Temos na clase unha mascota chamada Colorines. Trátase dun dragón de cores ao que lle gustan as Tics, e que se encarga de manter actualizado o noso blogue de aula, no que conta ás familias as cousas que, día a día, acontecen na clase.
Neste sitio Colorines vos ofrece unha selección de recursos relacionados cos proxectos que imos desenvolvendo na aula. Esperamos que vos sexan de utilidade.