REVISTA UMBRELA   Nº 7.

IES ILLA DE ONS.BUEU.GALIZA. ANO 2005

UMBRELA7. PORTADA

                     IES Illa de Ons. Bueu

                     Decembro 2005

 

 Mandalas

Os mandalas son deseños concéntricos que aparecen en todas as culturas do planeta, desde pinturas primitivas e megalitos aos rosetóns das catedrais. Están inspirados nas formas da natureza, onde o deseño concéntrico está moi presente: pensemos no iris do ollo, nuha flor, na sección dun tronco ou dun tornado, nas células ou nas galaxias.

Os libros de mandalas ou “debuxos centrados”para colorear popularizáronse nos últimos anos por tratarse dunha actividade entretida e absorbente, e tamén polos seus beneficios: axudan a calmar a mente e a focalizar a atención. Estudos de neuropedagoxía demostran que as ondas que emite o cerebro ao colorear mandalas son semellantes ás da relaxación profunda: ondas que facilitan a integración, a aprendizaxe, a creatividade e a resolución de problemas.

Para colorear un mandala, chega dispoñer de tempo, un lugar cómodo, un bo surtido de rotuladores ou de lapis de cores, e deixar que a imaxinación e a intuición nos guíen no proceso. Todo o mundo pode disfrutar dos seus beneficios, sen importar a idade. 

Colorea e recorta pola liña marcada este mandala de inspiración australiana, entrégao na conserxería do instituto antes do  20 de decembro de 2005 e participarás nun mandala colectivo no noso centro. Sortearemos uns regalos entre os participantes.

Debes escribir con lapis, polo outro lado desta páxina, o teu nome, curso e grupo.

 

 

HIP-HOP

Analy González Martínez 4º B.

Miguel Ángel Riveiro Otero (tamén coñecido como Wody).

 

 

Moita xente di “non me gusta o hip-hop”, pero eu tamén me pregunto: “algunha vez o escoitaches?”.

 

 

O término hip-hop tende a relacionarse cunha serie de actividades da rúa, e aínda que se desenvolveu en moitos lugares, tivo orixe en Nova York, durante a primeira metade dos 70.

 

Unha das súas manifestacións artísticas é a música pero tamen está o breakdance e o graffiti, mesmo a música pódese dividir en subxéneros: o Turntablism e o Beatboxing, aos que ninguén chamaria rap.

 

O hip-hop é a denominación dos auténticos (os que de verdade o senten) mentres que rap é a denominación comercial.

 

 

                                                                                                     KOOL HERC

 

Cando empezou todo o movemento, ao rapper (o que rapea) chamabaselle MC que ven de “Mestre de Ceremonias” co que se denominaba a quen animaba o público con un par de frases. Esas frases fóronse alongando ata cancións.

 

Hip-hop é a denominación dos “auténticos” (os que de verdade o senten) mentres que rap é a denominación comercial.

                

Ao pouco tempo apareceron dj`s que adoptaron unha actitude parecida á de Kool Herc (inventou a mesa de mesturas) o primeiro competidor serio foi Áfrika Bambaataa cos Jungle Brothers que viñan de bandas da rúa. Os dj`s de hip-hop respecto dos de discoteca de música disco e tecno (que teñen orixen nos clubs gays de Nova York dos 70) pinchan a súa propia colección de discos , seleccionada por si mesmos e non pola moda.

 

                                                                                            AFRIKA BAMBAATAA        

Naturalmente o primeiro disco de rap non o sacou un verdadeiro grupo de rap (tampouco tiñan medios para facelo), o primeiro gravado foi Raper´s Delight ainda que non o creades coñeceredelo pola imitación barata e estúpida de “LAS KETCHUP” o “asereje”

 

                                                                                             LAS KETCHUP

 (un reflexo de ata onde pode chegar a ignorancia das discográficas que manexan o comercio musical en España).

 

Entre 1987 o 1989 estoupa o hip-hop ata salpicar o presidente dos EEUU cos debuts de grupos tan coñecidos como Public Enemy,

 
 

                                                                                                 PUBLIC ENEMY

 Boggie Down Production, Ice-T , N.W.A,...

 

 

                         

                                                                                                             N.W.A

 vaia, unha serie de grupos que dispararon a censura e o escándalo nas clases medias e altas, nas que aos meniños malcriados empezáballes a gustar o rap, por mal que nos pese, e empezaron a escuitalo e a falar con palabras mal soantes. O FBI e a CIA empezaron a vixiar a estes grupos e a ameazalos de morte por teléfono dicíndolles que se calaran e como era de supoñer non a calaron, e nas súas letras seguiron falando de sexo, violencia, armas, asasinatos e dun odio hacia a raza branca que os poñía de volta e  media. Non é de extrañar: despois de 400 anos de absurda escravitude a maioría dos textos estaban inspirados en Malcon X, gran loitador polos seus dereitos, e un ídolo para a maioría da poboacion con máis dunha neurona na cabeza.

 

O hip-hop en España empezou en 1989 cando un selo –Troya- editaba “Madrid hip-hop” o primeiro disco de hip-hop nacional con temas de grupos madrileños como Sindicato del crimen , QSC, Estado Crítico e DNI, “Vas a alucinar” un dos temas de DNI converteuse no himno do hip-hop español.

Máis tarde, a multinacional BMG-Ariola copiou a idea e fixo un disco chamado “Rap in Madrid”. O segundo album, a finais de ano, foi “Navidad hip-hop”. Algúns dos cantantes dos respectivos grupos que interviñan conseguiron sacar un L.P antes de que o hip-hop desaparecese como de repente, quedando só nos corazóns duns poucos.

 

Prácticamente destes grupos só sobreviviu ”Sindicato del crimen” que mesturaron o seu rap con rock.

 

No 1993 xurden os andaluces Nation Sur, e a partir dese rexurdimento empezaron a saír grupos como setas (Madrid, Zona Bruta,...) mesmo se fixo unha revista española enteiramente de rap: “Rapapolvos”. Os grupos mencionados deste rexurdimento son “ 7 Notas 7 Colores”, “CPV (Club de los Poetas Violentos)”, “Frank-T (ex componente de CPV), “La Puta Opepé”, Jazz Two.

 

                                                                   7 NOTAS 7 COLORES

 

Actualmente e despois de case catro décadas de existencia o hip-hop pasa por un gran momento en canto a comercializacion e un mal momento en canto a concienciamento.

 Isto está producido por unha mala comprensión da cultura, xa que as multinacionais (os que teñen os cartos,

pensan que “el che” é unha marca de camisetas e “Malcon X” unha película porno).

 ...as multinacionais (os que teñen os cartos, e pensan que “el che” é unha marca de camisetas e Malcon X unha película porno) utilizan o hip-hop como unha mera tendencia de moda...

 

utilizan o hip-hop como unha mera tendencia de moda, provocando fenómenos tan  vomitidos como “Junior”

ou “Las Niñas” aquí en España,

ou a presencia tan de moda agora do reggaetón que non ten nada que ver co hip-hop.

 

                                                                                                JUNIOR

 

“a ella le gusta la gasolina” ou “y si ella se porta mal dale con el látigo” que para min son letras machistas nas que a xente non se fixa, pero ao bailalas está dándolle a razón a catro persoas con cerebros sen neuronas.

 

Aínda que se vistan con roupa ancha e pareza que rapean, o reggaetón é un estilo de música moi vello pero agora converteuse en puro pachangueo, con letras sen fundamento, como “hai no me des mas ná que me duele la popota”, “ a ella le gusta la gasolina” ou “y si ella se porta mal dale con el átigo” que para min son letras machistas

  

                                                                                                       LAS NIÑAS

 

nas que a xente non se fixa, pero ao bailalas está dándolle a razón a catro persoas con cerebros sen neuronas.


                                                                                              DADDY YANKEE

 

Moita xente di “non me gusta o hip-hop”, pero eu tamén me pregunto: “algunha vez o escoitaches?”. Para min é mais que un estilo de música.

Hip-hop é a denominación dos “auténticos” (os que de verdade o senten) mentres que rap é a denominación comercial.

 

Lévoo escoitando desde hai catro anos. Non é moito ainda teño moito por aprender , pero é suficiente para dicir que non me gusta o reggaetón que si escoitei, e saín a Piri a bailar como máis de un, pero xa cheira, ou polo menos para min.

 

      

                                                                                    HÉCTOR TITO Y DON OMAR

 

 

Ata aquí contamos como empezou todo o movemento do hip-hop ata agora, saber como acabará é difícil, pero de algo estou segura: soamente pode acabar na sociedade, porque para os “auténticos”, os que o senten, seguirá vivo dentro deles ata que morran.

 

AS HISTORIAS DO MEU AVÓ

Jéssica Barreiro.

 

Moitas historias ten meu avó en toda a súa vida de mariñeiro. Vouvos contar dúas historias que lle escoitei con moita atención.

 

UN DÍA A PESCAR ROBALIZAS

Jéssica Barreiro.

 

Un día de maio, tendo meu avó dez anos, saiu  pescar nunha dorna cun señor chamado Miguel Graña que era o patrón. Meu avó preguntoulle a Miguel onde ía ir pescar e el díxolle que ían ir para  a Illa de Ons.Comezaron a ir para a Illa e botaron catro horas e media para chegar alá. Puxéronse a pescar as robalizas e botaron todo o día para pescar trinta ou corenta quilos; aínda que era un peixe que abondaba , eran moi malas de pescar, porque cando as miraban todas xuntas tiñan que ir detrás delas bogando.

 

Levaban dez minutos con esa brisa cando o patrón lle di a meu avó: bota a vela para abaixo!. Meu avó quixo saber por que, e o patrón entón explicoulle  que ían morrer...

 

Iscábanlle os anzois con bolos vivos, enganchándoos polo lombo

 

Ao anoitecer recolleron todas as liñas e foron bogando para a terra, o mar estaba calmo, pero ao ir chegando á punta de Udra, subiron a vela ,pois parecía que se levantaba unha brisiña. Levaban dez minutos con esa brisa cando o patrón lle di a meu avó: bota a vela para abaixo!. Meu avó quixo saber por que, e o patrón entón explicoulle  que ían morrer, meu avó non o cría, comezou a mirar cara un lado e cara ao outro e só vía unhas nubes escuras, o patrón sospeitaba que esas nubes ían traer un ciclón de vento, pois no mes de maio abundan as tronadas e as tronadas de maio son moi perigosas.

ou polos ollos.

 

...puxeron rumbo a Portonovo buscando a empopada, estaban moi asustados porque lles parecían que ían polo aire...

 

 Así foi, en canto lle deu tempo a baixar a vela, puxeron rumbo a Portonovo buscando a empopada, estaban moi asustados porque lles parecían que ían polo aire. Meu avó nunca mirara tanto vento e chuvia xuntas, a eles parecíalle un estilo de tornado.

 

Aos dez minutos, calma outra vez, e de alí , a bogar cara Bueu de novo. E todo iso cunha botella de viño e un cacho de pan de millo. Esas eran as tres comidas do día.

 

Outra historia verdadeira que lle sucedeu a meu avó.

 

 

O CONGRO LOITADOR

Jéssica Barreiro.

 

            Cando meu avó era mociño tiña unha dorna na que ía ao palangre pescar congros.

 

Ese día en especial meu avó levaba con el o Xacobo, un señor de Cabalo. Comezaron a bogar ata chegar a  Udra, serían sobre as oito da noite cando largaron o palangre arredor da Punta Udra  ata Ancoraduro; outro palangre largárono desde unha pedra chamada Cagadouro ata outra pedra chamado Pedra Branca; cando estaban metendo o palangre serían as once da noite e ían halando, tomaron oito ou nove congros.

 

...meu avó berroulle: é que temos un congro tan grande coma a dorna!.

 

Ao chegar á enseada do Barcelo, meu avó sentiu uns tiróns moi fortes, e díxolle a Xacobo:  prepara os dous bicheiros.  Xacobo preguntou que era o que pasaba e meu avó berroulle: é que temos un congro tan grande coma a dorna!. O avó estaba, mete e arría tres ou catro veces e o congro non viña para arriba.

 

Cando por fin o logrou subir púxoo de proa a popa e díxolle a Xacobo que lle metera os dous bicheiros a un tempo, porque aquilo en vez de un congro parecía unha balea.

 

Xa cando o tiveron a bordo, meu avó cravoulle unhas brazoladas pola boca e amarrounas á dorna, enton, botaron o congro ás cadeiras, tapárono coas escotillas e puxéronlle unha pedra de corenta quilos enriba para que o bicho non escapara; o avó aínda non estaba conforme, entón mandou sentar o Xacobo tamén enriba das escotillas para facerlle máis peso.

 

Meu avó seguiu metendo os outros palangres que lle quedaban, mentres Xacobo estaba enriba das escotillas, seando para atrás; o avó ordenáballe a Xacobo: sea! , e Xacobo non seaba, daquela meu avó sentiu unha voz moi suave que parecía moi afastada e

berraba: Manolooooo…Manolooo…; miraba e miraba para os lados e non vía a Xacobo.

Cando se fixou, mirou o rabo do congro que levantara as escotillas, as pedras e tamén levantara a Xacobo un metro de altura, por iso meu avó non o miraba. Entou, colleu un pao que tiña alí e pegoulle dou paozazos ao rabo do congro para que soltara a Xacobo e metera o rabo nas cadeiras.

 Xacobo caeu daquela altura e escangallou as cachas do cu. Meu avó non facía mais ca rir despois de que mirou que Xacobo estaba ben, porque estivera moi asustado ó mirarse atrapado por aquel congro que tiña tnta forza no rabo como teñen todos os congros.

Logo de pasarlle o susto a Xacobo, voltaron todos contentos, porque nunca antes o avó pescara un congro tan grande, que pesou trinta quilos.

 

Cando se viñan cara terra bogando comezou a chover e o meu avó mais Xacobo tomaron unha molladura  xa que aquelas roupas de augas de antes eran de moi mala calidade, din que estaban feitas de aceite de liñaza.

Con todo iso aqueles mariñeiros ían moi contentos pola pesca e polo que lles ocorrera.

Esta é unha das historias reais de meu avó que aínda está vivo para contalas.

 

A NOITE DO TRASNO 2005

Eva 4º B

 

Este ano celebrouse unha nova edición do festival musical "A Noite do Trasno". Pero nesta ocasión déronlle a oportunidade de actuar a grupos do Morrazo que comezan a actuar agora, como Contra el Viento e outros.

 

O segundo día viñeron os do grupo de Los Niños de los Ojos Rojos, vestidos con saias escocesas.

 

Un dos mellores grupos que viñeron este ano chámase Los Niños de los Ojos Rojos. Este grupo é moi coñecido en Andalucía, de onde son, pero están comezando a coñecerse en toda España.

 

Tódolos anos pola tarde (eu e algúns pais e amigos da xente da organización) imos a unha casa que está na Recta do Peón e asamos churrasco, facemos tortiIlas e salpicóns e preparamos a sobremesa para darlle de cear aos músicos que tocan no escenario grande. O segundo día viñeron os do grupo de Los Niños de los Ojos Rojos, vestidos con saias escocesas.

 

 Eran moi agradables e pronto nos sentamos a falar con eles. Eu conseguín que me regalaran un disco asinado por todos eles. Dixéronnos que tiñanos que miralos actuar porque ían facer moita festa.

 E fixérona. Pero o mellor de todo foi que, no medio da actuación, adicáronnos unha canción a todos os que cearamos con eles e dixeron que estaban moi contentos con toda a organización e co trato que lles deramos.

  Ese día foi un dos mellores de todo o verán.

 

UNHA DESGRAZA.

Javier Juncal 3º B

 

Nun día de verán Jorge, un rapaz de beluso, chegara á casa dos seus avós para comer con eles. Como era normal nesa casa, tódolos días mirábanse as noticias. Decontado a Jorge chamoulle moito a atención unha nova que chegaba  dende Estados Unidos, tratábase dun atentado con avión sobre as Torres Xemelgas. Ese día pasou a historia para America pero quizais para a persoa que mais lle doeu foi a Ann Ratzinger unha rapaza norteamericana á cal lle morrera o pai, un empresario moi rico.

 ...tratábase dun atentado con avión sobre as Torres Xemelgas.

 O pai de Ann era dono duns poderosos pozos de petróleo en Alxeria e Gambia. Ann sabía que todo o atentado fora feito por Georges Gataux  o cal fora socio do seu pai. Gataux  fora levado ao seu país de orixe, Francia, preso por alta traición e asasinato a un traballador da empresa.

A xoven, tras eses acontecementos da súa vida decidiu atopar a Gataux e demostrar que el era o asasino do seu pai. O seu primeiro itinerario sería a Illa de Ons, pois estaba segura de que Gataux estaría por aló no seu iate.

En Bueu a rapaza buscou durante horas o medio de transporte máis seguro da zona.

Atopou un rapaz que estaba botando co seu avó a sua dorna ao mar. A rapaza pensou durante uns instantes e decidiu que ese era o seu medio de tarnsporte.

 ...pensou que tal vez o imán estivese no Burato do Inferno...

 O rapaz, chamado Jorge, aceptou levala, pois el ía ata a illa e non tiña a ninguén que o axudara coa vela nas viradas.

 

 Unha vez chegada aló descubriu que algo estaba a pasar: o seu reloxo estaba descontrolado o cal era moi estraño. Ese día non tivo sorte, non atopou a Gataux pero cando volveu a Bueu, os reloxos seguían descontrolados. Nese preciso momento, no peirao, acordouse dos traballos do seu pai en Gambia ao que correspondía a maioría da súa fortuna.

 Colle un avión con destino a Gambia e unha vez chegada a alá lembrouse dos reloxos, Gataux non podía roubar os cartos se os reloxos da alarma non estaban alertados.

 Ann cando era máis xoven era moi boa amiga dun reloxeiro o cal lle mostrara como se invertían as horas cun imán. Como estaba noi cansa foise durmir. Ó día seguinte mirando un folleto da Illa de Ons, pensou que tal vez o imán estivese no Burato do Inferno pois era moi grande e non lebantaba sospeitas. Tiña que voltar a Bueu e falar con Jorge para que a axudase, non podía facelo soa.

Unha vez na porta da saída atopáronse cunha cobra que lle impedía o paso...

 Colleu de novo un avión con destino a Vigo, e unha vez de volta na Illa de Ons preguntoulle a Jorge se era posible baixar ata o fondo do burato. El dixo non. Moita xente o intentou e morreron.

 Ann estaba segura de que tiña que haber un pasadizo a través das rochas e empezou a buscar. Buscou e buscou pero non tivo sorte, ata que Jorge se sentou e xunto un pouquiño despois de que Ann se dera a volta unha porta abriuse. Deciciron entrar e descubriron que ese imán era eléctrico e non sabía como paralo, soamente podía apagar o xerador.

 A Gataux saíulle mal a xogada, os reloxos tampouco funcionaban para os seus gardas e non había perigo. O xerador foi apagado e os reloxos estabilizáronse, pero aínda quedaba por atopar a Gataux. Unha vez na porta da saída atopáronse cunha cobra que lle impedía o paso ao exterior. Por sorte apareceu un home mayor e baixiño cun can ao final do corredor. O can abalanzouse sobre a cobra e deixouna sen cabeza. Cando Jorge se deu de conta decatouse que era o seu avó e o can era o lobo que nas súas viaxes de acampada á illa, cando era cativo, o salvara cando estivera a piques de cair ao mar dende o acantilado.

       O avó de Jorge dixo que era mellor ir para a casa e descansar, polo menos os reloxos funcionaban e el desfixérase do imán. Na casa, na hora da cea saíra nas noticias da TVG que un rico chamado Georges Gataux fora atopado morto no seu barco pola explosión duns motores.

 

Pedro e a ave xigante.

Pablo 4º A

Pedro era un home que pilotaba un avión. O seu avión estrelouse nunha selva. Alí encontrou unha cría de ave. Durante uns anos perdidos, el e máis a ave viviron na selva, alimentándose do que encontraban. A ave foi crecendo de tal forma que pedro xa podía montar nela  para ir encontrar unha cidade.

 

Despois de dias de busca, unha mañá encóntranse cunha cidade árabe, que deciden visitar. En busca de comida pola cidade, vanse encontrar con diversas cousas que lles parecían raras.

 

Cando chegaba a hora de xantar os traballadores ían  comer a unhas tabernas. Pedro foi falar con un dos traballadores ao cal lle contou o que lle sucedera. O traballador preguntoulle por que a súa ave era tan grande e Pedro díxolle que non o sabía. Un vello que escoitara a conversa entre eles díxolles que ave era tan grande porque comera duns froitos sagrados que había na selva.

 

 Desde ese día Pedro quedou a vivir nesa cidade, traballando como vixiante desde o ceo, e nunca se separou da súa ave.

 

 

A música que me gusta

Sonia 4º A

 

            A min gústame moito a música. Os tipos de música que escoito son: reggaeton, pop, dance, punkrock….. aínda que en realidade sóenme gustar case todos os tipos de música excepto o flamenco, as coplas, algúns boleiros, hip-hop, rap…

 Pola semana normalmente escoito pop e punkrock, pola fin de semana reggaeton e dance porque é a única música que sae nas discotecas, e eu ás veces vou.

  O que máis me gusta é o reggaeton e dance, o que pasa é que o reggaeton discrimina as mulleres.

  No lugar de nacemento do reggaeton, as mulleres non teñen importancia e case non teñen dereitos. Aínda que agora, os compositores desta música non están en contra das mulleres, este estilo de música gústalle á xente e ao gustarlle véndese ben. Agora o reggaeton esta no número un nas listas de venda.

Remo

Zuleika 4ºA

 Cando eu empecei en remo (xa fixo un ano o 5 de outubro), era unha rapaza á cal non lle gustaba facer deporte ó igual que a unha amiga miña.

 O primeiro día gustoume, pero a medida que pasaban os días era moito esforzo. Xuntabanseme os estudos e todo, e estaba moi estresada...

 O día do meu aniversario, o 5 de outobro, fun a Bueu a dar unha volta coa miña compañeira. Topámonos cun amigo e levounos ata o Club de Remo. Veunos falar o adestrador conozco para que foramos, que merecía a pena, etc. Ao principio non tiñamos gañas de ir pero ó final aceptamos e fomos ó Club  a probar como era.             

           O primeiro día gustoume, pero a medida que pasaban os días era moito esforzo. Xuntabanseme os estudos e todo, e estaba moi estresada. Aos dous meses estiven dúas semanas sen ir pero ao final decidín seguir, xa que alí

coñecera a moita xente e tíñalle moito aprezo aos meus compañeiros, que foron quen me dixeron que seguira e que non me rendera, xa que era bo para a miña saúde, e en pouco tempo ían comezar as competicións e ía pasalo moi ben, e  coñecer moitísima xente doutros clubs.

             ...podemos demostrar que o remar non é unha cousa de homes e que podemos facelo igual de ben.

   Co tempo funme acostumando a ir todolos días polo serán a entrenar en terra, e na fin de semana cada mañanciña levantábame ás 10 da mañá, para chegar alí e marchar ao mar.

 Aínda así, en remo hai moita discriminación hacia a muller xa que, nós, as mulleres, non podemos remar nin en traineiriña, nin en traíña, só polo feito de ser muller, cando podemos demostrar que o remar non é unha cousa de homes e que podemos facelo igual de ben. Por iso, no verán fixemos moitas regatas en forma de manisfestacións para reivindicar os nosos dereitos sobre a igualdade da muller.

 

 

Os nosos apelidos

Extraído dun artigo de X.L.Méndez Ferrín no Faro de Vigo (12.XI.05)

 1º: Rodríguez (236.658).

2°:Fernández (223.899).

3°: González (173.985).

4°: López (167.768).

5°: García (156.909).

6°: Pérez (126.873).

7°: Martín/Martiz/ Martínez      (113.431).

8°: Vázquez (101.795).

9°: Álvarez (80.686).

10°: Gómez (69.431).

11°: Castro (60.676).

12°: Igrexas/Iglesias (56.159).

13°: Díaz (50.589).

14°: Sánchez (49.958).

15°:Branco/Blanco(46121).

16°: Afonso/Alonso (43.008).

17°:Varela (43.264).

18°:Outeiro/Otero

(42.666)

19°: Domínguez (41.584).

20°: Reí/Rey (35.754).

21°: Suárez (32.087).

22°: Lourenzo/Lorenzo (29.261).

23°: Piñeiro (25.267).

24°: Pereira (24.227).

25°: Vidal (23.434).

26°: Méndez (22.734).

27°: Núnez/Núñez (21.205).

28º: Barreiro (20.861).

29°: Romeu/Romero (20.085).

30°: Estévez (19.650).

31°: Lago (18.908).

32°: Santos (18.353).

33°: Paz (17.695).

34°: Souto (17.323).

35°: Ferreiro (17.272).

36°: Ramos (16.499).

37°: Ribas/Rivas (16.278).

38°: Vilar/Villar (15.806).

39°: Pena (15.783).

40°: Vila (14.888).

41°: Pazos (14.812).

42º: Airas/Arias (14.668).

43°: Preto/Prieto (14.566).

44°: Silva (14.183).

45°: Freire (14.114).

46°: Torres (14.102).

47°: Conde (13.908).

48°: Mosqueira/Mosquera (13.834).

49°: Calvo (13.494).

50°: Xil/Gil (13.085).

 Estes son os cincuenta apelidos máis usados en Galicia en primeiro lugar, en segundo ou en ambas posicións.

 Entre paréntese damos o número de persoas que actualmente levan o apelido.

 Destes 50 primeiros apelidos:

-          23 son de orixe patronímico,ou sexa, por exemplo: “Rodríguez” significa “descendente de Rodrigo”, e o mesmo acontece cos rematados en “-ez”.

-          14 orixínanse en topónimos (nomes de lugar): Castro, Souto, Outeiro,...

-          7 derivados de alcume: Calvo, Preto...

-          6 son de procedencia dubidosa ou controvertida: Varela, Romeu...

 Algúns destes apelidos galegos son comúns coa área do castelán e do portugués, escritos de forma igual ou parecida: Rodríguez, López, Gómez, Díaz, Suárez, Calvo.

 Un é privativo das áreas galega, portuguesa e asturleonesa: Fernández.

Especialmente comúns coa área portuguesa serían: Vázquez, Piñeiro, Pereira, Méndez, Santos, Pazos ou

Silva, entre outros.  

Non encontramos apelidos de procedencia castelá clara até o posto número 140: Hernández (4.798 casos). Parece que este número se debe en gran medida a individuos de etnia xitana.

Destes cincuenta apelidos, 12 son usados maioritariamente na forma castelanizada:

-         Martínez por Martíns ou Martiz,

-         Alonso por Afonso,

-         Otero por Outeiro,

-         Romero por Romeu,

-         Arias por Airas,

-         Mosquera por Mosqueira.

Iglesias,de orixe moderna, só se ten usado na forma castelán, aínda que moitas      persoas xa galeguizaron en Igrexas.

-         Sotelo por Soutelo.

 Milleiros os apelidos galegos son compartidos por menos de 10.000 persoas. Un número moi alto de apelidos só é compartido por menos de 500 persoas.

 Para quen desexe recuperar a forma orixinal do seu apelido, se este foi castelanizado no pasasado (por exemplo: o meu apelido é Sotelo e quero que volva ser Soutelo), só é necesario un trámite simple no Rexistro Civil.

 Como se traduce con carácter oficial o noso nome ou o noso apelido?

 É necesario ter cumprido 18 anos.

O nome: Solicítase por escrito no Rexistro Civil que che muden o nome polo seu equivalente en lingua galega. Débese presentar unha instancia e unha copia literal do certificado de nacemento e o DNI.

O apelido: É o mesmo trámite, só que poden solicitar que acredites que o teu apelido en galego é o que dis. Debe ser suficiente un informe positivo dunha persoa licenciada en Lingua Galega.

Existen tamén fórmulas para alterar a orde dos apelidos, poñendo o 2º de 1º e viceversa.

 Onde se pode obter máis información sobre estes temas?

 ü      Correo ordinario: X.L. Méndez Ferrín. Faro de Vigo, Rúa Uruguay, 10-A. Apartado de Correos 91. Vigo. Sección: Consultorio dos nomes e apelidos galegos.

ü      www.amesanl.org (A mesa pola normalización lingüística).

 

RECORDOS DUN HOME XUBILADO

Verónica Martínez Vidal   2º C

 Esta historia contouma un familiar e veciño de Beluso .

 Antigamente moitos veciños do pobo de Beluso , facían a travesía de Ons  a Udra para pescar algún peixe e gañar algún diñeiro. Aínda que esa travesía era moi curta , tamén era moi perigosa  e case sempre a facían en dornas que eran as embarcacións propias desta zona de Bueu..

 Un día Xosé espertou e chamou a dous dos

O mar subía e baixaba todo alporizado , os homes víanse loitando coas ondas e xa non se vían, as ondas cubríanos.

 compañeiros que sempre ían con el pescar na dorna, achegáronse ata onde soían deixar a súa embarcación, e coa súa axuda, botárona ao mar. A dorna era a de Xosé,

a que case sempre levaban, chamábase “Inés”.

 

 

 

         Xa estaban mar adentro e decatáronse de que era posible que non rematara a xornada sen que viñera un temporal, mais como eran valentes mariñeiros e  con frecuencia  tiñan  pasado moitos días  de inverno e moitos temporais, e sempre saíran con ben, non o pensaron dúas veces e saíron coa dorna.

 


         Xa se afastaran moito do peirao, xa non se vía e  unhas nubes negras e cargadas de tronada comezaron a ameazalos. Cada minuto que pasaba o tempo empeoraba , o vento  zoaba e as ondas comezaron a medrar e a medrar, o vento facíase cada vez amáis forte e a  dorna e  os homes dentro xa parecían bonecos nunca casca de noz.  Todos pensaron o mesmo , a dorna non aguantaría e así foi , os homes víronse na auga cando a barca volcou; pero o peor é que antes os mariñeiros non todos sabían nadar é máis, poucos sabían nadar.

 

...unha das grandes ondas foino levando ata a beira das rochas e golpeouno forte contra elas...

 

         O mar subía e baixaba todo alporizado , os homes víanse loitando coas ondas e xa non se vían, as ondas cubríanos. A dorna deu contra unhas rochas que había alí perto deles e desfíxose toda , para a súa sorte, que pudieron así amarrarse a cadansúa táboa. A mala sorte aínda non se retirara e tocoulle toda a mala fortuna a un dos compañeiros de Xosé; unha das grandes ondas foino levando ata a beira das rochas e golpeouno forte contra elas ata que Antonio non resistiu e morreu .

         Xosé e o seu amigo Manolo sobreviviron a quel naufraxio , pero sempre lembrarán a morte de seu compañeiro e amigo. Hai moito tempo que sucedeu pero aínda os acompaña a tristura dese día, a pesar de ter pasado xa vinte e cinco anos. Na memoria é como se todo isto pasara onte.

 

Xosé agora ten unha bonita dorna chamada Luísa II.

 

         Nunca Xosé deixou de ir pescar e de facer esa travesía, aínda que cada vez que pasaba por aquel lugar arrepiábaselle o corpo; pero neses tempos non era posible deixar de pescar, había que gañar para poder comer . Así os mariñeiros eran uns homes valentes e fortes que respectaban o mar pero enfrentábanse a el por necesidade.

Unha historia de verán

Nerea Menduíña Hermelo  4º A

 Hai dous veráns unha rapaza chámada  Mariola foi de vacacións a Ibiza, ía ir cos seus pais e coa súa mellor amiga, Daniela.

 ...deulle dous bicos e foron dar un paseo  para coñecerse mellor. Ese paseo durou case toda a mañá.

 Ao final como era un voo de última hora só quedaban tres prazas libres, por ese motivo Daniela non puido viaxar a Ibiza. Mariola disgustouse moito porque se tiña que ir de viaxe só cos seus pais. ”Que aburrimento” pensou ela, ata falou cos seus pais para pedirlles que a deixaran quedar na casa e que foran eles sós; iso non puido ser posible porque o billete xa estaba comprado.

 Chegou o día e Mariola tivo que se despedir de Daniela, díxolle que a ía estrañar moito, aínda que só fosen dez días os que estivera fóra da casa. Que sen ela íase aburrir moito. O que ela non sospeitaba era o ben que o ía pasar.

 Ao chegar ao aeroporto de Ibiza, despois de coller as maletas, Mariola foi comprar unha revista, deixou as maletas cos seus pais, e antes de chegar tropezou cun mozo moi guapo. Despois de levantarse presentáronse; el chamábase Luis, a Mariola gustaríalle seguir falando un pouco máis pero desgrazadamente os pais chamárona porque o autobús os estaba a esperar, así que tivo que despedirse del.

No traxecto do aeroporto ata o Hotel Mariola non deixou de pensar en Luis.

 Ao día seguinte pola mañá colleu a toalla, púxo o traxe de baño e baixou á piscina. Unha vez abaixo sentouse nunha tumbona, puxo as gafas de sol e cando xirou a cabeza quedou  apampada, parecíalle mentira: alí estaba Luis. Sen dubidalo levantouse e dirixiuse hacia o chiringo do hotel, saudouno. Luis quedou tamén algo asombrado, deulle dous bicos e foron dar un paseo  para coñecerse mellor. Ese paseo durou case toda a mañá.

 Pola tarde quedaron para ir á praia xuntos. Mariola tiña unha sensación rarísima, sentíase moi cómoda  cunha persoa á que non coñecía  pero á que sentía coñecer dende sempre.

 ...Luis díxolle a Mariola que sentía algo moi especial por ela e bicouna.

 Mariola e Luis compaxinaron moi ben, xa pasaran algúns días dende que Mariola estaba en Ibiza, e nese tempo non deixara de estar con Luis nin un só día.

Unha noite Luis propúxolle a Mariola ir dar un paseo pola praia , ela aceptou inmediatamente, así que se dirixiron cara á praia.

 Despois dun longo paseo, Luis dixolle a Mariola que sentía algo moi especial por ela e bicouna. Ela nun principio non soubo como reaccionar, pero despois devolveulle o bico. Dende ese momento non se separaron. Xa levan dous anos xuntos.

 

 

A Noite do Trasno

Contra el Viento

Víctor Ave 4º A

 Todo comezou a mañá dun sábado de febreiro, cando Jota e Andrés, representantes do festival, se dirixiron a Contra el Viento.

 Neste encontro propuxéronnos tocar no festival, no que teríamos vantaxes que nunca antes tiveramos, que eran. Tres vales de desconto na cantina do festival; pase VIP só para músicos, co que teriamos dereito a entrar no camerino, onde poderiamos gardar os instrumentos, prepararnos e todo o quixeramos; tamén teriamos acceso ao “back stage” onde teríamos auga e cervexa gratis.

 

...xa que iamos ter que saltar nuns intres a comernos os Trasnos de Udra.

 Despois de pasar seis meses deste encontro chegou o gran día, que estiveramos agardando, o doce de Agosto. Este día tan esperado comeza ás doce e media da mañá, que foi cando tiñamos que probar o son, pero por retrasos da montaxe comezamos a proba de son ás dúas da tarde, despois de Lavorda. Nas

 probas de son fomos tocando un a un ata lograr o son axeitado, tanto arriba como fóra do escenario(eu fun o segundo en probar o son).

Despois de probar o son , tocamos unha canción todo o grupo, para ver o resultado, a canción escollida foi “Aires de Grandeza” xa que era unha canción onde todos os instrumentos tiñan o seu momento de “gloria”.

 Ás tres e dez da tarde xa baixaramos do escenario para irmos a comer, xa que ás oito da tarde a organización mandaranos estar no “back stage”.

Ás oito da tarde cando estabamos dentro do “back stage” a organización do evento deunos un aviso de que o concerto ía retrasarse, e que entón dispoñiamos de tempo libre.

Algúns optaron por marchar, pero outros membros do grupo quedamos no “back stage”, afinando os instrumentos e tocando concións con membros doutros grupos, cos que sacamos fotos e botamos algunha que outra risa.

 Ás dez da noite reunímonos todo o grupo no camerino, xa que iamos ter que saltar nuns intres a comernos os Trasnos de Udra. No camerino estivemos respirando un aire de nerviosismo e alegría.

Tras unha pequena conversa, saltamos ao escenario.

 Unha vez arriba comezamos botando o noso single do ano pasado “Resaca” e cerrando o concerto coa canción estrela de este ano “Las diez en el reloj” onde os Trasnos saltaron, estouparon e corearon o famoso estribillo.

Cando baixamos do escenario fomos no camerino e logo a seguir a noite cos amigos e os familiares (ainda que estes últimos marcharon algo “cedo”).

                            

                               Fóra de tempo

Rocío 3º B.

 Chovia como nunca Kely Dray vira , parecía que o tempo se puxera de acordo cos seus sentimentos . Deixaba atrás  a súa vida en Washington e encamiñábase cara a unha nova en Cabo Udra.

 A súa pena non só proviña de ter que abandonar todo, senón tamén porque só uns días antes perdera os seus pais nun atentado, no seu lugar de traballo, os sonados atentados do 11 S.

 Kely era unha nena con moita forza interior e tiña dons para presentir as cousas. Gustaballe moito ler lendas e escoitar os contos da súa avoa. Agora Kely precisaba de toda esa forza para asumir e enfrentarse aos cambios que se presentaban ao ir vivir coa súa tía Susana, á cal había anos que non vía.

 O  rencontro con Susana  e coa súa familia , Jose Ramón, marido de Susana  e pai de Mario, foi moi cálido e agradable.

 A casa na que ía vivir era unha construción de dous pisos. Agradable á vista por dentro e por fóra. Estaba a poucos metros dunha pequena e íntima cala . O dormitorio que lle asignaron a Kely era unha habitación ampla e cunha gran ventá no lado esquerdo . Os mobeis eran modernos e as cortinas, a colcha e as alfombras estaban conxuntadas.

 

                                                                              Cabo Udra

 Kely instalouse, e como a súa tía lle mandara, ao acabar foi ao salón para que lle explicasen as normas da casa , o horario do colexio e o ressto das cousas que un quere e precisa saber cando é novo nun lugar. Cando a charla acabou, Kely pediu permiso para ir ver os arredores, e concedéronllo. Cando saía pola porta tropezou cun mozo moreno de ollos claros e pel morena, este mozo  ía acompañado por un máis pequeno, de cabelos loiros e ollos castaños. Despois dun anaco falando descubriu que o máis pequeno era Luis, o primo de Mario, e  o maior era Óscar, un amigo de Luis e veciño dela . Mentres falaban saíu Mario. Estiveron os catro un bo anaco presentándose ben e falando. Cando os mozos decidiron acompañala xa era preto das seis da tarde.


Pasaron por camiños anchos e encostados, por camiños estreitos e pedregosos, e ata polos penedos. Cando xa regresaban á casa pasaron por un lugar oscuro e húmido. No medio desa oscuridade erguíase unha casa á cal o tempo xogara unha mala pasada. Kely estremeceuse e apresurou o paso. Cando chegou ao mesmo lugar onde estaba Óscar, preguntoulle por aquel lugar, el díxolle  que se trataba da casa de Van Hiften, un empresarío alemán que perdera as gañas de vivir xunto coa súa esposa. Desde que ela morreu Van Hiften cambiara moito e pasaba os días metido na biblioteca da súa casa . Con el vivía  Vincent, o seu fillo. Non tiña moi boa reputación entre as xentes do lugar, e mesmo se rumoreaba que se escapara dunha prisión francesa había uns anos.

 Chegaron á casa moi cansos e decidiron repoñer forzas e charlar . Despois marcharon Luis e Óscar, e eles foron para a cama.

 Ao día seguinte na escola Kely coñeceu a Lana, que era a irmá xemelga de Óscar. Axiña se caeron ven e pasaron toda a mañá xuntas.

 Os días pasaban e cada día  Kely estaba máis unida a Lana, Mario, Óscar e Luis, aínda que a este último non o vía tanto, pois vivía en Vigo. Todo era normal ata que un día todo cambiou.

 Cando Kely espertou  atopouse con todos os seus amigos vestidos con roupas antigas e falando moi alporizados. Kely non puido reprimir un gran sorriso. Todos se voltaran cara a ela, pero non tiñan as caras de chiste e graza que ela esperaba atopar. Mario correu cara a ela gritando  que estaban no pasado e que só eles se daban conta. Kely non podía ou non quería  crer o que vía. Todo cambiara: a casa, o bosque, as praias...

 Saíron da casa para tentar dar co que acontecía. Cando pasaron pola casa de Van Hiften toparon co que fora o causante de todo. Foron xuntando feitos e todos coincidiron  en que el era o causante de que xa non estivesen na súa época.
Kely asegurou que sabía como voltar ao seu tempo e explicoullo ao resto. Tiñan que atopar o talismán de Orión e levarllo a Lorian , un feiticeiro de África , exactamente en Gambia , que era quen o faría funcionar.

 

                                                                                 Cabo Udra

 Foron a casa de Kely e comenzaron a rebuscar entre os libros que tiña de lendas e contos populares . Á fin atoparon algo ; eran uns versos que dícian:

Entre mar e estrelas

o talismán atoparás

se no cume alto

entre as rochas

e Orión

buscas de corazón

Os rapaces chegaron á conclusión de que se trataba da montaña máis elevada da Illa de Ons.

 

 

                                                                                  Cabo Udra

 Achegáronse ao porto de Bueu e tomaron a barco cara ás illas. Cando chegaron comezaron a subir por camiños estreitos e non moi transitados. Para cando chegaron ao cimo da montaña indicada nos versos, xa era hora de xantar. Sentaron e puxéronse a tomar os alimentos  que anteriormente mercaran nunha tenda da illa.

 Tiveron que esperar a que anoitecese. Cando o fixo, situáronse no punto indicado e comezaron a excavar. Non tardaron moito en atopar o que buscaban. Era un talismán fermoso, con forma de estrela e cores mesturadas en cada brazo dela..

 Voltaron á casa cansos e satisfeitos. Cando todos foron para as súas camas Óscar, Lana  e Kely quedaron a falar da longa viaxe que lles esperaba ao día seguinte.

Cando chegou a alba colleron un taxi cara ao aeroporto de Vigo.

Embarcaron no primeiro avión que saíu cara a Gambia. Despois de catro horas de avión chegaron ao seu destino : un inmenso aeroporto co grandes cristais. Colleron outro taxi e encamiñáronseá vila. Xa alí comezaron a preguntar polo feiticeiro Rolan Ceus. Preguntaron e preguntaron pero ninguén sabía nada del. Xa cansos foron a un bar a beber algo e de paso preguntáronlle ao taberneiro polo mago. O home despois de pensalo moito deulles un enderezo.

 Percoreron un longo camiño ata que toparon cunha casa de madeira cun fermoso xardín  cheo de cores. Lana foi quen tocou na porta. Despois dun pequeno espazo de tempo asomou un ancián alto e fraco. A súa voz soou cálida cando preguntou que era o que querían os rapaces. Kely moi decidida relatou todo dende o comenzo e pediulle axuda ao feiticeiro. O ancián sentou un cacho a reflexionar, e á fin  accedeu a axudalos.

 Tomou o talismán na man, e cerrando os ollos  nun esforzo de concentración, comezou  a cantar palabras moi estrañas. Cando cesaron os cánticos  todo o seu arredor cambiou: Kely e os seus amigos souberon que  xa voltaran ao seu tempo.

 Cando voltaron á casa foron visitar a Van Hiften. Atopárono moi triste, por que  xa non podía estar coa sua muller,  pero despois  dunha longa conversa con el recoñeceu que o que fixera estivo mal e pediu perdón.

 

 Era unha TORMENTA ou un MALEFICIO?

Mónica Rodríguez Juncal   2º A

 O meu tío só sabía dicir que aquilo era un maleficio...

 Aquel día amañeceu moi soleado e meu tío decidiu ir pescar. Saíu da casa con todos os aparellos metidos nunca bolsa. Polo camiño da Vela atopou un cordel, era grande e bo, e meu tío decidiu que quedaría con el porque nunca se sabe o que pode facer falta…

 

  Chegou á praia de Udra e atopouse con que a súa gamela tiña pouco gasóleo, así que decidiu pedirlle un pouco a noso veciño Roque, que el,coma sempre, moi complaciente, llo prestou .

  Cando por fin tiña preparada a gamela, meu tío dispúxose a montar nela e ir ata o penedo, no que sempre tiña pescado moitas nécoras .

 ...intentou remar, pretendía levar a gamela ata a praia de Mourisca pero cada vez entráballe máis e máis auga e el non se podía parar a achicala.

   Alí botou unhas horas e xa tiña pescado unha cantas nécoras e centolas, cando comezou a tronar e chover a Dios dar auga , non daba achicado a auga da gamela. Meu tío apresurouse a encender o motor, conseguiu chegar algo máis adiante pero, de repente o motor deixou de funcionar, xa non sabía que facer.

Como puido botouse ao mar e chegou ata unha rocha na que había deitado por riba dela unha grade póla dunha árbore que dobrara  co vento .Unha luz prendeu na súa memoria e lembrou o cordel que atopara polo camiño, aínda estaba no peto do seu pantalón , colleuno e con el amarrou a barca á póla da árbore.

 Montou de novo na gamela e seguiu loitando co temporal , procurando manter a súa gamela a flote. Xa estaba canso cando mirou o seu reloxo e máis o compás e decatouse de que levaba xa media hora intentando salvarse el e a gamela do temporal.

Desamarrouse do cordel e intentou remar, pretendía levar a gamela ata a praia de Mourisca pero cada vez entráballe máis e máis auga e el non se podía parar a achicala. Como é un home moi astuto, intentou tapar o burato cunhos plásticos que alí levaba. Malamente deu chegado ata perto da praia, case afundidos el e máis a barca , cando xa facía pé, botouse á auga e turrou canto puido pola gamela.

 O seu amigo que  había tempo o estaba mirando sen poder axudarlle, meteuse á auga e entre os dous puxeron a gamela a salvo e maís puxéronse eles. O meu tío só sabía dicir que aquilo era un maleficio, e o seu amigo dicíalle que non que aquilo só fora unha grande tormenta .

 

Noite de San Xoan.

Cristina Vidal Pousa 4º B

 O 24 de xuño de 2005 eu e algúns amigos fomos mirar a fogueira á praia de Tulla. Estivemos uns trinta minutos aproximadamente, mirando a fogueira, e despois marchamos cara á rúa nova.

 eu petei nunha ventá dunha casa para despertar a xente. Ía empezar a correr e tropecei con algo

Estábamos subindo por unha costa, cando de pronto eu petei nunha ventá dunha casa para despertar a xente. Ía empezar a correr e tropecei con algo e caín en plena rúa. Miráronme cair Vanesa e María Xosé. Vanesa chamou por Pablo que ía cos outros máis arriba e despois veu Pablo pero eu xa me levantara e empecei a correr. Pasaron uns  minutos e doíame moito o cóbado; tíñao sangrando. Como estabamos moi lonxe das nosas casas a miña amiga Vanesa tiña no bolso unha colonia e unhas gasas: para desinfectalo botoume colonia no cóbado e eu berraba porque doía. Despois tapeino, porque senón rozábame co xersei.

 Seguimos ``roubando´´ portais.  Logo cando chegamos á Rúa Nova pasou por onde estabamos nós unha moto onde ían dous rapaces: o que conducía ía bebido e caíron  da moto. Nós fomos a xunto deles a preguntarlles se se mancaran. O que conducía dérase no xeonllo e ao outro non lle pasou nada, e despois marcharon.

 En vez de chamarlle a noite de San Xoán podíamos chamarlle a noite das caídas.

 

 

¡GAS, PISTÓN!

Andrés Bacelar 4ºB

 Meus avós viven en Darbo, unha zona de Cangas.Este verán fomos eu e meu primo a durmir alí.

 Como aínda faltaba unha hora para cear montamos a playstation...

O primeiro día chegamos pola tarde e preparamos as habitacións onde iamos durmir, tamén vaciamos as mochilas e gardamos a roupa no armario. Como aínda faltaba unha hora para cear montamos a playstation e xogamos un rato, ata que baixamos a cear.

 Mentres ceabamos meu avó púxose a contamos historias de cando el era rapaz, entre eles xogos típicos de alí, como unha especie de brilé que era bastante interesante, sobre todo porque o que se tiraban uns a outros eran farrapos enrolados e mollados para que foran máis pesados.Ao rematar a cear marchamos a

durmir.

 Ao día seguinte pola mañá, despois de almorzar, encontramos un

triciclo da miña prima e fomos con el ao adro que queda ben cerca da casa da miña avoa. Alí tirámonos co triciclo por varias costas: habíaas de asfalto de pedra e de terra, e podían ser pronunciadas, longas ou chás. Foi divertido pero acabamos moi feridos.

 ...decidimos facer unha carrilana collendo cravos e madeira e as ferramentas do meu avó.

 Como nos pareceu un xogo entretido e o triciclo non era moi seguro decidimos facer unha carrilana collendo cravos e madeira e as ferramentas do meu avó.

 Ese mesmo día fixemos o chasis cos materiais que tiñamos, pero

faltábannos as rodas e os asentos. As rodas collémolas dun carro de bebés e o asento dunha cadeira vella que había na casa.

 Rematamos o traballo á noite e non nos deu tempo a estreala. Xa na cama cavilamos en que a carrilana non tiña nome. Despois de deliberar un bo rato decidimos bautizala co nome de "ROAD FORCE ONE" que deriva de “AIR FORCE ONE”, que é o nome do avión do presidente dos Estados Unidos.

 O resto da semana dedicámola a tirarnos a gas pistón co “ROAD FORCE ONE”.

 

RELATOS DE MARIÑEIROS

Pablo Novas

  Contáronme que un home da miña familia ía pescar diariamente nun barquiño , por iso lle chamaban barcos do día , porque van e veñen cada día.

  Cada día, polo mar adiante ían tirando as nasas, ían deixando as boias por riba , para despois , ó rematar esa faena, marchar cara á Illa de Ons; comían alá e cando vían que era a hora, que xa os peixes tiveran tempo de picar, collían o barco de novo e viñan recollendo  as nasas dende onde as deixaran.

 Máis tarde volvíanas botar e volta a poñer rumbo á Illa de Ons. Repetían unha e outra vez a mesma faena.

 Logo, á tardiña, rondando  arriba ou abaixo das sete do serán, encamiñábanse de volta a recoller as nasa por última vez para levalas xa ao peirao.

        Aquel fora un bo día, tiveran sorte de que pescaran moito e de volta á casa traían moito peso; parecía que o barco resistía, aínda que viña medio escorado. De súpeto, o barco comezou a coller auga por un costado, non lle puideron valer e foron ó fondo.

 Como todo foi tan rápido, non lles deu tempo a facer nada, estiveron loitando co mar case dúas horas. Por fin outro barco que pescaba por alí, decatouse de que había homes na auga e acudiu a rescatalos todo o rápido que puideron. tiveron moita sorte, a ningún dos que ían co meu familar lles pasou nada, aínda non era a súa hora.

De alí a uns cantos días, os mergulladores foron ver se atopaban o barco no lugar onde ocorrera o naufraxio, e alí estaba esperándoos, atopárono; pero estaba moi difícil de rescatar. Volveron subir e dixeron que onde estaba non era posible subilo, poi atopábase a moita fondura.

 Correron unhas cantas semanas e un día decidiron baixar de novo ata  onde estaba o barco. Os homes viron entón que, coa marea, o barco se movera, e alí  onde  as correntes mariñas o arrastraran si que habería posibilidades de arrastralo.

 Os mergulladores colleron as cordas dun barco coa intención de enganchalo, e case o conseguiran co guindastre, pouco a pouco o ían subindo, ó final xa estaba arriba.

 Que mágoa ó velo!. Aquel barco estaba case todo desfeito de andar a rolos polo mar.  Canta forza ten o mar!

 Os mariñeiros entraron no seu barco a ver se atopaban algo de valor, e alí estaban as botas e as mochilas que deixaran na bodega…

Así son as cousas e a vida dos mariñeiros.

 

                         Vela na escola

 Andrea Bacelar e Andrea Otero 2ºA

 Un día de marzo os nosos mestres comentáronnos que organizaran a Vela na Escola. Un curso para que os rapaces de primeiro e segundo da E.S.O. se interesen polo deporte da vela.

 Primeiro viñeron darnos unha charla. O día que viñeron trouxeron un optimist (barco onde só vai un tripulante) e ensináronnos as partes básicas do barco e como manexalo. Dixéronnos que o máis importante é saber o que é orzar e arribar. Arribar é arrimar o temón cara a ti e orzar é o contrario.

 Despois chegou o día da nosa primeira saída en barco, na praia de Beluso.

 Cando xa estabamos preparados fomos o pantalán e observamos como os monitores montaban os barcos. Pareceunos algo complicado.

 Logo tocounos embarcar, ó principio tiñamos algo de medo, pero fomos collendo confianza e ata nos atreviamos a somerxer a cabeza baixo a auga.

 O noso monitor, Iñaqui, ensinounos a levar o barco e como movernos para que non volcara. Pasamos dúas horas moi divertidas navegando.

 O segundo día non había moito vento pero tamén o pasamos moi ben porque xogamos a salpicarnos cos achicadores uns contra os outros. O mellor era cando viñan os Toños na zodia cos achicadores e nos deixaban pingando. Nesta guerra de auga hóuboos moi agudos, quitaron a vela maior e metéronnse debaixo dela para que non os mollaran.

 Coa calor acabamos por tirarmos ao mar, a auga estaba un pouco fría e enseguida veu a zodia e levounos de volta ao noso barco. Estivemos un rato máis navegando e voltamos a terra. Tamén nos despedimos dos monitores que pensabamos que non íamos volver ver.

 No colexio, mandáronnos facer un debuxo que tivera que ver coa volta ao mundo de vela, que sae dende Galicia. Era para un concurso, no que podíamos conseguir unha semana en Vilanova de Arousa practicando vela. A profesora de galego tamén nos dixo que podíamos facer unha redacción sobre o mesmo tema, para o mesmo concurso.

 Mentres nas clases de plástica, facíamos uns “collages” por grupos, na casa faciamos os individuais.

 Como tardaron bastante tempo en darnos os resultados do concurso, pensamos que non quedaramos seleccionados. Pero por sorpresa, nunha clase, apareceu a directora e deunos a noticia de que uns debuxos, dérannos a oportunidade de pasar á segunda fase.
Puxéronnos como data do 18 ó 22 de Abril.

 ¡Por fin chegou o día! Aínda que a saída estaba prevista para as 9:45, ás 9:30 xa estabamos todos no instituto. 

Ao ir entretidos, a viaxe fixosenos moi curta.

 Cando chegamos, o primeiro que fixemos foi ver os cuartos e deixar as maletas. Polo que oíramos, pensamos que ía estar moi mal e podería haber ata bichos, pero non estaba tan mal, todo o contrario. A nós gustounos máis ca o da neve, porque alí había un xardín fermosísimo e tiñamos pistas para xogar ao futbol e ao baloncesto.

 Despois coñecemos aos monitores, algúns eran os mesmos que en Beluso e outros non, pero todos eran moi bos e tratáronnos ben.

 Dous monitores fiséronse cargo de ensinarnos todo o albergue. Tamén nos informáron dos grupos que fixeran para ir nos distintos omegas.

 Cando xa estaba todo listo, baixamos os barcos á praia, e puxémolos coa proa cara o vento. Alí cada monitor explicounos todas as partes que ten un barco e como montar as súas velas. Tamén nos dixeron que atenderamos porque os demais días o tiñamos que facer nós sós.

 Todos os días saímos a navegar sobre 3 horas. A maioría dos días fixo moito vento, pero o peor foi un no que non parou de chover. Pasamos moitísimo frío. Algunhas das embarcacións tiñeron mala sorte e volcaron.

 Polas tardes tiñamos uns talleres sobre o medio ambiente. Cando facíamos cousas manuais era moi divertido, pero nas charlas que nos daban case quedabamos a durmir do aburridas que eran. Das actividades manuais saiamos todos manchados, pero valía a pena.

 Dúas tardes, ao acabar o taller ambiental, ensináronnos a facer nós mariñeiros. Uns moi bonitos coma o “San Francisco”, e outros moi útiles coma o “As de Guía” (que é o máis importante porque é co que se ata a vela).

 Xa os últimos días algúns dos alumnos (os máis baixos, porque os altos non collían) foron en óptimis. Neles moitos tiveron anecdotas moi interesantes. Tamén se organizou un campionato de tenis de mesa. Nós non xogamos, pero estivemos animando aos compañeiros.

Na última noite, organizaronnos unha festa de despedida. Foi onde se xogara ao tenis de mesa, a escuras e coa música moi alta. O malo foi o último día. Todos tiñamos moita pena por ter que volver á clase, e sobretodo por ter que despedirnos dos monitores, que nos caían tan ben.

Foi unha experiencia moi bonita que nos gustaría repetir.

A nós o que máis nos gustou foi practicar vela ¡é moi divertido!

Todo foi xenial. As charlas, eran aburridas, pero aprendemos moito e valeu a pena.

 

VIAXE DE ESTUDOS 2005

PARÍS - BRUSELAS

 

ENTREVISTA CON GEORGES MOUSTAKI

Iria Rey – Aida Cruz 4º B. Sabela Pérez 4ºA

 

O pasado 2 de Novembro, os alumnos de Sección Europea de Francés reuníronse con Georges Moustaki, un famoso cantautor francés de 72 anos, que amablemente acudiu ao albergue de París onde se hospedaban para recibilos e concederlles unha entrevista. Foi arredor dunha hora, que pasou voando, co “Métèque” da música francesa na que coñeceron un pouco máis a fondo a súa traxectoria estudada anteriormente.

Descubriron que na súa extensa traxectoria musical traballou con cantantes españois como Paco Ibáñez, Joan Manuel Serrat, moi coñecido en Francia xa que viviu alí algúns anos na época de Franco e expresaba libremente as súas opinións, Ángela Molina... Tamén traballou con cantantes franceses como Édith Piaf -a artista estudada na anterior viaxe de estudos e coa que tivo un  romance-, Georges Brassens, Barbara, Reggiani, etc. Tenlle un gran aprezo a Georges Brasses, xa que foi o que o incorporou ao mundo da música e aparte considérao un dos mellores artistas. Os temas máis significativos das súas cancións son as emocións. Nos próximos meses ten programado dar concertos nalgúns países como España, Francia, Canadá e Alemaña entre outros

 A súa traxectoria cultural é moi ampla. Percorreu medio mundo e fala moitos idiomas (francés, grego, español, árabe...). Naceu en Alxeria e hai 54 anos que vive en Paris, na Illa de San Luís. Non só se dedica á música, tamén pinta. Os seus pintores favoritos son Van Gogh, Matisse, Picasso... E os escritores que máis lle gustan son Jorge Amado e o español José Luís Sampedro. Tamén descubriron que o único tipo de literatura que non lle gusta son os cómics. Os seus recunchos preferidos de París son o Barrio Latino, os Campos Elíseos, a Torre Eiffel e Montmartre entre outros.

 Nin as leis, nin a autoridade, nin nada deben facer cambiar a opinión dunha persoa.

 Na entrevista, cada alumno colaborou cunha pregunta en francés xa preparada anteriormente na clase. Algunhas das respostas que máis lles impresionaron foron as relacionadas coa súa vida. O máis importante para el na vida é a liberdade por cima de todas as cousas. Nin as leis, nin a autoridade, nin nada deben facer cambiar a opinión dunha persoa. A propia conciencia é a que debe rexer os actos propios. Outras cousas importantes na súa vida son a amizade, o amor, a creatividade...

 Ao final da entrevista regaláronlle uns debuxos feitos por alumnos de Educación Plástica relacionados coa súa canción máis significativa “Le Métèque” e cantaron con el as súas cancións.

 

 

Agardando.

Iria Rey 4º B

Xosé era moi novo, aínda Eran as seis da mañá da véspera de Nadal. Era un día de inverno como moitos outros para un mariñeiro. Había nortada e a néboa non deixaba nin ver a illa ni a costa de enfronte. As ondas do mar petaban nas rochas do peirao fortemente.

 Xosé tiña previsto partir esa mesma noite as 12 pero o temporal demorou a saída. Os mariñeiros do “Maruxiña” advertiran da perigosidade a que se ían enfrontar se partían cara “O gran Sol”. Alí o mar é moito máis bravo e perigoso. O patrón negoullo díxolle que pasaran temporais moito peores e saíran daquela. Nada fixo paralo. Aos cinco minutos partirían rumbo norte.

  Xosé era moi novo, aínda que levaba anos no mar. Era fillo de nai solteira. A súa nai queimárase na fabrica cunha caldeira e estivera a piques de morrer. Como non lle daba para comer deixou a escola e púxose a traballar. Dende aquela non pasou mais de dúas semanas na casa.

 Aurora, a súa moza, despedíase del entre bágoas. Sabía que non o ía ter e ía pasar o Nadal lonxe del. Unha despedida rápida. Ao pouco tempo xa non se miraba o barco pola néboa.


 A rapaza tiña medo. O patrón tiña fama de arriscado. Perdera varios homes. Pero Xosé xuroulle que regresaría e casaría con ela. Ás dúas noites chamaríaa para dicirlle que tal ían as cousas.

 Ao día seguinte, cando se ergueu cedo para ir á lonxa, corría un rumor.

 Pasaron as dúas noites e esperaba a chamada angustiada, eran as dúas da mañá e o teléfono seguía no seu sitio. Estaba preocupada pero pensou que terían traballo e non podería chamar. Ao día seguinte, cando se ergueu cedo para ir á lonxa, corría un rumor. Había varias mulleres que non recibiran a chamada do seu home. A preocupación creceu mais. Foron correndo a casa do armador e dixo que esa mesma noite ía tentar chamalos. Pero foi en van.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os días pasaron e nada se sabía de eles. Un barco que regresaba de Noruega cruzouse con eles ao día seguinte de partir. Había moito temporal. As mulleres estabas desesperadas. Ningún outro barco os conseguira ver.

 

Pasaban os días e con eles crecía o desgusto, e diminuía a esperanza. Rumoreábase que tiñan escangallado o aparello de comunicación, que sufriran unha avaría, que se desorientaran ... Mil cousas, pero só eran rumores. O día previsto da chegada todo o mundo os esperaba no peirao. Moita xente cansada da espera regresou a casa. Pero Aurora seguiu alí toda a noite.

 

Cada noite acercábase ao peirao para esperar a Xosé. Prometéralle regresar e ela sabía que regresaría. Pero ás veces as promesas non se cumpren. A xente chamábaa tola. Pasaba horas mirando o mar, esperando o seu Xosiño como ela lle chamaba. Pero Xosiño non regresou. Ela non cría crer peor. O barco desaparecera sen deixar rastro. Algo tan diminuto no inmenso... Que non parece tan raro.

 

Non sei se estaba tola ou non pero acabar, acabou tola. Sempre estaba sentada no penedo mirando o horizonte por onde marchara o barco. Ría, falaba, choraba e cantaba soa. Tiña o mesmo vestido. Pasaron anos e non faltaba noite que non a toparas a ela alí. Unha noite, sen máis, desapareceu. Nada se volveu saber de ela. Pero dixera a un neno que ía ir xunto seu Xosiño. Que a estaba esperando para casar con ela moi lonxe. Din que se tirou no mar e afogou e as correntes levárona lonxe...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VIAXE DE ESTUDOS 2005

PARÍS - BRUSELAS

 

ENTREVISTA CON GEORGES MOUSTAKI

Iria Rey – Aida Cruz 4º B. Sabela Pérez 4ºA

 O pasado 2 de Novembro, os alumnos de Sección Europea de Francés reuníronse con Georges Moustaki, un famoso cantautor francés de 72 anos, que amablemente acudiu ao albergue de París onde se hospedaban para recibilos e concederlles unha entrevista. Foi arredor dunha hora, que pasou voando, co “Métèque” da música francesa na que coñeceron un pouco máis a fondo a súa traxectoria estudada anteriormente.

 Descubriron que na súa extensa traxectoria musical traballou con cantantes españois como Paco Ibáñez, Joan Manuel Serrat, moi coñecido en Francia xa que viviu alí algúns anos na época de Franco e expresaba libremente as súas opinións, Ángela Molina... Tamén traballou con cantantes franceses como Édith Piaf -a artista estudada na anterior viaxe de estudos e coa que tivo un  romance-, Georges Brassens, Barbara, Reggiani, etc. Tenlle un gran aprezo a Georges Brasses, xa que foi o que o incorporou ao mundo da música e aparte considérao un dos mellores artistas. Os temas máis significativos das súas cancións son as emocións. Nos próximos meses ten programado dar concertos nalgúns países como España, Francia, Canadá e Alemaña entre outros

 A súa traxectoria cultural é moi ampla. Percorreu medio mundo e fala moitos idiomas (francés, grego, español, árabe...). Naceu en Alxeria e hai 54 anos que vive en Paris, na Illa de San Luís. Non só se dedica á música, tamén pinta. Os seus pintores favoritos son Van Gogh, Matisse, Picasso... E os escritores que máis lle gustan son Jorge Amado e o español José Luís Sampedro. Tamén descubriron que o único tipo de literatura que non lle gusta son os cómics. Os seus recunchos preferidos de París son o Barrio Latino, os Campos Elíseos, a Torre Eiffel e Montmartre entre outros.

 Nin as leis, nin a autoridade, nin nada deben facer cambiar a opinión dunha persoa.

 Na entrevista, cada alumno colaborou cunha pregunta en francés xa preparada anteriormente na clase. Algunhas das respostas que máis lles impresionaron foron as relacionadas coa súa vida. O máis importante para el na vida é a liberdade por cima de todas as cousas. Nin as leis, nin a autoridade, nin nada deben facer cambiar a opinión dunha persoa. A propia conciencia é a que debe rexer os actos propios. Outras cousas importantes na súa vida son a amizade, o amor, a creatividade...

 

Ao final da entrevista regaláronlle uns debuxos feitos por alumnos de Educación Plástica relacionados coa súa canción máis significativa “Le Métèque” e cantaron con el as súas cancións.