"Aprendemos a investigar" é unha recompilación de recursos que ten como obxectivo guiar ao alumnado no proceso de investigación á hora de elaborar un traballo. Divídese en tres apartados:
- Aprendemos a facer un traballo. Recóllense diferentes manuais que axudarán aos rapaces e rapazas a elaborar os seus propios traballos de investigación.
- Busco información. O alumnado coñecerá como se ten que buscar información tanto na biblioteca coma na rede.
- Enlaces para o profesorado. Neste apartado hai enlaces a documentos, propostas ou traballos doutros centros que son de interese para o profesorado.
|
|