Páxina principal

BENVIDA AOS PAIS E NAIS

Estimados pais e nais:

 A Xunta Directiva da ANPA Santomé quere agradecer o apoio das nais e pais que xa formaron parte desta asociación. Tamén quere invitar ao resto dos pais, e especialmente aos que son novos no centro, a asociarse.

Desde a ANPA pensamos que a participación activa das familias na vida do centro contribúe ao fortalecemento da comunidade educativa, onde o traballo dos profesores e das nais e pais vaian orientados á procura dun desenvolvemento integral dos alumnos no seu camiño para chegar a ser membros adultos da sociedade. Nesta tarefa cremos que a ANPA ten un papel importante, xa que mellora as canles de información e comunicación entre os membros da comunidade: os pais e nais, a dirección, os docentes e o resto do persoal.

A Xunta Directiva ten como obxectivo principal representar os intereses das familias, e transmitir o seu sentir e opinión no marco xeral da educación dos alumnos. Para isto desenvolverá as seguintes actividades:

- Potenciará a comunicación coas familias, especialmente por medio das canles electrónicas.
- Promoverá a participación e participará activamente nos órganos do centro: consello escolar, comisións etc.
- Proporá medidas para implicar as familias na educación: reunións de curso, entrevistas cos titores etc.
- Informará as familias das novidades acontecidas no centro: actividades escolares, resultados etc.
- Organizará actividades para os pais (charlas, relatorios etc) e os alumnos (deportes, apoio ao estudo etc.).
- Bonificará os socios nas actividades que teñan custo: axenda escolar, uso de armarios taquillas etc.

 Agardamos o voso apoio e participación.

Asinado: A Xunta Directiva.

________________________________________________

DATOS DE CONTACTO:

Correo electrónico:

anpa.santome@gmail.com

Teléfono:

986 29 37 30 - 667 644 848

Caixa de correo:

No centro, ao lado da conserxaría

Enderezo :

Instituto de Educación Secundaria San Tomé de Freixeiro

Gran Vía s/n.

36210 Vigo (Pontevedra)

Local da ANPA:

No ximnasio, preguntar na conserxaría

Membros da Xunta Directiva :

                        Toño Salgado  (Presidente)       

          Natacha Nogueira (Secretaria)

                                                                                                                                                 Rosa Lago (Tesoureira)                                                                                                          



BANCO DE LIBROS CURSO 2014/2015



EN SETEMBRO ESTAREMOS DESDE O DÍA 4 ATA O 9 (AMBOS INCLUSIVE) EN HORARIO DE 16:30 A 18:30H.



EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES (sábado día 21 de xuño)



Este ano volvemos organizar a excursión de fin de curso para todas as familias que o desexen. Como novidade a visita será guiada.



ÚLTIMA OPORTUNIDADE BANCO DE LIBROS


O Luns día 29 de setembro de 17 a 19h, e o martes día 30 de 16,30 a 18,30h podedes pasar polo salón de actos para comprobar se están os vosos libros vendidos e cobrar, ou ben recuperalos, ou tamén mercar algún que necesitedes (quedan libros de 1º e 3º ESO, e algo de 1º BAC) NESES DÍAS SÓ SE RECOLLERÁN LIBROS de 2º BAC unha vez que remataron os alumnos a selectividade.





Comments