POEMAS, ADIVIÑAS, LENDAS E REFRÁNS DO OUTONO
( VOLVER A O RECANTO DE MIK )

 

POEMAS

 

 

As árbores espidiñas

sen follas,

sen folliñas.

 

Os esqueletos de xeo

             amosan

os seus outonos,

os seus laios,

os seus soños.

 

Unha alfombra

                       cobre o chan,

tapiz de follas caídas,

                       folliñas

que veñen e van.

                           Folliñas

                     lixeiras e secas

                     fatigadas

                                    de troular.

                            Folliñas

                                     que bailan

                                                  co vento

                            todos collidos

                                             da man.

                         

                   Antonio García Teijeiro

 

 

 

VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais

 

 

Don carballo chora landras

na amencida.

 

E don Outono baballa

néboa fría.

 

Don Labrego, de sombreiro,

aplaude a don Castiñeiro

con variña de abelaira.

 

E don Ourizo da chaira,

como non se ten coa risa,

cáenlle dentes de castaña.

 

HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia

 

 

 

UNHA MAÑÁ, PITIÑO PISPÍN

 

SAÍU PASEAR.

 

DÍXOLLE A NUBE:

 

"PIN-PIRIN-PÍN, PITIÑO PISPÍN

 

COAS MIÑAS PINGAS HEITE MOLLAR".

 

DÍXOLLE O PITO:

 

"TEÑO PARAUGAS,

 

PARA AS TÚAS PINGAS:

 

¡PAN-PARAN -PÁN!"

 

GLORIA SÁNCHEZ."Rimas con letra".Xerais

 

 

 

Outono
ten sono,
non pode durmir.

Ponlle unha mantiña
que se queda axiña
sereno e feliz.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO."As catro estacións".Árbore.

 

 

POLOS ALTOS
DO POUSADOIRO
ANDA UNHA NENA
CUN ZOSCADOIRO
PARA ZOSCARLLE
Ó VENTO NORDÉS,
PORQUE LLE PUXO
O PARAUGAS DO REVÉS
E MOLLOUNA TODIÑA
DA CABEZA ÓS PES.

XOÁN BABARRO "Ten,ten a miña casa ten..." Arbore.Galaxia
 
 
 
OS ANANOS DO OUTONO
PINTAN AS UVAS.

OS RAPACES ASEXAN
AS MAIS MADURAS.

TAMÉN OS GORRIÓNS
REVOAN ENTRE AS CEPAS
DE DOUS EN DOUS.


PURA VÁZQUEZ."O libro dos cen poemas".Espiral maior
.

 

 

DONA CHUVIA

 
¿Queres ver coser?
Escoita chover.

Crávanse as agullas
enfiadas de auga
no pano da terra
que é saba mollada.

Baixa dona Chuvia,
cabaleira branca
mendar prados verdes
con fíos de prata.

¿Queres ver coser?
Escoita chover.

HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Don e Dona".Árbore-Galaxia.
 
 
 
¡LEVÁNTATE ,NEBRA!
 
¡LEVÁNTATE ,NEBRA,
DO BICO DA SERRA!
AÍ VEN SAN MARTIÑO
NO SEU CABALIÑO,
QUE TE VAI LEVAR,
QUE TE VAI POUSAR
NA TONA DO MAR!

 

ANTONIO NORIEGA VARELA.

 

 

 

ADIVIÑAS

 

 

 

Ave teño de nome

de o revestimento

o que non adiviña

non ten discorremento.

 

 

 

ALTA ESTOU

 

LADRÓN VEXO VIR

 

DO MEU CARAPUCHO

 

NON PODO FUXIR.

 

 

  

 

 

SON REDONDA COMA O MUNDO

 

PARA MORRER TODA ME ESGAZAN,

 

DÉIXANME SÓ O PELEXO

 

E TODO O ZUME ME SACAN.

 

 PACO MARTÍN.¿Que cousa é cousa..?.Galaxia

 

 

 

 

 

ALTO PIMPÍN,

 

RUIN CABALEIRO;

 

RÓMPELLE A BOLSA

 

E CÁELLE O DIÑEIRO.

 

 

 

ARQUIÑA PECHADA,

QUE TEN QUE COMER

E NO MUNDO ENTEIRO

NON HAI CARPINTEIRO

QUE A POIDA FACER

 

 

 

 

UNHA VELLA CARCOMIDA

 

TIVO UN FILLO ENREDADOR,

 

MOITOS FILLOS CALADIÑOS

 

MÁIS UN NETO FALADOR
(cepa, uvas e viño)

 

 

 

 

OUTRAS ADIVIÑAS EN GALEGO

 

 

Ir a Refráns e lendas