Que é un exiliado?

Que diferencia hai entre un refuxiado ou un emigrante e un exiliado?
A resposta non pode ser outra que aplicar o criterio da existencia, ou non, de liberdade de elección por parte da persoa para ficar ou para partir, e para decidir en qué condicións e ónde ha de partir, cómo e cándo.
O exiliado non pode voltar, e nun comezo non ten máis remedio que saír. A permanencia implica un risco inminente para a súa integridade física, e mais para a da súa familia. E a razón dese risco é fundamentalmente a súa actividade pública directa ou indirectamente comprometida no eido político, sindical, cultural ou profesional, con principios diametralmente opostos ó do réxime ou bando imperante no seu lugar de orixe.