INTERNO‎ > ‎ACTUALIDADE INTERNO‎ > ‎

RECORTES no orzamento municipal 2012

publicado a la‎(s)‎ 12 nov. 2011 6:05 por Asociación Profesional PL A Coruña   [ actualizado el 12 nov. 2011 6:39 ]
As escalas de Policía, Oficial, Inspector e Inspector Principal, as máis perxudicadas.

Tal e como se explicou onte nos cambios de turno, o pasado martes 8 de novembro celebrouse Mesa Xeral de Negociación, tendo como punto principal a previsión orzamentaria de gastos de persoal e cadro de persoal para o exercicio 2012. Durante a reunión, a Concelleira de Persoal dª Rosa Galego, fixo entrega aos sindicatos de senllos documentos (VER) dos que se desprenden diversos recortes orzamentarios que prexudican a aplicación dunha parte do Acordo de Reclasificación para a Policía local, así como (nun 30%) á formación e (nun 100%) ao viaxe socio cultural anual, que desaparecerá.

No caso concreto da Reclasificación da Policía, o Acordo establece para o ano 2012:
  1. A parte equivalente ao 10% do Soldo Base QUE SI SE RESPECTARÁ, eliminando as actuais diferenzas entre policías novos/as, veteranos/as e chegados/as por mobilidade.
  2. Subida de 2 niveis no Complemento de Destino, para igualalos cos demais grupos do concello, QUE NON SE RESPECTA. Como consecuencia diso, as escalas de Policía, Oficial, Inspector e Inspector Principal (369 traballadores/as), non verán incrementadas cantidades que oscilan desde 44 a 73 euros.
A MOTIVACIÓN, é que consideraron que esa parte do Acordo de Reclasificación choca coa Lei de Orzamentos e co Decreto 8/2010 (o Decretazo do 5%), algo que, no entanto, seguen estudando. CSIF sostemos que a reclasificación ten que ser entendida como un "ascenso por lei" cuxos inconvenientes si que están vixentes ao 100% e que xa que logo requiren a súa correspondente adecuación retributiva, ao amparo tamén dunha lei e dun acordo, non debendo considerarse unha simpre pretensión de "subida salarial" como tal. De feito, non aplicalo supón un recorte "extra" nas retribucións que corresponde aplicar en 2012, e unha discriminación para o persoal policial que accede directamente ao C-1, pois non se dotan as súas prazas cos mesmos criterios de asignación de niveis de Complemento de Destino que aos demais C-1 do concello.

Como dato positivo destaca que se consignan as partidas necesarias para completar as prazas pendentes en policía e en bombeiros, e que se dotan as partidas correspondentes a contratos de asistencia sanitaria, cuestión que xerou gran inquietude durante os últimos meses a boa parte do colectivo municipal pero que, aínda así, en breve teremos que abordar máis en profundidade.

Como consecuencia de todo o anterior, CSIF PRESENTAMOS ALEGACIÓNS (ver) na seguinte reunión da Mesa, celebrada o venres 11 de novembro.

Non fai falta recordarvos que existe un compromiso electoral do actual goberno polo cal comprometéronse a respectar a aplicación do Acordo de Reclasificación da Policía. Incumprilo, só pode causar a lóxica decepción e desconfianza do noso colectivo.

MÁIS INFORMACIÓN, NO TABOLEIRO DO SINDICATO
Comments