Son un...
Agora chégalles a quenda "ás Mariñas lectoras"

 

QUE ANIMAL SON?

 

Chámome Ruperto e vivo nunha cuadra xunto con outros animais.

            Eu son grande, alto, gordo e astuto. Cando non me gusta algo boto as orellas para atrás e cando estou agusto déixoas estar dereitas, como case sempre as teño.

            Son grande xa que teño case 20 anos.

            Como herba, millo, berzas, ... en fin vexetais. Algunhas veces como patacas.

            Gústame moito que me leven pacer, e que me den caricias pero si que non me gusta que me peguen, ou que me metan na cuadra.

            Relaciónome cos humanos cando me botan a comida, a auga, cando me limpan a cuadra... Cos animais relaciónome porque vivo na mesma cuadra. Aínda que me levo mal con case todos.

            O que máis fago é pacer, rascarme dando voltas, ornear...

            Os perigos que corremos son algúns dos seguintes:

Saír a rúa e que me atropelen, tropezar cando estea cargando a herba.

            Polo que escribín dedúcese que son un animal doméstico.

SON UN...

 

CRISTINA GÓMEZ PEDREIRA

 

 

 

QUEN SON?

Son un animal que ten 4 patas e un rabiño, tamén son baixo.

Vivo nunha cuadra xunto con outros animais. Non me gusta que me peguen e se o fan amodo, case non o noto porque teño varias capas de pel e moito sevo.

Teño varias cores, podo ser de cor rosa, blanco e negro...

A min chámanme por un nome que eu non elexín, Arni (se son macho) e Rosita (se son femia).

Gústame moito a fariña, pelas de pataca, mazá e outras froitas, en fin, son vexetariano.

Eu son um ......

 

 

NOELIA BEADE PÉREZ

 

 

 

 

 

 

Son unha vaca e chámome Pinta.

Vivo xeralmente en cuadras. Vivo con máis animais da miña especie aínda que os humanos me mandan a veces vivir soa.

Son bastante grande, con pintas brancas e negras. Como herba e pienso. Son xa grande teño 5 fillos.

Gústame moito que me acaricien o pescozo, e que me deixen ir ao prado e correr e saltar por el sen parar. Odio estar presa máis de 16 horas seguidas, teño pánico aos lobos e fastídiame moito que os humanos me separen dos meus fillos ao naceren.

 

Relaciónome moi ben coas persoas e cos outros animais, enfádome se me tratan mal ou me pegan.

Teño moitos costumes por exemplo: almorzar e cear sempre á mesma hora, lamber as miñas crías ao acabaren de nacer.

Ás veces corremos moitos perigos o ataque do lobo ou caer nos buratos que vós os humanos facedes. Os humanos úsanme para sacarme o leite e a carne.

 

 

LUCÍA ARCAY LÓPEZ

 

 

 

 

 

EU SON…

 

Son pequeno e gris. Gústame moito durmir e sobre todo gústame moito moito comer. Eu vivo aquí en Galicia, nunha cidade chamada Betanzos.

A miña dona favoria é a que me dá de comer esos botes tan queridos. Son moi cariñoso. Hai outro dono que solo está ás veces e que con el sempre durmo. Hai outros que sempre me fan dar pinchacArneiros e ás veces, déixanme durmir nun sitio moi cómodo que lle chaman cama.

            Os meus veciños son cans que están todo o día ladrando e ás veces vou ligar e non vou á miña cfasa en varios días. Olvídome doutro dono que é o que me cura as feridas que me fago cos demais animais. Aínda que me faga dano, ao longo sei que me axuda.

            Agradezo moito os donos que teño e intento ser o máis agradable para que eles o sexan comigo.

 

 

MARIÑA FERNÁNDEZ CAO

 

 

 

 

 

EU SON….

 

Ola! Chámome Panty, vivo cos Kudús nas estepas de herba ao sur do Sáhara.

Eu son alta, forte e grande. Como nas estepas de herba. Gústame moito ver xente correr e non me gusta cando veñen os leóns.

Relacionome coas persoas nos zoos cando me levan para alí, e tamén me relaciono cos animais na selva.

Todas nós temos a costume de parir de pé.

Vós, as persoas, corredes moitos perigos comigo, pódovos pisar ou aplastarvos porque non son un animal doméstico e entón os homes non me usan para nada.

Sabes quen son?

 

CLAUDIA

 

 

 

QUE ANIMAL SON…?

 

Vivo nunha selva de África coa miña familia. En canto ao tamaño, dentro da miña familia son pequeno, pero en realidade son un dos animais máis grandes que existen.

A miña dieta baséase en vexetais.

Gústame xogar cos meus amigos, os nenos, pero non me gusta nada ducharme coa miña trompa, era moito mellor cando era máis pequeno e miña nai me aseaba.

Hai uns meses empecei a odiar as persoas, pois unha mañá calorosa, coma case todos, nun día de verán, uns señores que viñan con armas e cordas levaron un dos meus irmáns nunha xaula e dende entón non a volvín ver nunca máis.

En canto aos animais, os meus amigos favoritos son os monos.

Un dos meus costumes favoritos é, polas noites, mirar as estrelas durante horas.

O único perigo que corremos, que eu coñeza, son os humanos, non sei de máis.

Non son un animal doméstico, son salvaxe. Que é iso?

Para que me usan os homes? O único que podo dicir é que cando enxaularon o meu irmán, e o levaron, a miña familia dixo que isto o facían os homes para levalos a lugares civilizados para domesticalos.

Sabes xa quen son?

 

ALBA IGLESIAS YÁÑEZ

 

 

QUEN SON?

 Ola! Eu chámome Joselito e son un .... Vivo no río Éufrates cos meus pais e os meus sete irmáns, dos cales son o menor, pero o meu tamaño non diría precisamente que son moi pequeno. O que menos me gusta ocorre no verán xa que seca o río e non podo xogar nel cos meus irmáns, por iso soamente me teño que conformar con comer a miña comida favorita: os “pescadiños”.

      Aínda que coma este tipo de comida non significa que sexa moi amable cos humanos porque nalgúns casos utilizan a nosa pel para fabricar bolsos e mesmo zapatos, como lle ocorreu ao meu primo Eduardo. Por iso non son un animal doméstico. Co resto dos animais, sobre todo, cos meus irmáns, son moi sociable e lévome moi ben con todos.

 

LAURA CENTOIRA YÁÑEZ

 

 

QUEN SON?

O meu nome é Nagini, vivo nos valos, soa.

      Eu son alongada e algo gorda. Son bastante grande.

Como os ovos dos demais animais.

      Relaciónome coas persoas picándolles e cos outros animais mordéndolles tamén.

      Non me gusta que a xente se asuste e me intente pegar.

      Non son doméstico.

      Os homes úsanme para os circos, zoos, etc.

EVA RODRÍGUEZ DÍAZ