Unha fraga é un bosque de árbores de especies misturadas. A fraga é un bosque no que non interviu a man humana, é un bosque creado pola natureza. En cambio, bosque é un termo máis amplo e recolle tanto as fragas como calquera creación de plantacións realizadas coa acción dos seres humanos.