O despacho

    O despacho conta cun grupo de profesionais do dereito que apostan pola formación continua, que para nos é fundamental, polo que periódicamente a nosa equipa asiste a cursos de especialización e actualización acerca das derradeiras novidades lexislativas en distintas Escolas de negocios, Colexios de avogados e foros especializados. 

    Asemade o despacho conta coa colaboración doutros profesionais externos para ofrecer un asesoramento íntegral tanto aos particulares coma as empresas.

Santiago de Compostela


 O despacho Barreiro Pereira avogados foi fundado no ano 1999 por Xosé Antón Barreiro Pereira estando a súa sede nun principio ubicada na rúa 25 de xullo nº 6 baixo en Santiago de Compostela.



 
 
Vilagarcía de Arousa

Froito do seu crecemento constante e pola demanda dos nosos clientes recentemente apliaronse as instalacións existentes ocupando na actualidade dous locais en propiedade en Santiago de Compostela e un terceiro en Vilagarcía de Arousa.