Xudias Salteadas con Panceta

Empeza a tempada de xudias, unha verdura moi rica e que pode dar moito xogo na cociña. As maneiras para cociñalas poden ser moi variadas, son moi agradecidas e xa sexa cocidas ou coma nesta receita será a reina da mesa.

Ingredientes:

       ·        800 gr. Xudias

       ·        150 gr. panceta de porco

       ·        2 dentes de allo

       ·        ½ cebola

       ·        80 gr. champiñons

       ·        50 ml. salsa tomate

       ·        30 ml. aceite oliva

       ·        Un chorriño de salsa soia

Comezamos limpando as xudias de bordes e canos para cocelas en auga con sal ata que estén o dente. Escurrimos e reservamos.

Por outro lado facemos un sofrito cos dentes de allo e media cebola picada e cando estén medio pochados engadimos a panceta picada en bastóns. Para terminar engadimos as xudias, vamos salteando e terminamos mollando con un chorriño de salsa de soia e de salsa de tomate deixando cocer durante dous minutos.