¡ OFERTAS !   |   NORMATIVA   |   CSIF Admón Local    |   PORTAL do Empregado   |   MATERIAL

  • ASAMBLEA 1 DE FEBRERO 2017 Formato para descargar la DELEGACIÓN DE VOTO (incluye Orden del Día) para la asamblea de 1 de febrero de 2017 (Documento PDF)
    Publicado a las 30 ene. 2017 7:08 por Asociación Profesional PL A Coruña
  • ASAMBLEA 7 abril 2015   INFORMACIÓN SOBRE ASAMBLEAS El 07 de abril de 2015 (martes) a partir de las 17:00 horas, en el Salón de Actos del Ctro. Cívico OS MALLOS  ORDEN DEL DIA ...
    Publicado a las 6 abr. 2015 15:24 por Manuel Ace
  • ASAMBLEA ORDINARIA 9 dic 2014 ASAMBLEAS09 diciembre 2014(martes)  Salón de Actos del Centro Cívico de Os Mallos  Como en veces anteriores, las 2 asambleas serán consecutivas, comenzando por la Asociación Profesional de Policía ...
    Publicado a las 9 dic. 2014 1:41 por Manuel Ace
  • Asamblea extraordinaria CSIF/SPPL ASAMBLEA -EXTRAORDINARIA- DEL SINDICATO CSIF / SPPL El 12 de noviembre de 2014 (miércoles) SALÓN ACTOS CENTRO CÍVICO OS MALLOS 17:30 h (18:00 en 2ª convocatoria) ORDEN DEL ...
    Publicado a las 10 nov. 2014 4:41 por Asociación Profesional PL A Coruña
  • ASAMBLEA 31 de julio 2013 ASAMBLEA de la Asociación Profesional miércoles 31 de julio de 2013, a las 17:00 horas en el Ctro Cívico de O CastrillónSeguida, a las 18:00, de la ...
    Publicado a las 27 jul. 2013 8:32 por Asociación Profesional PL A Coruña
  • REGLAMENTO Policía - Negociación 2013 El pasado viernes 15 de marzo, bajo la Dirección de Carlos G. Touriñán y con presencia del Jefe J.A. Brandariz, se ha retomado la negociación del REGLAMENTO DE POLICÍA ...
    Publicado a las 20 mar. 2013 3:26 por Asociación Profesional PL A Coruña
  • Orzamentos Municipais 2013 (Persoal) En sendas reuniones de la Mesa General de Negociación celebradas los días 7 y 8 de noviembre, la Concejala de Interior y Personal presentó a los sindicatos la Previsión de ...
    Publicado a las 15 nov. 2012 10:37 por Asociación Profesional PL A Coruña
  • Contencioso 1% da Masa Salarial - DESESTIMADO Recibiuse Sentenza de data 31/10/2012 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, DESESTIMATORIA sobre o recurso contencioso-administrativo interposto por CSIF para reclamar o 1% da masa salarial ...
    Publicado a las 15 nov. 2012 4:09 por Asociación Profesional PL A Coruña
  • DESISTIMIENTO Recursos VPT Contenc Nº 4 y RESTANTES 29 de junio 2012Ante la inmediatez de fechas, INFORMAMOS:DESISTIMIENTO Recurso VPT Contencioso Nº4 (No tenéis que hacer nada más)AFECTADOS:Nº prof. (Por orden ascendente): VER LISTADO EN ...
    Publicado a las 29 jun. 2012 5:26 por Asociación Profesional PL A Coruña
  • RECURSO CONTRA DIRECTRIZ VACACIONES Según las fuentes jurídicas consultadas, PARA PODER RECURRIR LA DIRECTRIZ / INSTRUCCIÓN sobre vacaciones ES NECESARIO que al menos una parte de los afectados/as MANTENGAN O REITEREN SU PETICIÓN ORIGINAL ...
    Publicado a las 30 abr. 2012 7:00 por Asociación Profesional PL A Coruña
Mostrando entradas 1 - 10 de 30. Ver más »
Ver todos los Anuncios anteriores


Entradas anteriores a xullo 2010:

  • 16 xullo 2010 NOTA PÚBLICA desta Asociación con respecto ao concurso de comunicacións dixitais da Policía e Bombeiros VER
  • Xuño 2010 Boletín CSIF
  • Xuño 2010 Táboas de descontos polo Decreto de Medidas extraordinarias ("O Decretazo")
  • 2 decembro 2009: ACTUALIZADA a proposta do Concello. Inclúe varias correccións sinaladas nas páxinas 3 e 4 DOCUMENTO ACTUALIZADO
  • ASAMBLEA do sindicato CSIF/SPPL, mañá mércores, 2 de decembro, ás 19:00 horas na DOMUS. PUNTO ÚNICO: Someter a votación a Proposta do Concello para a reclasificación da Policía Local de A Coruña. DELEGACION DE VOTO DOCUMENTO
  • CORRECCIÓN ao documento CSIF LIÑA DE TEMPO RECLASIFICACION No último cadro -que se refire ao FR-
  • 30 novembro 2009: RESULTADO da Mesa Xeral de Negociación de HOXE: O CONCELLO entregou aos sindicatos a PROPOSTA PARA A RECLASIFICACIÓN DA POLICÍA O Concelleiro de Persoal empraza a unha resposta na Mesa do vindeiro xoves 3 de decembro, polo que tentaremos de convocar unha asamblea urxente. Estade atentos a esta Web e a o voso correo, sms, etc. Para adiantar o posíbel, tendes a información necesaria nos seguintes documentos: PROPOSTA DO CONCELLO
  • LIÑA DE TEMPO (CSIF) Corrixido a 01/12/2009
  • ASPECTOS DESTACÁBEIS (CSIF)
  • 26 outubro 2009: O Proxecto de ORZAMENTOS 2010 e a reclasificación da PL O sindicato CSIF valora o esforzo para aumentar o plantel e para a reclasificación de mandos e policías. Nembargantes, CSIF calcula que a partida consignada para o 2010 non permitirá acadar o 100% do incremento no Salario Base C1. O sindicato, antes de efectuar outras valoracións, esperará a coñecer a proposta do Goberno na Mesa Xeral de Negociación, xa que dende CSIF prefiren valorar a proposta globalmente e non en base ao seu primeiro ano de aplicación. Máis detalles, no taboleiro sindical.
  • 23 outubro 2009: MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN O vindeiro luns 26 o Concello presentará aos sindicatos o Capítulo I do proxecto de Orzamentos municipais para 2010, que deberá incluir a primeira partida para iniciar o proceso de reclasificación da Policía Local.
  • 20 outubro 2009: Información do sindicato CSIF sobre a inminente Reclasificación da Policía Local. CSIF INFORMA
  • 06 Febreiro 2009: Na Mesa Técnica de Policía deste día tratouse o tema da adscripción definitiva dos policías a postos da RPT aceptando o Director de Seguridade a proposta plantexada por CSIF, que contou co apoio de CIG, CCOO e UGT. Por outra banda, clarexáronse algunhas dúbidas sobre compensacións, asistencia a cursos, efectos dos cambios á Quenda de Noite. Toda a información, nos boletíns informativos seguintes: CSIF INFORMA 02
  • 23 de xaneiro 2009 Novidades sobre acordos internos e acción sindical de CSIF, prazas de promoción 2009 (da OEP 2008), nova uniformidade e outros temas. CSIF INFORMA 01 CSIF INFORMA 02
  • 11 de setembro 2008 Sistema de Traballo - HORARIOS ESPECIAIS
O Director de Seguridade entregou aos sindicatos unha proposta para os grupos con horarios especiais, que vos resumimos a continuación:
    • SALA 092: Oficiais no Sistema C. Os operadores no A.
    • SALA DE PANTALLAS: Sistema A con modificacións de libranza para cubrir mellor os fins de semana. Pendente de confirmar.
    • SEÑALIZACIÓN VIAL: Diurno A
    • MANTENEMENTO, TRANSMISIÓNS E INFORMÁTICA: Diurno C
    • GRUAS: Diurno A
    • SEGURIDADE EDIFICIOS MUNICIPAIS: Parques, Franxa, Forum e porta Xefatura PL con sistema similar ao Diurno A. Estación de Autobuses terá sistema propio, de mañáns.
    • SEGURIDADE PALACIO MUNICIPAL E ESCOLTAS: Palacio Municipal no Sistema A, apoiado co persoal de seguridade dos demáis Edificios Municipais. Escoltas nun turno propio. Está pendente de realizar un Plan de Seguridade do Palacio Municipal que inclúa o servizo de seguridade do Palacio e o Servizo de Escoltas, atendendo ás especificidades destes servizos.
    • PLAFINICACIÓN OPERATIVA: Diurno C, coa meirande presenza en horario de mañán.
    • MERCADOS: Proposta inicial Diurno A, pero non se adapta ben a algúns mercados como a Plaza de Lugo ou Palavea. Queda para estudio o Sistema C ou semellante, máis cercano ao sistema actual (sábado por lúns libre).
Probablemente a próxima semán estén ultimados a práctica totalidade destes sistemas de libranza.
  • 4 de setembro 2008 OS POLICIAS APOIAN O NOVO SISTEMA DE TRABALLO VER DOCUMENTO
  • Na asemblea realizada polo SPPL/CSI-CSIF onte no Centro Cívico dos Mallos, procedéuse á votación do novo Sistema de Traballo para a Policía Local, obtendo 174 VOTOS A FAVOR, 10 en contra e 8 abstencións. En cumprimento de tal mandato asembleario, hoxe tomouse acordo na MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN para que o novo Sistema de Traballo entre en vigor o vindeiro 1 de outubro. O acordo foi unánimemente apoiado polos sindicatos CSI-CSIF, CIG, CCOO e UGT.
  • Achegamos a seguinte INFORMACIÓN SINDICAL (proporcionada por CSI-CSIF) sobre a reunión de hoxe, 4 de setembro, na Mesa de Negociación:
    • "En la Mesa de Negociación de hoy quedó aprobado, con el apoyo de todos los sindicatos, el Sistema de Trabajo para PL. Se hicieron tres correcciones a mayores, con el visto bueno de la Concejala, que deberán ser incorporadas en el documento a firmar:
    • Pág. 4, 3er párrafo, donde dice "...Se establecerán tres jornadas por cuadrante trimestral..." se mejora y aclara su redacción, cambiándola por "...Se establecerán tres jornadas anuales, una por trimestre...".
    • Punto 3º, 3er párrafo. sobre FINES DE SEMANA Y FESTIVOS. Le recordamos que además de poner la reducción del 50% del servicio durante los festivos, a efectos de aclaración, debería señalarse en ese punto que son los cinco días a los que se refiere el cuadro 1º del Anexo 1.
    • Por último en ese cuadro 1º del Anexo 1, donde pone "libranza mensual/festivos" pasa a ser "libranza compensación/festivos", ajustándose mejor esta redacción a los dos casos a los que va destinados (libranza de compensación en el caso del turno de noche, y libranza de compensación en festivos para los turnos A y B diurnos)
    • Tratado este punto, se levantó la sesión, quedando emplazados para una Mesa Técnica el próximo jueves 11, en la que comenzaremos a tratar el tema de los Horarios Especiales y en la que es posible que se tenga listo el documento, para su firma.
    • Por parte de CSI-CSIF se agradeció a la Concejala, al Director y al Concejal de Seguridad Ciudadana (ausente) el apoyo que han dado en este documento a cuestiones "de justicia" que el sindicato llevaba reivindicando desde hacía muchos años y que al fin han tomado forma. A lo que respondió la Concejala, confiando en que este sistema serviría para mejorar la calidad del servicio y optimizar los recursos. Aludió también a las horas extra, diciendo que esperaba que se moderara su consumo..."
  • NOVA ASEMBLEA de CSI-CSIF para a Policía Local. O 3 de SETEMBRO de 2008, ás 17:30 horas (18:00 h en segunda convocatoria) no Centro Cívico dos Mallos, para proceder á votación do novo Sistema de Traballo para a Policía Local.
  • 14 de agosto 2008 RESULTADO DA REUNIÓN da Mesa Técnica de Policía Local celebrada hoxe. O Concello estimou a meirande parte das demandas expresadas na asemblea polos afiliados de CSI-CSIF. Á reunión asistiron a Xefa de Personal e o Director de Seguridade. O Director entregou un novo documento, se ben sufriu importantes modificacións durante a negociación de hoxe, polo que ata dentro de un par de días non se disporá do documento final, onde deberan clarexarse algunhas cousas. Debido a que durante a reunión non houbo tempo de estudiar en profundidade o novo texto, a negociación baseouse na proposta anterior e nos puntos a maiores que xurdiron na asemblea. A cuestión é que o documento, que no momento de escribir estas liñas xa está leído -ainda que precisa de máis estudio-, modifica e mesmo suprime algúns parágrafos de tal xeito que xurden algunhas dúbidas que só poderemos clarexar no documento final.Entre o máis positivamente destacábelestá o feito de que o Director asumiu a posibilidade de aumentar ata 8 días libres ao turno de noite, iso sí, a costa de recuperar horas do Reforzo nocturno e fixar en 5 festivos compensación por traballar máis de cinco días á semana. Tamén accedeu a unha reivindicación histórica como é a cuestión da mantenza ante horarios de servizo que invaden os horarios de almorzo ou cea, así como nas prolongacións imprevistas do servizo. Son moitos puntos, resumidos neste documento VER O RESUMO DA REUNIÓN proporcionado por CSI-CSIF (En Pdf)
  • RESULTADO DA ASEMBLEA de SPPL/CSI-CSIF do 23/07/2008 : A ampla maioria dos asistentes expresaron o seu apoio para seguir adiante co proxecto para o novo sistema de traballo na Policía Local. Non obstante, e a petición de varios dos asistentes e como conclusión final da asemblea, considerouse convinte clarexar algúns aspectos sinalados no texto antes de proceder á súa aprobación definitiva mediante nova asemblea. Tamén, incorporar algunhas cuestións aportadas por compañeiros a xeito de garantía, ou co ánimo de reducir certas posibilidades de interpretación contrarias aos intereses dos traballadores.
  • 12 xuño 2008: Coñece a PROPOSTA de sistema de traballo e horarios para Policia Local presentada polo Director de Seguridade na Mesa Xeral de Negociación do 12 de xuño. Os sindicatos seguen a traballar documento, do que ainda quedan por tratar varias cuestións como horarios, cómputo horario da Quenda de Noite e outros detalles. Ver a PROPOSTA (en PDF)
  • 09 xuño 2008:O 20 DE XUÑO REMATA O PRAZO PARA RECURRIR individualmente a Relación de Postos de Traballo. Como sabedes, está a piques de rematar o prazo para presentar recursos particulares á nova RPT que foi publicada no mes de abril. Pese a que inicialmente so tiñan pensado recurrila uns poucos policías, nos atopamos con diferentes criterios por parte de abogados que supoñen un risco importante para os intereses dos traballadores. Cada un terá que decidir se desexa interpor recurso ou non. É moi importante que leades a seguinteinformacion detallada
  • 03 xuño 2008:Novidades sobre negociación de novos horarios na Policía Local. Da reunión mantida onte co Director de Seguridade, a primeira cuestión destacábel é o feito de que a proposta 03 variou sustancialmente da inicial -a 01-, achegándose máis ao que estamos defendendo os sindicatos. En calquera caso, ainda que é cedo para facer valoracións no que se refire a cómputo anual de xornada, pois quedan por facer moitos reaxustes. O que sí é positivo é que non nos estamos a atopar con posturas intransixentes nin imposicións, o que xa é toda unha novidade... Pódese resumir o estado das negociacións en que nestes intres estamos todavía "explorando" as posibilidades de cambios, e non hai nada definitivo.
    • A proposta do Director para o sistema xeral diurno, sería de tres grupos (en ciclos de 21 días) con cadencia 7T-4L-1T-2L-5T-2L, coa particularidade de que no horario de mañá se traballarían 8 horas, e no de tarde 7,5 horas. Hai que entender que con este sistema se están a librar 8 días de cada 21, razón pola cal se incrementa lixeiramente a xornada diaria. No caso de que se deixaran de pagar os 78 € "dos solapes", dese cómputo todavía faltaría restarlle o período de reducción de xornada de verán, cando menos. Eso permitiría destiñar esa compensación a librar, se non todos, unha boa parte dos festivos. De tódolos xeitos, esta proposta alónxase da pretensión sindical de facer catro grupos, para poder librar 3 de cada catro fíns de semana. Segundo o Director, ese sistema de catro grupos non cubriría as necesidades de servizo durante o período vacacional, pois ao eliminar o mes de maio, a cada un deses grupos -o 25% da unidade- se lle restaría outro 25% durante as vacacións. A proposta de CSI-CSIF foi de que se estimara a posibilidade de que durante o período vacacional o sistema de libranzas pasara a ser de tres grupos, cuestión que o Director quedou en estudiar. Tamén hai que considerar a posibilidade de que algunhas unidades teñan sistemas de libranza diferenciados, pois pretender un mesmo sistema para todos plantexa o inconvinte de que hai unidades que cos medios humáns disponíbeis non poden dividirse matemáticamente en catro grupos, ou ben por servizo teñen que manter un similar número de efectivos durante todos os días da semana (podería ser o caso da Sala do 092 e Atestados, sen descartar outros). O portavoz de CSI-CSIF insistiu en que no caso de que estas unidades teñan que adoutar sistemas de libranza diferentes, terán que ser debidamente compensados, para que a pertenza a algunha unidade non vaia en perxuizo dos traballadores afectados, o que tamén podería provocar o efecto indesexábel de que non houbera voluntarios para as especialidades.
    • Por outra banda, plantexóuse a posibilidade de que durante o período vacacional se cambie de turno cada quince días, para favorecer o maior posible a conciliación familiar desas datas. Esta posibilidades, que de momento só estamos "explorando", haberá que matizalas en asemblea, como moitos outros puntos, pois non sempre son do agrado de todos. O importante agora é ver con qué posibilidades de negociación contamos, e no seu momento tomaremos, de xeito colectivo, a decisión que creamos máis convinte.
    • No que se refire á noite, na proposta 03 do Director contémplase un sistema de libranzas baseado en dous grupos que en xeral librarían o 50% de fins de semana, con cadencia 2T-2L-3T-2L-2T-3L-2T-2L-3T (en ciclos de 21 días) apoiado nun grupo de entre 6 e 8 voluntarios que traballarían xoves, venres e sábados, librando o resto da semana. Tal como está reflectido na proposta, parece que este grupo non tería un fin de semana libre en todo o ano, o cal resulta excesivo. Este sistema, que todavía está en estudio pola parte sindical, haberá que contrastalo con outras posibilidades, polo que en breve trataremos de ofrecer ao turno de noite un estudio con varias posibilidades de libranza, para que os traballadores se pronuncien, e por tal motivo se lle pediu ao Director un pequeno marxe de tempo. Tampouco se descarta aumentar a libranza na noite, ben en cuadrante ou en días de libre disposición (O Director prefire en cuadrante, para evitar acumulacións). CSIF apuntou a posibilidade de empregar un sistema mixto -cuadrante e vales-. Quedou para estudio.
    • No caso dos axentes destiñados na UA, parques ou mercados, plantéxa o Director turnos de 7 horas traballando de luns a venres, e que cada tres semanas fagan unha xornada reducida, o sábado, de 3 horas (de 09:00 a 12:00). Neste caso, dende CSI-CSIF reclamamos que ese fin de semana a libranza se amplíe ata o luns. Tamén quedou para estudio.
  • 16 maio 2008: Os policías locais deberían xubilarse aos 55 anos, segundo o estudio sobre "Deterioro psicofísico nas policías locais" presentado por un equipo de expertos en medicina do Traballo. A Asociación Profesional da PL de A Coruña colaborou neste traballo, facilitando a distribución dos cuestionarios aos policías coruñeses, e a súa remisión posterior á C.S.L.
O traballo está dirixido polo Dr. D. Javier Sanz González, o mesmo experto que confeccionou o estudio que empregaron os Bombeiros para acadar recentemente a xubilación aos 59/60 anos. Constitúe a pedra angular sobre a que reclamar o adianto da idade de xubilación a nivel nacional. No estudio participaron 643 planteis de policía de toda España, afectando a un total de 41.684 axentes. O total de datos foi de 161.674, e todos de policías locais en activo, o cal reforza aínda máis os resultados da análise. Estas son as conclusións:
    • - Maior incidencia de problemas de orixe profesional que a media da poboación laboral española, incluso que o colectivo de defensa e seguridade.
    • - Molestias de espalda (lumbar 61%, cervical 61%e dorsal 35%), seguido de problemas nas rodillas.
    • - 65% dos policías tiveron problemas de estrés, e un 48% refire alteracións no sono.
    • - Un 16% necesita medicamentos tranquilizantes, relaxantes ou para durmir, e máis do 6% consume antidepresivos.
    • - Un de cada dous policías tiveron un accidente de traballo non dous últimos anos, e tres de cada catro tiveron en algún intre lesións ou enfermidades causadas ou agravadas polo seu traballo.
    • - Tres de cada catro presentan problemas de capacidade de recuperación tras un esforzo.
    • - Un 35% dos policías non poden superar algunha das probas físicas empregadas no procedemento inicial de selección.
    • - A meirande incidencia de procesos que afectan a capacidade funcional prodúcese en edades medias a partires dos 40-50 anos.
    • - Por enriba dos 55 anosa capacidade funcional de un policía local atópase mermada de xeito significativo, puidendo afectar á sua propia saúde e á seguridade sobre terceiros.
  • 12 maio 2008: Comezaron as negociacións co Director de Seguridade para establecer os novos horarios e sistemas de libranza para a Policía Local.Na reunión CSI-CSIF plantexou unha alternativa á proposta formulada polo Director, quen quedou en estudiala. A proposta sindical está baseada nun sistema similar ao actual 5x2, coa novidade de que se farían 4 grupos para asumir de xeito rotatorio o servizo dos fíns de semana. Esta proposta preséntase como a máis axeitada para garantir un servizo axeitado e conciliar as necesidades familiares ou persoales dos policías.No caso das unidades ou especialidades como Patrulla Verde, Motoristas, Sala do 092 e Atestados terán que verse outras posibilidades, pois o número de integrantes e mesmo as necesidades de servizo varían, non permitindo en algúns casos empregar un mesmo sistema de libranza e horarios. No caso concreto da Quenda de Noite, CSI-CSIF está a traballar neste momento con catro propostas, e solicitou a colabouración dos policías que traballan nesa quenda. En calquera caso, na reunión do 12 de maio fíxose fincapé ao Director en que a proposta de libranza para a noite incluída no documento non tería validez ata que CSI-CSIF tomara acordo cos seus afiliados, porque xa nese momento se estaba a traballar con outro cuadrante alternativo. Sirva esta aclaración para despexar calquera dúbida sobre esta cuestión, pois o sindicato mantén intacto o seu compromiso de intentar mellorar as condicións actuais na noite.
  • 4 abril 2008: Acádase un acordo co Concello para a compensación dos 15 minutos de solape de turnos na Policía Local. A compensación económica farase a razón de 67 horas anuais por traballador, que se duplican no caso dos oficiais e inspectores. Liquidaráse -previsíbelmente- en maio, mediante unha paga de atrasos con efectos dende novembro 2007, e continuaráse percibindo a contía mensual mentres permaneza a realización de dito solape, aínda que o Concello amósase partidario de suprimilo o antes posíbel, coa inminente reorganización dos turnos e libranzas. Esta negociación foi impulsada por CSI-CSIF para corrixir e mellorar aquel acordo de 2006 que firmara Nieves Vázquez coa UGT (suprimía a totalidade do "busca" aos bombeiros, pero sólo suprimía unha parte do acordo de dispoñibilidade da PL). Afortunadamente, no mes de outubro de 2007, a actual Concelleira de Persoal, Dª Obdulia Taboadela, aceptou a petición formulada por CSI-CSIF -e apoiada polos restantes sindicatos-, de revisar aqueles "flecos".
  • Abril 2008: O Director de Seguridade da instruccións de que a Policía Local volte á patrullar "en parella". Esta
  • decisión redundará nunha maior eficacia, seguridade e garantías legais nas actuacións. Sumada esta cuestión á recente compra de chalecos antitrauma e á evolución das prácticas de tiro policial, estamos ante una notoria mellora das condicións xenéricas de seguridade, que merecen o aplauso desta asociación. Cumpríuse deste xeito unha das reivindicacións compartidas pola Asociación Profesional e o CSI-CSIF nos últimos anos: eliminar as patrullas unipersoais.
  • 1 abril 2008: A Comisión de Coordinación da o seu visto bó ao Borrador de Decreto de Desenvolvemento da Lei de Coordinación. Estímase que poda entrar en vigor nun prazo de dous meses. Con este documento queda case rematado o desenvolvemento da Lei 4/2007. A finais de abril a Dirección Xeral convocará novas Mesas de Traballo para consensuar o novo vestiario das PL de Galicia, e cuestións tan importantes coma o baremo de méritos.
  • 12 marzo 2008: A Dirección Xeral de Interior modifica os efectos da dispensa de grao. Na reunión celebrada hoxe, acordouse que o curso de dispensa de grao non terá caducidade. Ademáis, impartiránse tres cursos para a escala básica, e dous cursos para as escalas executiva e técnica. En caso de suspender, poderase repetir o curso por unha única vez. Se o curso suspenso fose o último dos convocados, se realizará unha convocatoria extraordinaria. Tamén valerá este curso para dispensar do requisito de titulación de cara á mobilidade horizontal. Lembramos que a dispensa servirá únicamente para promocionar á categoría superior á que se ocupa na actualidade.
  • 15 de febrero:O TSXG pon en evidencia o proceder incorrecto do Xefe da Policía Local Antonio Alfeirán. O sindicato CSI-CSIF esixe que non participe en novos procesos selectivos. O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA AFIRMA QUE ESTE SUPERINTENDENTE OMITIU MÉRITOS "EVIDENTES" DE UN ASPIRANTE A CABO. PERIODICO LA OPINIÓNAinda que no seo do Corpo este novo escándalo do Xefe Alfeirán xa non causa demasiada sorpresa, o que si provoca e unha profunda indignación, recrudecendo as críticas contra un Xefe que nos últimos anos xa foi en varias ocasións acusado polos sindicatos de perxudicar gravemente o funcionamento do Corpo coas suas prácticas "oscurantistas" e decadentes. Precisamente uns meses antes dos feitos que relata a Sentencia, os policías concentrábanse diante das dependencias reclamando a dimisión de Alfeirán pola súa nefasta xestión do persoal, entre outras cuestións. Parece que o tempo e os Xulgados dan a razón aos policías. Ante esta Sentencia, o sindicato CSI-CSIF exixe que Alfeirán non participe no Tribunal en futuros procesos selectivos, ao quedar de manifesto nesta Sentencia que o Xefe ten actuado, no mellor dos casos, cunha elevada dose de incompetencia.
  • Xaneiro 2008: A voltas ca cuestión do 1% da masa salarial. Acordo 2007-2009 do Goberno Central con CSI-CSIF, CCOO y UGT para todos os empregados públicos. Como sabedes, ao longo do 2007 os sindicatos reclamaron varias veces o abono do 1% da masa salarial, ao que o Goberno local fixo oidos xordos. Os sindicatos CSI-CSIF e CIG presentaron agora un novo recurso, demandando a inclusión dese 1% nos novos Orzamentos municipais para 2008. É toda unha sorpresa ver que, por fin, o Goberno local sí recoñece dito abono para os empregados coruñeses, pero agora o que din é que xa ía incluido no acordo sobre a valoración dos postos de traballo, o cal é rotundamente falso. E dicir: que antes decían que non nos correspondía, e agora din que xa o temos negociado... (e nos sen sabelo...) Evidentemente, tal argumentación é rexeitada, e será resolta pola vía xudicial, pois afecta de xeito importante ás retribucións da totalidade dos empregados municipais. Dende CSI-CSIF mantivéronse ao respecto conversación con concelleiros/as do BNG, quenes se interesaron pola cuestión. Dende dito sindicato, advertíuse sobre o feito de que actuacións de ese tipo comprometen a paz social recentemente alcanzada, pois a Concelleira de Persoal, Obdulia Taboadela, sabe que en ningún momento se produciu negociación algunha sobre o 1%, porque foi o propio Goberno que non o permitiu.

Normativa interna