CEIP de Celeiro-Viveiro (Lugo)

RECURSOS PARA TRABALLAR

A PRENSA NA ESCOLA

PERIÓDICO FEITO POLOS

ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º CURSO

XUNTO CO SEU PROFESOR EDUARDO

MARZO, 2013

A semana da Prensa na escola axuda aos alumnos a comprender o universo da prensa. Favorece o exercicio da lectura comparada das informacións e desenvolve

o espírito crítico. Tamén se contribúe ao reforzo da lectura e da escritura. Ao mesmo tempo, ao largo da semana, trátase de amosar a gran variedade dos medios de información: prensa escrita, cotiá ou revistas, estacións de radio públicas ou privadas, canles de televisión nacionais ou rexionais, novas redes de información e a prensa realizada polos mozos.

OBXECTIVOS A TRABALLAR

    • Fomentalo uso da prensa na aula.

    • Descubrir a diversidade dos medios de información.

  • Incitar aos alumnos a lela prensa utilizando varias fontes e soportes de información.

  • Saber de onde veñen as informacións producidas e difundidas polos medios.

    • Situar no espacio e no tempo, os acontecementos que marcan a actualidade.

  • Recoñecer as diferentes seccións dun periódico.

  • Diferenciar entre feitos e opinións.