A seguir, colocamos unha pequena selección dos múltiplos recursos que, sobre Uxío Novoneyra, se foron disponibilizando na net (Bibliotecas Escolares Galegas, institutos, asociacións, etc.). Grazas por tantos trabalhos, xenerosamente oferecidos:
Entrevista inédita con Novoneyra
Este documento foi oferecido pola Chave das Noces do IES de Foz; a gravación foi cedida polo amigo Ramón Reimunde, quen, cando era professor no noso instituto, foi responsábel pola entrevista e impeliu as alunas a falaren con Uxío Novoneyra.
Grazas á Chave das Noces e a Moncho Reimunde.
http://chavedasnoces.blogspot.com/
Cartazes e Guía
Traballo elabora polo CPI Virxe dos Remedios De Castro Caldelas (Ourense) e distribuído pola Consellería de Educación. Os cartaces poden verse no primeiro andar do instituto.
Nesta ligazón encontramos o
Roteiro Uxío Novoneyra que nos leva "a coñecer a Serra do Courel a través de diversos espazos biográficos e literarios do poeta. O percorrido transcorre polo seu concello natal, Folgoso, achegándose ata Pedrafita do Cebreiro, berce da súa familia materna. Aldeas, castros, montes, soutos, covas ou minas amósannos un contorno privilexiado que nos darán unha clara visión sobre o que foi a vida e a obra dun dos grandes bardos do século XX.
O roteiro foi elaborado por Etnoga coa colaboración e supervisión da familia de Uxío Novoneyra, quen achegou valiosos contidos e suxestións para a configuración do itinerario".
Novoneyra e a Memoria Histórica
Traballo realizado na biblioteca do
CPI Luís Díaz Moreno de Baralla (Lugo); recóllese nel unha historia, real e aterradora, que Novoneyra, a partir das narracións orais que a evocaban, romanceou co título
Manoel de Ribadavia:
Uxío Novoneyra: unha homenaxe através da flora do Courel
Homenaxe do alumnado do Ciclo Formativo de Agraria do IES de Arzúa, promovido desde a
Biblioteca:
Follarasca
Antoloxía poética
Formosa selección de versos de Novoneyra
Traballo realizado pola Biblioteca do CPI Progreso de Catoira
Xogo didáctico: Procurando poema e poeta
Este xogo, en que non só está incluída a pernonalidade e obra de Novoneyra, foi creado pola AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega); está accesíbel no seu sitio de teleformación e pódese entrar clicando aquí.
As mesturas de Mesturas
Fresco traballo realizado por alumnado do IES Sánchez Cantón; para alén de nos aproximar de Novoneyra, a obra mostra un recurso interesante: os pósters virtuais ou glogues, que xa temos usado no noso blogue. Aquí poden verse todos os glogues
Poemas de outono e Fontiña do Caravel
Tamén Delio disponibiliza para as Bibes esta selección poética da que di: "Para celebrar o magosto, fixeramos un traballiño con fotos do pobo de Novoneyra (Parada) e poemas seus referidos a ese tempo. Resulta que unha compañeira do equipo de biblioteca canta no coro "Sólo voces" e agasallounos co poema "Fontiña do Carabel" musicado por eles. Retoquei ese traballo incluíndo na última diapositiva o poema e a canción".
Poemas musicados
WebQuest
Autocolantes
Actividades educativas LIM
Desde
esta páxina elaborada polo CEIP Condesa de Fenosa
Liña do tempo
Creación do alumnado de 1º de Bacharelato do IES Castro de Uz, nas Pontes
Selección de vídeos de/sobre Novoneyra
Oferecida pola Coordenadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística,
aquí
Outros sitios de interese:
Uxío Novoneyra: A voz herdada