Alimentación e saúde

Os nutrientes

Os nutrientes son os compoñentes dos alimentos que necesitamos para vivir. Os tres tipos de nutrientes máis abundantes son:
1. Hidratos de carbono: aportan enerxía: fariñas, pastas e legumes.
2. Graxas ou lípidos: tamen nos aportan enerxía. Hai graxas de orixe animal (manteiga) ou de orixe vexetal (aceites).
3. Proteínas: aportan substancias para crecer e reparar o noso organismo: carne, pescado e legumes.

Nos alimentos tamén podemos atopar:
- Vitaminas e minerais: imprescindibles para o correcto funcionamento do organismo. Necesítanse en cantidades pequenas.
- Auga: A maior parte do noso corpo está formado por auga. Debémola tomar para compensar a que perdemos coa orina, o súor...


A dieta
A dieta é o conxunto de alimentos que come habitualmente unha persoa. Para que sexa san debe ser completa e equilibrada.
Unha dieta é equilibrada cando nos aporta a cantidade necesaria de cada nutriente.