POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR



é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.
Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos. 

Longa vida á poesía, "memoria do mundo", en palabras do poeta Juan Marqués, quen tamén afirma que a poesía, aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras, move montañas... 

Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son. 



A POESÍA AO LONGO DO CURSO



  • Polo outono:
    • "POEMAS PARA O OUTONO" coa recompilación dos poemas que fixeron as nenas e nenos nas súas casas.
    • VÍDEOS CONMEMORATIVOS dos poemas de Xoán Neira:
      • OUTONO
      • O MAGOSTO
      • O RATO DE BIBLIOTECA
    • ENTREVISTA AO POETA XOÁN NEIRA
    • RECITADO DE POEMAS DE XOÁN NEIRA (alumnado de 2º curso)







  • Polo Día da Paz

Recitado de poemas polo Paz na Bibliosoños


Este ano, no noso colexio,
adicamos o

Polo Día da POESÍA

O xoves, 21 de marzo, celebramos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga, por iso nas aulas xa se están realizando moitas actividades.
Presentamos un vídeo que recolle dous poemas musicados:
  • "Verdes, Verdes" con debuxos feitos polo alumnado de 6º Infantil e cantado polo alumnado de 2º curso.
  • "TOC, TIC, TOC" con debuxos feitos polo alumnado de 5º Infantil e cantado polo alumnado de 6º de Infantil.
Na celebración fixemos:
  • Os nenos e nenas de 6º curso plantaron un ameneiro mentres os demáis cursos cantamos a canción "Árbores da fraga" 
  • Apadriñamos a árbore que cada curso escolleu e lles recitamos os poemas 
  • Rematamos a xornada facendo limpeza dos diferentes espazos exteriores do noso colexio: as plantas do parque infantil, o horto, a charca, o xardín zen e os patios interiores. 
  • Despois de todo o inverno había moito que limpar e agora na primavera poderemos disfrutar dun entorno limpo e coidado.
Podemos escoitar os poemas que foron recitados nos apadriñamentos.


1 de abril, Día das Artes Galegas: Luís Seoane