Avanza Trasdeza é unha asociación sen ánimo de lucro que nace en marzo do 2009 da man dun grupo de veciños e veciñas do Concello de Silleda.  


O desexo por mellorar o noso pobo e dar resposta ás inquedanzas de numerosos silledenses leváronnos a formar esta asociación.


As ganas de traballo son a nosa carta de presentación, e pretendemos a través da a consecuente canalización poder desenvolver todo tipo de actividades sociais e culturais para toda a comunidade do Trasdeza.

As nosas fotos



Por que deberías unirte a nós?

  • Porque ti tamén pensas que todos temos a nosa tarefa que facer na mellora do noso Concello.
  • Porque ti tamén queres traballar polo noso pobo.
  • Porque ti tamén sabes que os cidadáns somos decisivos.
  • Porque ti tamén tes dereito a participar activamente na toma de decisións que afectan á a vida e á de todos.
                                                                                               Asóciate!

Que é o mellor de ser de ATD?

En ATD encontrarás moitas persoas coma ti, dispostas poñer da a parte para que Silleda vaia adiante, dispostas a traballar de xeito sistemático e constante, porque non se trata dunha moda, dunha convenencia pasaxeira e oportunista ou de defender os intereses duns poucos, senón dunha preocupación polo interés xeral e unha tarefa permanente, polo ben de todos.