REVISTA UMBRELA  Nº9.

IES ILLA DE ONS. BUEU. GALIZA.  ANO 2007

 

Umbrela 9

I.E.S. Illa de Ons. Bueu. Xuño. 2007.

 

 

 

Cartas de amor+ Grupo Manxadoira+ O medo+ Lembranzas da primeira escola+ Viaxes: Barcelona,  Marsella, León+ Acrósticos+ Entrevista á directora, Concha Solano+ Un reloxo moi caro+ Punkto de Mira+ Historias do mar+ Encrucillado.

 

MANXADOIRA

ANXO RODRIGUEZ RODRIGUEZ 4ºA

Actualmente, a banda de gaitas na que participo, está nun proceso de renovación. O até hoxe director da mesma, "Lito", ten dificultades persoais e decidiu deixar a banda,  o dito cargo ocúpao un integrante do grupo "Crema de gaita", chamado Marcos Campos. Esta asociación, conta cuns 13, case 14 anos de historia, eu soamente levo catro anos, pero xa me decatei do duro que é intentar manter as orixes tradicionais destes instrumentos, xa que a maior parte das agrupacións, utilizan outro tipo de percusión máis, non sei como o diría, "sonoras", nin técnicas militaristas.

 

            Non tiven ocasión de participar na liga galega de bandas de gaitas na que alcanzou o 5º posto no 1º grao. Agora non participamos nela pero temos plans de volver retomar isto. A ensinanza das pezas, así como os arranxos das mesmas, está a cargo do propio director, que conta cun repertorio de fermosas pezas. A progresión da banda ao longo dos anos é debida ao esforzo de todos os compoñentes nos ensaios e nas actuacións. A xente pensa que ti colles unha gaita, enches o fol e xa podes dar un concerto, pero non é así. As horas precedentes á actuación pásanse como dicimos nós, mollando a palleta, isto consiste en tocar coa gaita durante un longo tempo antes do concerto ou do pasarrúas, e afinar continuamente, xa que este instrumento non é fixo, senon que depende moito da temperatura. Podes ter a gaita afinada e pasados cinco minutos xa non está ben, xa que tanto a madeira da gaita como a cana da palleta derivan da humidade, da calor e de todos os fenómenos atmosféricos, así que como comprenderedes, manter a afinación nunha banda de gaitas é moi complicado sobre todo naqueles que están comezando e que, á parte de descoñeceren os coñecementos nos termos de afinación, non teñen un tempero fixo, é dicir, unha presión similar no fol da gaita ao tocar.

 Esta agrupación non é só unha boa banda, senón que o bo humor e a amizade entre os seus compoñentes é de gran importancia para que esta prospere. Hai dous anos, asistimos xunto coa banda "Xarabal" de Vigo -dirixida por Antón Corral e que por certo, foi onde Carlos Núñez comezou- ao Festival Intercéltico de Lorient, dende logo un dos máis importantes festivais neste ámbito. Foi unha experiencia moi bonita, aínda que esgotadora, xa que tiñamos que tocar case a todas horas. Este acontecemento deunos un pouco máis de respecto a nivel internacional neste mundo da cultura tradicional galega. Alí ademais de galegos, había asturianos, irlandeses, bretóns, e outros grandes artistas como o nomeado Carlos Núñez, Susana Seivane...

   Eu admiro moito ao ex director da banda, que ademais de ser un gran gaiteiro e compositor é unha excelente persoa, con el pasei tardes e tardes, con aquelas pezas que non me daban saído e, coa súa incansable paciencia conseguía aprenderme as obras.

 Os nosos instrumentos, son todos de ámbito tradicional, as gaitas correspóndense coa tonalidade de si natural, combinadas con fa e mi. Os tambores e as pandeiretas son de coiro. Tamén temos outros instrumentos que empregamos en certas pezas como o violín, a campá, os charrascos e o pandeiro. Hai pouco sacamos un disco ao mercado, que conta cunhas 10 ou 11 pezas de gran variedade, muiñeiras, rumbas, alboradas..., e coas ilustracións de Camilo Camaño.

  En definitiva, eu animaríavos a que vos introducísedes neste apaixonante mundo da tradición galega. Con esforzo e gusto, todo é posible.

 

CERTAME DE CARTAS DE AMOR

VANESSA MARTÍNEZ RODRÍGUEZ  4ºB

 AO MEU AMIGO,

 Sei que xa falaramos do noso, pero eu aínda sigo namorada de ti.

Sabes que a distancia prohíbenos estar xuntos; á parte dos meus pais.

Quero que saibas que fuches, es e serás sempre o meu amor.

Cada vez que me deito teño medo a espertar, porque polas noites sempre estás comigo;

nos meus soños.

Cada vez que esperto, xa non estás á miña beira.

A culpa tamén foi miña. Ti dixéchesme que me fora vivir contigo, e eu díxenche que non;

agora arrepíntome.

Teño ganas de verte, de estar contigo; bicarte…Que pase polo meu corpo toda a paixón

que sentimos cando nos coñecemos.

Ti cres no amor á primeira vista, e sabes que ese é o noso caso.

Pero temos que matar este amor que ambos sentimos;

non nos poderemos volver a amar.

Temos que esquecer todo o noso!

Quero que saibas que eu non vou ser capaz de esquecerte;

porque nunca quixen a ninguén tanto como a ti.

Voute amar ata a eternidade.

Quérote.

                  Carta de  amor.  

                  Yolanda

Quería  dicirche  que  te  amo,  pero  quédaseme  pequeno,  deberían  inventar  novas  palabras  que  definan  os  meus  sentimentos  de  devoción,  de  entrega,  de  admiración,  de  precisarte  xunto  a  min  cada  segundo.

 Dígoche  que  te  amo,  pero  xa  o  sabes,  parecereiche  unha  pesada,  pero  cando   o  digo  é  por  que  o  sinto  e  este  amor  por  ti  non  para  de  medrar.

Quero  que  saibas  que  o  noso  amor  non  ten  tempos  nin  distancias,  que  é  un  amor  puro  e  cheo  de  ilusión.

 Amarte  en  realidade  é  un  premio,  que  descoñezo  se  merezo,  pero  polo menos  loito  por  merecerte,  é  un  premio,  un  regalo  que  todo  o  mundo  debería  recibir,  pero  que  so  teño  eu.

 Por  deixarme  amarte  douche  as  gracias.

 ...Sempre  te  amarei...

     

  Elena M. G

Ola meu amor,

 

        Espero que neste día tan especial para nós, San Valentín, te acordes do moito que te quero e que sempre vou estar ó teu carón.

        Sinto que non poidas estar aquí, comigo, dándome forzas para sobrevivir.

        Tódolos días, cando me ergo, o primeiro que vexo é a túa fotografía que me sorri desde a mesiña de noite.

        Nese intre póñome a pensar no que estarás facendo nese momento e entón imaxino que estarás pensando en min, e iso alégrame o día.

        Estás presente en todo o que fago. Durante o día e tamén á noite; apareces en todos os meus soños.

        Aínda que estás na distancia, eu síntote moi preto, bicándome, apertándome, susurrándome ó oído todo o que sentes por min, que sempre vas estar ó meu carón...

        Xa sei que isto non é verdade, pero aínda así, eu lévote no máis profundo do meu corazón.

        Lévote desde o primer momento en que te vin, ata agora, e por sempre xamais.

        Nin a monte nos fará olvidar tódolos momentos que pasamos xuntos, as alegrías e as penas, as bágoas e os moitos sorrisos...

        Din que a distancia olvida ata o amor máis profundo, pero eu a ti non te olvido aínda que te saque do mundo.

        Cando mires as estrelas acórdate de min, pois en cada unha delas hai un bico moi forte para ti.

        Só dicirche unha cousa máis: se nalgún momento te sentes mal, pensa que aquí tes a alguén que te vai amar ata o final.

        Quérote moito!

        Moitos bicos.

 

YOLANDA 

Quería  dicirche  que  te  amo,  pero  quédaseme  pequeno,  deberían  inventar  novas  palabras  que  definan  os  meus  sentimentos  de  devoción,  de  entrega,  de  admiración,  de  precisarte  xunto  a  min  cada  segundo.

 
Dígoche  que  te  amo,  pero  xa  o  sabes,  parecereiche  unha  pesada,  pero  cando   o  digo  é  por  que  o  sinto  e  este  amor  por  ti  non  para  de  medrar.

Quero  que  saibas  que  o  noso  amor  non  ten  tempos  nin  distancias,  que  é  un  amor  puro  e  cheo  de  ilusión.

 Amarte  en  realidade  é  un  premio,  que  descoñezo  se  merezo,  pero  polo menos  loito  por  merecerte,  é  un  premio,  un  regalo  que  todo  o  mundo  debería  recibir,  pero  que  so  teño  eu.

 Por  deixarme  amarte  douche  as  gracias.

 ...Sempre  te  amarei...

 

Carta de amor.

Mónica Rodríguez Juncal. 3ºA

 Querido príncipe:

  Non sei que escribirche neste folio, xa que o amor que por ti sinto non podería explicalo con palabras.

 Cada noite nos meus soños imaxino un mundo cheo de fadas, onde ti chegas a buscarme nunca carroza branca como no conto da Cinderella. Entón acontece o inesperado, aparece esa bruxa endemoñada que che rouba o corazón e destrúe os meus soños como destrúe aquel val tan fermoso onde imaxino que ti es a miña outra metade.

 Logo na realidade sigo soñando ese bico que ó final seguirei desexando.

 Porque me quedo abraiada coa túa mirada e a miña sen ti non sería nada.

ESCALADA

 Carla Santomé Couso

 O pasado mes de maio fomos de excursión a Donón que esta situado en Hío, marchamos ás nove e media da mañá e eramos un montón de alumnos, en total eramos dezaoito. O material que utilizabamos era un arnés e un oito, e o profesor que nos aseguraba tiña un arnés e un grigri, a corda que usabamos era especial para escalada.

 Cando chegamos deixamos as mochilas e eliximos os grupos, primeiro fomos as rapazas, que eramos as seguintes: Davinia, Alba, Sonia, María, Carla, Andrea, Vanesa, Sara e Cristina. Os rapaces foron pola tarde, e pola mañá foron andar até un monte. Os rapaces antes de marchar foron xogar ao fútbol. Viñeron dous mestres e unha monitora, os mestres eran Toño e María, e a monitora era Susana.

 

Á unha e media rematamos de escalar as rapazas e comenzamos a comer, cada un poñíase onde quixese. Pola tarde fomos todas as rapazas coa mestra María a andar até o monte, menos Davinia que estaba moi cansa porque escalara máis que todas as rapazas. Os rapaces que ían escalar eran os seguintes: Daniel, Josué, Raúl, Carlos, Javier, Ivan, Adrian, Oliver, Laura.

Cando iamos andar, iamos falando e contando aventuras, ao chegar arriba observamos todas as vistas e comenzamos a chamar polos de abaixo, mentres outras tomabamos o sol nas rochas que había por alí.

 

Ao baixar encontramos un insecto que estaba ferido no chan. Cristina e mais Vanesa foron na súa procura  e conseguiron a sua salvación. Ao chegar abaixo o mestre díxonos se alguén quería seguir escalando.  Adrián e Davinia intentaron escalar pola zona máis complicada, Adrián si foi capaz de chegar.

Cando estabamos nas rochas encontramos un lagarto que era case como una rata de grande, algúns intentaron collelo pero o lagarto foi máis listo ca eles, xa que quedaron no intento, mentres que o lagarto saíu con seu, que era escapar.

 

Entre unhas e outras chegounos a hora de marchar, co cal, o comezo da hora da foto colectiva pa levarnos un recordo.

De camiño ao autobús, topamos cun burro e algúns foron xunto el , e outros foron co mestre a unha fonte cercana, a beber e mollar a cara ou a cabeza,ao acabar metémonos no autobús, co cal era o momento do final da xornada comenzamos o camiño para a casa.



CREACIÓN                                                                        O MEDO

 A quen non se lle xeou o sangue nalgunha ocasión ao escoitar unha porta que se bate na noite?

Quen non viu sombras malignas de asasinos que nos perseguen para matarnos?

O medo á morte, o temor ao inferno, quen se libra desas sensacións?

Creo que ninguén é capaz de aseverar: “eu nunca tiven medo”.

Unha alumna de 3º ESO, JESSICA BARREIRO, vainos mostrar, nun exercicio de creatividade, cáles son os seus principais temores comparándoos cos da súa avoa.

 Eu teño medo…                                 A miña avoa tenlle medo

 A perder aos que quero,                                       Á Santa Compaña,

a que non me queiran,                                         a que as miñas amigas

a atoparme soa no medio do monte,                  me fagan trasnadas,

a morrer,                                                               ás píntegas,

a engordar máis da conta,                                   á escuridade,

a mirar as estrelas sen ninguén ao meu              á soidade,

arredor,                                                                 a morrer atragantada,

a voar entre as nubes,                                          á tronada.

a levar un golpe e non despertar,

a levantarme polas mañás e

non mirar a miña nai almorzando,

a que me digan que meu pai non

volverá do mar,

a non ser ninguén o día de mañá,

a non poder ser feliz,

a quedar en vergoña,

a atoparme arredor da cama con serpes,

a morrer afogada no mar, na bañeira,

a ser envelenada por seres que quero,

a casar doutra cor que non sexa o branco,

a que me violen,

a que meu avó descanse e a que non

estea descansado,

á Santa Compaña,

a que as miñas amigas me fagan trasnadas,

ás píntegas,

á escuridade e á soidade,

a morrer atragantada,

á tronada.

UN DÍA DE RAFTING

María Villanueva González 4ºB


O pasado día 13 de abril fixemos a nosa segunda excursión para facer rafting e senderismo. Saímos as nove da mañá do instituto uns trinta alumnos e os profesores de ximnasia e relixión, Toño e Jesús.


Tiñamos que levar dous pares de tenis e calcetíns, e unha camiseta para poñer por debaixo do neopreno. Tamén algo de comida.

 


O chegar o lugar, collemos o material nunha caseta e nos separamos en dous grupos. Os de terceiro foron facer orientación, e nós, os de cuarto, fomos a rafting.





Separámonos en tres balsas. Na miña fomos Carla, Sheila, Roci, Javi, Oliver, Alba, e unha monitoria que se chamaba Conchi. Sempre fomos por diante dos demais. Bueno, antes de comezar Conchi deunos unha serie de indicacións para que superamos qué facer en caso de caír. Tíñamos que por as mans en cruz diante do peito e as pernas encollidas. Ademais díxonos que non nos puxéramos nerviosos.



Cando íamos baixando polo río chocamos cunha roca. Eu agarrei a Roci para que non caira; entón soltei o remo e caeu a auga. A que si caeu foi Carla, tivo que nadar a contracorrente. Rímonos moitísimo.


Na metade do río topamos remuíños. Entón tíñamos que remar moi forte para que non nos levara a corrente. E nese momento sentimos algo, miramos para atrás e o profe de reli estaba na auga. Os rapaces que ían con el non lle fixeron caso e tivemos que ir nos a rescatalo. . Subímolo a balsa agarrándoo polo chaleco.



Seguimos baixando e topamos unha rocha. A monitora preguntounos se queríamos tirarnos e dixemos que si. O profe de reli subiu con nos, pero antes de tirarse deulle vértigo e tivo que baixar.


A chegar o final do río fixemos abordaxe, é dicir, xogamos a pasar dunhas balsas a outras como se fóxemos piratas. Chegamos primeiros, pero o intentar atracar tivemos un accidente. Non fomos capaces de endereitar a balsa e chocamos contra unha árbore.

 

A continuación duchámonos e fomos facer orientación e o outro grupo foi facer raffting. Nos fomos as primeiras en chegar outra vez, con vinte minutos de antelación en comparación os outros grupos. O chegar comemos e montamos no autobús. Este levounos a un lugar onde nos deixou e fomos facendo senderismo hasta Tui onde estaba de volta o autobús esperándonos. Chegamos o instituto as nove menos vinte.


Foi unha excursión moi divertida e encantaríame volver a repetila.




PRIMEIRO  B   OPINA SOBRE O TABACO

Queredes saber a miña opinión?  Pois a min paréceme unha parvada, porque prexudica a saúde, gastas os cartos e ata sabe mal…sí, xa sei o que estás pensando ti que fumas, tamén a ti , seguro que che soubo ben mal ata que te enganchaches.

 

             Dixéronme que contiña alquitrán, sabías iso? Si, si, o pichi das estradas que ti pisas, e tamén que lle botan aditivos, como a nicotina que é o que te engancha a fumar e fumar, cada vez máis se non te dás conta a tempo e deixas cando aínda che resulta fácil.

 

            Daniel Núñez

 

 

FUMAR…Un vicio mortal!

 

            Eu persoalmente penso que fumar é unha tontería. É unha perda de cartos e de vida. Fumar non leva a nada bo, senón que ata pode producir cancro e acortarche a vida.

 

            O que me parece triste é ver a xente da miña idade e aínda máis nova que xa fuma. Comézase por un cigarro e ás veces séguese por un porro e non poucas veces , remátase ,cando menos nun centro de desintosicación.

 

            Teño familiares fumadores e cando fuman ao meu carón, moléstanme moito , pois fanme respirar ese fume que é un veleno.

 

            Agora ata sae na radio , na televisión e na prensa as porcentaxes

 

 

de mortes e enfermidades graves  a causa do tabaco. As unidades

 

sanitarias infórmannos sobre o seu perigo e ata nos paquetes de tabaco hai grandes advertencias:

 

            Fumar pode matar!

            Fumar pode ser causa dunha morte lenta e dolorosa!

Pero aínda así hai quen non fai caso destas advertencias.

 

            Aarón Paz

 

            Todos din que agora os rapaces e rapazas empezan a fumar moi novos. Coñézoos de once, doce e trece anos. Ó final, estes rapaces/as non se sabe como acabarán…Seguramente que con algún problema  producido polo tabaco.

 

            Hoxe en día o tabaco non se lles pode vender aos menores, pero en moitos sitios non hai ningún problema para conseguilo aínda que se sexa menor de idade.

 

 

            Sei de algún fumador que cando non ten tabaco ponse nervioso e sente ansiedade. O ellor é non empezar a fumar

 

            Inma Vidal

 

            É incrible pensar que hoxe con tanta información sobre o tabaco, haxa fumadores que non sexan conscientes do dano que lles pode producir o tabaco, parece que lles dá igual agora, despois, cando o tabaco lles pase factura, é cando se van arrepentir e ó mellor xa é tarde.

 

Os fumadores que o queiran deixar, teñen moitos sitios onde acudir para que lles axuden, pois ao fin e ao cabo é unha droga e é difícil deixalo

 

            Yolanda Gallego

 

 

 

 

 

 

            Pensándoo ben, para que serve fumar?...Para nada…, bueno, para encher os pulmóns de fume,para deixar mal cheiro por onde pasas, para molestar os que están ao teu lado ,que lles obrigas a fumar sen querelo, para gastar os cartos, para , se cadra, perder a saúde…, para ningunha cousa boa.

 

            Flavia M. Vidal.

 

Lin que o tabaco é especialmente prexudicial para os nenos, xa que lles impide medrar con normalidade e por exemplo realizar un deporte de forma normal.

 

           

As persoas que fuman prexudican as que non o fan se están respirando ese fume durante moitas horas seguidas, din que é tan malo como fumar  e chámanse fumadores pasivos.A pesar de todos os danos que provoca o tabaco está ao alcance de todos, incluso dos nenos.

 

            O peor do tabaco é que causa dependencia nas persoas que o consomen. Unha persoa fumadora faise dependente do tabaco, de xeito que necesita fumar diariamente unha cantidade porque se non , sente ansiedade, ponse nerviosa e non pode comportarse normalmente.

 

            Nuria Otero

 

 

 

           

 

Hoxe os fumadores empezan demasiado novos a fumar, aínda non se dan conta de que máis adiante cando queiran deixalo vailles  ser moi difícil.

 

            Hai moitas formas de deixalo, na televisión falan de parches, chicles,etc. Tamén hai un libro que fala de cómo deixalo.

 

O que me parece duro é que hai xente que quere deixalo e élle tan difícil que ata lle cambia o carácter e cando están ao lado doutro que está fumando e cheiran o tabaco, sofren moito porque lles dá unha enorme gana de volver fumar.Por iso , eu penso que é moi importante que haxa espazos só para fumadores.

 

O que eu penso sobre o tabaco e os fumadores é que se aínda temos a sorte de non ter empezado a fumar, non debemos nin probalo, nin de broma, así non teremos o difícil traballo de deixar de fumar.

           

Nerea Estévez

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Moléstame moitísimo o fume do tabaco. Eu só pido que á xente que non fume máis e que se acabe o tabaco dunha vez para sempre. Eu non sei que chiste é ese de andar co pitillo todo o tempo , para min iso é unha parvada. Teño moi claro que eu nunca fumarei na miña vida. Para que necesitamos o tabaco?. Nós para nada, só o necesitan as tabaqueiras para gañar o diñeiro a costa dos que fuman.

            Sheila Dios

 

O ano pasado saiu unha lei que dicía que non se podía fumar nos centros de traballo e tampouco nas cafeterías e restaurantes. Estes tiñan que amañar  uns lugares separados dos  non  fumadores  e a gran maioría dos bares puxeron o cartel de “Aquí pódese fumar” co medo de que perdían clientes.

 

            Nos medios de comunicación fan propaganda para que a xente se conciencie de que hai que deixar de fumar e informan dos medios que hai para deixar de fumar.

 

            Eu sei que o tabaco é moi prexudicial  para todos e sobretodo para os rapaces/as ,espero non fumar nunca.

 

            Rocío Nogueira

 

 

CREACIÓN                                                  VIAXE A BARCELONA

 Os alumnos de 4º ESO foron de excursión a esta cidade da costa mediterránea. Sonia Otero e Neves Otero, alumnas de 4º A, aportan a súa particular mirada sobre a principal urbe catalá.

   

  SONIA OTERO:

Mirando cara a atrás encontro na miña vida un lugar co nome de Barcelona. Se me dixesen que das palabras dun dicionario escollese cinco e valéndome delas fixese unha descrición de urxencia ou explicase algo relacionado con ese lugar, sería imprescindible que escollese a palabra xente antes que ningunha outra. Porque ao saír do albergue e ao chegar ás Ramblas víase moita xente, especialmente estranxeiros que, coma nós, estaban pasando uns días. En segundo lugar tería que escoller metro, porque o colliamos para desprazármonos dunha parte a outro da cidade. Para min era moi divertido xa que nunca subira nun. As tres últimas serían Parque Güell, Barceloneta e Pedrera; porque foron os tres recunchos da cidade que máis me gustaron. Por iso vos recomendo a todos que tomedes un respiro nas vosa vidas e vaiades descubrir a beleza da cidade condal.

 

 NEVES OTERO:

Mirando cara a atrás atopo na miña vida unha cidade co nome de Barcelona. Se me dixesen que das palabras dun dicionario escollese cinco e valéndome delas fixese unha descrición de urxencia ou escribise algo relacionado con ese lugar, sería imprescindible que escollese a palabra cosmopolita antes que ningunha outra. Porque paseando polas Ramblas encontrabas xente de todas as partes do mundo. En segundo lugar tería que elixir luz, xa que pola noite a urbe permanecía iluminada por moreas de luces de cores, de anuncios de comercios… En terceira posición estaría limpeza, pois algo que me sorprendeu foi ver que polas rúas non había ningún papel tirado, nin vías a ninguén botando porquería no chan. En cuarto posto podería estar trafego, porque é o que había a certas horas do día, sobre todo pola tarde. A xente pasaba correndo coa mirada cara ao chan, cruzando os semáforos en vermello; un pouco caótico. A última sería beleza, dado que me serve para describir eses pequenos currunchos espallados por Barcelona adiante, como o Parque Güell, a Pedrera… Cando te perdes por eles parece que te metes nun conto de fadas…, con casiñas de chocolate e nata.

 

CINCO PALABRAS PARA DESCUBRIR MARSELLA

Andrea Otero. 3º A

 

 Mirando cara atrás encontro na miña vida unha cidade co nome de Marsella. Se me dixesen que das palabras dun dicionario escollese cinco e valéndome delas fixese unha descrición de urxencia ou explicase algo relacionado con esa cidade, escollería, sen dúbida, a palabra porto, xa que é o máis importante de toda Europa. Encantábame velo todas as mañás ó saír do metro, e dábame unha sensación de liberdade pasear preto del: ver o mar, as gaivotas...; sentir o aire fresco na cara.

 En segundo lugar escollería a palabra sol, porque acompañounos durante toda a viaxe, e nada máis espertar xa viamos os primeiros raios de luz entrar pola fiestra.

 En terceiro lugar escollería a palabra infinito, pois facíaseme eterno todo o que tiñamos que andar para coñecer e ver as zonas importantes e de gran beleza da cidade.

 As dúas últimas palabras que escollería serían metro e amabilidade, xa que o metro era o medio de transporte que utilizabamos todos os días e era moi interesante ver as diferentes estacións. As súas paredes estaban decoradas de maneira diferente en cada estación; cousa que me chamou moito a atención. Amabilidade, porque a xente de alí era moi amable con nós cando lle preguntabamos algo. Trataban de explicarnos todo moi ben para que pudésemos entendelos, aínda que como en todos os lugares do mundo había algunhas “excepcións”.

CRÓNICA DE LEÓN

O vinteoito de Xaneiro, ás tres da tarde saímos dezaoito alumnos de segundo cara León, moi ledos e con moita ilusión.

   Iamos acompañados por Toño, o profesor de E.F. de terceiro e cuarto.

   A viaxe foi bastante longa, xa que case durou sete horas, pero soubemos como matar o tempo: uns escoitaban música, outros xogaban, falaban, e ata durmían.

 

  A nosa chegada foi sobre as dez da noite e o primeiro que fixemos foi coñecer os monitores e monitoras que eran os que nos atendían na nosa estancia en terras leonesas: Alberto, Ana, Érica e Inés.

   O lugar onde pasabamos as noites chamábase Cofiñal; era un lugar rodeado de montañas nevadas e tiña unhas vistas fermosísimas. Ese mesmo edificio estaba separado en dúas “torres”. Separáronnos en varios grupos; por unha banda era malo porque non estabamos cos nosos compañeiros, pero por outra era bo porque coñeciamos xente nova e fariamos novos amigos e amigas.

    Todos os días polas mañás levantabámonos sobre as sete e cuarto para ir almorzar e despoís ir cara á pista de esquí. O almorzo faciánnolo unhas mulleres de nacionalidade estranxeira ,que deberían de ser ,quizais“peruanas” . Comiamos nun restaurante que había perto da pista de esquí, e, a cea volvíannola facer aquelas  mulleres “peruanas”.

    Polas tardes faciamos visitas culturais.

    Os primeiros días de esquí todo o mundo caía sobre a neve e levaba moitos golpes, mais logo despoís, algúns xa eran espertos esquiadores.

    O día trinta de Xaneiro festexamos o aniversario de Elena e pasámolo moi ben.

    A nosa chegada a Galiza foi o dous de Febreiro se non recordamos mal; chegamos cansos ,pero con ganas de volver a unha excursión así.

  

Inés Graña Santos, Sergio Portela Santos,  Yoel Parada Santos  2ºC

Cando fala a experiencia.

Adriana. Profesora de galego.

 Cando somos novos pensamos que o sabemos todo. Por iso, normalmente, non escoitamos nin atendemos as recomendacións dos máis vellos. Di o refrán que “máis sabe o demo por vello, que por demo”; eu así o creo.

 A arrogancia da xuventude adoita cegarnos de tal xeito que non vemos a sabedoría da experiencia. Co tempo cambia a perspectiva.  

 Pedinlle a Dora que lembrase para nós os seus primeiros anos de maxisterio. Primeiro, porque me encanta escoitala, e lendo as súas lembranzas percibo ese ton tan suave no que fala sempre; segundo, porque as súas palabras  veteranas ensinan e sempre ofrecen respostas.

LEMBRANZAS DA PRIMEIRA  ESCOLA

Dora Siota López.

           Carente de experiencia pedagóxica e non  con demasiada ilusión por comezar a exercer unha profesión que non elixira por vocación, senón empurrada polo destino…,pisei por primeira vez o limiar dunha escola de aldea en novembro do ano 1969. A miña primeira escola non era en propiedade,fora  en  substitución  dunha mestra que casara e decidira botar un curso de lúa de mel en Sudamérica.

Atopábase a escoliña ao pé da serra de Covelo, pertencente a Carballeda de Avia nuha aldea arrodeada de mestas fragas de piñeiros e carballos. Ducia e media de casas feitas de cachotes de pedra de cor parda e con ruinoso aspecto, formaban a rúa central daquela aldea,  onde destacaba unha delas, encalada e remozada, pertencente a un emigrante  en Suíza; esa era a que eu alugara, só para durmir, pois o resto do día pasábao na casa escola, algo afastada do centro da aldea.

A miña estadía alí só durou cinco meses. Aquela mociña de cidade  que nunca se vira noutra, non foi quen de superar tan dura proba. Cada fin de semana a viaxe ata aquel lugar era longa e penosa.Un tren ata Ribadavia, corenta e cinco minutos despois,”a linea”, media hora de troupeleo naquel vello autobús ata Carballeda e, alí estaban, sempre que non se botara a  branca alfombra de neve-habitual durante o inverno- os meus fieis alumnos á espera da mestra para acompañala e espantarlle o medo. Eles insistían en facer a pé os catro  quilómetros  de bosque que nos separaban da aldea, e o burro ou o cabalo era para a mestra e a súa equipaxe.

A casa escola atopábase bastante afastada da rúa central da aldea. Constaba de sobrado, que servía de vivenda para a mestra/e e o baixo, frío, húmido e provisto dun material centenario, formaba a única aula que albergaba corenta alumnos con idades comprendidas entre os tres e os doce anos. De tres a cinco anos sen obriga legal de asistir á escola, mais sí había a obriga moral naquela aldea onde só había vellos e nenos, pois os pais estaban emigrados e os avós víanse faltos de tempo para atender os meniños e a labranza.

 Un valo , non moi alto, pechaba un espazo arredor da casa que servía de patio de recreo.  A proximidade dun mesto bosque, no que se oía ouvear o lobo, invadíame de intenso medo e obrigábame a ir contando todos os rapaces ao finalizar cada recreo. Nun recuncho da aula estaba instalada unha estufa de ferro que funcionaba coa leña que cada día apañaban os alumnos. Na entrada almacenábanse varios bidóns de leite en po enviada por Cáritas americana para os nenos de España. Todos os recreos,axudada por dous alumnos do último grao, desolviamos en auga aquel po e quentabámola na estufa para que cada alumno bebera un vasiño de leite quente.

 O mobiliario era ben escaso, quince pupitres bipersonais, toscos, raiados e manchados de tinta, cun burato circular no centro no que encaixaba un tinteiro de cerámica branco para reencher coa tinta  na que se mollaban as plumas para escreber; mais un banco moi longo onde tomaban asento os máis pequenos.

 O material pedagóxico, pouco e estragado polo uso dos anos. Os escasos libros pasaban dos máis grandes aos máis pequeño ao longo dos cursos: “ El silabario”,” El manuscrito”, “El catón” e  a célebre “ Enciclopedia Álvarez” para os máis avanzados.

Para matemáticas, unha dúcia de pizarras rotas e desencadradas, cos seus pizarríns, que nunca chegaban para todos. O único material funxible eran as “libretas” que se aproveitaban ao máximo. A ninguén se lle ocorría arrincarlles unha folla.

Hoxe, sorprende pensar que naquelas condicións, aqueles corenta alumnos nos que estaban presentes sete niveis de ensino, denominados “graos”, puideran aprender…, pois aprendían, eran coma esponxiñas, ávidos de levar para a casa, despois de cada sesión, algunha nova aprendizaxe. Os máis grandes aprendían e axudaban aos máis pequenos e todos, na casa, ao redor da lareira ou ao quente da “ cociña económica”, fartábanse de ler naqueles tres únicos libros de lectura que aquela escola posuía: “Países y Mares”, “Libros de Cosas” e “Viajes por Europa”. Os máis pequechos, sentados no colo das avoas/ós lían no silabario.

 Aqueles avós, cansados do esgotador traballo diario para tirarlles á tera o seu froito, non descoidaban as recomendacións da mestra/e “ Os rapaciños deben ler na casa todas as noites”. Aínda prevalecía a antiga máxima de “magister dixit” (díxoo o mestre) e basta. Aquela era unha escola a escala humana.

 Que cambios …! Que diferenza…!, en non tanto tempo…

Nos tempos que corren a institución escolar penso que está a sufrir a meirande degradación da súa historia. Atrévome a facer esta afirmación se penso que a honorabilidade e a dignidade do mestre, hoxe en día, estase a poñer en tea de xuízo diante dos propios alumnos coa consabida perda de autoridade docente.

 Daquela os pais premiaban cunha man e castigaban coa outra, hoxe, moitos deles, miman pero non educan; obsequian pero non reprenden; fan concesións de todo tipo, pero foxen do diálogo con eles, do esforzo por estreitar máis a convivencia familiar.

Moitos pais parece que queren delegar na escola, no pensamento de que é a escola quen ten a obriga de educar e, tanto na escola coma no fogar, o neno é un ser intocable ao que hai que dar plena liberdade par que sexa feliz…,mais, é efectivamente máis feliz…? Son, hoxe en día, os rapaces máis felices…?

 Educar, instruír, corrixir, non son só tarefas dos profesionais do ensino, senón de todos: mestres, pais, autoridades, organismos institucionais … A sociedade enteira debe involucrarse de xeito máis ou menos directo na tarefa educativa dos que formarán a sociedade do mañá.

A bruxa das pescas

Sara Gómez 1ºA

    Esta interesante historia, contouma un bo amigo do mozo da miña nai. É una persoa bastante interesante, actualmente dedícase a pintura, ten moitos cadros e moi ben pintados, tamén é lobo de mar, chamase Gerardo Pesqueira.

Nunca ocasión hai moito moitísimo tempo, cando el só tiña 22 anos, máis ou menos, despois de haber viaxado moito, chegou aquí, de vacacións. Estivo co seu tío “o Laberco” e él, invitouno a que fora pescar con el, porque non tiña os seus axudantes e claro, pois, aceptou.

 Gerardo, e bastante xente mais, coñecían a popular “bruxa das pescas”, que sempre estaba por alí paseando. Era unha señora, bastante maior, esta señora cando vía que a xente ía pescar, pois ás veces acercábase e desexáballe que pescaran moito. Os pescadores isto non lle gustaba, non querían vela, preferían non mirala porque, cando miraba os pescadores pasar e lles desexaba sorte coa pesca, ese día non collían ni un peixe. De aí é polo que lle chamaban “bruxa”.

 Cando Gerardo e o seu tío saían para ir pescar, de camiño, encontráronse coa bruxa, ela saudou e eles tamén. Eles comentáronlle que ían pescar e a señora díxolles, “a ver se pescades moito, boa sorte.” E cada un marchou cara o seu lugar, mentres que Gerardo aseguroulle ó seu tío que non ían pescar nada, e que si non lle cría, que logo o comprobaría, que o máis seguro era que non pescarían nin un só peixe inda que estiveran todo o día no mar.

  Saíron pescar, ían cara ás alturas do mar e co gran resplandor do día, os dous se puxeron á faena. Ó principio non pescaban, polo que xa se podía sospeitar da “bruxa das pescas”, e estiveron case todo o día no mar, falando e intentando pescar algún peixe, pero non houbo resultado. Volveron a terra sen peixe algún, o tío de Gerardo xa sospeitaba moito daquela bruxa.

 Ese día polo atardecer, volveron intentalo, sairían pescar e volverían o día seguinte. Todo ía con naturalidade e todo bastante tranquilo pero seguían sen pescar. Eles observaban os peixes que se vían nadando polo mar pero non picaba nin un. Mentres estaban intentando pescar, apareceu un gran barco, moitas veces maior co seu, e o barco non os debeu mirar e seguía. Eles afanábanse intentando escapar de aquel xigantesco barco. Por fin conseguiron fuxir del e a eles non lle pasou nada, pero si ó aparello que tiñan para pescar. Bastante angustiados recolleron os trozos que había e foron cara á terra cos trozos do aparello que lles estragara aquel gran barco.

  Ó chegar a terra, deron aquel aparello desfeito para que o amañasen.

  Como de costume, os mariñeiros, falaban das súas pescas, e a case todos lle fora moi ben. Pode que algúns pescaran algo menos pero comparado co que tiñan Gerardo e o seu tío aínda estaba ben. Eles volveron sen peixes nin sequera para comer, mentres que os demais mariñeiros podían vender quilos deles.

    Mentes voltaban, Gerardo díxolle ó seu tío que seguro que fora pola bruxa que viron o día anterior, e molestáronse moito polo que lles pasou.

  Esperemos que non ocorra de novo, porque din que as bruxas non existen pero el Galicia, haber, hainas.


 FIN.  

 

                                 A HISTORIA DA MIÑA FAMILIA

Eloy Agulla 2ºC

3º premio do concurso dos Galos.

          Alá  polos  anos  50,  meu  bisabó  e  meu  avó  traballaban  no  mar,  na pesca  de  baixura.

 Dedicábanse  ás  artes,  un aparello  que  procede  de  Cataluña.  Está formado  por  dúas  mangas  e  ó  final  un  cope.  Era un aparello de grandes  dimensións.

  Para pescar,  deixábase  un  chicote  na  praia  e  íanse  nunha  traíña  a  remos  largando  todo  o  cabo ata  chegar  á  rede.  A  rede largábase  facendo  a  forma  dun  semicírculo.  Botabase  ó  mar  o  resto  do  cabo  ata  chegar  á  praia  onde  xa  estaban  esperando  os  homes  cun  cinto  no que  se  amarraba  o  cabo.  Tirábase  por  el  ata que  do  mar comezaba  a saír  a rede.  Halaban  a  rede  e  recollían  a  pesca  do  cope.

    A  pesca  dividíase,  unha  parte  vendíase  ás  industrias  conserveiras  como Massó  e  a  outra  parte  repartíase  entre  todos  os  homes  que participaban   na  pesca.  Eses homes  eran  os  mariñeiros  e  tamen  moitos  labregos  do  pobo  que  ó  mirar  as  artes  na  praia  baixaban  a  axudar  para  levar  o  seu  quiñón  de  peixe.

  Os  horarios  de  largada  estaban  ben  ordenados  e  todo  o  mundo  os  respectaba.  O primeiro  era  o  denominado  “lance da lus”  (cando  rompe  o  día)  despois  largaban  os  seguintes.  Íanse  rotando  cada  día.

  Na  miña  familia  houbo  moitos  homes  que  tiñan  artes,  o  meu  bisabó  “Antonio Ventura”  e  os  seus  irmans:  “O Feito”,  “O Patron”  e  “Barrabas”.  Tamén  outros  veciños  de  Bueu  como  os  da  “Viuda”,  “Mighelito”  e  outros  moitos.

     As artes tenderon  a  desaparecer  e  reducíronse  a  un  aparello  máis pequeno  chamado  rapeta.  A  rapeta  tamén  era  tirada  dende  a  praia  pero  nesta    participaban  os  propios  mariñeiros  e  xa  non  se  usaba  o  cinto,  tirábase  polo  cabo  coas  mans.  Meu  avó  e  meu  pai  cando  era  rapaz  dedicáronse  á  rapeta.

Máis  tarde  tamén  se  prohibiu  tirar  da  rapeta  dende  as  praias  e  este  aparello  agora  largase  dende  as  embarcacions  e  chamase  boliche.  O  boliche  úsase  no  verán  para  pescar  luras.

 Agora  para  tirar  do  boliche    fan  falla  dúas  persoas  cando  antes  para  tirar  dunha  arte  facían   falla  50  ou  máis.  Así,  foise  perdendo  a  unidade  entre  os  mariñeiros  e  a  xente  do  pobo.

   Meu  pai  e  meu  tio  seguen  con  esa  tradición  de  todas  as  súas  xeracios pasadas.  Eu cando  era  mais  pequeño  ás  veces  no  veran  ía  co  meu  ovó a  pescar  o  boliche  e  de  vez  en  cando  polas  noites  dabamos  un  lance  dende a  praia  coa  gamela.

                                                                     Este é o meu pai cando tiña a miña idade tirando da rapeta na praia de Portomaior.

 

 

               A sesta do meu bisavó

Miriam Seijas 2ºA

2º premio no concurso dos Galos.

 Meu avó, contoume que seu pai ía moito de pesca, seica  

 daquela non había motores e tiña que remar, meu bisavó

 pescaba polbos, para iso utilizaba uns aparellos chamados

 nasas, as nasas íscanse con outros peixes mortos e

 bótanse ó mar, logo os polbos métense dentro para

 comer e xa non poden saír.

  O meu bisavó tiña unha gamela, toda chea de nasas,

 pero sempre, botaba unha sesta mentres esperaba que

 picaran.

 Aquel día facía bo tempo, meu bisavó remou e remou

 ata que lle pareceu que chegara a un bo sitio, iscou as

 nasas  con sardiñas e botounas ó mar, coma sempre,

 pegoulle a fame e comeu un pouco de pan de millo que

 fixera a súa muller e bebeu unha botelliña de tinto que

 como dicía el: era o sangue de Cristo e non podía facer

 mal. Despois de todo isto, pegoulle o sono e púxose a

 durmir. Non se sabe se foi o pan de millo ou se mellor

 foi o tinto, o caso é que durmiu moi a gusto, tanto que

 non se deu conta de que xa pasara a hora de recolle-las

 nasas e ir para a praia onde o esperaba a súa muller.

 Miña bisavoa pola súa conta alarmada, pola tardanza,

 foi á casa dos veciños que, deseguido mobilizaron medio

 pobo para poñerse en busca do meu bisavó, que durmía

 como un neno abordo.

 Contan que despois de tanto susto ó fin atopárono,

 aínda que pensaron que estaba morto xa que non se

 movía, só cando un veciño, lle botou a man chorando a

 mares, el abriu os ollos e dixo: por qué choras Manuel?

 Ó fin, todo quedou nunha anécdota pero miña bisavoa,

 case o mata.

 Dende aquela non lle deixou levar a comida e moito

 menos o tinto, así cada vez que lle pegara a fame tiña

 que volver para a casa.

 

RELATO EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS 

 
Angel Manuel Torres Ferradás. 2ºC

1º premio no concurso dos Galos.

 

  O  meu  tío  Checho  nunca  foi  un  mariñeiro  convencional.  Era   o  compañeiro  de  traballo  dun  veciño  seu,  e  aínda que  a  gamela  coa  que  faenaban  non  era  súa,  el  gobernaba  nela  coma  se  fose  o  mesmo  dono.

   Digo  que  non  era  un  mariñeiro  convencional  porque  pola  mañá  ía  ó boliche,  pero pola  tarde  ían  recoller  algas  para  venderllas  ao  señor  Manolo,  un  home  da  praia  de  Beluso  que,  despois  de  secalas,  vendía  estas  prantas acuáticas a unha  empresa  farmacéutica.

  Debido  a este  dobre  emprego  ao  meu  tío  soían  apodalo o  “Carrumeiro”,  un tipo de  alga.

    Resulta  que,  coma  tódolos  días  despois  de  xantar,  o  meu  tío  Checho  colleu  o  camiño  de  terra que  leva  á  praia  de Tulla  e  subiu  á  gamela  onde  o  esperaba  o  seu  veciño  Ramón.

 Non  había  nin  un  chisco  de  aire  e  o  mar  estaba  en  calma.  O  día  era  soleado  e  as  gaivotas  descansaban  prácidamente  na  punta  da  Juda.

  Nin  o  meu  tío  Checho  nin  o  seu  compañeiro  podían  imaxinar  sequera  que  o  medio  natural  que  lles  daba  de  comer  ía  porlles  unha  proba  tan  difícil  de  superar.

   Sempre  facían  o  mesmo  recorrido.  Saían  da  praia  de  Tulla,  recollían  algas  durante  aproximadamente  dúas  horas  e  despois  dirixíanse  cara  á  praia  de  Beluso  onde  os  esperaba  o  señor  Manolo.

  Pasaron  bogando  pola  punta  da  Juda e  uns  metros  máis  adiante  colleron  cadanseu  bichero  e  comezaron  a  arrastrar  as  algas  e  a  subilas  na  súa  fráxil  gamela.

Cando  consideraron  que  colleron  suficientes  algas  nesa  zona  pasaron  a  faenar  enfrente  da  Praia  das  Nenas.  Había  un  tempo  que  non  arrastraban  algas  nesa  zona  e  estaba  a  rebosar  delas.

 Colleron  tódalas  algas  que  puideron  e  cando  se  dispoñían  a   emprender o  camiño  de  volta  déronse  de  conta  de  que  lles  resultaría  moi  difícil  levar  todo  o  peso  que  tiñan  cargado  na  gamela  ata  terra.

 Comezaron  a  bogar  con  todas  as  súas  forzas  pero  ao  chegar  á  pedra  do  Cabalo  xa  non  podían  máis  e  decidiron  parar  un  pouco  para  discutir  sobre  o  grande  dilema  que  o  mar  lles  propuña.

 Enfrentábanse  a  deixar  parte  da  súa  carga  no  mar  e  voltar  fácilmente  a  terra  ou  tentar,  con  moito  esforzo,  volver  a  terra  con  tada  a  súa  carga  arriscándose  a  que  a  súa  débil  embarcación  se  afundira.

 Falaron  durante  media  hora  do  tema  e  despois  de  descansar  un  pouco  decidiron  tentar  volver  con  toda  a  súa  carga.

 A  razón  desta  temeridade  era  que  naqueles  tempos  de  fame  e  pobreza  ninguén  se  podía  permitir  o  luxo  de  desperdiciar  uns  pesos  máis.

Comeron  un  pedazo  de  pan  e  beberon  un  pouco  de  viño  e  baixo  un  sol  de  xustiza  reanudaron  o  camiño  de  volta.

 Cada  minuto  que  pasaba  a  gamela  enchíase  un  pouco  máis  de  auga  e  a  travesía  estábase  a  convertir  nunha  carreira  cara  a  cara  contra  a  morte,  pois  aínda  que pareza  unha  paradoxa  ningún  dos  dous  mariñeiros  sabía  nadar.

  Con  moitísimo  esforzo  chegaron  á  praia  de  Beluso.  Alí  xa  os  esperaba  o  señor  Manolo,  con  bastante  preocupación  polo seu  inusual  retraso  na  entrega  da  mercadoría.

  Despois  desta  trepidante  aventura  o  meu  tío  Checho  xurouse  en  secreto  que  non  volvería  arriscar  a  súa  vida  por  uns  cantos  pesos.          

 

 O defunto.

Sara Garrido López. 2ºC

 Esta historia ocorreu polo verán, no mes de Xuño ou Xullo, xa meu avó non se lembra moi ben, pois pasaron moitos anos.

 Un barco que viña do Grove fondeou por fora da Illa de Ons e foron abalar o peixe nunca gamela no sitio do Estropeiral, largaban o aparello e batían no mar cun pandullo (que é unha pedra atada cunha corda tamén chamada rabiza ou tralla), o peixe que soian coller eran:rebalos, sargos, muxos ou chamizas, pero ese día non tiveron sorte. Un golpe de mar virou a gamela e os tres homes caíron a auga, o único que logrou salvarse dou aviso a xente da illa e todos puxéronse a buscalos durante días, pero non os atoparon.

 Despois de oito días a normalidade foi voltando a illa e todos seguiron pescando coma sempre pero pendentes do mar por si os corpos dos homes aparecían.

 O meu avó eses días cando ía pescar na súa dorna procuraba non pasar polo lugar no que os homes afogaran, pois dáballe moito respecto e no fondo tiña medo de que se lle apareceran a él.

 Pero non sabía que ese día ía levar unha desagradable sorpresa. Estaba collendo centolas apoiado na proa da súa dorna na compaña dun veciño no lugar do Beiseal, ao sur da illa, cando de súpeto o poñer o mirafondos (espello) na auga atopouse con un dos homes desaparecidos de frente a él flotando case polo fondo, cando o viu asustouse moito e deu aviso aos barcos que estaban en busca dos mortos, e que casualmente acababan de atopar o outro compañeiro. Inda e hoxe que o meu avó cada vez que pousa o mirafondos no mar acórdase dese día no que se atopou cara á cara con aquel morto, como dí o meu avó:

- Eu non me quería atopar con él, pero o difunto atopoume a min. Espero non ver cousa como ela diante dos meus ollos.

 A verdade tivo que ser unha experiencia ben desagradable, que a ninguén lle gustaría que lle ocorrese. O mar é unha caixa de sorpresas, ás veces moi desagradable.

UN DÍA DE PESCA

Nerea Rosas 2º B

Accésit no concurso dos Galos.

 Corría alá polo ano 1993, cando nunha noite tranquila e quente do mes de Abril, saíron da praia de Tuia nun choupán (embarcación tradicional usado para a pesca do tresmallos), dous mariñeiros, a faenar coma todos os días; cando largaron o aparello era noite e tiveron que esperar un pouco para que os peixes quedaran mallados nos aparellos.

 Cando lles pareceu, comezaron a levanta-los aparellos, un por un e observaron que nun deles había unha sombra negra que do fondo do mar subía cos aparellos. Aqueles aparellos eran subidos coa simple forza dos mariñeiros e atopábanse cheos de peixe: muxos, maragotas, sargos… e tamén unha enorme robaliza, que subiron con moita dificultade. ron ó choupán, quedaron apandados ó mira-la enorme robaliza que tiñan nas súas mans.

 Recolleron os demáis aparellos e foron para o porto. Limparon os aparellos e mentres a muller de Xosé, o propietario do choupán, recolleu os peixes, entre eles aquela enorme robaliza, e foi vendelas á lonxa de Bueu. A robaliza pesou dezaoito quilos e foi á subasta, aquel día partiu para un restaurante de Madrid.

  No ano 1996, Xosé, o meu avó, deulle o seu choupán á xente que agora forma a asociación “Os Galos”, para que o restauraran.

Agora, o choupán está no Parque Industrial de Castiñeiras, esperando para restaurarse.

 

ACRÓSTICOS 1º A

L iorta no pobo,                   

U liscas perigo,

I nterrómpese a loita,

S on todos amigos.

Luís Martínez

                                           U ltimamente saio pouco,

                                            L embrando o meu casar.

                                            I mos pouco a pouco,

                                            A índa me vou volver namorar,

                                            N unca souben tan pouco.

                                                       Julián Sevilla

                                                                                                        

I mos xogar,                           

R imos sen parar,

E stamos moi ledos,

N on imos pelexar,

E  xa é hora de marchar

        Irene Cabanelas

                                                                           A   lúa está chea

                                                                            N  a noite estrelada,

                                                                            X  a os lobos ouvean

                                                                            O  s bufos cantaban

                                                                                  Ángel Estévez

Z orzal inquedo,

A índa non tes o niño feito,                               

Í as voando lento,                                               

R ecollendo ramas,                                             I  mos xogar,

A lleo , no teu ceo.                                              R  imos sen parar,

                                                                            E  stamos moi ledos,

                                                                            N  on imos pelexar,

                                                                            E  xa é hora de marchar.

R   uídos na rúa,

E  stradas baleiras,

I   mos cara á lúa.

 

G  rava no camiño,

A  vanzo cara ó porto,                                         D  ía soleado,

R  emo polo Miño                                               A  tardecer no horizonte,

C  rendo estar nun conto.                                    V  ento sopra do norte.

 Í a dende Lugo a Vigo,                                       I  r cara á casa iremos

A  quí estou,a lúa vén comigo                             D  escansar, alí, descansaremos

.                                                                                     David Gestido

                Rei Takazawa

 

 

 

M ira esas pombas que bonitas son,

Í molas ver sempre,

C ando luza o sol.

A quelas bonitas pombas,

E staban no alto da torre da igrexa,                                P  ío, pío, pío,

L ágrimas inmensas de sombra ,                                    A  legremente cantaban

A cabaron cun bonito sol.                                               B  uscando

                Micaela Pernas                                               L  iberdade

                        .                                                              O  s paxariños  

                                                                                            Pablo Díaz

R  osiña dos rosais,

A  quela tan bonita,

Q  ue coas súas fermosas cores ilumina

U  n bo día,

E  res a máis radiante, non deixes que a                      S  andra come sandía

L  úa te apague coa súa luz brillante.                           A  marga e fresquiña,

                      Raquel Iglesias                                       R  ompe a sandía

                                                                                      A  rapaza Sandriña

                                                               Sara Masenlle

M  ortes, miserias, mentiras,

I  lusións esquecidas, vidas perdidas,

R  abia, medo, incomprensión,

I  maxes lonxanas dunha vida mellor.

A  lgún día imaxino…rematan as guerras,

M  añá alumearán no ceo, millóns de estrellas.

                        Mirian Seijas

                                                        

                                                              M  andan os rulos nun enorme carballo,

                                                               A  ndan uns paxaros buscando un fogar

                                                               U  n rulo ofrécelles unha rama,

                                                               R  ulo, ruliño, grazas polo teu ramal!

                                                               O  ndearon as ás e puxéronse a voar.

                                                                                     Mauro  Álvarez

M  áis mar miras canto máis sobes,

A  o parecer case chegas ata as nubes,

R  ío abaixo voltarás

I  ndo máis rápido que o gas,

A  ndar, só andar has, ata chegar ao teu lar.

                           María Corredoira.

 

Encrucillados.

Creados por Tamara Acuña 3ºA

Dixitalizados por CristianBamio 3ºA

 

1-Cume dun monte

2-Terreo chan e extenso

3-Porción de terra rodeada de mar

4-Paso por onde flue a auga

5-Pequeno rego de auga

 

   2

1  _  _  _  _  _  _

    _
    _          4
3  _  _  _  _
    _      5  _  _  _  _  _  _  _  _
    _          _

                _

                _

                _

 

 

1-Resplandor producido nas nubes por unha descarga eléctrica durante unha tormenta.

2-Auga conxelada que cae violentamente das nubes en forma de gran.

3-Chuvia miúda e persistente que ten a aparencia de néboa.

4-Calor forte e abafante.

5-Condensación do vapor de auga da atmosfera.

 

      2                      3

1_  _  _  _  _  _  _  _

        _                    _                       5

        _                 4 _  _  _  _  _  _  _  _

        _                    _                      _

        _                    _                      _

        _                    _                      _   

        _                    _                      _

 

 1-Cristal dianteiro dos automóbiles

2-Através dela éntrase ou sáese do coche

3-Peza circular que xira sobre unha superficie

4-Obxecto destinado a sentarse

5-Obxecto que protexe as rodas

6-Tapa do motor dun automóbil

 

1_  _  _  _  _  _  _  _  _  _

  _          4

3_  _  _   _

  _           _
               _
               _              6
           5  _  _  _  _  _  _  _  _  _
               _              _

                               _

                               _

 

1-Pao de madeira que remata en varios dentes

2-Peite con mango que se usa para xuntar herba, palla..

3-Póla delgada que remata en forma de V.

4-Parte do arado que serve para levantar a terra

5-Úsase para segar a rente da terra

6-Especie de sacho                       

                                                    2 

                                1  _  _  _  _  _  _  _

                                   4               _
                                    _              _
                            5      _              _
                         3 _  _  _  _  _  _  _
                            _      _              _

                            _      _

                            _

                            _

                         6 _  _  _  _  _  _

 

 Solucións: 1-cordal 2-chaira 3-illa 4-arroio 5-regueiro

1-líostrego 2-saraiba 3-orballo 4-bochorno 5-néboa

1-parabrisas 2-porta 3-roda 4-asento 5-tapacubos 6-capó

1-forcada 2-anciño 3-galleto 4-rella 5-aixada

 

 

  1. Limpia cristales dos automóviles.
  2. A través dela éntrase no coche.
  3. Peza circular que xira sobre a superficie.
  4. Obxecto que sirve para sentarse.
  5. Obxecto que protexe as rodas.
  6. Tapa do motor dun automóvil.

 

 
2

 

1

P

 

 

 

B

 

 

 

 

S

 

 

 

 

4

 

3

 

 

 

A

 

 

 

 

 

 

 

A

 

 

 

 

N

 

6

 

 

5

 

 

P

 

 

 

B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O

 

 

 

2

 

 

1

F

 

 

 

A

 

A

 

  1. Pao que remata en varios dentes.
  2. Obxecto con mango que se usa para xuntar palla, herba,…
  3. Póla delgada que remata en dúas puntas en forma de V.
  4. Parte do arado que levanta a terra.
  5. Úsase para segar arrente a terra.
  6. Especie de sacho.

 

 

 

 

4

 

C

 

 

 

 

 

 

 

5

 

 

 

 

 

3

G

 

L

 

 

 

O

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A

 

 

 

 

 

 

 

6

A

 

X

 

 

 

 

 

 

  1. Cima dun monte.
  2. Terreo chá e extenso.
  3. Porción de terra rodeada de mar.
  4. Paso por onde flúe a auga.
  5. Pequeño rego de auga.

 

 
2

 

1

C

 

 

 

 

L

 

 

 

 

 

 

 

4

 

3

I

 

 

A

 

 

 

 

5

 

 

G

 

 

 

 

O

 

 

 

 

 

 

 

 

 

I

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2

 

3

 

1

L

 

 

 

 

E

 

 

 

 

A

 

R

 

5

 

 

 

 

4

 

 

C

 

 

R

 

 

 

 

 

 

 

  1. Resplandor producido nas nubes durante unha tormenta.
  2. Auga conxelada que cae das nubes en forma de gran.
  3. Chuvia miúda.
  4. Calor forte e abafante.
  5. Condensación do vapor de auga na atmosfera.

 

 
É

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A

 

 

 

A

 

















 

 

 

 

 

 


ENTREVISTA                                                         CONCHA SOLANO

Rocío e Sonia. 4º A

Día gris en Bueu. No despacho de Concha Solano, directora do IES Illa de Ons, hai alegría e luminosidade grazas ao seu amplo sorriso e carácter afable. As intrépidas reporteiras, Rocío e Sonia, de 4ºA, decidiron indagar na personalidade e labor da directora, e estes son os resultados.

 O venres 4 de maio Concha Solano atendeunos amablemente durante o recreo para facerlle esta entrevista. Nós estabamos moi nerviosas e algo asustadas, posto que non é fácil enquisar a persoa de maior cargo desta institución. Durante os minutos que permanecemos no corredor esperando ser recibidas todo era  incerteza. Cando a porta se abriu e apareceu o radiante sorriso ao que nos ten acostumados a nosa directora e profesora, a proximidade da entrevista acentuou a sensación de nerviosismo.

Neste estado de alegría nerviosa comezamos :

S       -Como te chamas?

C      -Chámome Concha Solano.

S       -Cal é o teu signo do zodíaco ?

C      -Capricornio, - e engade entre risas – tozuda e testaruda .

R      -Cantos anos levas exercendo como directora ?

C      -Cinco anos .

R      -E como docente ?

C      -Pois… dezaseis anos .

S       -En que consiste o traballo dunha directora? Como é un día normal para ti?

C      -Ben, o traballo consiste en coordinar todo o que é a actividade docente do instituto. Actuar, digamos, de enlace entre a administración e o centro.                                                   

Un día normal? Non hai días normais na dirección. Todos os días xorden problemas diferentes. O que si fago a diario é consultar o correo electrónico, abrir a correspondencia, e planificar todas as actividades de reunións, e a súa  preparación.

S       -Gústalle o seu traballo ?

C      -Hai días- comenta rindo. Hai días que non; pero a maioría dos días si veño contenta ao traballo.

 O ambiente comenzaba a relaxarse de xeito que, exceptuando momentos puntuais de preguntas con certo nivel de seriedade, todas nos sentiamos cómodas. A entrevista parecíase cada vez máis a unha charla amigable.

 R      -Cales foron os cambios que máis che chamaron a atención ao longo dos teus anos de experiencia docente?

C      -As responsabilidades maiores que temos que asumir os docentes. Antes simplemente nos limitabamos a dar clase, e agora a sociedade esíxelles aos centros  maiores responsabilidades, maior formación cara ao alumnado.

R      -E cales son esas responsabilidades?

C      -Pois dende, por exemplo, a atención sanitaria aos alumnos, que é un aspecto que estamos agora traballando no centro. Todo o tema da alimentación para unha vida saudable; a prevención das condutas non desexables como as drogas , a anorexia , a bulimia; os prolemas que poden ter os alumnos que dificulten a súa aprendizaxe no instituto. Traballamos tamén cuestións de tipo social, de inclusión social, de absentismo escolar. Unha grande variedade de temas.

R      -Que opina sobre as novas normas de educación?

C      -Moi ambiciosas. Parecen interesantes, poden ser ilusionantes, pero falta profesorado  para todo o que quere facer a Consellería.

R      -E sobre o fracaso escolar ?

C      -É elevado, pero penso que a sociedade tamén cambiou moito. Agora a maioría  dos alumnos están escolarizados nos institutos; non era como antes que só lles dabamos clase a unha minoría: alumnos de Bacharelato e de COU. É un logro do gaberno que ata os dezaseis, dezaoito anos nalgúns casos, todo o mundo estea escolarizado. Pero iso significa tamén que temos que dar clase a alumnos que non queren estar no sistema educativo, e que a sociedade non dá o mesmo papel á  educación que cando nos eramos novas, verdade ?, que era importante,- engade dirixíndose á profesora de galego alí presente, que asente convencida.

S       -Respecto da pregunta anterior, cal é a situación do noso instituto?

C      -Máis ou menos, polo que di a Consellería, como a do resto de Galiza. Non temos especial diferenza nos resultados académicos.

R      -Consideras que hai algunha solución aos problemas académicos resistrados nesta comunidade?

C      -Penso que non. Son problemas de tipo social, fundamentalmente, os que están detrás do fracaso escolar. Ademais ,Sonia, ti que estás no Consello Escolar, sabes que falamos moito de estes temas. É algo que excede a competencia do institito. Hai temas de aspecto organizativo da propia Consellería, e logo hai unha sociedade detrás que non facilita, precisamente,  logros escolares.

 

UN RELOXO MOI CARO.

Daniel Iglesias 1ºA

 

Hai vinte anos, meu avó foi pescar luras coma tódolos días. Aquela noite facía calor e  o mar estaba tranquilo. Mentres as redes estaban sumerxidas na auga, o avó estaba a cavilar  no saborosas que estarían aquelas luras fritidas con cebola. Máis tarde, dispúxose a sacar as redes coas luras que  caeran nelas. De súpeto, algo viu brillar alá no fondo, sacou as redes e tratou de fixarse ben naquelo que escintilaba…Parecía un reloxo de ouro . Buscou na embarcación pero non atopou nada con que atrapalo, entón decidiu botarse ao mar, pois non parecía moi fondo.

 

            Mentres, buceaba a través dunhas algas moi mestas, e alí estaba, agarrou o reloxo cun pouco de area e nadou cara á superficie, mais a mala sorte que cando volveu atravesar as algas, quedoulle un pé enganchado. Bateu a perna para intentar sacar o pé, pero non era capaz. De súpeto, lembrou que levaba unha pistola de bengalas no peto  e disparou unha bengala ao aire.

 

            Un home que estaba nun barco, perto de alí, viu o escintileo e avisou ao patrón. Deseguida o barco chegou ao lugar onde estaba meu avó, e o mesmo home que vira a luz da bengala,mergullouse na auga e agarrou a meu avó pero non conseguiu sacalo, porque as algas tíñano enredado. Colleu unha navalla e mergullándose de novo , cortou as algas e liberou ao avó sacádoo á superficie xa inconsciente e coa axuda dos demais mariñeiros que lle botaron un chaleco, metérono a bordo do barco, fixéronlle os primeiros auxilios e salvárono de morrer afogado.

 

            Pouco despois meu avó acordou e decatouse de que tiña algo na man, abriuna e todos observaron o reloxo dourado. Xa recuperado de todo, chegou ao seu fogar só cunhas cantas luras e miña avoa protestou, con aquilo só podía comer unha persoa, mais el , sorrindo, botou a man ao peto e  sacou o reloxo de ouro. A avoa quixo saber onde o atopara e el contoulle toda a historia.

 

            Meu avó pensaba vendelo pero non quería esquecerse de aquela aventura e decidiu gardalo.Hoxe só sabe miña avoa onde está agachado.

 

            Esta vez o mar só lle dera un gran susto pero o avó non volveu bucear na súa vida.

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



S       -Deixando á parte as normas; cal che parece que é a mellor forma de resolver os conflitos entre alumnos?

C      -Mediante o diálogo e a negociación.

R      -E xa para rematar, que fas para relaxar toda a tensión acumulada ao longo do día, e aumentada hoxe grazas á nosa entrevista ?

C      -Escoitar música e ...

 As intrépidas reporteiras non queren desvelar… neste número, o segredo mellor gardado de Concha: a súa maneira particular de superar o estrés. Xa veremos o que pasa despois de entregar as notas…