Últimas Novas


ANDAINA DOMINGO 14 MAIO: RUTA POLA SENDA DO PONTILLÓN

Animádevos a disfrutar dunha nova andaina prevista para o próximo domingo 14 de maio; sempre e cando O TEMPO O PERMITA.

O percorrido será circular ao redor do encoro do Pontillón de Castro que está habilitado como centro deportivo de regatas de piragüismo ónde teñen lugar diferentes competicións. Ao remate do percorrido circular, os que todavía teñan forzas, poderán subir ao Outeiro de Castro para poder disfrutar de fermosas vistas e ver o monumento adicado aos canteiros.
Como sempre, desprazarémonos nos coches particulares, polo que os que queiran poderán voltar cando o desexen e o resto quedaremos a comer no merendeiro preto do encoro.

Podedes anotarvos ata o venres 12 no local da ANPA ou enviando nome do nen@,número de asistentes e tlfn. de contacto por e-mail a anpa.frian@gmail.com

INFORMACIÓN SOBRE A RUTA: PROGRAMA:

DÍA: domingo 14 de maio 10:45 Hr. – Saída do Colexio.

PERCORRIDO: circular 11:30 Hr. – Inicio da ruta

DIFICULTADE: fácil 14:00 Hr. – Fin da ruta, xantar e tempo libre

DURACIÓN: 2.5 horas aprox. 18:00 Hr. – Volta a Vigo

Levar auga, roupa e calzado cómodo

APTA PARA CARRIÑOS BEBÉ

Foto de ANPA CEIP FRIAN TEIS.
Foto de ANPA CEIP FRIAN TEIS.





OBRADOIRO DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR E PRIMEIROS AUXILIOS

Estimados pais/nais:

A Anpa propón ós pais, nais a realización dun taller de reanimación cardiopulmonar e primeiros auxilios o vindeiro MARTES 16 de maio de 16 a 19 h. Será impartido por pais/nais do colexio que pertencen ó ámbito sanitario.


Se estades interesados anotádevos no local da anpa a partir de mañá 11 de maio.

Serán 25 plazas. ¡¡¡SE CHE INTERESA ANÓTATE CANTO ANTES!!!

Foto de ANPA CEIP FRIAN TEIS.






FOLGA XERAL NO ENSINO  
XOVES 9 DE MARZO

NON HABERÁ SERVIZO DE AULA MATINAL, NIN COMEDOR, NIN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Estimadas nais/pais:

 

Dende esta anpa queremos convocar a todos/as nais/pais do nodo colexio a secundar a Folga Xeral o vindeiro xoves 9 de marzo,   proposta pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPAGALICIA, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, ESCOLA VIVA e IESGA, máis STEG.

A convocatoria de Folga Xeral Educativa, afecta a todas as etapas, desde Infantil ata a Universidade, o próximo 9 de marzo. E implica que ese día todas as actividades xestionadas desde a anpa serán suspendidas: NON HABERÁ SERVIZO DE AULA MATINAL, NIN COMEDOR, NIN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Os motivos: A DEFENSA DUN ENSIMO PÚBLICO INCLUSIVO E DE CALIDADE, SOLICITAR A DEROGACIÓN DA LOMCE E POÑER FIN ÓS RECORTES EN EDUCACIÓN.

O goberno afirma e anuncia que está disposto a acadar unha lei educativa de consenso, en cambio o que nos mostra é:

·        A subcomisión parlamentaria creada inicialmente para acadar esta nova lei:  ten unha vixencia de seis meses, e leva paralizada xa máis de dous; ademais modificou o seu obxectivo, traballando nun documento sobre a estratexia 2020, que se cadra sirva para unha nova lei, ou non.

·        Acorda acudir ao Tribunal Constitucional para intentar anular o acordo do Congreso polo que se impulsa a paralización da LOMCE, opóndose á vontade da comunidade educativa de derrogar a LOMCE. 

Ademais o retraso nos orzamentos do estado, así como o escaso incremento das partidas dedicadas a educación nos orzamentos galegos impiden a reversión dos recortes en educación non garantindo a igualdade de oportunidades e afondando na desigualdade.


As plataformas convocantes propoñen manifestacións ese mesmo día, todo/as os/as que poidades ACUDIDE!!! 

·        As 11:30 en Vigo na Praza dos Cabalos


     As 12:00 en Vigo na Praza de América








II FRIAN CROSS

UN ANO MÁIS, no Colexio Frian, a ANPA e a asociación de Xóvenes Atletas, coa colaboración da Fundación Celta, organiza o “II Frian-Cross” que se celebrará o día 13 de NOVEMBRO  no recinto e inmediacións do colexio.

Contaremos coa participación dos Clubes e colexios que formen parte da asociación de Xóvenes Atletas.

-   A participación será gratuita para todos aqueles que pertenzan a asociación de Xóvenes Atletas.

-   Do mesmo xeito, será gratuita para todos aqueles membros da unidade familiar que pertenzan o noso colexio.

Para o resto de participantes, que non pertenzan a asociación ou a unidade familiar adscrita no noso cole, poderán inscribirse no local no anpa,  e abonar a cantidade de 1€, en concepto de aportación para o seguro que exise o evento.

A través dos nenos/as, xunto coa circular informativa que se envía dende o cole enviarase un cupón que, deberán entregar cuberto no local do anpa cos datos do seu fill@, ou ben, enviar o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono de contacto do/s participante/s  o mailanpa.frian@gmail.com 

En calquer caso, a data límite para as inscripcións remata o día 4 de novembro.

Entregaránse medallas commemorativas a tódolos participantes e trofeos os tres primeiros postos de cada categoría en ámbolos sexos como tamén faremos sorteo dun regalo sorpresa.

Os dorsais recolleránse na mesa, que estará situada no patio do cole, ata media hora antes do comezo de cada proba.

As categorías, orde de saída e distancias son as seguintes:

CATEGORÍA

ANO NACEMENTO

METROS

HORA

(Aprox)

INFANTIL MASCULINO  1 volta  pequena  A  e 2  voltas grandes C

2004-2005

1200

11.00

INFANTIL FEMININO  2 voltas grandes C

2004-2005

1000

11.15

ALEVÍN MASCULINO   2 voltas grandes C

2006-2007

1000

11.25

ALEVÍN FEMININO  1 volta  pequena A  e1 volta grande C

2006-2007

700

11.35

BENXAMÍN MASCULINO 1 volta  Grande C

2008-2009

500

11.45

BENXAMÍN FEMININO  1 volta  Grande C

2008-2009

500

11.55

PREBENXAMÍN MASCULINO  1 volta mediana B

2010-2011

300

12.05

PREBENXAMÍN FEMININO 1 volta mediana B

2010-2011

300

12.15

PITUFOS 4 años MASCULINO E FEMININO -Recta, saída dende fora do recinto

2012

100

12:25

PITUFOS 3años MASCULINO E FEMININO - Recta, saída dende  fora do recinto

2013

100

12:35

PAIS 2 voltas  Grande C

 

1000

12.45

NAIS 2 voltas  Grande C

 

1000

12:55

Contamos con todos vós, animádevos!!!



Comments