INTERNO‎ > ‎ACTUALIDADE INTERNO‎ > ‎

Mellora no servizo de Guindastres

publicado a la‎(s)‎ 15 oct. 2011 3:26 por Asociación Profesional PL A Coruña   [ actualizado el 22 oct. 2011 2:38 por Manuel Ace ]
MELLORA da efectividade no servizo de guindastres. Confírmase que a redistribución de medios ordenada hai poucas semanas pola Concellaría de Seguridade Cidadán (do novo Goberno municipal) proporciona unha resposta máis rápida das grúas, tanto para a cidadanía requerinte do servizo, como para apoiar a labor policial. A reorganización conlevou tamén recuperar ata catro policías por turno para o servizo ordinario. A percepción xeralizada manifestada polos/as policías confirma que nestas semanas aumentou a disponibilidade dos guindastres e tamén que chegan con maior rapidez, o que está permitindo retirar vehículos aos que antes non se chegaría a tempo. O importante non é o número de vehículos remolcados ao remate da xornada, que como se está a comprobar tampouco baixa, senon que os vehículos que se leven sexan os que realmente causan máis problemas. Iso é o que ten que promover a Policía.

Esta asociación felicita aos responsábles desta reorganización, xa que con ela estase a dar un paso firme para alonxar ás retiradas indiscriminadas, e ó uso ineficaz e recaudatorio da Policía e dunha concesión. A nosa asociación reivindicou en numerosas ocasións que se deixara de obrigar aos/ás policías a ir a bordo dos guindastres, pois durante moitos anos existiu unha constante presión -ás veces pouco sutil- para que os/as axentes "xustificaran" o aproveitamento da súa xornada segundo o seu número de vehículos retirados. É unha realidade coñecida por todos internamente, e motivo de protestas en moitas ocasións. Mesmo se chegou a que os mandos tiveran que facer un informe se non se alcanzaba o número diario esperado.

Ata esta reforma, a razón de asignar policías ás grúas era que éstes "patrullaran" ca grúa e fixeran retiradas de vehículos por iniciativa propia. Pero iso provocaba retrasos para atender outros requerimentos -moito máis urxentes- dos veciños/as e mesmo cando as solicitaban outras dotacións policiais, debido a que as grúas botaban boa parte da xornada remolcando coches cara a un -alonxado- Depósito Municipal, máis o tempo que tamén conleva a maniobra de descarga e voltar cara á zona, en moitos casos cruzando a cidade -con atascos-, provocando que os servizos máis urxentes se acumularan "en carteira", chegando frecuentemente a retrasos de máis de 40 minutos para atender os requerimentos urxentes, dende o 092, de cidadáns por doble fila ou vados. A partires de certas horas, algunhas grúas xa non contestaban a peticións nin sequera ás doutros/as compañeiros/as na rúa. Entre os policías imperaba a idea de que os guindastres empregábanse de xeito innecesario en moitos casos e, pola contra, con demasiada frecuencia tardaban en exceso cando realmente se requería do seu servizo. Un dato significativo, e a existencia crónica de auténticos "caladeiros" de retirada, de donde se levan remolcados centos ou miles de vehículos, sen que o Concello tivera o menor interese en analizar tales datos e solucionar o problema. Esta asociación non busca polemizar máis coas razóns ou posibles intereses que levamos visto durante anos, pero abundan os exemplos e coincidencias.

Sempre houbo algúns policías voluntarios -e mesmo interesados- en ir a bordo dos guindastres. Maila o bo facer de moitos deles, como se está demostrando, o servizo policial non precisaba diso e, pola forza do costume, perdéronse durante anos moitos axentes para o servizo normal. Esta reorganización favorece que se alcancen os mínimos de servizo, que tantas veces impediron o normal uso de permisos. Agora, hai catro policías máis en cada turno e, ainda por riba, as grúas fan un traballo máis selectivo. Sen olvidar que a meirande parte dos/as policías eran obrigados a ir a bordo baixo pena de sanción disciplinaria (como recentemente se confirmou).

O argumento de que os guindastres podían servir como posto de segunda actividade, é totalmente secundario. Neste plantel a segunda actividade nunca foi unha inquedanza da Xefatura, e o habitual viña sendo que se colocaran en moitos postos de segunda actividade a xente que non tiña razón ningunha para elo. O posto nas grúas non naceu para a segunda actividade, ben o sabemos todos. Durante anos, o Concello preferiu ofertar os postos de segunda actividade para empresas privadas, baixo disfraces e mentiras de rentabilidade, tema no que nesta asociación xa levamos traballando algún tempo. A propia Policía e o Concello dispoñen de centos de postos para ser declarados de "segunda actividade". Quen teña dúbidas ao respecto non ten máis que preguntar aos seus representantes ou consultar a Lei de Coordinación e normativa de desenvolvemento.

O servizo de guindastres é un servizo totalmente necesario nunha cidade, que esta asociación valora como tal e non concebimos prescindir dél. Pero a "grúa" é unha ferramenta ao servizo da cidadanía e da Policía, non pode ser ao revés. Os conductores-operarios do servizo de guindastres son bos profesionais cos que sempre mantivemos relacións cordiais e xunto con moitos dos policías que foron voluntariamente nas grúas destacaron sempre pola sua ética e imparcialidade. Maila a mala fama que ten ese servizo, os policías sabemos da súa importancia e todos os afectados celebran a chegada "da grúa" cando outro vehículo lles impide circular.

Esta reorganización non trata de favorecer ou perxudicar a ninguén, senon de mellorar o Servizo, para ben xeral. Pero se alguén insiste en voltar cara atrás ou facer xuizos parciais, con moito gusto esta asociación está disposta a facer xuizos completos sobre este tema e con abundancia de datos.

O Presidente da Asociación
Manuel Aceña


Comments