QUE PODES FACER NESTES ORDENADORES?

-      Respectar as normas xerais da biblioteca.

-      Ser coidados@ co equipo e material multimedia.

-      O ordenador poderán ser utilizado por dúas persoas á vez como máximo.

-     As instalacións ou descargas de calquera aplicación, software ou contido dende á rede ao equipo ou dispositivo portátil non se poderá levar a cabo sen permiso do responsable de biblioteca.

-      O ordenador estará acendido e non será necesario apagalo.

-     A configuración dos ordenadores debe manterse tal e como a atopaches ao chegar (accesos directos, fondos de pantalla, aparencia, iconos, etc… non poden ser modificados).

-      Calquera dúbida debes preguntarlle ao persoal da biblioteca.

-  Navegaremos en internet só polos enlaces proporcionados nesta páxina. Calquera outro enlace deberá ser proposto previamente ao equipo de biblioteca.

-      Para as actividades con son debemos utilizar sempre os auriculares.

-      Diante dunha necesidade xustificada, poderá facilitarse o acceso  a un ordenador a calquera alumn@ que o requira.

-      Nos recreos poderás usalo no día da semana asignado ao teu curso e cando teñas a tarxeta.

-    En horario de tarde, toda a nosa comunidade educativa pode facer uso dos ordenadores, seguindo estas normas e tendo prioridade o alumnado actual.

-       Durante o horario lectivo, o uso dos ordenadores estará baixo a responsabilidade d@s mestr@s que visiten a biblioteca.

-  O incumprimento destas normas terá como consecuencia non poder facer uso dos equipos durante o tempo que así decida a persoa responsable da Biblioteca




SelectionFile type iconFile nameDescriptionSizeRevisionTimeUser
Comments