CALENDARIO DE EXAMES

Xa temos marcados algúns do exames programados ata que acabe o trimestre. Iremos incluíndo os que se vaian marcando doutras materias. Este calendario é só unha axuda máis, nunca pode substituir á axenda da clase do alumno que é onde deben estar apunntados obrigatoriamente.

Resultado de imaxes para CALENDARIO








Resultado de imaxes para reunion de padres
                                                                    REUNIÓN DE FAMILIAS

        O vindeiro mércores 17 de outubro ás 18h teremos a reunión de inicio de curso no salón de actos.
                        Sería importante que asistírades para informarvos das novidades deste curso.
                                                                                  
                                                                                    Un saúdo!




BENVIDOS UN ANOS MÁIS!

Como ven sendo habitual quérovos dar a benvida a un novo curso. Un novo curso cheo de ilusións, proxectos, excursións, risas pero tamén moito traballo. 

Como sabedes, a responsabilidade no traballo, na organización das vosas libretas, esquemas,  presentación dos traballo e o estudo diario é unha parte fundamental na vosa tarefa durante o curso. 

Toda esta responsabilidade será a que o día de mañá vos facilite moito as cousas, non só no colexio senón, no día a día das vosas vidas.

Traballaremos de forma combinada facendo proxectos, maquetas, presentación e moitas actividades de carácter práctico. Deberemos estar moi atentos ás axendas e ao blog da clase para levar ao día todo o traballo e superar sen ningún problema esta nova etapa final da Primaria.


Persoalmente vos axudarei da mellor forma que saiba e continuarei o bo traballo feito polas vosas anteriores titores Dolores e Ana para que poidamos compartir experiencias, resolver problemas e seguir crecendo tanto profesional, academica e , sobre todo, persoalmente xuntos.

Comezamos!!