Publicamos esta breve orientación legal para xeral coñecemento sobre as funcións dos Corpos de Policía locais. A cidadanía sostén cos seus impostos os servizos públicos, así que non debe ser enganada nin gobernada por políticos/as que rexeiten as súas obrigas ou utilicen a policia para outros intereses.



O que di a principal norma reguladora dos Concellos



  • Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réximen Local:


COMPETENCIAS DOS CONCELLOS (Capítulo III, artigo 25)

1. O Municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, pode promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal.
2. O Municipio exercerá, EN TODO CASO, competencias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias:
a. Seguridade en lugares públicos.
b.
Ordenación do tráfico de vehículos e persoas nas vías urbanas.
c. Protección civil, prevención e extinción de incendios.
d. Ordenación, xestión, execución e disciplina urbanística; promoción e xestión de vivendas; parques e xardíns, pavimentación de vías públicas urbanas e conservación de camiños e vías rurais.
e. Patrimonio histórico-artístico.
f. Protección do medio ambiente.
g. Abastos, matadoiros, feiras, mercados e defensa de usuarios e consumidores.
h. Protección da salubridade pública.
i. Participación na xestión da atención primaria da saúde.
j. Cemiterios e servizos funerarios.
k. Prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social.
l. Subministración de auga e alumado público; servizos de limpeza viaria, de recollida e tratamento de residuos, rede de sumidoiros e tratamento de augas residuais.
ll. Transporte público de viaxeiros.
m. Actividades ou instalacións culturais e deportivas; ocupación do tempo libre; turismo.
n. Participar na programación do ensino e cooperar coa Administración educativa na creación, construción e sostemento dos centros docentes públicos, intervir nos seus órganos de xestión e participar na vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria.


O que din as principais normas policiais


  • Exposición de Motivos da Lei 4/2007, de Coordinación de Policías Locais de Galicia:

"...Sen dúbida, a evolución dos corpos de Policía local en Galicia corre parella á das propias administracións locais de que dependen, xa que os municipios desenvolven un importante papel na vida do país galego. Bo exemplo disto é que asumen un protagonismo cada vez máis relevante na loita contra o que podemos chamar a «delincuencia de proximidade». Así, os nosos concellos foron adquirindo, durante estes anos, cada vez máis competencias e responsabilidades, circunstancia na cal ten influído, ademais doutros factores, a súa condición de administración máis próxima ao cidadán, e da que a Policía local é un bo exemplo.

A partir duns corpos de Policía local moitas veces reducidos e dedicados a tarefas de carácter moi básico foise evolucionando a cadros de persoal cada vez máis completos, profesionalizados e preparados para atender un crecente número de actuacións, que xa pouco teñen que ver cos tradicionais labores e que, en moitas ocasións, implican unha considerable complexidade..."


  • LEI ORGÁNICA 2/86, do 13 de marzo, DE FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE, e LEI 4/2007, do 20 de abril, DE COORDINACIÓN DE POLICÍAS LOCAIS (de Galicia):

Artigo 8.-Funcións dos corpos de Policía local.

1. De acordo co disposto no artigo 53 da Lei de Forzas e Corpos de Seguridade, son funcións dos corpos da Policía local as que se indican:

a) Protexer as autoridades das corporacións locais e vixiar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
b) Ordenar, regular, sinalizar, denunciar infraccións e dirixir o tráfico no ámbito da súa competencia no solo urbano legalmente delimitado, de acordo co establecido nas normas de tráfico e seguridade viaria.
c) Instruír atestados por accidentes de circulación no ámbito da súa competencia dentro do solo urbano legalmente delimitado.
d) Policía administrativa, no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
e) Participar nas funcións da Policía xudicial, na forma establecida na normativa vixente.
f) A prestación de auxilio, nos casos de accidentes, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas leis, en canto á execución dos plans de protección civil.
g) Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delituosos no marco de colaboración establecido nas xuntas de seguridade.
h) Vixiar os espazos públicos e colaborar coas forzas e corpos de seguridade do Estado e coa Policía de Galicia na protección das manifestacións e no mantemento da orde en grandes concentracións humanas, cando sexan requiridos para iso.
i) Cooperar na resolución dos conflitos privados cando sexan requiridos para iso.
j) Calquera outra función en materia de seguridade pública que, de acordo coa lexislación vixente, lles sexa encomendada.

En virtude de convenio entre a Xunta de Galicia e os concellos, no marco das competencias da Policía de Galicia, os corpos de Policía local tamén poderán exercer, dentro do seu termo municipal, as seguintes funcións:

a) Velar polo cumprimento das disposicións e ordes singulares ditadas polos órganos da comunidade autónoma, con especial atención ás materias relativas á protección do menor, o ambiente, a saúde e a muller, sobre todo no ámbito da violencia de xénero.
b) A vixilancia e protección de persoas, órganos, edificios, establecementos e dependencias da comunidade autónoma e dos seus entes instrumentais, garantindo o normal funcionamento das instalacións e a seguridade dos usuarios dos servizos.
c) A inspección das actividades sometidas á ordenación e disciplina da comunidade autónoma, denunciando toda actividade ilícita.
d) O uso da coacción para a execución forzosa dos actos ou disposicións da propia comunidade autónoma.


O que din os acordos asinados entre o Ministerio do Interior e a Federación Española de Municipios de Provincias (FEMP)


(Ainda que as funcións antes sinaladas levan vixentes dende 1986, progresivamente estanse a desenvolver en función das cada vez maiores capacidades dos corpos policiais locais. A Federación Española de Municipios e Provincias -FEMP- leva alcanzados importantes acordos de carácter nacional maila que algúns alcaldes, concelleiros ou mesmo xefes de policía non teñen interese en recoñecer, nin moito menos asumir, preferindo derivá-la súa responsabilidade cara a outras autoridades e corpos policiais.

Por iso tamén recollemos nesta páxina a opinión oficial do órgano no que están representados os Concellos de toda España
)

  • Comisión de Seguridade e Convivencia Ciudadá da FEMP
Persoas que a compoñen (Entre elas o Concelleiro de Seguridade do Concello de A Coruña)

  • CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN, COOPERACIÓN Y COORDINACIÓN ENTRE EL MINISTERIO DEL INTERIOR Y LA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS, EN MATERIA DE SEGURIDAD CIUDADANA Y SEGURIDAD VIAL
Texto Oficial Convenio Marco MIR-FEMP 2007

"...V. Que sobre la base de tal experiencia, tanto el Ministerio del Interior como la FEMP consideran que es posible y necesario dar un nuevo impulso a la colaboración entre ambas Instituciones y, en particular, a la coordinación operativa entre los cuerpos policiales de ellas dependientes. Por todo ello, el Ministerio del Interior y la FEMP expresan su opinión favorable a que se establezca un nuevo marco de cooperación que refuerce el sistema público de seguridad; clarifique y potencie las competencias municipales en materia de seguridad; establezca nuevas funciones que puedan ser asumidas o en las que puedan colaborar las Policías Locales, en aquellos aspectos más relacionados con la lucha contra la delincuencia urbana y el mantenimiento de la convivencia ciudadana, en la dirección ya establecida por la Disposición Adicional Décima de la Ley 57/2003, de 16 de Diciembre, de Medidas para la Modernización del Gobierno Local; y que potencie la figura de las Juntas Locales de Seguridad.

VI. Que la Ley de Enjuiciamiento Criminal, la Ley Orgánica del Poder Judicial y el Real Decreto 769/1987, de 19 de junio, sobre regulación de la Policía Judicial, hacen un reconocimiento expreso del carácter genérico de policía judicial que tienen las Policías Locales. En este sentido, la Ley Orgánica de Fuerzas y Cuerpos de Seguridad determina en sus artículos 29 y 53 que en el cumplimiento de la función de policía judicial, el personal de los Cuerpos de Policía Local tiene el carácter de colaborador de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado. Y la Ley de Medidas para la Modernización del Gobierno Local, en su disposición adicional décima, establece la necesidad de ampliar las funciones de las Policías Locales en materia de Policía de Proximidad y Policía Judicial.


VII. Que el alto nivel de capacitación profesional y preparación técnica que están alcanzando las Policías Locales, especialmente en los grandes núcleos urbanos, así como la proximidad de los Cuerpos de Policía Local a sus respectivas comunidades locales, convierte a estos Servicios en instituciones fundamentales para el desarrollo de políticas de prevención de la delincuencia. Y esa misma cercanía hace posible actuaciones de investigación policial en el ámbito de la policía judicial en relación a determinadas infracciones penales de menor gravedad.
.." (Extraido do Convenio Marco asinado entre o Ministro do Interior, D. Alfredo Pérez Rubalcaba e D. Heliodoro Gallego Cuesta, Presidente daFederación Española de Municipios e Provincias)

ċ
COMISIÓNDESEGURIDADYCONVIVENCIACIUDADANA21.9.09.doc
(156k)
Asociación Profesional PL A Coruña,
4 dic. 2010 7:59