RECOMENDACIÓN DE LIBROS DE LECTURA


Para 3º e 4º de ESO, Curso 2006-2007

Agustín FERNÁNDEZ PAZ:

·        Cartas de inverno, Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo

·        Aire negro. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo

·        Noite de voraces sombras. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo

Glòria LLOBET : ¿Que te angustia Nùria ? Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo

Fina CASALDERREI: ¡Asústate, Merche!.Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo

Manuel DE PEDROLO:

·      Mecanoscrito da segunda orixe. Ed. Galaxia

·      Xogo sucio. Ed. Galaxia

 

Xosé MIRANDA: Pel de lobo. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo.

 

Pasqual ALAPONT: O inferno de Marta. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo.

 

Antón CORTIZAS: Leonel. Ed. Xeais. Col. Fóra de Xogo

 

X. A. NEIRA CRUZ: As cousas claras. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo.

Jacques FANSTEN: A fractura do miocardio. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo

Xosé MIRANDA : Ariadna. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo.

Andreu MARTÍN – Jaume RIBERA: Flanagan de luxe. Col. Fóra de Xogo.

 

Aidan MACFARLANE – Ann MCPHERSON:

·        Eu e o meus colegas. Ed. Xerais. Col. Fóra  de Xogo

·        Novo diario dun xove maniático. Ed. Xerais de Galicia. Col. Fóra de Xogo

 

Susan HINTON: Rebeldes. Ed. Alfaguara

Suso de TORO: Conta saldada. Ed. Alfaguara

 

Marina MAYORAL:

·        Tristes armas. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo

·        Querida amiga. Ed. Galaxia

·        Chamábase Luís. Ed Xerais.

 

Xosé NEIRA VILAS: Memorias dun neno labrego. Ed. do Castro.

Mª Ânels Anglada: O violin de Auschwitz. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo.

 

Carlos R. ZAFÓN: O Príncipe da Brétema. Ed. Rodeira.

Marilar ALEXANDRE: A banda sen futuro. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo

 

Marica CAMPO: Memoria para Xoana. Ed. Espiral Maior.

 

Manolo RIVAS: Os comedores de patacas. Ed. Xerais

 

G. REIGOSA: Crime en Compostela. Ed. Xerais

 

Xavier P. DOCAMPO:  O pazo baldeiro.

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------

 

NOITE DE VORACES SOMBRAS

 

O misterio, as sensacións raras, as presenzas fantasmais son ingredientes aos que nos ten acostumados Fernández Paz e que son claves na novela, protagonizada por unha adolescente, Sara Salgueiro e polo tío Moncho, un mestre galeguista que sufrira a persecución franquista, o cárcere e os seus efectos. O raro é que Sara ignoraba case todo do tío da nai, morto décadas antes de ela nacer, así como os misterios que na casa da avoa agochaba o cuarto do tío. Con Sara entraremos nese espazo misterioso e guiados por un extraña forza reconstruiremos esa etapa da nosa historia, porque o pasado, aínda que sexa duro, non se pode esquecer.

 

 MECANOSCRITO DA SEGUNDA ORIXE

 

Alba e Dídac, unha adolescente e un neno sobreviven á destrucción da terra e con gran valor e responsabilidade van comenzar sós nun mundo asolado.

            Unha novela con doses de fición e intriga que nos engaiola pola cordura e responsabilidade dos protagonistas que van pór todo o empeño por reiniciar o mundo eles sós.

 

            O VIOLÍN DE AUSCHWITZ.  Mª Angels ANGLADA

 

            Con esta novela adentrémonos no campo de exterminio de Auschwitz, nos horrores, nos castigos e mortes que viven, nas condicións infrahumanas de todos os que alí intentan sobrevivir. Unha historia inesquecíbel, conmovedora, que nos intercala documentos reais coa historia protagonizada polo xudeo Daniel, xove violeiro ao que o comandante do campo, afeccionado á música clásica, encarga a construción dun violín, coas medidas exactas dos Stradivarius, que ten que ser perfecto.

 

            AIRE NEGRO. Agustín FERNÁNDEZ PAZ

 

            Unha desacougante historia de terror protagonizada por Laura Novo, encerrada nun psiquiátrico, coa memoria borrada, que pasa o día escribindo o seu nome de xeito compulsivo, aferrada a el. O psiquiatra Vítor Moldes inicia con ela unha terapia anotadora e consegue que saia do seu cárcere interior e comece a falar, pero coñecer o que a moza viviu e o que con ela sucede levará ao doutor a abandonar a profesión.

             Unha novela que non deixará impasible a ninguén; unha historia coa conectarán rapidamente os amantes do xénero de terror, que non poderán acougar nin tomar respiro ata ler a última páxina.

 

            A FRACTURA DO MIOCARDIO. Jacques FANSTEN

 

            Unha conmovedora historia protagonizada por Martiño, un rapaz de só doce anos, que silencia a morte da nai a todos, porque só a ten a ela e rexeita rotundamente ter que ir para un orfanato. Os compañeiros, da mesma idade, descubrirán o seu segredo e xurán non revelalo e axudalo de todas as formas posíbeis para agachar o segredo a toda a vila, burlar a todos os adultos durante bastante tempo. Un relato de complicidade, amizade que fará pensar a calquera lector.

 

             CRIME EN COMPOSTELA. Carlos G. REIGOSA.

 

            Comezamos con todo un clásico da novela negra galega. O xornalista Carlos González Reigosa gañou con esta obra o Premio Xerais de novela do ano 1984. É o pioneiro do xénero negro. Velaquí tes o seu argumento tirado da propia obra.

            “Ergueuse tarde. De noite, seguindo o consello do seu amigo Carlos Conde, non se fora só á cama: non recordaba con quen se fora, pero sabía que non se fora só. Cando espertou, a rapaza xa marchara. Niverdo atopou unha nota sobre o lavabo: “Teño clase, verémonos esta noite”. Lembrou entón que a coñecera no “Mocasín” sobre as dúas da mañá.

            Vestiuse a modo. A cabeza dáballe voltas e poucas cousas conseguía rememorar da noite anterior, á parte de que bebera e de que oíra a uns amigos de Carlos Conde barafustar e esbardallar non sabía contra que intelectuais nin contra que políticos. Soamente restaba na súa memoria un correntón desleixado e xangal que repetira varias veces: “Este non é un país do terceiro mundo, este é un país do quinto carallo”. (…)

            “Tres días despois, a revista estaba na rúa cun gran titular na portada: CRIME EN COMPOSTELA, seguido dun sumario –que moi axiña xulgou excesivo- no que se lía: “Palacios e burdeis misturados nunha complicada trama de negocios, paixóns, ardís, finximentos, pillerías, deslealtades, adulterios, chantaxes, desvaríos, fantasías e morte na levítica cidade do Apóstolo Patrono de España”. (…)

 

             MEMORIA PARA XOANA. Marica CAMPO.

 

             Esta obra é a primeira novela da nosa poeta, dramaturga e narradora luguesa. Con ela obtivo no ano 2001 o Premio de Narrativa do Concello de Vilalba.

            En Memoria para Xoana asistimos cinematográficamente a unha saga na que a épica ten como centro o universo das mulleres que se recoñecen na súa xinea por riba do perfil individual. O valor da memoria como garante do ser e do estar no mundo. Unha peza narrativa de estilo brillante e inteligente trama. Vitalismo e ternura, lucidez existencial e conciencia crítica da realidade. 

            Unha futura nai que lle transmite á súa filla aínda no ventre toda a historia das mulleres da súa familia.

 

            O NOVO DIARIO DUN XOVE MANIÁTICO. Aidan MACFARLANE e Ann McPHERSON.

 

            É a nova edición do antigo: Diario dun xove maniático.

            Pete Payne ten catorce anos. Un día descobre que padece de hipocondría, que é un completo maniático da saúde. Durante todo un ano lle confiará ao seu diario os fascinantes pormenores médicos que recolle en calquera fonte ao seu alcance. A súa amplísima investigación abarca aspectos como o acne, o alcohol, as drogas, o sexo, as dietas, os accidentes e toda clase de enfermedades. Unha obra que lles interesa aos adolescentes que queren saber, pero que son moi vergonzosos para preguntar.

            A experiencia na aula di que realmente lles gusta. Toca todos os temas transversais, polo que resulta práctico para calquera actividade. Ao final vén un índice por orde alfabética de todos os aspectos para que a busca no libro resulte máis doada.

            A versión feminina: Eu tamén son maniática, onde a protagonista é Rally, a irmá de 16 anos.

 

            MEMORIAS DUN NENO LABREGO. Xosé NEIRA VILAS.

 

            Malia o título ben sabemos que non é un libro para os cativos. As palabras de Balbino, “un rapaz da aldea, coma quen di un ninguén, porque da aldea tamén é Manolito e non hai quen lle tusa”, xa o din todo.

            Sen dúbida un libro para a reflexión do noso alumnado algo máis maduro. De aí que o recomendemos para 3º ou 4º de ESO.

            Se queredes unha autobiografía dun rapaz da aldea para un público máis infantil (1º ESO, probado con bos resultados), recomendámosvos: EU, COMA SEMPRE, de Cándido CASAL. Riredes coas ocurrencias do Tuchiño.