Poesía

Como ler poesía a nenos e nenas

Manual para profes do Ceip Quintela

Equipo de biblioteca

 Gostaríanos conseguir que

a poesía lles guste un pouquiño máis  @s nen@s do cole,

por eso imos a darvos algunhas pautas para conseguilo cando vos escoiten.

Ó principio tedes que lerlla vós  para que perciban un texto melódico e sensitivo,que desperte neles diferentes sensacións.

É importante que elixades versos que a vós mesmos vos resulten atractivos.

A poesía hai que leela despaciooooooooooooooooooooo,……. e con intención (e emoción).Hai que respectar a puntuación,,,,xa que o ritmo da poesía pode cambiar senón respectamos os puntos e comas.

A poesía necesita porque vai mais alá da palabra escrita,e ten como obxectivo tocar a alma e o corazón dos que a escoitan.

Non podemos ler todas as poesías igual,porque hai poesías para os días de sol, para os días de chuvia, para reir, para xogar, e para sentir.

Utilizade a voz,  elevandoa , ou   baixandoa  , según o pida a poesía .Facede pausas teatrais, silencios………., alongaaaaaaaaaade as palabras,as sílabassssssssss ,segundo vos dicte o ritmo do poema . Non esquezades que :

a poesía é como unha canción sen música.

 

 CEIP Quintela- Moaña

Equipo de biblioteca

 

 Queres traballar  poesía na clase?. Abaixo (en arquivos adxuntos) tes o obradoiro de poesía da biblioteca do Colexio de Quintela

bibliotecadocole@gmail.com


 



 

Volver a BIBLIOTECADOCOLE

Ċ
bibliotecadocole,
25 abr. 2009 11:19
Comments