Introdución

Alfabetización informacional (ALFIN)

    Dise que unha persoa está alfabetizada en información cando ten adquiridas as habilidades ou competencias necesarias para saber cando e por que necesita información, onde atopala e como avaliala, utilizala e comunicala de maneira ética.

    A educación documental integra aprender a pensar (Pensamento), aprender a informarse (Información) e aprender a vivir (Valores)

    A UNESCO, na Declaración de Praga de 2003, considéraa como parte dos dereitos básicos da Humanidade para poder aprender ao longo da vida, e a OCDE inclúea como unha das competencias básicas para calquera cidadán.


CCBB

    “Enténdese por competencia a capacidade de respostar ás demandas e levar a cabo as tarefas de forma axeitada. Todo iso xorde da combinación das habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamentos que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz.

DeSeCo

Tratamento da información e Competencia dixital

    Competencia asociada coa procura, selección, rexistro, tratamento ou análise da información utilizando técnicas e estratexias diversas para acceder a ela segundo a fonte á cal se acuda e o soporte que se utilice. Require o dominio de linguaxes específicas básicas e das súas pautas de descodificación.

LOE