Queridas familias:


Dende a ANPA ATHENEA, botamos a andar un ano máis as actividades extraescolares que comezarán a partires do 2 de Outubro.

Lembramos que as familias socias da ANPA NON deben aboar a matrícula (12 euros/neno/a/ano).

     Este ano estamos intentando domiciliar os recibos, polo que non teñades presa por pagar a cota; enviaremos información próximamente nas mochilas. 

     É mais importante comprobar se recibes as nosas comunicacións, ou corrixir os vosos datos para poder estar en contacto.

     Achegamos o MODELO DE INSCRICIÓN de socio/a a través da cal nos podes facilitar os datos da persoa que asocia (ou rectificar os que temos) para poder establecer unha boa comunicación.

     A data establecida para solicitar as actividades é o venres 22 de setembro.

     ​Lembramos que algunhas das actividades precisan un número mínimo de inscricións, polo que cada empresa ou persoa que imparte, segundo as solicitudes              poderá decidi-la suspensión da actividade ou o axuste da cota mensual.

    ​ De quedar plazas vacantes, aceptaranse matrículas durante o resto do curso a decisión da entidade que imparte a actividade.

     As actividades de futbol​, baloncesto, multideporte badminton​ desenrolaranse no pavillón. As demais actividades nas diferentes aulas do centro. Agás a escola        de natación (piscina) que terán lugar nas instalacións da USC.

     Se alguén tivese interés por algunha outra actividade, non recollida nesta oferta, que non dubide en contactar con nós e faremos todo o posible por xestionala.        Así como calquera suxerencia, comentario ou reclamación sobre as xa ofertadas.




                ANPA Athenea
                CEIP Quiroga Palacios
                correo electrónico: anpa.athenea@gmail.com
                web: www.anpaathenea.org
                facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100010635820815


Nº conta: ES17 2080 0374 7430 4000 2059