IES ILLA DE ONS. BUEU. GALIZA
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO I
Diario de Jacky.
09/04/08
Despois de tantos días de sol chegou a chuva, unha chuva que reflicte como se atopa o meu corazón neste momento, baleiro, confundido, sen saber a onde ir, buscando a verdadeira esencia dos seus sentimentos.
Fun ao instituto como sempre, aínda que hoxe cheguei un pouco tarde. Había unha ringleira de coches no cruce preto da miña casa. Non facía máis que mirar desesperada o reloxo. Sentía que non ía chegar a tempo.
“…e como sempre ao noso carón ``as cloacas´´ grupo composto pola Icía e a pendanga de Ana Belén, inseparable do seu móbil!”
Cheguei cinco minutos antes de que soara a campá.
Como todas as mañás estiven de parrafada coa miña mellor amiga, Adriana, e como sempre ao noso carón ``as cloacas´´ grupo composto pola Icía e a pendanga de Ana Belén, inseparable do seu móbil! E como non, Raquel.
Soou a campá. De súpeto sentín como alguén me chamaba. Vireime. Era Maika, xa estaba agarrada ao meu brazo e abrigándome co paraugas a min e a Adriana:
-Temos que ir un día ao cine, cando quedamos? Sen darnos tempo a contestar comentou: Podemos quedar o sábado.
-Xa veremos. Contestei.
Adriana non dicía nada hoxe. Estaba calada, como se lle sucedera algo.
Ao chegar á aula, como sempre, había moito barullo, xices polo chan, bólas de papel e algún que outro pintando o pallaso.
Entrou a mestra de Inglés e como de costume en case todas as materias perdemos clase polos comentarios inapropiados dos de sempre aos que hoxe se uniran Eva e Jenny.
As tres primeiras horas pasáronme voando, nun abrir e cerrar de ollos estabamos no recreo. Por certo, Diego avisou de que mañá non viña, que ten que ir ao médico. Seguro que mañá falta moita xente. Coa escusa da excursión sempre hai algún ou algunha que aínda que non participe na actividade non vén a clase.
Hoxe non veu Xulia así que Rosa “estivo con nós no recreo” (Póñoo entre aspas porque iso é o que se supón pero a verdade é que cando eu estaba con ela escoitando música no seu MP4, Xulia chegou e veuna buscar para contarlle non sei o que. Naquel tempo deixoume o MP4 a min e moveuse algunhas escaleiras para abaixo). Pouca era a distancia entre elas dúas e eu, pero daba igual Rosa deixárame soa. Dicía que era por un momento pero eu sabía que non, daquela fun buscar a Adriana que estaba na aula. Eu non fora quedara porque non me apetecía estar alí hoxe.
“Sei que o mellor é que o esqueza, e a verdade é que xa non me gusta como antes…”
Cando estabamos na aula petaron na porta: eran Marcos e Sofía viñan a coller non sei o que para Plástica. El xa non me fala como antes e Lola, a moza que lle gusta mírame dun xeito estraño e, segundo me teñen contado, ela díxolle que non estaba pasando unha boa racha. Pero aí hai algo. O que me parece unha estupidez é que me eliminara da súa lista de contactos de Messenger, e pensa que eu non o sei. Volvemos a non dirixirnos case a palabra, xusto cando comezabamos a levarnos ben. Sei que o mellor é que o esqueza, e a verdade é que xa non me gusta como antes pero non podo sacar da cabeza a súa falta de madurez por non dicirme as cousas á cara e a sua falsidade. Porque os amigos non fallan a alguén desta maneira. Os amigos son para estar aí cando o necesitas, nos momentos máis duros e nos momentos de ledicia. Ou será que el nunca me considerou unha amiga? Entón porque me contou que a que lle gustaba era Lola?.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO II
Diario de Jacky
10/04/08
Onte pola tarde fun comprar globos, hoxe pola tarde é o aniversario de Maika, non debería axudala a facer a festa despois do problema que tivemos no baile. Tomounas comigo! Que mal o pasei ese día! Estiven chorando toda a tarde e parte da noite co disgusto. Pero hoxe é hoxe e como eu digo hai que vivir o presente e non pensar moitas veces no pasado nin facer plans de futuro. Porque a vida dá moitas voltas e ninguén sabe como será o seu destino.
Hoxe tamén está o día nubrado, tivemos unha noite de augas pero pola mañá escampou aínda que o ceo atópase cuberto de nubes.
Como me imaxinaba, na clase falta xente á parte dos que foron á saída, e coa excepción de Diego que ía ao médico.
A segunda hora tivemos garda e eu e Adriana fomos para a biblioteca a facer un traballo de Educación física.
Diario de Adriana:
Que mala é a envexa, hai que ver! Rosa, a que vai de super amiguísima de todos e todas preguntóulle a Jacky que se podía ler a novela, e como é lóxico, ela contestou non, que por agora non, e Marcos dixo en tón burlón ``non,agora non´´. Envexa! Envexa! Envexa! a Jacky dóelle oír esas palabras da súa boca. É lóxico; está namorada. Así é o amor: un camiño de idas, voltas, e reviravoltas no que se perde a noción da realidade e estás coma nunha nube de algodón. Aínda que ela asegura que o que sente por Marcos non se chama amor, que ese sentimento é unha paixón desbocada que lle surxe das entrañas.
“…a Jacky dóelle oír esas palabras da súa boca. É lóxico; está namorada.”
Xa está a Jacky falando con Hugo. É que non paran nin un momento! Ademais o asunto ten o seu miolo: discuten por que película van ver na clase. Como xa vos dixen, moi interesante o tema.
A min persoalmente o rapaz que me gusta para Jacky é Marcos, pero iso é... cousas á parte. Con quen tamén fai moi boa parella é con Diego, co que xa estivo saíndo, pero aquilo foi algo estraño, unha misteriosa relación que rematou cunha amizade, por culpa de Ana Belén ``a levantamozos´´. Aínda que iso non afectou á súa relación de amigos, e Luís aínda por riba pensa que seguen xuntos. Como di el mesmo:``iso acaba en voda´´
Xa tocou o timbre, e Germán, o primeiro en entrar, vai de lado a lado. O que toma fai milagres! E os da ``cuchipandi´´: Rogelio, Ángel e Germán, ímolos mandar os tres a Eurovisión!
Temos a Josefa, a profesora que máis mola, e é a confidente de todos os rapaces, aínda que dá unha das materias máis aburridas.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO III:
Diario de Jacky:
11/04/08
Onte ao final non fun ao aniversario de Maika, pero hoxe deille o agasallo que lle mercara. Compráralle uns pendentes. Cando desembrullou o papel dixo:
“Xa pode parecerche o regalo unha porcallada que sempre has de poñer boa cara.”
-Que bonitos! Gústanme moito. Grazas. A típica frase de sempre, todo por quedar a ben. Xa pode parecerche o regalo unha porcallada que sempre has de poñer boa cara. Lei de vida!
Hoxe pola mañá miña nai contoume mentres almorzaba que a sogra da súa xefa non quere que o neto lle fale galego, di que non serve para nada. Como eu lle dixen a miña nai esa muller desprézase a ela mesma, porque ela é galega. Non sabe o que dí. O galego é a lingua que nos debe identificar. Ao igual que os do País Vasco falan e loitan polo Euskera e este é recoñecido, nós deberiamos ter o valor de loitar pola nosa lingua.
Non vou falar máis disto porque entón escribiría un libro sobre a situación do galego e o que merece.
Foi un dia moi complicado na clase, as xemelgas Eva e Jenny acusaron a Germán de roubarlles unha fotocopia de matemáticas, entón levárono a Secretaría, e con el a Rogelio, que foi voluntariamente na súa defensa.
Na segunda hora as xemelgas acercáronse a Germán.
-Fíxate que mala pata, que xa atopamos a fotocopia. Dixo Eva rindo
-Mala pata ningunha, pola vosa culpa abríronme o expediente. Non podedes acusar sen probas a ninguén.
Despois disto Germán marchou para o cuarto de baño. Elas, como non, rían malvadamente.
Como diría meu avó: Son unhas pirilleiras!
No recreo estivemos nas escaleiras repasando o libro ”Luna de lobos”, aínda que só vou facer eu o exame. Adriana decidiu facelo co resto dos nosos compañeiros, que se van examinar o día vinte e tres deste mes.
Diario de Adriana:
Que mala memoria ten Jacky, é tremenda! Aconteceron máis cousas pola mañá, pois unha mañá consta de moitísimas horas e é moi longa.
“Marcos e Jacky están separados por un velo fino, delgado e transparente, unha lámina de cristal moi fráxil.”
Diego dixo que aínda se ía facer homosexual, e nós imos crer iso! Érache boa! Coa ringleira de rapazas que se pelexan por estar con el, entre elas Jacky. Nin que foramos nenas de parvulario!
Marcos e jacky están separados por un velo fino, delgado e transparente, unha lámina de cristal moi fráxil.
Jacky levou no recreo a súa maior alegría: o rapaz do que está namorada, Marcos, non estaba con Lola. Jacky sabe que non é posible estar con el, así que os seus desexos son poder refacer a súa vida e, como non, chegar a esquecelo.
Sofía e Eva acaban de provocar unha forte pelexa: están a rolar polo chan como dúas cunchas pola area mentres se tiran dos pelos.
O exame do libro de lingua castelá que ía facer Jacky ao final non o fixo, cambiouse para o luns pola ausencia da profesora.
Logo iremos a clase de Educación Física, que tamén hai que mover o corpo.
Á unha e media soará a campá de saída e por fin poderemos descansar tranquilamente na nosa casa
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO IV
Diario de Jacky.
14/04/08
Adriana non asistiu a clase. Ten unha gripe espantosa.
Hoxe pola mañá Maika estaba moi contenta. O motivo da súa ledicia non era máis que un embarazo. Si, estaba preñada. E díxomo toda tranquila, chea de felicidade. Nin que o buscara!
“-Mozo...vaia si...é que...as cousas aconteceron moi rápido. Foi cando saía de clases. Germán parou a moto e invitoume a ir á súa casa.”
-Non sabía que tiñas mozo! díxenlle
-Mozo...vaia si...é que...as cousas aconteceron moi rápido. Foi cando saía de clases. Germán parou a moto e invitoume a ir á súa casa. Pois aproveitei.
-Estasme dicindo...
-Si, cala, non digas nada. A cousa é que creo que estou embarazada. Iso nós sabémolo, dixo Maika toda convencida.
-Eu se fose ti, estaría segura antes de falar. Este foi o meu consello, aínda que pareceume que non lle gustaron as miñas palabras. Ela é moi teimuda e nunca fai caso do que lle din. Eu non son a máis indicada para dar consellos, despois do que me sucedeu con doce anos. Daquela non escoitaba a ninguén, desconfiaba das persoas que realmente me querían axudar no meu problema.
Ao chegar a clase, Germán estaba gardando un sobre. O único que puiden escoitar foi como Rogelio lle dicía:
-Se consegues volver deitarte con ela, e lle fas crer que sodes mozos douche máis.
-Todo ao seu tempo. Dicía Germán cun falso sorriso.
Non o podía crer! Se o que estaba pensando era certo, esa persoa da que falaban era Maika.
“…Por que me pasará isto a min? Por que me parece imposible esquecelo?”
Pero que había realmente no sobre?Que motivo tiñan os dous para facerlle iso?
Hoxe a primeira hora non facía máis que mirar para min. Parecía que tiña fincados os seus ollos na miña persoa. Eu intentaba evitalos non prestándolle a máis mínima atención. Por que me pasará isto a min? Por que me parece imposible esquecelo? Por que Marcos dunha maneira indirecta continua co seu xogo de sedución? Quizais é inconsciente do seu xoguiño...
Cada día aumentan as miñas preocupacións. Quizais é o paso da adolescencia á madurez. Aínda que considero que eu xa madurei, madurei antes de tempo.Hai veces que un acontecemento da vida fai madurar a unha persoa dun día para outro. Iso foi o que me sucedeu a min.
No recreo estiven con Rosa que foi a xunto Marcos, e como non, eu con ela. Dixo que tiña mal a gorxa, que lle debeu sentar mal un cubata que tomou onte. Calquera diría que no fondo me gusta. Pois non me gusta o alcol: só bebo algo de vez en cando, pero sen abusar. El, pola contra, polo que teño escoitado, vai as fins de semana de botellón. Esta é outra das razóns que teño para intentar esquecelo: sempre dixen que non me pensaba fixar nunha persoa que estivese metida nalgúnha droga, e iso é o alcol. Aínda que non é un alcólico hai veces nas que está ebrio.
Creo que Diego ten os requisitos para que calquera muller o considere o home ideal.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO V:
Maika estaba mazada, ou así me pareceu. O único golpe visible era un negrón na meixela. Os demais (se os tiña) non eran visibles, xa que a roupa cubríalle todo o corpo. As mans atopábanse enfundadas en luvas, levaba unha bufanda de seda arredor do pescozo e a roupa que vestía era frouxa.
“-Como que nada, e ese golpe? Somos amigas desde que eramos dúas meniñas e coñézote ben.
-Esta ben, fíxomo Germán, fíxoo sen querer.”
Acerqueime a ela. Intentou eludirme.
-Que che pasou?, pregunteille angustiada
-Nada, nada cousas. Respondeume nun ton ausente.
-Como que nada, e ese golpe? Somos amigas desde que eramos dúas meniñas e coñézote ben.
-Esta ben, fíxomo Germán, fíxoo sen querer. Merézoo por lingoreteira. É que lle dixen a varias persoas o do outro día, entón, pois chegou aos seus oídos e díxome que non quería que ninguén se enteirara, que me quería demasiado para perderme por culpa de malas linguas.
Calei. Non sabía que dicir. Non entendía nada. Primeiro un sobre que garda, logo a frase de Rogelio e por se fose pouco agora isto.
-Non digas nada por favor, non quero que me faga nada, nin tampouco quero que me deixe.
-Tranquila, muller, podes fiarte de min.
Despois disto xa non o podo ver cos mesmos ollos. A imaxe dunha persoa que non se mete con ninguén, que vive a súa vida e que ten unha visión do mundo diferente cambiou para min. Agora a miña perspectiva é ben clara: un maltratador, ao que non lle importa ferir a ninguén, nin se preocupa polos sentimentos alleos.
En Educación Física xogamos a saltar a corda en parellas. Tocoume de compañeiro Marcos, aínda que ao final non saltamos xuntos, porque a profesora cabreouse e mandounos correr toda a hora. Quizais foi o mellor. Eu son moi patosa para esas cousas, aínda que cando me dedico a facer algo son moi curiosa e chego a ser moi boa. Xa no vestiario Sofía comentou que levaba tres días sen comer e cear, pero hoxe almorzara. Seica o fai para perder uns cantos quilos e que segundo a súa nai esa dieta de xexún funciona. Eu non dixen nada. Tratei de fuxir dese temiña. Tráeme malos recordos.
Todos deben considerarme unha rapaza sensible, moitos até escura, pouco afable. Outros considéranme a boa estudante. Pero a verdadeira Jacky non é así. A verdadeira Jacky busca a súa felicidade, realizarse persoal e profesionalmente. Eu, Jacky, intento non ver o pasado das cousas, buscar o presente e construír o futuro. Non lle conto os meus pensamentos a ninguén. En quen confiar? Nin na miña propia sombra.
No cambio de clase púxemme de parrafada con Hugo. Sen dúbida é o meu mellor amigo. Lémbrome dunha anécdota de segundo: Eu estaba nas escaleiras de pé, Sara detrás de min, sentada. Foi entón cando el me empurrou e manquei a Sara. O motivo: unha vinganza por problemas amorosos. Pero perdoeille, todo esquecido. Como dixen, non miro para o pasado, todo é dor.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO VI
Diario de Jacky.
15/04/08
Unha falsa alarma, isto era o “embarazo” segundo palabras de Maika. Non sei como, cando pensaba que era verdade estaba feliz e agora atopábase un pouco desilusionada. Non hai quen a entenda!
-Jacky, tes que facerme un favor, díxome moi amigable
-Depende do favor
-Quero que lle digas a Germán que hoxe non podo quedar con el. Por favor.
-Eu! E como non llo dis ti?
-E que non quero...el sempre me convence e igual me pide unha explicación, e eu non lle vou dicir que miña nai non me deixa saír, porque as veciñas dixéronlle que me miraban con malas compañías e non sei cantas cousas máis.
”Estaba apertándolle as mans fortemente e dicíndolle cousas ao oído. Estaría mancándoa?”
Cando entrei na aula acerqueime a Germán e deille o recado. Pareceume que lle daba igual, pero non era así. No cambio de clase mireino xunto Maika. Estaba apertándolle as mans fortemente e dicíndolle cousas ao oído. Estaría mancándoa? Eu considerei que sería mellor facer como quen que non vira nada.
Xa no recreo Maika estaba chorando. Non se atrevía a recoñecer que choraba por medo. Aconselleille que contara todo, que debía denunciar a súa situación, unha situación de violencia.
Decidín contarlle todo a Rogelio a ver que dicía. Quería enteirarme do que tiña que ver el coa relación de Maika e Germán. Botouse a rir, dixo que se Germán se comportaba así era porque ela o merecía, e marchou mentres botaba o seu flamante cabelo cara atrás.
Tiña a cabeza coma un pandeiro. Xa tiña eu bastantes preocupacións para que agora ocorrera isto.
Á saída do instituto púxenme a falar con Diego, catro cousas, pero eran catro. É un rapaz tan riquiño....
Cando nos despedimos Germán estaba falando con Rogelio e só puiden escoitar:
-Rogel, tío, eu non podo seguir así. Estou farto desta merda de trato. Estou converténdome nun maltratador, e non me dou controlado, dicía Germán como nun ton de preocupación.
-Eu pásoche un pouco de mercancía para ti e teu pai pero segue co trato.
Así que era iso. Se o que penso é verdade paréceme que os dous caeron moi baixo.
Pola tarde, como sempre, outra vez ao instituto. Todos os Martes e Xoves temos clase pola tarde de tres e media a cinco.
Rosa deixou de saír con Luís. Dixo que fora el o que cortara e el di o contrario.
“Non quero causar ningún desastre, nin meterme en medio dunha futura relación, aínda que Adriana me diga que el seguramente está confuso.”
Oxalá non existise o amor. Todo o amor pode ser felicidade, pero por veces tristura. Eu non penso sufrir máis, iso téñoo claro. Para Marcos deséxolle o mellor do mundo con Lola, eu por outra parte debo vivir a miña vida. Non quero causar ningún desastre, nin meterme en medio dunha futura relación, aínda que Adriana me diga que el seguramente está confuso.
Rosa estase convertendo nunha das miñas mellores amigas. Sempre me apoia nos meus propósitos, aínda que sei que para ela eu son unha máis das tantas amigas que ten. E sei que nunca deixará de ser Xulia a súa mellor amiga e confidente ao igual que Adriana é a miña.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO VII
Diario de Jacky
16/04/08
Hoxe quedara con Adriana, logo chamoume para dicirme que non viña. Así que decidín ir dar un paseo polas rúas da vila. Cando me dei de conta xa chegara á praia, esta praia que parece un formigueiro no verán. Non é a miña praia favorita. Gústame máis a do Vao que esta de Samil. Aquí é mar aberto, e como non, as miñas amigas van ao Vao.
”Pasadas dúas horas chamoume Ana Belén para que me conectara e así falar polo Messenger.”
Cando estaba na area da praia, cerca das rochas, lendo o xornal que merquei de camiño, comezou a chover. Tiven que regresar á casa. Cheguei pingando. Queira Deus que non colla unha gripe ou un catarro forte! Coidar, coideime, que conste, que ao chegar dei un baño de auga morna e logo vestín roupa seca.
Pasadas dúas horas chamoume Ana Belén para que me conectara e así falar polo Messenger. Iso fixen. A verdade é que non falamos de nada interesante. Máis que nada da materia de Inglés. Resulta que estaba falando cun estadounidense e non entendía case nadiña do que lle falaba, entón eu ía traducíndolle todo o que coñecía.
Ás oito abriron a porta. Era miña nai. Chegaba de traballar. Hoxe tocoulle o turno de tarde. Aínda tivo sorte, pois pola tarde o ceo estivo todo negro e polo menos cando subín da praia de Samil caeu unha boa. En definitiva tivo sorte, xa que se lle tocase turno de mañá con este tempo estaría toda a tarde na casa, e eu sei que non pararía. É moi activa.
“Quizais non deixaría entrar a ninguén no meu corazón. Neste caso refírome a Marcos.”
Teño que dicir que cando estaba na praia soa, lembreime da miña avoa que morreu cando eu era moi pequena. Aínda teño recordos dela. Lembranzas felices daqueles tempos cheos de inocencia, sen preocupacións. O que daría por retroceder no tempo... O primeiro que faría sería sen dúbida despedirme deses seres queridos que xa non están. Despois non deixaría que aquelas rapazas que se metían comigo de pequena me fixeran dano (é dicir: non escoitaría aquelas palabras negativas que destruían a un ser inocente). Por iso odio as inxustizas.
As demais cousas que faría, non sei, tería que pensalas. Quizais non deixaría entrar a ninguén no meu corazón. Neste caso refírome a Marcos. Así non me atoparía nunha situación que me desconcerta. Aínda que teño que contar que na praia tamén me veu á mente Diego. El é sen dúbida un dos mellores rapaces que coñecín.
Xa no meu cuarto soa comezo a soñar, soños que nunca farán realidade. Neles vexo a xente feliz cun fermoso sorriso que fai que o día se encha de ledicia.
-Jacky.
Chaman por min. Abro os ollos. É miña nai.
-Que? Que queres? Pregúntolle cun ton seco, pois a comunicación con ela sempre é seca. Dende que morreu unha das miñas irmás é así, distante, seca, cun carácter case áspero. Pola contra o meu pai agora demóstranos máis amor que antes. Di que se deu conta de que hai que demostrar os sentimentos día a día. Non sabe o que pode pasar.
-Tua irmá Aidara, quere falar contigo.
Saio do meu cuarto. Vou para o de miña irmá. Por fin alí o ambiente é un ambiente menos bochornoso. Dentro do cuarto está tamén a miña sobriña, a filla da miña irmá máis vella, Leticia. Ten dous aniños e chámase Elena. Elixímoslle Ainara e eu o nome.
Agora vou deitarme, son as once, e mañá teño que erguerme cedo, que ás oito e media comezan as clases.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO VIII
Diario de Jacky.
17/04/08
Despertei ás sete, co ruído da televisión do cuarto de estar. Era miña irmá. Hoxe almorzou sentada no sofá. Ainara érguese moi cedo para ir á universidade. Estuda Enxeñaría Naval. Só lle queda un ano para rematar a carreira.
”Pouco a pouco foi obsesionandose até o punto de matarse de fame. Ainara díxome que morreu no centro de rehabilitación.”
Miña irmá Diana antes de morrer acababa de matricularse en Xornalismo. Era moi intelixente. Pena que aquela enfermidade acabase con ela pouco a pouco. Creo que miña nai tivo grande culpa: sempre a comparaba coas miñas irmás e comigo: Que se estaba rechea de máis; que se así non lle ía gustar a ninguén... Ela comezou unha dieta que lle dera a veciña a miña nai, ou iso foi o que me contaron. Eu era moi pequena para lembrarme. Aínda non me lembro case dela! Pouco a pouco foi obsesionándose até o punto de matarse de fame. Ainara díxome que morreu no centro de rehabilitación. Ela é a única coa que podo falar e preguntar sobre Diana. A miña nai non se lle pode mencionar o tema.
Cando eu tiña doce anos deime de conta do fácil que era verter a comida polo sumidoiro. Estiven a punto de coller esa enfermidade que un día puso fin a vida da miña irmá. Saín desa maldita anorexia grazas a Leticia, que me axudou. Non estiven metida plenamente nesa enfermidade, pero case.
Hoxe tivemos exame de literatura, entráronnos os Séculos Escuros e a situación de Galicia nesta época.
Rogelio estivo a puntiño de contar non sei o que sobre Germán. Creo que tiña que ver con Maika, porque ela díxome que ía rematar con Germán, que non aturaba máis, que xa non o quería. Agora tíñalle medo, pero ía vencelo.
Do que si me enteirei é de que Rogelio ten unha plantación de maría na casa, e que a súa avoa rega as plantas todos os días, porque lle encanta o seu recendo. O seu neto, para que non lla arrinque, aseguroulle que tiña propiedades curativas, como por exemplo, que era moi boa para a circulación.
Rogelio vive coa súa avoa, porque a súa nai traballa no estranxeiro e o seu pai anda ao bacallau. A súa avoa dálle cartos todos os días porque pensa que así enche o baleiro que deixan os pais.
No recreo Marcos estaba moi acaramelado con Lola, pero cando eu pasei preto deles, Marcos afastouse dela e fixo como se eu nos os mirara. Non sei por que fai iso. O outro día, por exemplo, sentei con Luís na aula, porque non trouxera o libro de historia e o mestre mandouno sentar comigo. Marcos estivo toda a clase, ou parte dela ollándonos fixamente. Non hai quen entenda os homes, son tan complicados! Adriana di que non é certo, que non son difíciles, senón que a esta idade son inmaduros. Simplemente.
Diario de Adriana.
17/4/08
Xa levo dous días que non escribo nada, síntoo. Estiven na cama cunha dor de costas e de riles de coidado. Pinzóuseme un músculo e xa nin daba o pé nin a man.
Miña avoa díxome para amolarme que xa parecía unha vella chocha, que só me quedaba sentar nun banco da alameda a falar coas vellas, botarlle pan ás pombas e xogar á petanca. Érache boa!
Non sei que lle pasa a Jackeline. Ultimamente está rara, aínda que para falar con Diego anda ben espelida.
A verdade é que me estou dando conta de que aínda non escribín nada de min, así que aí vai:
Jackeline é a miña mellor amiga, e creo que eu son tamén a súa mellor amiga e compañeira. Sentámonos xuntas na clase do instituto e xa nos queda pouco para rematar a ESO.
Estamos devecendo por rematar xa no instituto. Non é polos profesores, senón por algúns alumnos que só queren amolar a xente.
“En Nova York vive co seu mellor amigo, Xosé e os dous divírtense coma dous pícaros.”
Pásoo moi ben con Jacky, pero sempre me falta alguén que boto de menos: o meu mozo.
Levo dous meses e pico con el, pero xa o quero como se levase con el máis tempo. Fernando é o amor da miña vida, pero o problema é a distancia. Estamos separados por moitos quilómetros e un gran océano. El estuda en Nova York, na universidade de Cornell, cerca da cidade de Ithaca. Alí estudan bastantes españois. Algunhas veces paréceme que o boto demasiado en falta. Xa hai un mes que non o vexo. Veu por Semana Santa para estar comigo e ver a miña irmá, que naceu por esas datas. Jacky aínda non o coñece, pero xa hai unhas semanas que me dixo que quería coñecelo e que parece moi bo rapaz. A verdade é que é moi bo e cariñoso; axuda a súa nai no que pode, e quere a seus irmáns máis que nada no mundo. En Nova York vive co seu mellor amigo, Xosé e os dous divírtense coma dous pícaros. Din que o peor é o idioma: a meu mozo non lle chistaba nada iso do inglés, aínda que o fala moi ben, e agora que leva uns meses xa che fala inglés coma un estadounidense de raza.
Algunhas veces, cando lle ando dando voltas aos miolos póñome mal, porque penso que ao mellor se el estivese aquí sería mellor todo. O meu maior temor é que cando acabe de estudar teña que traballar no estranxeiro e non velo máis.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO IX:
Diario de Adriana.
18/4/08
Non che sei que pasa agora con Jacky: véxoa moi triste ultimamente, cos seus pensamentos vagando sen sentido pola súa mente. Coñézoa bastante ben como para saber que debe ter algún problema coa nai.
Jacky aínda non o sabe, pero teño que explotar xa e contarlle a alguén o que pasa con Marcos.
Resulta que hai uns días estaban Marcos e Lola no parque paseando da man moi acarameladiños, como se no mundo non houbese ninguén máis ca eles. Botaron como media hora no parque, alí sentados dedicándose topo tipo de aloumiños. Sobre as cinco marcharon, e sei que logo foron a casa de Marcos.
“Ollou a través do pecho da porta do seu cuarto, e descubriu ao seu irmán con Lola,(...)”
Rafael, o irmán de Marcos, estaba no seu cuarto facendo os exercicios sobre as siglas e os acrónimos que o mestre de lingua galega mandou para facer na casa, xa que co alboroto da clase non se puido rematar.
Rafael decidiu non facer ruído por se era a súa nai e que así vise que estaba traballando, para que non o inscribise nunhas clases particulares.
Ollou a través do pecho da porta do seu cuarto, e descubriu ao seu irmán con Lola, polo que esperou a ver o que pasaba entre eles.
Alí houbo máis que palabras... Eu seino por Rafael, que está comigo no ximnasio e contoumo todo, porque nos levamos moi ben.
Estiven paseando pola praia porque ía bo tempo, cando me pareceu sentir choros preto dos penedos. Atraída pola curiosidade que sentía ao escoitar aquel pranto, achegueime paseniño e sen facer balbordo. A miña sorpresa foi maiúscula cando por fin descubrín a persoa da que proviña aquel queixume.
Era Lola, cos ollos envoltos nun mar de lágrimas que escorrían polas súas meixelas pálidas, indicando que pasara unha mala noite. Estiven consolándoa e falando con ela. Díxome que non controlara, que se deixara levar polo momento, e que despois daquela tarde díxolle que non podía ser o deles e que xa non sentía nada por ela.
Sentín que me falaba dende o corazón. As súas palabras resoaban na miña cabeza coma un tambor que anuncia batalla. Non esperaba o comportamento infantil que tivo Marcos, deixándoa soa despois daquela tarde. A partir dese día fíxenme moi amiga de Lola.
Prefiro non contarlle nada a Jacky porque non quero máis problemas.
Diario de Jacky
17/04/08
Isto parece cousa de maxia. Na miña aula hoxe queixáronse á titora dos obxectos que desapareceron. A Eva roubáronlle unha bolsa pequena da materia de Educación Física. Sofía protesta polas súas gomiñas para o pelo. Segundo ela, deixounas enriba da mesa mentres se deu a volta, cando se volveu virar xa non estaban alí.
Por outro lado a Luís furtáronlle uns chupa chups que tiña dentro do estoxo.
Despois dun bo rato buscando, apareceron as cousas. As gomiñas na man de Sofía, a bolsa de Eva enriba do estante onde os mestres gardan os seus libros. Os únicos que non apareceron foron os chupa chups de Luís, que dicía que aínda por riba roubáronlle os que eran de cola.
“(...)entón díxolle que xa non lle ía pasar máis mercancía, que se buscara a vida.”
A segunda hora tivemos Matemáticas. A profesora non asistiu ao instituto, de tal forma que tivemos hora libre. Nesa hora enteireime de que Maika rompeu con Germán. Rogelio entón díxolle que xa non lle ía pasar máis mercancía, que se buscara a vida.
No recreo, Maika contoume que tivo que ameazar a Germán con denuncialo coa fin de que puidese rematar esa relación tan terrible.
Despois de falar con Maika senteime a tomar a parva. Foi entón cando chegou Marcos:
-Que facedes raparigas? Preguntou cun sorriso
-Nada, por aquí. E ti?, Dixo Adriana
-Eu veño da clase, de coller o caderno de lingua para facer os deberes. Vós fixéstelos?
-Eu non,Contestou Adriana
-E ti Jacky? Preguntoume fitándome
-Eu si, respondín rapidamente
Non charlamos nada máis. Despois disto marchou. Quizais pretendía que eu lle ofrecese os meus exercicios para que el puidese copialos. Non quixen establecer ningunha conversa amigable con el. Para que? Para que vexa en min a unha parva a cal copiarlle os deberes!
Tocou a campá o porteiro do instituto. Esqueceulle tocala, e tocouna con cinco minutos de atraso.
Ao chegar á aula, coma imaxinaba, Marcos conseguira copiar os deberes. Nin máis nin menos que de Jenny, como non, esta sempre está disposta a concederlle todo o que el lle pida.
Cando chegou a mestra devolveulle os exercicios. Hoxe a clase ía ser distinta. A mestra decidiu colocarnos en parellas. Tocoume con Diego. No fondo alegreime, pois sería boa que me tocase con Marcos despois dos meus esforzos intentando esquecelo.
Quizais o destino me teña preparado un futuro feliz ou quizais non. Non o sei, Non son adiviña!
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPITULO X:
Diario de Jacky.
A tarde estivo chuviosa. Adriana envioume unha mensaxe ao móbil. Era para quedar hoxe. Eu contesteille que hoxe non podía, que tiña que coidar da miña sobriña. A verdade é que só quedaba ao meu cargo durante unha hora. Non lle dixen isto porque esta tarde desexaba relaxarme, non preocuparme por nada, esquecerme de que hai máis xente no mundo. Isto arruinouse xusto cando soou o timbre da miña casa, fun ver quen era e atopeime coa miña veciña:
-Perdoa a interrupción ruliña, podes comprobar que tes auga na casa?
“Eu xa sei que son guapo pero non cría que puidese espertar paixóns até nas vellas.”
Como non ía ter auga, se había pouco que acababa de saír da ducha. Con que me ía duchar, só con xabón?
-Si que teño, acabo de fregar a louza hai menos de cinco minutos. Respondín nun ton moi amable, pois á miña veciña gústalle moito que lle fale como se fora unha nena boa, porque se lle contestas ou te dirixes a ela nun ton áspero aos dous días todos os veciños comentan algo sobre ti que non é certo. É que lle gusta moito o conto, e coa súa imaxinación, fai dunha anécdota unha novela!
Cando por fin marchou xa non tiña ganas de quedar na casa. Apetecíame saír. Calcei as botas, collín un paraugas e púxenme a camiñar polas rúas cheas de xente.
Dun momento para outro parei. Non o podía crer! Acababan de atropelar a unha velliña, e o condutor da moto que o fixo non era outro que Rogelio. Alí estaba, de pé, tentando responder polos seus actos axudando á anciá. Polo menos tivo un xesto de nobreza! Non me esperaba isto del.
Na rúa só estabamos el, a velliña e eu. Era unha rúa estreita pola que pasaba moi pouca xente. Ao mirarme, Rogelio dirixiuse a min:
-Ei tía, que pasa? Vaia vella! Metéuseme por diante, caeu ao chan, logo espertou e ao verme preto dela volveu desmaiarse. Nin que fora Brad Pitt. Eu xa sei que son guapo pero non cría que puidese espertar paixóns até nas vellas.
Non contestei, que crido era. Aínda por riba, cando a vella se ergueu, ofreceuse a levala na súa moto para a súa casa, e tamén se ofreceu a que, se a vella esquecía o accidente, el pasaríalle un pouco de maría. A vella despois disto dixo:
-Ai dei cun anxiño! Grazas meu Deus, vaime dar unha foto de Santa María! E dicíao toda chea de ledicia.
-Creo que vostede non me entendeu, pero vaia, iso falámolo polo camiño, suba . Ti queres vir Jacky? A moto é grande. Queres subir?
-Non, graciñas, prefiro camiñar que é moi bo para a saúde. Comentei moi segura de min mesma.
-Veña deica logo. Despediuse e logo arrincou.
Nese intre sentín como a velliña lle berraba:
-Para a moto! Enganchóuseme a media no teu cinto!
“Antes de deitarme conecteime ao Messenger. Hugo díxome se me tiña por unha rapaza guapa.”
Despois disto decidín volver á casa. Antes parei a mercar un chicle. Na tenda preguntáronme por miñas irmás e a miña sobriña. Dixen que todos estabamos ben.
-E xa colliches mozo? Preguntoume moi curiosa.
-Non, non teño. Paguei e largueime.
Unha vez chegada á casa pecheime no dormitorio. Por que a xente se mete na vida privada? Que lles importa se unha está ben ou mal?
Como hoxe non tiña deberes, nin nada que estudar púxenme a cociñar. Collín o libro de receitas e fixen unhas albóndigas para cearmos, cun pouco de arroz, do cal apartei un chisco para o meu pai, ao que non lle gusta a crema de cenoria. Ao demais boteille a todo.
Na hora da cea, chamou miña irmá Leticia por teléfono para convidarnos a cear a súa casa. Miña irma vive en Baiona dende o ano pasado. Antes vivía na casa da sogra en Carballiño, pero por estar cerca da súa familia e por mor de que o seu esposo traballa no hospital de Povisa, e ela agora na Florida, decidiron ir vivir para Baiona, onde restauraron unha casa vella que pertencía á familia do meu cuñado.
Miña nai tiña ganas de ir pero meu pai convenceuna dicíndolle que eu fixera a cea con moito amor e que sería un desprezo que non tomaran a cea que eu lles cociñara.
Gustoulles a todos. Menos mal! É o malo que ten cociñar: nunca sabes se che saíu ben ou mal até que se proba a comida.
Antes de deitarme conecteime ao Messenger. Hugo díxome se me tiña por unha rapaza guapa. Eu díxenlle que non. Non son unha crida como unha persoa que eu sei do outro curso, que é moi chulo. Sempre se considera o centro de atención. Nin que o mundo se fixera só para el! Eu con este rapaz cando nos coñecemos levábame bastante ben, agora non o aturo. Non fai máis que meterse onde non o chaman, por veces até intenta meterse comigo pero eu moitas veces non llo permito e entón comezamos a pelexar. É unha pena que este tipo de persoas non saiban o que é a palabra respecto. As persoas que se comportan desa maneira fano por pareceren autoritarias e por chulería, para rir un pouco cos amigos. Pero non é ningún motivo de riso. Moitas veces as palabras causan dano. Moitas veces levan á xente a depresións que se non se tratan poden causar o suicidio. E de quen é a culpa nestes casos? Todos pensamos que a persoa que cometeu o seu propio asasinato debe estar tola ou que era un inconsciente. Pero cando estás enfermo/a non es consciente da túa enfermidade, sobre todo cando son de tipo psicolóxico. E a verdadeira ou verdadeiro culpable dese acto é esa persoa que fai dano, que manca, que insulta, que se ri de ti ( aínda que sexa ás túas costas). O verdadeiro asasino é a envexa, a envexa da xente.
“Cando me metín en internet para observar os comentarios do fotolog deime conta de que esa persoa da que antes falaba, no fondo estase convertendo nun asasino.”
Cando me metín en internet para observar os comentarios do fotolog deime conta de que esa persoa da que antes falaba, no fondo estase convertendo nun asasino. Como non recapacite, cambie ou non aprenda a pedir perdón polo dano que leva feito e que sen dubida seguirá facendo, esa persoa destruirá a vida doutras.
Que esa persoa non pense que a min me mancan as súas palabras. Dalgún xeito dóeme escoitalas, pero sinceramente, desa persoa xa me dá igual todo, despois de comprender que a súa mente segue estando na infancia.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO XI
Diario de Adriana.
21/04/08
Onte tiven unha tarde do máis atarefada.
Para comezar fun visitar a Rogelio, mellor dito, a súa plantación. A verdade é que a coida moi ben. Confesoume que o certo era que as plantas eran coidadas pola avoa, que pensaba agora que eran plantiñas inofensivas. Chamoulles “Herba Luísa Americana“, ou africanas paréceme que dixo, ou algo así.
El está moi orgulloso da plantación e dos seus trapicheos no instituto. Ponse no cuarto da limpeza e alí vai vendendo as doses. Non sei porque ten que facer iso. A súa familia é bastante adiñeirada e cúmprenlle todos os caprichiños que quere, e os da súa irmá. O que debe de ocorrer é que quere facerse o interesante cos seus amigos, e para parecer máis home coas rapazas, aínda que creo que non o vai conseguir.
Cando xa remataba a visita confesoume que a que lle gustaba de verdade era Rosa, que foi da única rapaza da que se namorou na vida e que quería estar con ela para sempre. Eu prometinlle que lle ía axudar no que puidese.
O resto da tarde ata o solpor paseina na casa do meu mozo falando coa súa nai, e unha vez alí aproveitamos para saír ao xardín e dar unha volta. Estivemos falando un bo anaco sobre Fernando. A visita rematou cedo, durou aproximadamente tres cuartos de hora xa que ía deitar ao neno que tivo fai tres meses e logo ela estaba derreada.
Xa se me estaba facendo de noite, e decidín chamar a miña nai para que me viñera a buscar a praza. Eu non ía a andar por aí de noite que coma me ten dito miña avoa nunca sabes a quen vas a atopar a deshora.
Diario de jacky
14/04/08
Hoxe pola noite disque hubo moito temporal. Eu non o sei porque durmín até que soou o espertador. Pero segundo contan choveu máis nunha noite que en todo o mes de Marzo, e o vento moveu tellas, arrincou árbores...Eu só puiden ver algúns sucesos pola mañá que aconteceron pola noite: como que á miña veciña caeulle a persiana da fiestra da cociña, que o pao da luz apareceu no chan e pola mañá non tivemos luz até a hora de xantar que viñeron poñelo ben os de Fenosa. Ou como o sinal de ``stop´´ que estaba xunto ao instituto que quedou no chan.
Cando saín da casa chovía moitísimo. Menos mal que é meu o que me leva ao instituto e non teño que depender do autobús, nin coller ningunha molladura cando chove moito por mor da chuva.
Ao chegas a clase, case non había ninguén. Algúns chegaron a segunda hora e outros a terceira. En total eramos quince ao final do día. Polo menos ao final non faltou tanta xente. Eu tamén, se lle fixera caso a miña nai, faltaba, pois non facía máis que dicirme: “A onde vas a ir con este tempo? Ti sabes o temporal que fixo esta noite?” Eu non lle fixen caso. Nunca choveu que non escampase! E así foi: ás dez e algo parou de chover, e as nubes deron lugar a un sol que lucía radiante
Na clase de Inglés como eramos poucos, xa que era primeira hora, xogamos ao “Bingo in english”, un xogo que tiña a mestra no seu departamento. Consistía nun bingo con palabras inglesas. A graza foi que Luís non sabía o que significaba a palabra “donkey” e quedou como tal. Mira que non saber como é burro en Inglés...
A segunda hora, chegou Marcos. Viña todo pingando, disque perdeu o autobús e tivo que vir a andar dende a súa casa. Non sei que sentín ao velo, estaba tan indefenso, coa súa cazadora enchoupada (que tivo que colocar enriba do calefactor) Sentín ganas de axudarlle, de botarlle unha man para que non fose coller unha gripe pola molladura. Pero non o fixen. Considero que se o axudara faría aínda máis grande esta barreira que nos separa.
A terceira hora en Educación Física fixemos exercicio en parellas nas espaldeiras. Tocoume con Rosa. Menos mal polo menos tocoume con alguén de confianza! A Marcos tocoulle con Diego, os dous estiveron a carón meu e de Rosa.
Cando soou a campá do recreo fomos deixar as cousas de Educación Física na aula, logo estivemos sentadas nas escaleiras onde me enteirei de que a vella de onte, a que Rogelio atropelou e logo levou na moto, aceptou un pouco da herba que este lle deu, pois como tiña recendo pensou que se lle botaba á auga de San Xoán e quedou en metela no conxelador e sacala a Véspera da festa para facer a auga. Se soubese que é droga! Que moitos morren por sobredose a causa de esta ou de plantas similares! Que remata coa felicidade de moitas familias!
Ao tocar a campá, de regreso á aula, apareceu un televisor a carón da mesa do profesor. Quen o traería? Estaría alguén nela no recreo? As respostas atopeinas cando pechou a porta a mestra de Ética.
-Que fas aquí. Non temos Ética! Dixo Germán
-Tedes garda raparigo, a de lingua Castelá non asistirá a clase. Concluíu ela.
-Entón que nos vas poñer? A “Ruleta de la suerte” ou “La cocina de Carlos Arguiñano”? Preguntou Germán.
-Non sexas parvo, non me veñas a tomar o pelo. A ver imos seguir vendo a película da materia que eu imparto.
-Que? Non me veñas amolar o día máis do que mo amolaches dicíndome que viñas ti nesta hora. Prefiro mirar mil veces a Gayoso que esa pallasada de películas sobre a ética. Volveu dicir Germán.
-Queres saír da aula a dar un paseo?
-Se vou para a cafetería e pagas ti, pois vou encantado
-Vale, mira, sabes o que che digo? Que non che fago máis caso, imos ver a película e punto.
Ao final púxonos a película, pero cortouna pola metade xa que Rogelio comezou a cantar “o valse das bolboretas” xunto con Germán e Ángel, entón ela mandounos para fóra da aula. Eles comezaron a dirixirse á porta, pero antes dixeron que marchaban coa cabeza ben arriba.
De aí a cinco minutos entrou Ángel, foi o único que deixou entrar. Daquela petaron na porta.
-Quen é? Preguntou a mestra
-Son eu. Dixo Germán
-Que queres? Ves buscar algo?
-A ti. Dixo Rogelio
Entón Ángel dende dentro da aula púxose a dicir a frase que faltaba para completar a canción de Pimpinela.
A mestra íalles poñer unha falta de orde pero tocou o timbre e tiña que marchar a dar clase a terceiro B.
Á saída, acercóuseme Ana Belén. Era para dicirme que se ía con ela até a cafetería da súa tía pola tarde e logo pola noite saía con ela. Quería ir a unha discoteca, mellor dito, a un bar de ambiente. Eu díxenlle que non ía, menos aínda a ese lugar. Como vou querer ir a un lugar onde sei seguro que vai Marcos. Para que? Para pasalo mal observando como me ignora e coquetea con outras mozas. Disto último non estou segura, pero non me estrañaría, encántalle facer as beiras ás mozas, sobre todo cando esta bebido. Iso é o que creo pois ten moitas amigas.
Ensineille a miña irmá Ainara quen era Lola. Vímola na farmacia. Miña irmá o primeiro que me dixo e que parecía `` Pocahontas ´´, e que semellaba unha rapaza moi nena. Iso tamén o cre Maika. Ela o día que a coñeceu díxome que tiña o aspecto dunha nena pequena. Pero eu a Maika non lle fago caso nin nesas cousas nin nos asuntos dos mozos. Os rapaces que lle acostuman a gustar, na miña opinión son bastante laidos. Contando coa excepción de Germán que é normaliño.
Cada un ten o seu gusto, e non me vou poñer a xulgar a ninguén. Por veces, canto máis atractivos fisicamente, máis chulos e cridos son. Isto pasa tamén nas rapazas, non todas somos santiñas, eu polo menos non me considero ningunha santiña. É verdade que son moi boíña, quizais de máis, pero teño o meu carácter, se non que llo pregunten a quen verdadeiramente me coñece.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO XII
Diario de Adriana.
22/04/08
Este Rogelio ha de darme para varias follas do diario. Resulta que agora eu sei, segundo me contou el mesmo que se meteu a facer unhas bebidas coma el lle chama, “sorbetes caseiros”. Eu xa non llo probei, aínda que me invitou, porque a saber que leva. Non é que desconfíe de el, senón que desconfío do sitio onde o fai.
Ten unha mesiña con dúas cadeiras de plástico verde que están preto dunha das famosas plantiñas de maría, e visto que colle as follas para fumas mentres está coas bebidas non me fío nada do que lle bota. Confesoume que lle botaba uns cachiños de follas da “Herba Luísa americana“ pero picábaas nun morteiro para que non se notasen moito, xa que así encántalle á xente como sabe. O que levan aquelas bebidas é un secreto a voces para quen o proba, aínda que eu non penso probar nin gota de tal mestura.
Aprecio bastante a Rogelio, pero ao meu parecer debería coidase máis: non me refiro só fisicamente senón tamén das malas compañas. No fondo sei que é un rapaz bo. Nunca estiven con el na clase (até que cheguei ao instituto), pero cursamos os estudos primarios no mesmo centro e el vese que é un rapaz traballador, pero moi influído pola xente que o rodea, iso é o peor.
Está moi desesperado por conseguir ter unha relación ou ser algo máis que amigos el e Rosa, pero se segue nese plan de meniño vai acabar en fracaso o seu desexo.
Con isto de Roge esquecía o máis importante: recibín a visita da nai de meu mozo, e tróuxome noticias del en forma de carta. Contoume que está para vir na ponte de maio, pero non sabe se vai poder porque ten uns exames qué son decisivos no seu primeiro curso de carreira.
Diario de Jacky.
22/04/08
Luís tivo que ir a urxencias. Resulta que se puxo a romper os bolis como de costume e para librarse da clase de Historia colocou un anaco da tinta do bolígrafo no nariz, para que a mestra crera que lle sangraba cando lle esvaraba a cor vermella polo beizo superior. A mestra deuse de conta de que a estaba enganando e foi entón cando Luís rindo dixo que case non respiraba. Intentou sacar a tinta. Pero esta xa estaba introducida até o fondo da fosa nasal. A profesora non sabía que facer estaba morta de medo! Chamou á xefa de estudos, que o veu buscar para trasladalo até o centro médico.
O Rogelio hoxe dixo que estaba pensando en cambiar o negocio por outro.
-De que vai ser agora o negocio?, dixo Adriana
-E que iso tamén o teño que pensar...Tiña planeado vender tinturas para o cabelo. Así as vellas non se preocuparían tanto polas canas e en ir á tenda mercar sen tinguir o pelo. Tamén tiña na cabeza plantar un plataneiro e unha laranxeira e logo facer refrescos.
-E como vas facer os refrescos? Pregunteille
-Iso é sinxelo. Mercas unhas tónicas e mesturas a tónica co zume de laranxa. E o de plátano! Que contar! Sería unha novidade no mercado! Ese levaría o mosto de pisar as uvas para facer o viño e dous plátanos esmagados.
Rimos. Que cousas ten este Rogelio! Quedei abraiada cos seus pensamentos. Nunca imaxinei que el pensase!
Adriana contoume que Rogelio quere cambiar o negocio para ver se así Rosa se fixa nel.
Non quero seguir namorada! Marcos está moi namorado de Lola, e aínda que sei que ela está indecisa, e que non o vai querer como eu o quero non vou seguir loitando. Esta é unha loita inútil! Antes tiña a esperanza de que el deixara de querer a Lola. Pero agora esa esperanza que me acompañaba esvaeceuse, levouna o vento. Se el a ama tanto como eu o quero a el. Para que seguir loitando!
Na clase de Tecnoloxía Hugo acercouse a min :
-Que che pasa? É que estás como triste
-Nada
Non llo dixen. Para que contar que teño unha inmensa dor, porque estou loitando contra os meus sentimentos!
Pola súa parte Diego vive alleo a todo o que acontece ao seu arredor. Non lle gusta meterse na vida da xente, nin quere encher a cabeza de preocupacións. Isto seino porque o ano pasado cando estaba o seu carón na aula, eu pelexara con Maika e non me sentía ben. Esperou a que estivese de bo humor para preguntarme que me sucedera cando me atopaba tan desgustada.
Moitas veces gustaríame entrar nos pensamentos dalgunhas persoas, pero non só nos pensamentos. Tamén no corazón! Seguramente se coñecese o estado do seu corazón e o que transcorre polo seu cerebro descubriría o porqué de moitos comportamentos. Por exemplo, de Marcos ( aínda que non vou falar del, non debo!), de Diego para averiguar se algún día me chegou a querer aínda que fora un chisquiño. E como non desa persoa que se mete comigo por veces, dese chulo da outra aula que se considera un Don Xoán. E tamén a actitude das cloacas. De onde procede esa envexa, as ganas de mancar , e como non, se elas e ese rapaz teñen corazón. Porque se o teñen debe ser de ferro, chumbo ou a milésima parte dunha formiga. Quixera tamén penetrar no corazón do mundo para saber porque amamos a quen non nos ama, e rexeitamos ás persoas que realmente nos queren.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO XIII
Diario de Jacky.
22/04/08
Rogelio hoxe chegou a clase cos seus refrescos. Ao final é o seu novo negocio! Vendeu as bebidas a 1´20 euros cada unha, pero as de plátano está pensando en subilas de prezo. Lei da oferta e demanda! Tamén vende uns aos que chama “sorbete da casa”, cunha receita especial. Quen sabe o que leva! Eu por se acaso prefiro non mercarlle nada.
Diego non asistiu a clase. Polo que me contou onte ten moita gripe. Supoño que a terceira hora virá a examinarse de Bioloxía. Ten exame!
Como sempre a miña aula parece un conxunto de persoas fantasmais. Todos son uns arroutados, pero únicos. Sen dúbida son os mellores compañeiros que tiven en todos os cursos que cursei.
Hoxe por exemplo estivo o día de poalleira, un día que non tes ganas de saír a ningún lado. Pero eles e elas fan que un día como este se mude e dea lugar a un tempo onde luce a luz do sol.
A segunda hora, Matemáticas. Seguimos co tema de funcións. Aínda que a profesora deixounos estudar durante trinta minutos. Eu o exame de Bioloxía téñoo o Venres, así que decidín preparar a proba de mañá de Inglés. Examinarémonos de dous temas! Isto é un abafo! Sempre temos os exames case ao mesmo tempo!
Xa no recreo estiven cismando no meu futuro. Pois teño que elixir que bacharelato facer! Moitos dinme que estou tola, que estudar non serve para nada. Pero si que é útil. É útil para chegar a ocupar unha posición respectuosa o día de mañá, para ter un traballo, para aprender coñecementos e para saber expresarse e desenvolverse neste mundo. Pois se isto é ser tola, son unha toliña con moito orgullo.
Adriana vai cursar o Bacharelato de Humanidades e logo pensou en facer Dereito. Eu pola miña parte non sei que carreira cursar. Sempre cambio de opinión. Cando era pequena desexaba ser modelo, logo mestra, despois deseñadora, actriz, psicóloga, empresaria, pediatra...Pero o que máis me durou foi o de mestra, estude o que estude, considero que acabarei opositando para profesora. Non sei de que, pero algo no que me dedique a ensinanza. A verdade é que gustáronme sempre máis as letras que as ciencias. Iso observase nas notas!
Luís díxome que onte en urxencias fixérano espurrar e saíulle o tubiño da tinta disparado. De todas formas ó medico aconselloulle visitar a un psicólogo. Hai tantos que deberían visitar a un!
Germán aprendeu a bailar un valse e un tango. Ensinoulle a mestra de clases de baile, que é a súa veciña Uxía, e agora vai ensinar a bailar a todos os que o desexen polo prezo de dez euros. Un día á semana, dúas horas. Quen o verá bailar!
A última hora da mañá, tivemos Educación Física. A mestra hoxe, volveunos mandar colocarnos por parellas. Púxenme con Rosa, pois divírtome moito con ela sexa nesta materia ou noutras. Quizais é unha das miñas mellores amigas. Polo menos sei que cando lle conto algo non o vai dicindo. Adriana tampouco e que sexa unha lingoreteira, pero non sei ultimamente parece que se volveu moi amiga das `` Cloacas ´´ . O outro día pregunteille como era que de levarse tan mal agora semellaban inseparables. Sobre todo pola mañá.
-E que queres que faga mentres espero a que ti chegues? Contestoume toda borde.
-Eu nada, só pregunto.
Rosa, que estaba sentada o meu carón. Interveu na conversación:
-Non é por meterme pero a verdade e que moito falaban de ti, e ti de elas e agora....
-Pois ben Jacky se che parece mal pois entón polas mañás non estou con elas. Aínda que sexa pois veño para a porta do instituto, e espérote alí ou para outro lado. Dixo Adriana entón moi suave, relaxado como se lle tivera medo a algo.
-Mira Adriana, a min dáme igual. Eu non sen quen para andarche escollendo as túas compañías nin para decidir na túa vida. Por min coma se queres fumar un porro. Dáme igual.
Quizais fun un pouco exaxerada ou brusca. Pero é que é a verdade, non son quen para interferir nas vidas alleas! Rosa dábame a razón. Non sei se era por dirixirlle a contraria a Adriana ou non o cero e que considero que neste caso dixen a pura verdade.
Diarios de Adriana e Jacky.
Colectivo Doussabores:
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos 4ºB
CAPÍTULO XIV
Diario de Jacky.
23/04/08
Por fin un día soleado, xa non coñecía o que era un día sen choiva e vento. Típico de Abril!
Maika chegou con Germán na moto de el. Non acabaran a relación! Non hai quen os entenda.
Despedíronse cun bico apaixonado nos beizos e logo ela veu para xunto de min e de Adriana.
-Non remataras con el? Díxenlle ao oído
Foi entón cando me apartou de onde Adriana para falar comigo.
-Volvín con el, e que é moi riquiño. Vólveme tola!
Topeina estraña como se acabara de tomar algunha substanciña non recomendable. Cheiraba a
fume.
-Cheiras a fume. Fumas? Pregunteille cun certo ton de reproche.
-Que dis! Ti toleaches! Eu non fumo. Só probei un pouco dun dos papeis de Germán. Non sabía mal pero non vou volver facer isto.
-A min non me tes que dar explicacións, es grandiña. Pero cóidate, e pensa antes de actuar.
Só lle dixen isto, logo dirixinme onde estaba Adriana.
-Que che dixo? Algo de min?
-Non nada. As cousas de sempre, que se me queda ben o pantalón, que vai ser mellor que merque
unhas gafas de sol para o verán...Ese tipo de cousas! Creo que Adriana non se tragou a miña
mentira, pero non lle podo contar nada. Non é a miña vida!
Ao chegar a clase Rogelio non podía crer a actitude de Germán. Xa non tiñan ningún trato para
querer saír con Maika.
Germán di que el e un rapaz incomprendido nesta sociedade. Considero que pensa isto porque debeu sufrir moito. Unha persoa non se mete nas drogas así como así! Máis cando os seus amigos son persoas sen ningunha relación con este mundo. Menos agora, que se volveu amigo de Rogelio. El non está metido directamente nas drogas, pero si indirectamente, pasando mercancía ás agachadas. Desta maneira está destruíndo pouco a pouco a vida das persoas que mercan este tipo de substancias, porque xa non son capaces de vivir sen elas.
Teño medo, por Maika. Non quero vela metida nese mundo. Ela é filla única, despois de que o pai por mor dun accidente de tráfico, quedara en cadeira de rodas, non puido ter máis irmáns. Rumoréase que conducía ebrio e que chocou contra un autocar. Nese autocar ía unha familia da cal só sobreviviu o fillo máis vello. Pobriño!, daquela contaba con seis anos. Agora terá uns oito ou nove e estará nun internado ou daríano en adopción. Pois a súa familia, tanto materna como paterna, non se quixo facer cargo de el. O que debe de estar sufrindo este rapaz! E o que debe levar sufrido! Quen podería imaxinar que dun día para outro podes atoparte só ou soa no mundo por mor dunha persoa inconsciente.
O pai de Maika ao quedar discapacitado tivo que abandonar o seu traballo de soldador. Agora traballa nunha imprenta. Para que logo diga a mala xente que estas persoas non poden traballar!
A terceira hora pasóuseme voando. Tivemos hora libre, pois a profesora de Inglés hoxe non veu a impartir a súa materia.
Xa no recreo as ``Cloacas´´ estaban no sitio onde Rosa, Adriana e Eu nos sentamos a tomas a parva. Grazas aos comentarios de Rosa marcharon de alí para outro lugar. Nin que non fora o instituto o suficiente grande para que teñan que vir hoxe para ese lugar en concreto! Fano para amolar!
Hugo, na clase de Cultura díxome que merecía que me crearan unha web. Pensei que estaba de broma pero dicíao en serio. Agora vainos facer unha páxina web para min e para Adriana.
Pasada unha hora, na clase de Francés a profesora, que é moi moderna, vestía unha camiseta do grupo `` Despistaos ¨¨. Quen me dera ter unha como esa! Antes non coñecía este grupo. Coñecino grazas a un amigo de bacharelato co que me levo moi ben. En fin, volvendo ao tema, o caso e que Icía unha das ``Cloacas´´, estaba falando de min. Non sei, o que, pero escoiteille dicir: Ela sempre coas súas cousas semella unha parviña. Parviña debe ser ela. Eu non son ningunha estúpida que tomo aínda o biberón, nin que durma no berce. Seguramente moito máis madura que ela e moito mellor persoa. Pois eu o que teño que dicir dígoo á cara como unha persoa decente e adulta, e non ando con contiños de rapazas pequechas.
Eva unha das xemelgas, para a miña sorpresa preguntoume :
-Cres que estou gorda de máis? Dime a verdade. É que non sei por que ninguén se fixa en min. Miña irmá xa tivo moitos mozos. Pero eu nunca! Non me quero comparar con ela, aínda que fisicamente sexamos iguais, pero quero saber que teño de malo para que ninguén poña os ollos sobre min.
-Eu o que vexo e que estás un pouquiño pasada de quilos, pero considero que para a túa estatura tes o peso adecuado. Pero a beleza non se atopa nas tallas. A beleza atópase dentro dun mesmo. Eu tampouco teño mozo. E que! Non se vai acabar o mundo por iso. E se ningún rapaz se fixa en ti e porque non apareceu o home que realmente te valore, que sen dúbida aparecerá algún día, cando menos o esperes. Non teñas presa.
Quedoume moi poético todo o que lle dixen, pero saíume do corazón. É incrible como todas as persoas acabamos nalgún momento da vida comparándonos con outras. Ben a causa das nosas familias, ben a causa da persoa que nos gusta ou das compañías coas que nos relacionemos.
Pola tarde ao rematar os deberes fun dar un paseo até o parque que hai preto da casa de Maika. Estando alí atopeime con Lola. Estaba sentada. Parecía que estaba esperando a alguén. Quizais fose a Marcos, pensei. Entón marchei de alí, non quería atoparme con el e logo ver como a ama a ela. Aínda que estou segura de que ela o que se di querer,non o quere.
Despois disto dirixinme ao supermercado. Miña nai mandárame mercarlle un deterxente por que hoxe acabóuselle mentres fregaba a louza. Non os freguei eu, aínda que pareza raro, pois xa tiven que limpar a cociña logo. No supermercado atopei a Germán e a súa irmá. Ía con el da man, parecía todo un home responsable: Non, iso non se toca. Dicíalle el cando ela se dirixía onde estaba a comida dos animais domésticos.
Faloume. Faleille. Nada máis non tiña tema nin teño para manter conversación ningunha con el.
Cando fun pagar, saía do supermercado coa súa irmá da man. É moi pequena, terá uns tres ou catro aniños. O día que o coñecín, coñecino pola súa irmá. Estaba chorando no carriño mentres el cubría a matrícula do centro. Ese día regaleille un chupa chup para que deixase de berrar. E así foi: ao meterllo na boca calou. El dérame as grazas , eu sorrira. Así o coñecín. Non sei case nada del. Só que o seu pai tamén parece que esta metido no mundo das drogas, aínda que din que disto non hai nin un ano. Por outro lado o da irmá, e logo da nai e se ten máis irmáns non sei nada. El tampouco fala nada durante as clases. Cando fala de alguén da súa familia é da súa irmá ou do seu pai.
Ao chegar a casa conecteime ao Messenger e Diego comentoume que todos andaban a dicir que el e eu eramos mozos. Nese momento Rosa preguntoume se isto era certo. Xa estou farta! Aínda por riba foi Rogelio o que comezou con ese rumor, e segundo el a causante deste rumoriño non e ni máis nin menos que Ana Belén . Á xente que lle importa ! Por que se teñen que meter na vida dos demais? Non estou con el, pero se estivera que? Que importa? Sería a miña vida e a del, a de ninguén máis.
Eu sinceramente neste momento non quero ter mozo. Non nego que aínda estou namorada de Marcos, pero non quero mozo. Os mozos desconcéntrante , estás todo o día pensando nel, ou no caso dos rapaces nela. Isto fai que deixes de dedicarte por enteiro aos estudos ou que abandones de vez en cando, causando un desaxuste coas notas.
Polo que teño escoitado cada vez cóllese mozo/a a menor idade. É certo, está comprobado. E como non,tamén esta comprobado que cada vez pérdese antes a virxindade. E isto ninguén o pode negar: cada vez son máis as rapazas menores de idade ás cales se lles practica o aborto. Desgraciadamente estas cifras irán en aumento. A onde iremos parar!
Dende pequena tiven moi claro que non mantería un noivado serio con ninguén até que tivese un traballo ou estivese a rematar a carreira. Pero non nego que estes pensamentos poden cambiar. Cantas veces non cambiei de opinión.
Gústame moito a música, encántame cantar, pero dame moita vergoña facelo en público ou en compaña de persoas.
Hai un pouco, mentres me bañaba, púxenme a cantar, imaxinei que ninguén me escoitaba. Teño cuarto de baño no dormitorio, pero para a miña sorpresa ao saír da bañeira(coma sempre, puxen o albornoz e as zapatillas) Abrín a porta do baño e alí estaba nin máis nin menos que a miña pequecha, a miña sobriña Elena. A ela non me dá vergoña cantarlle, porque xa de acabada de nacer abaneáballe o berce mentres lle cantaba unha nana. Que recordos aqueles, cando vivía aínda na casa! Pero non estaba soa no meu dormitorio, tamén estaba Leticia, que vergoña! Viñeran a darnos unha visita como case todos os días. Digo case todos porque Leticia vén pola casa cando pode. Ten moito traballo! Elena vai á gardería pola mañá, e pola tarde cóidaa o meu cuñado Antón, menos cando ten garda en urxencias no hospital. Cousas dos médicos! Miña irmá pola súa parte traballa nunha asesoría.
Como dicía, ao atoparme coa miña sobriña e coa miña irmá, enchinme de vergoña. Escoitáranme cantar! A Leticia sei que lle gusta escoitarme, pois moitas veces téñoa atopado escoitando detrás da porta do baño.
Agora vou cear á súa casa. Invitoume tamén a pasar a noite, pero non aceptei. Tería que organizar a mochila para mañá, levantarme máis cedo e máis que nada non aceptei por non deixar soa a miña nai. Xa sei que esta Ainara e meu pai, pero e que o día seguinte seguramente andará a dicirme comentarios como, de que se vai quedar soa, que cada vez quédanlle menos fillas... Cousas das nais. Quérennos ter o seu carón sempre! Non merecemos que nos queiran tanto!