MEMORIA DE ADÁN

                IES ILLA DE ONS.BUEU.GALIZA

Memoria de Adán.

0. Ir de pesca.

Adán Lorenzo Domínguez Falcón.

 


A min dende pequeno gústame o mar, e gústame pescar.

 Cando teño tempo libre vou pescar co meu tío, ás rinchas e ás fanecas. O mar onde vou pescar é o Cabo Udra ou se non á illa de Ons, pero agora non se pode pescar na Illa de Ons porque é o Parque nacional Illas Atlánticas de Galicia.

 

Tamén acompaño o meu pai ao mar , levántome ás 3:30 da madrugada, porque meu pai anda á pesca do polbo e hai que ir cedo para arriar as nasas[1] coas que se apaña o polbo. Despois de arriar as nasas imos fondear para durmir. O tempo de durmir é de dúas horas, e despois imos  levantar as nasas e darlle o lance[2] a todas as caseas[3]. Ao terminar comemos un bocadillo e xa marchamos a levantar.

 

O lanse da tarde é distinto porque hai que iscar[4]dentro da bolsa[5] e despois atámola a un cordel que esta na sareta[6]. A recollida das nasas faise cun aparello chamado halador e pode durar dúas ou tres horas. Ao rematar marchamos para  terra, para descargar o polbo, pesalo e clasificalo en tres tandas[7] para vender na lonxa. Ao terminar de vender atamos o barco e marchamos para casa, ceamos e deitámonos a descansar para madrugar ao día seguinte.

 

 

 

O barco Estela.


 



[1] NASAS- Gaiola de aceiro inoxidable de forma redonda cuha entrada de plástico e una saída de rede.

[2] LANSE- É a operación que lle facemos ás nasas, consiste en levantar e arriar outra vez.

[3] CASEA-Agrupación de nasas que pode ser de 100 ou de 200 nasas que estan suxeitas por un cabo e nos estremos unha boia.

[4] ISCAR-Consiste en  engadir comida que pode ser sardiña ou xurelo esmagado.

[5] BOLSA-Recipiente de plástico de forma cuadriculada que está feita de fío.

[6] SARETA-Saída da nasa que esta feita por rede e por onde sacamos o polbo.

[7] TANDAS-Clasificar o polbo en grande, mediano e pequeno

 

 

 

Memoria de Adán.

I. A vida de meu avó

Adán Lorenzo Domínguez Falcón

 

Meu avó naceu na illa de Ons. Estivo uns corenta anos, eu non o sei certo, porque non o coñecín. Cando nacín el xa morrera

 

Na illa dedicábase á pesca e ao gando. Á pesca dedicábanse os homes, e nas terras as mulleres.

Os homes ían pescar nas gamelas e nas dornas: pescaban polbo, maragota, pintos, chocos… Ían pescar por Cíes, Cabo Silleiro e algunas veces cara a norte: Cambados, O Grove… As gamelas ían impulsadas pola forza do vento, porque daquela non había motores. Por iso cando non había vento tiñan que ir a remo.

Cando enganchaban mal tempo, varaban as gamelas na praia que estivera máis cerca para refuxiarse do mal tempo. Durmian debaixo da gamela para non mollarse e non pasar frío. Ao pasar o mal tempo botaban as gamelas ao mar para seguir a pescar. Outro perigo dos mariñeiros de antes era a néboa. Daquela non había aparellos electrónicos: radar, V.H.F, ploter, GPS,… tíñanse que mover a vista ou tamén pegados á terra. Era moi complicado, porque se o mar estivese picado podíalles virar un seco[1]. Outra cousa era recoñecer as pedras para non quedar encallado.

Os peixes que pescaban viñan traelos a Bueu ou a Portonovo, onde había lonxa e podían gañar algo para comprar de comer ou algunha roupa á familia.

Utensilios de pesca

 

Os utensilios de pesca que empregaban os pescadores facíanos eles. Utilizaban un mirafondos que era unha caixa de madeira que tiña un cristal que servía para mirar o fondo. Facían o uso das gafas de mergullo actuais. A altura que podías mirar era de unha ou dúas brazas de auga.



[1] Seco-virar o mar encima dunha pedra formando unha onda moi forte e perigosa

 

 

 

 

 

Memoria de Adán.

II. Historia de meu pai

Adán Lorenzo Domínguez Falcón

 

Meu pai sempre me contaba historias  da vida da illa de Ons e da vida de meu avó.

 

Meu pai dedicábase a sacar o gando, mentres meus avós  quedaban a cavar na veiga,  ou a buscar herba para o gando para cando chovía. Moitos días meu pai ía para fóra da illa, para un sitio chamado o Castillo, no que había herba de abondo, pero ese día ía a outro sitio chamado o illote da Fritosa, porque  alí estaban  outros rapaces co gando.

 

Estando alí dedicábanse a xogar ás agachadas ou ao pilla pilla, pero coa condición de vixiaren o gando mentres xogaban.

 

Aquel día foron xogar deixando o gando só, e no illote unha vaca dun amigo acercouse preto do acantilado. A vaca non sabía que era moi perigoso, e acercouse tanto que lle esvararon as patas dianteiras, marchando polo acantilado abaixo. Ao chegar meu pai e os seus amigos notaron que a vaca faltaba e empezaron a buscala, pero un deles acercouse ao cantil e mirou que estaba cima dunha pedra. Entón colleron cada un o seu gando e marcharon para a casa, para avisar os pais de que foran por mar a coller a vaca. Ao chegar a casa, meu pai dixolles que lles marchara unha vaca polo acantilado e que a vaca era do seu amigo. Meu avó e outros mariñeiros colleron cadansúa gamela e foron para fóra da illa coa idea de remolcala, porque perder unha vaca naquela época era unha desgraza. Miña avoa e as outras mulleres foron por terra para axudarlle aos homes a remolcala. O rapaz estaba todo triste, porque pola súa culpa caera unha vaca ao mar, mais os pais non lle dixeran nada, porque inda era un meniño. Ao chegaren os mariñeiros por mar querían achegarse á costa para remolcar a vaca, pero o mar era bravo e non se podían acercar, porque podialles virar unha golfeira[1]. Os mariñeiros, ao non se poder acercar, deron volta para ir por terra.

 

A xente de terra quería ila remolcar, pero estaba dunha laxe e non se podían acercar porque o mar non lles deixaba, polo que tiveron que abandonar.

 

Dende aquel accidente meu pai e os seus compañeiros non foron máis ao illote coas vacas.




[1] Virar unha golfeira:

 


Memoria de Adán.

III. A Miña Aventura

Adán Lorenzo Domínguez Falcón.

                

 

Tiña eu uns oito anos cando despertei ás cinco da mañá xusto cando meu pai marchaba para o mar. Coa ansia levanteime e díxenlle que ía con el ao mar. Contestoume que non, que ventaba vento sur. Eu insistín até que me dixo que si. Ergueuse miña nai e doume roupa para vestir, xa que ía frío, e marchei para o mar. Ao chegar ao porto había máis mariñeiros e preguntáronlle ao meu pai por que me traía ao mar. Meu pai díxolles que eu espertara e quería vir.

 

Botariamos media hora a falar, pero despois chegaron armadores amigos de meu pai e dixéronlle se iamos ao mar, porque estabamos iscados[1], e non podiamos quedar no porto porque podrecía o isco[2].

Desmarramos cabos e saímos dous barcos só ao mar. Saímos pola punta do peirao, e o mar estaba calmado, pero ao chegar a Cabo Udra xa empezaban a remontar os mares por riba da proa, mais non nos rendemos.

 

Eu ía co meu pai na ponte, e meu irmán e outro mariñeiro ían  no rancho[3] a durmiren. Meu pai ía falando polo VHF[4] e así divertíanse durante a ruta, porque iamos faenar nas illas de Cíes e S. Martín.

 

            A ruta pode ser de una ou dúas horas. Ao chegar ao mar meu pai foi chamar os mariñeros para que se preparasen para empezar a faena. Empezamos a arriar as caseas dende A Estatua, e despois de arriar a metade fomos para fóra. Ao chegar o vento seguía ventando fresco, pero nós arriamos.

Viñemos para fondear. Comemos o bocadillo e iamos deitarnos cando meu pai sentiulle a un barco da Guarda que para a tarde daba máis vento, polo que xa non nos deitamos, senón que marchamos a levantar.

 

Levantamos as caseas de leste de Cíes, as que estaban no abrigo, pero o vento non paraba de ventar e as nasas viñan cheas de rañacús[5] e de caramuxos[6], e tardabamos máis tempo en levantalas. Ao terminar fomos para fóra a levantar o resto das caseas, pero cando chegamos a fóra non había pasante pola porta de Cíes[7], polo que tivemos que ir polo sur de Cabo Vicos.

 

Asi foi que fomos alá, e ao chegar ás caseas ventaba tanto que fomos coller a boia, porque xa estaba a casea atacada, e tivemos  que pasar a carramusa[8]. Veunos un mar que nos pegou unha proa e rebentou a madre da casea[9], polo  que tivemos que deixar e virnos para terra para ao día seguinte ilas levantar.                                                                 



[1] ISCAR-Manobra de botarlle comida ás nasas.

[2]ISCO-Comida que ten a nasa para comer o polbo .

[3] RANCHO-Bodega onde hai camarotes para a tripulación para descansar.

[4] VHF- Aparello que serve para falar cos outros barcos que están na mesma frecuencia.

[5] Rañacús:Estrelas de mar.

[6] Caramuxos:Caracois de mar.

[7] Pasante pola porta de Cíes: Paso para os barcos entre as illas de San Martiño e Cíes. En Ons esta porta está entre as illas de Ons e Onza.

[8] Carramusa – lugar por onde se atan os barcos. É un aro metálico que se sitúa na proa.

[9] Madre da casea –Cabo gordo onde van as nasa enganchadas