ANTÓN FRAGUAS (2019)

CEIP de CELEIRO-Vi veiro (Lugo)

ANTÓN FRAGUAS

Segundo Víctor Freixanes, presidente da RAG, "a Academia este ano escolleu a reivindicación da memoria popular, da cultura e a lingua do pobo, que se fala desde abaixo".

Caracterizou a Antón Fraguas como "unha das persoas que máis tempo dedicou a recoller, sistematizar e coñecer esa riqueza que foi onde a lingua resistiu durante séculos".

Antón Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cerdedo-Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista, membro do Seminario de Estudos Galegos, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, da Real Academia Galega, director do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega, cronista de Galicia e un dos primeiros galardoados coa Medalla Castelao.

O 7 xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Telexornal sobre Antonio Fraguas realizado no

CPI dos Dices-Rois

http://primaveradasletras.gal/
http://seminariogalan.org/inicio/portada