libro-forum


Traballando as competencias literarias

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ceip Quintela Moaña.

Equipo de Biblioteca.

  

 

 ¿POR QUÉ ?

No colexio, alguns compañeiros e compañeiras tiñamos a teima de que os nosos alumnos e alumnas, ainda os

que len moito, as veces remataban o colexio sen ter lido alguns libros que nos consideramos importantes dentro da literatura infantil e xuvenil. Tiñamos a inquedanzade que non coñecerancertos personaxes moi famosos , historias ou escritores para nós fundamentais.Ese foi o motivo polo cal decidimos adicar unha parte da dotación económica

do colexio a compra de grupos de 20 exemplares iguais de libros para cada curso, para que fixeran

 a lectura simúltanea, na clase co titor.A lectura

 é silenciosa, ou en voz alta, e sempre remata con un debate sobre o libro,a modo de club de lectura.

 

 

                               ¿COMO?

A nosa intención é incrementar estes fondos curso a curso ata conseguir tres libros por curso e alumno/a, de xeito que ao rematar a primaria teñan lido 18 libros que nos consideramos importantes para a súa formación lectora e literaria.

Esta actuación é económicamente gravosa,pois falamos de mercar cada curso uns 120 libros somentes para esto, (aparte das compras da biblioteca, que ten que seguir medrando) pero pareceunos imprescindible que leven un certo bagaxe literario ao rematar os estudos primarios.

Esta actividade gusta moito aos titores e titoras e colaboran gustosamente.

 

 

                           ¿CALES?

Os criterios para a selección de libros son variados,e non sempre hai unaminidade entre o equipo de biblioteca.

Para a súa elección utilizamos criterios diversos:

-que seña un clásico da literatura infantil e xuvenil

,-ou que o autor seña moi recoñecido,

-que o texto e a presentación señan moi coidados,

-que axude a súa educación emocional.

-que inclua diferentes formas literarias

-ou que simplemente nos guste moito.

Por suposto, esta lista pódese millorar ou modificar.

 

 

  A NOSA SELECCIÓN ATA AGORA:

A nosa selección ata agora tédea a dereita desta páxina.

 

Para 1º Ciclo de Primaria:

“Lecturas para dormir a un rey”.Begoña Oro. Sm.

 

"Catro pitas"Xavier López Rodríguez.Rodeira Edebé.

 

 "¿Quen vive aquí?".Ana Mª Fernández.Xerais.

 

 “Contos de ratiños”.Arnold Lobel.Kalandraka.

 

 "Contos de vento".Antón Cortizas.Galaxia.

 

"¡Ai ,que medo!"Ricardo Alcántara.Rodeira Edebé.

 

 Para 2º Ciclo de Primaria:

“A escola dos piratas”.Agustin Fernández Paz.Rodeira -Edebé.

 

"Ratalinda de Compostela".Bernardino Graña.Xerais.

 

“Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar”.Luis Sepúlveda.Tusquets.

 

 "O estanque dos parrulos pobres".Maite Carranza.Rodeira.

Para 3º Ciclo de Primaria:

“Matilda”.Roald Dahl.Alfaguara Obradoiro.

 

 “A illa do tesouro”.R. L. Stevenson.Xerais.

 

 "¿Queres se-lo mozo da miña irmá?". Maite Carranza.

Rodeira Edebé.

 

"O principiño".Antoin e de Saint-Exupery.Galaxia.

 

 

  PRÓXIMAS COMPRAS:

Lecturas para dormir a una princesa”.Editorial Sm

“Mamasiña, que medo”.Chus Pereiro.Xerais.

“Palabras de caramelo”.Gonzalo Moures.Xerais.