Elaboración e deseño dun proxecto de investigación

en castelán>>>
Aprender da contorna ensinando a amala
Xestión con ferramentas dixitais , promoción e marketing para o deseño e construción dun proxecto  de investigación cooperativo sobre os cambios nos espazos físicos e as paisaxes na contorna do Concello de Ames.
Propónse un  proxecto de traballo para coñecer mellor o noso entorno e, ao mesmo tempo, coñecer a nosa historia e dar a coñecer o patrimonio documental do noso Concello. (Ver proxecto elaborado)
Queremos estudiar os cambios e transformacións que sufriu a vida no rural e nas novas aldeas que xurdiron ao redor das grandes cidades:  na súa estrutura, o que permanece e o que muda, cómo afecta á vida social e aos costumes asociados e cómo perciben os cambios os seus habitantes.  
Para logralo lanzaremos unha proposta a toda a comunidade educativa para que colabore con nós na recollida de documentación fotográfica histórica e actual e sonora sobre os entornos das aldeas e lugares de Ames. 
O noso propósito será actualizar e poñer a disposición de todos un gran banco de documentación sobre a nosa contorna que nos permita  coñecela mellor e valorala máis.  Anímaste a traballar con nós? Olla o vídeo


Enlaces a outras páxinas do proxecto:
Ċ
aldeas ames,
17 jun. 2014 8:00
Ċ
aldeas ames,
8 jun. 2014 3:28
Comments