AULA VIRTUAL (CURSO 20-21)

EDUCACIÓN MUSICAL

CEIP de CELEIRO - Viveiro (Lugo)

A música debe estar presente na formación integral do individuo xa que ao utilizar as dúas mans e/ou os dous pés está a facer conexións neuronais dos dous hemisferios do cerebro, permitindo que se una a parte cognitiva coa emocional e sensitiva-creativa, formando así un ser máis intelixente, adaptable, mais apto para a resolución de problemas e a toma de decisións.

A través da práctica e o exercicio da formación musical ensínanse principios e valores; descóbrense habilidades e talentos que incrementan a autoestima, a identidade e o recoñecemento persoal.

Así cantamos e tocamos no noso colexio