All star Billarda-LNB


Web oficial do torneo-exhibición de billarda na Coruña

A LNB (Liga Nacional de Billarda), Cuac (Colectivo de Unicersitarios ACtivos) e Proxecto-ds presentan o II All Star de billarda-LNB, que se celebrará na pista de deportes da Zapateira (A Coruña) (a carón dos estudos Xosé Couso da CuacFM) e terá lugar o domingo día 18 de marzo. Neste all star loitarán os expertos palanadores do leste, pertencentes ás franquicias  LNB, contra os palanadores do equipo do oeste, que estará composto por voluntarios que se animen a sentir a emoción e a espectacularidade deste deporte.


Se queres participar desta festa anótate ao equipo do oeste, non se precisa experiencia!

 

Programa do II All Star de billarda-LNB:

  • 12:00 Comezo do "Clinic" - Momento de recepción do material e toma de contacto co deporte, asesorado polos expertos da LNB.
  • 12:30 Concurso de varados - Espectacular versión no deporte da billarda do concurso de mates.
  • 13:00 Torneo-Exhibición - Inicio do all stars entre as estrelas do deporte da billarda do leste e oeste da Galiza
  • 15:00 Xantar de confraternización - Unha festa non é festa se non rematan os participantes compartindo mesa e conversación (anótate)