Buñuelos de Grelos e Chourizo

Ingredientes:

       ·        100 gr. grelos

       ·        100 gr. Chourizo

       ·        ½ litro de auga

       ·        50 gr. levedo

       ·        300 gr. fariña

       ·        1 ovo

       ·        2 claras de ovo

       ·        Sal

Nun bol poñemos a auga, o ovo e o levedo removemos ben ata que quede todo mesturado e vamos engadindo a fariña ata que consigamos unha masa que teña corpo. Incorporamos os grelos xa cocidos e ben picadiños, e importante que queden ben escorridos, e o chourizo esmiuzado e pasamos lixeiramente por unha tixola.

Deixamos repousar para que faga efecto o levedo. Unha vez repousado montamos dúas claras de ovo a punto de neve e incorporamos a masa.

Coa axuda dunha culler imos collendo porcións e introducindo en aceite ben quente. Escorremos ben do aceite ao retiralos para que non queden aceitosos.