Inicio‎ > ‎NOVAS‎ > ‎

Plataforma ADIANTO IDADE XUBILACIÓN na Policía local

publicado a la‎(s)‎ 30 may. 2014 14:29 por Manuel Ace   [ actualizado el 30 may. 2014 14:37 ]
Como sabedes, a nivel nacional tense constituida a plataforma intersindical para reivindicar o adianto da idade de xubilación de policías locais, integrada polos sindicatos máis representativos a nivel nacional (entre eles CSIF), así como a práctica totalidade de sindicatos e asociacións profesionais de ámbito menor, agrupados en confederacións.

O dia 8 de maio constituíuse -en Santiago de Compostela- a PLATAFORMA GALEGA, integrada polas mesmas organizacións da plataforma nacional (CSIF, UGT, CCOO, COP, CSL), sumándose tamén CIG e a asociación de Xefes e Mandos (AXEMPOL). O labor da plataforma galega será promover e executar en Galicia as accións que se establezan dende a plataforma nacional.

Como resultado deste primeiro contacto, acordouse a tradución ou elaboración de textos para (igual que se está facendo noutras comunidades) presentar MOCIONES nos concellos das grandes cidades galegas (entre elas A Coruña), así como unha PROPOSICIÓN NON DE LEI que se expoñerá ante os diferentes Grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia, solicitando o seu apoio.


de ámbito nacional elaborado con motivo das próximas Eleccións Europeas do 25 de maio



Ċ
Manuel Ace,
30 may. 2014 14:29