. Iso significa que si lles apetece escribir. Se lles apetece escribir tamén lles apetece ler. -Nalgunhas das túas obras tratas o tema da defensa dos animais.¿pensas que é un tema importante? Creo que é de maneira incosciente, eu non fun consciente de que estaba defendendo ós animais. Supoño que iso significa que, ainda que queiramos agochalo, no fondo de calquera das nosas historias están os nosos propios valores. -¿Estás escribindo agora mesmo algunha obra? Isto é un un continuo, un bulir na cabeza que non es capaz de deixar. Pero realmente non estou escribindo nada. -¿Tes pensado escribir algunha? Non penso parar. A última obra que lle din a unha editorial foi Desventuras dun lobo namorado. Os lobos sempre levan as de perder e neste o pobre lobo fala xa desde o outro mundo cos esforzos que pasou.
Pódese poñer unha web interesante sobre ela : http://www.xerais.es/html/autores/062.html
Laura 3A Noemí 3A maio 2001
Entrevista a Josefa Vidal Josefa Vidal Currás é a presidenta da asociación de axuda ó drogodependente ÉRGUETE Bueu. Esta asociación foi fundada en abril de 1.988 por un grupo de persoas afectadas polo problema das drogas que querían formar un grupo para axudar ós drogodependentes e as súas familias. Actualmente dan charlas informativas sobre alcol, drogas e tabaco principalmente en colexios e institutos e contan ademáis cunha psicóloga. A continuación facémoslle unha entrevista coa colaboración da secretaria Fátima Álvarez e da tesoureira Angélica Sekul. - ¿Cando empezaches a formar parte de Érguete? - Eu empecei a formar parte de Érguete hai moitos anos pero como vocal de directiva colaborando no que podía. Non o sei con exactitude pero hai máis de quince anos que empecei. - ¿Por que decidiches facerte menbro desta asociación? - Porque cando eu entrei foi cando empezaba o da droga e facía falta xente para a asociación e axuda e isto levoume a colaborar con ela e poñer o meu graniño de area para que fose adiante. -¿Tiveches algunha experiencia persoal con respecto á droga, antes da túa entrada en Érguete? - Por sorte con familiares directos non. Pero en dúas ocasións atracáronme drogadictos e nunha delas ameazáronme cunha navalla e chegaron a pincharme. Penso que o tema das drogas acábanos afectando a todos directa ou indirectamente. - ¿Cales son as túas responsabilidades como presidenta da asociación? - Como calquera presidenta de calquera asociación. Es a que pon a cabeza visible aínda que os que están por detrás traballen tanto ou máis ca ti, As responsabilidades son sempre as mesmas. Eu neste caso teño unha tesoureira e unha secretaria que son unha marabilla. - ¿Como cambiou a túa vida ó entrares en Érguete? - A miña vida non cambiou por ese motivo; agora simplemente teño máis responsabilidades dentro de Érguete, pero a miña vida non cambiou case nada. - ¿Supúxoche algún problema o feito de ser muller no teu cargo? - Non, en absoluto. - ¿Sentídesvos satisfeitos co labor que estades a realizar? - Estamos satisfeitas ata certo punto. Nós intentamos facelo o mellor posible. Ó mellor non estamos satisfeitas de que a resposta da xente non sexa a adecuada, de que haxa menos apoio do que necesitabamos, de que haxa falta de cartos e falta de todo. - ¿Cres que é necesaria unha asociación coma esta en tódalas vilas? - Depende; se se dera cunha vila na que non hai problema de drogadicción non facería falta ningunha asociación deste tipo. Oxalá se dera así. Iso depende un pouco do lugar e dos problemas que haxa na vila. - ¿Que tratamento vos adican os medios de comunicación? - Non nos podemos queixar. Podían ser un pouco mellor aínda pero vaia. - En principio colaboran con moito gusto. Cando queres sacar unha noticia, algún comunicado ou queres adiantar algo que vas facer a colaboración é estupenda pero o mal que afecta á prensa en calquera tema son a cultura do titular, o sensacionalismo, e a pouca profundizade que tamén nos afecta a nós. Calquera asunto que sae na prensa ten estes problemas e nós tamén. Por exemplo, non hai moito tempo estivemos falndo cunha periodista e apetecíanos que a reportaxe que se fixera sobre Érguete fose pouco tópica, que se profundizara bastante e o resultado non nos satisfaceu xa que o titular ocupaba media páxina, a foto cade a outra metade, o texto era moi curto e eran os mesmos tópicos de sempre de "cruzadas antidrogas, etc." con esa linguaxe que non nos gusta nada. O tratamento ás veces deixa un pouco que desexar: en xeral tes colaboración pero o tratamento que se lle dá é tan bo ou tan malo coma o que se lle dá a calquera cuestión. - ¿E as institucións oficiais? - Si. Imos un pouco ó que falabamos antes. Si pero podía ser mellor. Podía ser mellor sobre todo, economicamente non é moi bo. Claro, nós dependemos de subvencións e cousas así. En fin, responden non tanto como quixeramos pero imos apañándonos. - ¿Pensas que a sociedade está o suficientemente concienciada e máis concretamente a xente de Bueu? - Non. Rotundamente non. Penso que nos acostumamos ó problema da droga coma cando vemos chover. Chove, chove, chove hoxe, chove mañá , chove este inverno, chove o inverno que vén... Acostumámonos a este problema e non estamos suficientemente concienciados do problema en si. Falta moito para concienciarse. A sociedade toda en xeral. - ¿Hai moitos drogodependentes en Bueu e polo tanto necesidade de asociacións como Erguete ademais da axuda da xente? - Desgraciadamente hai bastantes. É un pouco difícil saber cantos porque non hai un rexistro e aínda que houbera hai moitas persoas que digamos non consta que teñan problemas coa droga e realmente si os teñen. Pero todos sabemos que en estas zonas de por aquí, entre elas Bueu hai moita drogodependencia. - ¿Hai moita relación entre a idade das persoas e a drogodependencia? - Neste momento o máis triste é que empezan cada vez máis xoves. Cando comezou o problema da droga adoitábase empezar ós quince pero tampouco había un tope de idade hacia arriba. Incluso había bastante xente de trinta e pico de anos enganchada. Agora o problema está con xente máis nova. Iso si que é fatal. - ¿Cal é a droga máis consumida aquí, en Bueu? - Neste momento a cocaína e non so en Bueu senón que en toda Galicia. - Despois, na xente máis xove as pastillas. - ¿Cal é a que ten máis xente enganchada? - Iso é dificil de saber. Quizáis sexa a cocaína pero ó mellor engancháronse a outras dregas e pasaron despois á cocaína. - Ata o concepto de enganche é complexo nalgunhas drogas coma a cocaína, xa que hai consumo esporádico de fin de semana e pasa moito tempo ata que se din a si mesmos que teñen un problema. - E xa por último, ¿gustaríache mandarlle algunha mensaxe ós nosos lectores do I.E.S. ILLA DE ONS? - Pois si. Claro que me gustaría. Que soubérades en que momento hai que dicir "non" e nunca empezar, nunca porque todo o malo é empezar e que hai que ser valente porque vós, os xoves sodes valentes para outras moitas cousas, pois para iso hai que selo máis que para nada." Non". Saber dicir "non". Esa é a mensaxe que quero enviar.
Laura Sotelo Estévez Silvia Miranda Rodríguez 3ºA
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Estratexias (Orientación)
¿Preparados? ¡Xa! Empezamos a correr co mapa xa memorizado, pendentes de calquera obxecto simbólico, e co compás na man. ¿A onde no diriximos? ¿imos polo camiño curto? Non importa, porque só pensamos nunha cousa: ¡gañar!. O problema aparece segundos despois, cando pensas que estás a dous pasos dun control e non o atopas. ¿Que fas? ¿Segues buscando? ¿Pasas ao seguinte e despois volves? Demasiado tarde para pensar, pois pasaron xa sete minutos. Ou o que é o mesmo, pero dito doutra maneira, o seguinte grupo acaba de comenza-la carreira. Ao pasar todo isto, en tan pouco tempo, unha leve preocupación apodérase dos integrantes do equipo. A opcion tomada é pasar ao seguinte control. Todo se repite, coa única diferencia de que agora somos nós os que nos atopamos co grupo que saíra antes ca nós. Isto supón unha leve satisfacción, pois ao parecer non se ía mal de tempo. ¿Ou si? A resposta é afirmativa, pois cando nos decatamos, un equipo alcánzanos e xa somos 12 persoas as que buscamos a mesma tarxeta, un mesmo número que espera ser atopado por alguén. Isto supón algunhas vantaxes e algúns inconvenientes, pois se alguén do equipo rival atopa o control, é como se o atopáramos nós. Pero esta nunca sería a mellos opción, pois no terceiro control voltariamos a ser tres grupos, ou quizáis catro. A segunda e única opción restante era a de atopalo nós con moito disimulo, memorizar o devandito número na cabeza e dar o sinal: ¡eee, quen é o listo que ten o mapa! ¡non é aquí, é máis ao norte! Xa está. Todo o equipo marcha para o norte. E olvídaste dos equipos rivais que non deixan de mirar o mapa, e comprobaren se as túas palabras son correctas. Desta maneira, con diversas estratexias, vas atopando os diversos controis, sen esquecer nunca que o primeiro control quedou sen ser visto polos menbros do teu equipo. ¿De que maneira poderiamos solucionar este tema?No noveno control atopámo-la solución. Un simple diálogo co equipo rival sería suficiente: "¿Atopastes todos os controis? (...) Nós, por agora si. ¿E que vos pareceron? (...) Pois para nós o máis difícil foi o primeiro. Aquel que estaba colgado da árbore". Isto foi suficiente para que o seguinte grupo soltara a resposta: "A da árbore era a segunda. ¿Non lebrades? (...) A primeira estaba enriba da fonte que tiña forma de peixe." Só quedaba correr e correr, tendo presente que non estabamos sobre asfalto, senón sobre un chan que contiña milleiros de obstáculos imprevisibles que te podían levar a perder un par de minutos, suficientes para que nos adiantaran. E desta maneira, paso a paso fomos atopando os controis. Xa só quedaba o primeiro, o que estaba na fonte, o que nos daba a opción de poder ser o equipo gañador.
Borja Piñeiro |
|
;) |
|
;) |
Manzaneda 2001 maio
O pasado día 9 de maio, os alumnos de 11 da ESO deste instituto IES Illa de Ons, saímos de viaxe á Estación de Inverno de Cabeza de Manzaneda, onde estivemos ata o día 11de maio. Acompañáronnos tres profesores do centro , a profesora de Lingua Galega e os dous profesores de Educación Física. Na viaxe de ida paramos en Ourense para visitar as Burgas ,que son fontes que botan auga quente e a capela do Santo Cristo, na catedral. En Manzaneda pasámolo xenial. Aloxáronnos en bungalós ( e non en bungalús ,como dicía algunha)que son unhas casiñas con cuartos nos que durmiämos ata oito xuntos,en literas. Moitos de nós era a primeira vez que estabamos fóra da casa, e a primeira noite non durmiu ninguén. Aprendemos moitas cousas porque había moitas actividades que nos daban unhas monitoras que se portaron moi ben con nós. Imos recordar as actividades nas que participamos:
CABALOS Foi a primeira actividade , moi divertida para os máis decididos e para algúns que xa parecían verdadeiros xinetes, pero houbo máis de unha que parecía que morría de medo no alto do cabalo . Mais ó final valeu a pena a experiencia. Aprendemos unha chea de normas que nos deu o monitor para montar e guiar o cabalo: - Hai que montar polo lado esquerdo do cabalo,coidando de que te vexa en todo momento para que non che dea un couce . Co pé esquerdo no estribo, o dereito pasa por riba do cabalo sen tocar o lombo. - A forza hai que facela na punta dos pés contra os estribos e non na sela do cabalo. - As rendas deben collerse frouxas e apoiando as mans na cruz do cabalo, que é o seu punto máis alto. Só se tensas as rendas para parar. - Se queres xirar cara un lado tes que soltar un pouco a renda do outro lado e estirar o brazo cara o lado que queres ir. Para baixar tiñamos que pasar os pés por diante e deslizarnos pola sela. - Os cabalos chamábanse Boby e Cómodo. Fartámonos de rir cando un lle mordía o cu ó outro.
AULA DA NATUREZA Foi outra actividade moi interesante. Ana ,a monitora, contounos moitar cousas, e algúns pensamos que estabamos n a clase de francés, xa divinades por qué... Contounos ,a monitora ,que os bosques de Manzaneda eran replantados e que tamén eran cría de lobos. Para estudialos mellor recollían os seus excrementos,que nolos fixo cheirar a todos e seguro que ninguén vai esquecer máis ese cheiro. Ó parecer polos excrementos ,pódense coñecer moitas cousas da vida dos animais: qué comen , por onde andan... Aprendemos a distinguir as pegadas do lobo , corzo e xabaríl que son as que máis se parecen. Reproducimos en xeso as do lobo e trouxémola para o centro. Ana pediunos que lles axudaramos a demostrarlle á Xunta de Galicia que en Manzaneda había unha invasión de esquíos que non lles deixaban reproducirse ós piñeiros xa que comían todas as piñas . As monitoras tiñan dez anos de prazo para demostralo. Cada rapaza collemos unha piña e fomos facendo comedeiros untándoa de graxa e alpistre e colgándoa cun fío de cada árbore. Se os esquíos comían a graxa, demostrábase que estaban deixando de ser herbívoros por non ter suficiente comida. A Xunta entón debería botar polo monte depredadores dos esquíos.
Fixemos tamén un xogo moi divertido , tiñamos que presentarnos co noso nome seguido do nome dun animal que comezara pola nosa letra, e logo iamos recordando os nomes de todos os compañeiros ata chegar a nós.Habíaos ben chistosos:Ana,anaconda,Manolo,mono ,Daniel denosiña,...
SENDEIRISMO Despois do almorzo do segundo día, reunímonos con Manuela , a monitora, que trouxo dous cans para que nos acompañaran, León e Bruno, que nos espantaron,seguramente, o lobo que debía andar polo alto do glaciar. Os cans fartáronse de ladrarlle, pero nós non o chegamos a ver. Manuela explicounos o significado dos sinais que atopamos polo camiño e que nos indicaban se iamos por bo camiño ou se nos desviabamos. Fixemos varias paradas para mirar varias clases de plantas propias de alturas por riba dos 700 m.: o piorno, os arándanos, as uces( vimos moitas brancas na viaxe de ida, montañas enteiras branquexaban pola xensta), as uces , os hérbedos, que dan un froito que ,ó parecer, poste nervioso se comes moitos e que tamén é bo para os diabéticos. Xa no cume da montaña vimos o sitio erosionado polo glaciar, o xeo arrastrara as pedras ladeira abaixo e víase unha montaña como dentada. Aquelas pedras eran enormes e a vista desde alí, impresionante . Todos tiramos fotos. Alí nos explicou as partes do glaciar que comezaba nun neveiro e ía baixando formando unha lingua que coa forza da neve e do xeo, arrastraba as pedras de por baixo e levábaas ata a morrena frontal, por iso se vía, agora que a neve estaba derretida. É incrible a forza que pode ter a neve.
ORIENTACIÓN Foi unha actividade da tarde do segundo día. Todos sentados sobre a herba escoitabamos a Diana , a monitora, que nos explicaba o manexo da brúxula. Tratábase de graos e de puntos cardinais. A brúxula tiña unha frecha que marcaba sempre o norte e unha roda na que podías indicar os graos . Debaixo da frecha de dirección tiña unha raia branca que ó xirar a roda dos graos permanece fixa e serve para poñer enriba os graos que queiras xirar para atopar o punto exacto. Ó final había que xirar o corpo ata que o norte cadrara coa frecha de dirección.Así puidemos ir atopando todas as balizas que ,por equipos, foramos agachando en diferentes sitios dos arredores. A monitora díxonos que foramos o centro que máis balizas atoparamos, e, en premio, deixounos tirar a cada un unha frecha co arco. Poucos deron na diana e algúns estrelaron as frechas contra o cercado de latón facendo un ruído que asustou ós que estaban aínda buscando as balizas. A outros non lle chegaban as frechas nin ata a diana, senón que quedaban espetadas na herba. E houbo un que lanzou a frecha por riba do cercado. Nesta actividade , as rapazas , parece que tiñamos máis habilidade que os rapaces para apuntar á diana. Sería por Diana, a monitora.
A ESCALADA - ROCÓDROMO Foi unha actividade do segundo día pola mañá, despois de vir moi cansos de facer sen- deirismo. A monitora levounos á parte traseira do hotel, e alí estaba o rocódromo, unha parede de dezaoito metros de alta cunhas pedriñas circulares atornilladas á parede que nos dixeron que se chamaban Apresas@ e que valían para suxeitar mans e pés ,para poder ir subindo por aquela parede.Os monitores tíñannos suxeitos por un Aarnés@.
No noso instituto había xente moi arriscada que participou en tódalas actividades. Outro centro que estaba con nós ,case non había rapaces que quixeran subir, en cambio no noso quixemos intentalo case todos. Conseguiron subir á cima, Dónoban, Cédric, Tomás, Javi, Pablo N. e Marina. Outros case o conseguiron. e houbo quen o intentou aínda que cansou pronto e tiña vertixe. A todos os que subiron lle pareceu moi bonita a experiencia, a pesar do frío que pasaron e do conxeladas que estaban as presas .
A NEVE Por fin o último día chegou o que todos esperabamos desde que soubemos que iämos ir a Manzaneda, o poder ver e tocar a neve. A experiencia de ir no telesilla foi fantástica. A neve non era moita alá arriba no cume da montaña, tivemos que nos repartir un neveiro que non era moi grande entre os cinco ou seis centros que estabamos en Manzaneda.pero houbo para todos e pasámolo moi ben revolcándonos e esvarando por ela ;houbo algúns que colleron unha boa molladura e despois tivemos que ir cambiar a roupa ós bungalows antes ir comer.Os que non quixeron irse cambiar colleron unhas boas catarreiras que lle serviron para seguir de vacacións uns días máis. Na viaxe de volta paramos na piscifactoría do Carballiño onde nos explicaron o proceso da cría dos peixes e tamén nos informaron de que hai unha carreira universitaria que te prepara para ser adestrador dos pescadores deportivos . Algúns escoitábano moi animados porque dicía que se ganaban moitos cartos. Tamén nos enteramos de que eses pescadores devolvían ó río os peixes que pescaban sen facerlles dano porque o anzó non tiña t no pincho. Valeu a pena a excursión. (Pedimos repetir!
Alumnos 1A e 1B |
|
|