NOVAS‎ > ‎

SINAIS DE IDENTIDADE

Quen SOMOS?

Unha asociación de directivos/as de Institutos de Educación Secundaria de Galicia e membros da federación estatal de asociacións de directivos/as FEDADi

Dende ADDIGA pretendemos:

A defensa e o desenvolvemento dos valores humanos, culturais e científicos no contexto do ensino público.

Participar activamente na difusión da lingua e da cultura galegas, promovendo iniciativas para que a realidade de Galicia sexa cada día máis coñecida na propia Galicia, en España e en Europa.

Contribuír á promoción e á mellora da calidade do ensino secundario nos centros públicos de Galicia.

Promover e desenvolver unha política educativa integradora de todo o alumnado nos centros educativos, independentemente da súa orixe sociocultural ou económica, de acordo co ideario exposto pola normativa educativa vixente na Comunidade Autónoma Galega e preconizado pola Constitución Española.

Coordinar e representar aos profesionais do Ensino asociados, que ocupen o teñan ocupado cargos de Dirección en Centros Públicos, diante da Administración e das Asociacións Educativas e Profesionais.

Canalizar diante da administración educativa os estudos e as propostas realizados polos asociados a prol da calidade do ensino no marco normativo vixente.

En todos os temas que estean relacionados coas competencias das xuntas de persoal, sindicatos, Consello Escolar de Galicia ou calquera outra institución, a Asociación presente ser oída e ser tida en conta.

Ċ
ADDIGA IES de Galicia,
26 feb. 2011 8:30