Proxecto Documental Interdisciplinar.


   Este espazo pretende dar cabida a toda a información recollida polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Andrade, relacionado co noso PDI anual que leva por título: 

"A cultura Popular do lugar onde vivimos".

   Con este proxecto queremos:
  • Achegar aos máis novos, as manifestacións culturais populares máis tradicionais.
  • Realizar investigacións sobre o tesouro etnográfico da nosa zona.
  • Valorar a cultura popular a través da investigación.
  • Crear un espazo multimedia con: Videoteca, Fonoteca, Biblioteca e Fototeca.

Esquema de traballo:


  • Qué sabemos?
  • Qué queremos saber?
  • Onde atopamos a información?
  • Como nos organizamos?
  • Que facemos coa información?
  • Como resultou todo?

     

      1.- Saber localizar a información

   Onde, e de que maneira encontrar información (oral, escrita, audiovisual, gráfica, por Internet, na casa, no entorno máis próximo, na biblioteca pública, na biblioteca do colexio...) e con quen nos informamos (pais/nais, avós/avoas, veciños,  expertos...) intentando que as fontes de información sexan diversas: persoais, de tipo gráfico, visual, plástico...

      2.-Tratar a información:
 
   Ler, resumir, esquematizar, reescribir…

      3.-Comunicar a información:
   

   Exposición oral, debuxos, manualidades, documento escrito, imaxes, murais, TICS...