Normas da biblioteca

IES Castro de Baronceli (Verín)

ÍNDICE:

  • Normas Xerais
  • Condicións do préstamo

NORMAS XERAIS  
     
                
 Horario  
Recreos de 11:15 a 11:35   
Luns, sesión de tarde, de 14:30 a 15:30

 Usuarios         
     
Toda a comunidade educativa: 
              alumnado, profesorado, 
              persoal non docente e 
pais e nais.

 Servizos          
       Sala de lectura e estudo 
       Préstamo (Ver Condicións)
      
Ordenadores e conexión a Internet
      
Axuda á docencia   
      
Animación á lectura
      
Outros: hemeroteca,
                    material audiovisual

__________________________________________

Condicións de préstamo        o

 1, 2, 3…  Pódense levar para a casa ata tres libros, xuntos ou en préstamos separados.
Agás as obras de consulta exclusiva na sala.

  15 días   O período máximo de préstamo é de quince días.

  +15     O prazo pode ampliarse renovando o préstamo por outros quince días. Agás obras moi demandadas.

  Rexistro   Todas as operacións de préstamo, renovación ou devolución deberán rexistrarse no ordenador ou no libro de incidencias polo profesorado de garda.

  Devolucións   Os libros depositaranse no caixón de devolucións. Non o coloques directamente nos andeis.

  Demora  A centro poderá notificar directamente por carta ou aviso aos titores legais do alumno/a as devolucións fóra de prazo ou demoras que prexudiquen o funcionamento do servizo de préstamo.

Deterioro    A dirección estudará cada un dos ou perda    casos e poderá obrigar á 
                  reposición ou abono en metálico.