As nosas películas
 

13 Badaladas.doc 

O regreso a cidade que te  viu nacer.                                                                                                                                                                                                                                          

     Alatriste.doc

A guerra sempre é cruel. Pero se aínda estamos no século XVII, as calamidades multiplícanse e a vida convértese nunha loita corpo a corpo antes, durante e despois das batallas. Nen sequera un sobreviviente como Alatriste o terá fácil.

     Amelie.doc

É posible ser inocente en París? Pódese ser solidario nunha gran cidade? Amelie Poulin o intenta e non dubida en recorrer á mentira e á sensualidade para logralo. Descobre como o leva a cabo nesta película.

 El apartamento.doc

 Considerado por moitos experto como o mellor guión da historia do cinema. Descobre ata onde poder chegar a “xenerosidade” dun home e non pares de rir.

Café irlandés.doc

Unha noticia inesperada. O mundo vense abaixo. Era o peor que podía pasar. Como contarllo á familia? Ou non contalo é mellor? ¡Se poidera ocultarse a evidencia!

 Carros de fuego.doc

Seguro que coñeces a música. Descobre agora a historia que está detrás. Deporte, devocións, amizades, lazos familiares; todo se xunta na olimpíadas de París de 1924.

    El Cid. La leyenda.doc

 Descobre dun xeito ameno os aconteceres de Rodrigo (O Cid) , das andainas co seu amigo Sancho e das relacións coa súa moza Gimena. Todo iso axuda ao retrato deste persoeiro histórico.

   El club de los poetas muertos.doc

As clases de literatura poden ser distintas. A poesía pode servir para a vida.

 Cyrano de Bergerac.doc

Pode un home feo aspirar ao amor? Pode un home intelixente renunciar ao amor? ¡Haberá que buscar un camiño para que ise home poda facer realidade os seus sonos! Cyrano pon todo o seu esforzo en atopalo.

Diarios de motocicleta.doc

Hai xa 40 anos da morte do “Che” Guevara. Descúbreo nesta película cando aínda non era o “Che”

   Forrest Gump.doc

Que diferencia hai entre unha persoa normal e outra non tan normal? Existe algunha forma de igualalas? Trata de averigualo nesta película sen perder o sorriso.

 

Good bye Lenin.doc

En 1989 caeu o muro de Berlín e en pouco tempo a cidade pasou a estar irrecoñecible. Sería posible ocultarlle a alguén o cambio de situación?. Inténtao facer coa nai do protagonista desta comedia.

 

    Una historia del Bronx.doc

 Robert De Niro  estrenou en 2007 a súa segunda película, “El buen pastor” que fala do nacemento da CIA. En “Una historia del Bronx” aborda o tema da supervivencia xuvenil nos baixos fondos de Manhatan.

Juana la loca.doc

¿Estaba Juana realmente tola? Descubre por que a historia foi tan cruel con esta muller, quizais só polo feito de selo.

   Mar adentro.doc

Sabemos o final, contáronos a historia. Temos a nosa opinión sobre o caso e a pesar de todo iso Alejandro Amenábar consegue sorprendernos e emocionarnos.

 

 El mercader de Venecia.doc

Al Pacino, Jeremy Irons, Joseph Fiennes, Dustin Hofman e... Shakespeare.

 

 

El nombre de la rosa.doc

¿Queres saber como era a vida nun convento da Idade Media? ¿Queres descubrir o sentido dos asasiñatos que nela se producen? Agudiza o inxenio e acompaña aos personaxes desta película para atopar a resposta

 Nueve reinas.doc

 Érase unha vez un país en onde os ladróns corren detrás dos que rouban. Érase unha vez en Bos Aires no ano 2000. Atrévete a distinguir os ladróns dos que rouban e dos que enganan aos que rouban.

 

  Que bello es vivir.doc

Un título optimista. Unha película clásica americana. ¡Demasiado pastel! Todo é cuestión de empezar a vela. Nin tanto pastel nin tan optimista, a cousa empeza de forma tráxica.

 

 Quiero ser como Beckham.doc

 Os modelos cambian. O exemplo de Beckham é dubidoso pero vale como excusa para rachar tabues e buscar a felicidade por enriba das prohibicións.

 

 Senderos de gloria.doc

  Dende cando se cuestionan as guerras e os seus métodos? É o pacifismo unha nova tendencia ou ven de lonxe? Nos anos 50´Stanley Kubrick fixo unha película tachada de antibelicista e antipatriótica que sigue totalmente vixente hoxe en día.

    Shakespeare in love.doc

 Que motivaba ao maior escritor da historia poñerse a facer as súas obras? Como vivía o pobo e a aristocracia de 1600 o mundo do teatro? Con partes históricas e algo de ficción, esta película móstranos de xeito divertido todo isto.

    Te doy mis ojos.doc

 Unha historia de amor. Unha historia de ciumes. Por que aparece a violencia? Onde remata a normalidade?

 

  Tiempos modernos.doc

 Pensas que o estrés é unha doenza dos tempos actuais? Pode alguén converterse en líder ao seu pesar? Charlot tivo estrés no ano 1936 e chegou a famoso sen querelo. ¡Non somos tan modernos como pensamos!

 AddA vida na f vida nunha fábrica