LIBROS DE LECTURA OBRIGATORIA

SEMINARIO DE LINGUA E LITERAURA GALEGAS. CURSO 2006-2007

1º CURSO DE ESO.

 

Agustín FERNÁNDEZ PAZ: Trece anos de Branca.Ed. Edebé-Rodeira.

            “Branca e Raquel formaban parte do Consello Escolar dende o curso anterior, en representación dos alumnos. Había dous rapaces máis, de sétimo, e logo os restantes membros xa eran todos persoas maiores: profesores do centro e pais e nais, fundamentalmente. A Víbora era unha das profesoras que formaba parte do Consello, e as nenas xa tiveran ocasión de comprobar que tamén alí aproveitaba calquera ocasión para soltar unha parte do seu veleno contra os alumnos que non lle caían ben.”

 

Branca pasa seis semanas de repouso absoluto por unha hepatite vírica e dedícase a escribir un diario e seleccionar fotos  con lembranzas dos seus trece anos, o seu pasado e presente, a escola, os cambios corporais, a descuberta do amor...

 

 

2º CURSO DE ESO.

 

Ledicia COSTAS: Unha estrela no vento. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo.

Guiados polas palabras de Miguel, mozo de dezasete anos, saberemos dos seus soños e decepcións, dos seus problemas co pai que leva unha dobre vida, da identificación e amizade profunda con  Abel, curmán que veu vivir con el ao perder os pais nun accidente; o amor con Reina, moza xitana, etc. Pero centrará a historia os enfrontamentos entre bandas, que nesta novela ten unhas dramáticas consecuencias.

 

 

3º CURSO DE ESO.

 

1ª AVALIACIÓN:

            Manuel LOUREIRO GONZÁLEZ: Irmán do vento. Ed. Xerais.

Emocionante novela protagonizada por un mozo do Iraq, Khaled, que nos irá desgranando os seus soños e desexos, así como a epopea que vai protagonizar para buscar ao pai; que, como tantos iraquís, acudira na defensa do país fronte aos americanos. A guerra e as súas consecuencias, o amor, as relacións entre as persoas e moitos outros temas iranos engaiolando nas páxinas desta historia que nos abrirá as portas dese país do que tan a miúdo nos falan nos medios de comunicación, especialmente con cifras dramáticas.

 

 

            4º CURSO DE ESO.

 

1ª AVALIACIÓN:

            Patxi ZUBIZARRETA: De fel e mel. Ed. Xerais. Col. Fóra de Xogo.

Selim, como milleiros de mozos africanos, vive o soño de buscarse a vida en Francia. O mel de facer fortuna en Europa, de xuntar diñeiro e cada verán retornar como as cegoñas a Imlil, á aldea natal e colmar á familia de todos os desexos. A epopea de Selim Al-Qadi encherá as páxinas desta novela: a descoberta do amor, a amizade leal, en fin o mel estará presente; mais tamén os desenganos, as torturas no cárcere marroquí, as persecucións policiais dun e doutro lado do estreito, o contrabando con persoas, que conformarán o fel ou a palla europea da que xa lle falara o pai.

  

 

            1º DE BACHARELATO

 

1ª AVALIACIÓN

            Rosa ANEIROS: Resistencia. Ed. Xerais

Posibelmente unha das novelas que nos últimos anos máis atraeu aos nosos mozos/as. Unha marabillosa historia de amor, ambientada no país veciño, no Portugal salazarista, que nos fará vibrar de emoción nuns momentos e de rabia noutros. A ditadura, a tortura, as inxustizas laborais, as ilusións e decepcións, as diferentes historias amorosas, a guerra colonial e os comportamentos humanos e...moitos outros temas que se van entrelazando nesta historia ata o punto de non permitirnos acougo ata chegar ao seu final.  

 

2º DE BACHARELATO

 

1ª AVALIACIÓN

            Antón RIVEIRO COELLO: As rulas de Bakunin. Ed. Galaxia

Un relato que nos fará un percorrido pola historia galega do século XX, guiados polos protagonistas, en especial polo anciá Camilo, un galeguista comprometido que estivera fuxido nos inicios da Guerra Civil, logo sufrira o cárcere e a emigración-exilio. Pero a novela é moito máis que a epopea dese protagonista, é como un mosaico de todo o século maxistralmente plasmado nesta novela que non deixará indiferente a ningún lector.